IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE CORTEGADA

Nomeamento dunha funcionaria de carreira e constitución da bolsa de emprego de interinidades para o posto de traballador/a social, correspondente á Oferta de emprego publico de 2026

Nomeamento dunha funcionaria de carreira e constitución de lista de reserva (OEP 2026)

Pola Resolución de Alcaldía accidental deste concello, do 10 de novembro de 2026, ditouse o Decreto polo cal se procede ao nomeamento como funcionaria de carreira da aspirante que superou o correspondente proceso selectivo e á constitución da bolsa de emprego de interinidades, cuxa parte dispositiva se reproduce a continuación:

RESOLVO:

Primeiro. Nomear como persoal funcionario de carreira do Concello de Cortegada a Lorena Fidalgo Rivero, para ocupar a praza de traballador/a social, integrada no cadro de persoal funcionario desta entidade local, clasificada no grupo A, subgrupo A2, escala de Administración especial, subescala técnica, pertencente á Oferta de emprego público do ano 2026.

Segundo. Aprobar a constitución da lista de reserva (bolsa de emprego) para a cobertura de posibles necesidades temporais e interinidades do posto de traballador/a social, ao abeiro do previsto no artigo 13 das bases reguladoras, integrada polas aspirantes que superaron o primeiro exercicio eliminatorio da fase de oposición, ordenadas segundo a puntuación final acadada:

Orde

Apelidos e nome

Puntuación Final

1.ª

Lara Carrera Martínez

12,85

2.ª

Mª del Portal Viso González

11,00

Terceiro. Dispoñer a publicación da presente resolución de nomeamento no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP) e no taboleiro de edictos da sede electrónica do Concello de Cortegada.

Cuarto. Requirir á interesada, Lorena Fidalgo Rivero, para que tome posesión da praza no prazo máximo de un (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no BOP de Ourense, comparecendo nas dependencias municipais para prestar xuramento ou promesa e asinar a dilixencia de toma de posesión, consonte ao artigo 12 das bases reguladoras.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente o recurso de reposición ante o alcalde no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ao da publicación no BOP, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses (artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 e Lei 29/1998).

Cortegada, 10 de novembro de 2026. O alcalde accidental (por delegación segundo o Decreto 21/10/2026).

Asdo.: José Victor González Vázquez.

R. 2.729