I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Convocatoria e bases reguladoras para a creación dunha bolsa de contratación de persoal laboral a tempo parcial da categoría de mestre/a de talla en madeira (subgrupo C1) da Escola de Artes e Oficios ao servizo da Deputación Provincial de Ourense.

Convocatoria e bases reguladoras para a creación dunha bolsa de contratación de persoal laboral a tempo parcial da categoría de mestre/a de talla en madeira (subgrupo C1) da Escola de Artes e Oficios ao servizo da Deputación Provincial de Ourense.

“Resolución da aprobación da convocatoria e bases reguladoras para a creación dunha bolsa de contratación de persoal laboral a tempo parcial (6 horas) da categoría de mestre/a de talla en madeira (subgrupo C1) da Escola de Artes e Oficios ao servizo da Deputación Provincial de Ourense”.

Para os efectos oportunos publícase que, no día da data, a Presidencia, ditou o seguinte Decreto:

Unha vez visto o escrito de data 26 de outubro de 2026, presentado polo director da Área de Cultura e Deporte, no que solicita a cobertura do posto de mestre/a de talla en madeira para a Escola de Artes e Oficios da Deputación Provincial de Ourense.

Visto o informe favorable do xefe do Servizo de Recursos Humanos, Formación e Réxime Interior, relativo ao cumprimento do previsto na Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense (BOP do 8 de outubro de 2021).

Visto o informe favorable da Comisión de Control e Seguimento, na súa reunión do 26 de outubro de 2026.

De conformidade co previsto na Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense, publicada no Boletín Oficial da Provincia do 8 de outubro de 2024.

Polo exposto, dispoño:

1.- Aprobar as bases polas que se regula a convocatoria para a creación dunha bolsa de contratación de persoal laboral a tempo parcial (6 horas) da categoría de mestre/a de talla en madeira (subgrupo C1) da Escola de Artes e Oficios ao servizo da Deputación Provincial de Ourense, debendo proceder a súa publicación na forma regulamentaria.

Convocatoria e bases de selección para a creación dunha bolsa de contratación de persoal laboral a tempo parcial (6 horas) da categoría de mestre/a de talla en madeira da Escola de Artes e Oficios ao servizo da Deputación Provincial de Ourense.

Base primeira. Obxecto da convocatoria

De conformidade co disposto na Ordenanza provincial reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense, aprobada definitivamente, tras a súa modificación, na sesión plenaria do 30 de xullo de 2021, e publicada no Boletín Oficial da Provincia do 8 de outubro de 2021, é obxecto destas bases a regulación do proceso selectivo e a convocatoria para a creación dunha bolsa de contratación de persoal laboral a tempo parcial (6 horas) da categoría de mestre/a de talla en madeira (subgrupo C1) da Escola de Artes e Oficios ao servizo da Deputación Provincial de Ourense. O procedemento de contratación temporal será o procedemento ordinario previsto no artigo 4 da Ordenanza.

Base segunda. Requisitos dos aspirantes

Os requisitos dos aspirantes serán os seguintes:

a) Nacionalidade: ter a nacionalidade española. Ademais, e consonte co establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro, poderán acceder os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, así como os estranxeiros que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe -sempre que non estean separados de dereito- menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas. As mesmas regras aplicaranse, de ser o caso, ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España, nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Ademais das persoas sinaladas no parágrafo anterior, os/as estranxeiros/as que se atopen residindo legalmente en España, de acordo co previsto no artigo 10.2 da vixente Lei orgánica de dereitos e liberdades dos/as estranxeiros/as en España.

b) Idade: ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de técnico superior en ebanistería artística, bacharelato ou equivalente.

Cando se aleguen equivalencias de títulos achegarase no seu día certificado para o efecto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

Así mesmo, estar en posesión do título que acredite o grao de perfeccionamento no idioma galego ou CELGA 4. Os aspirantes que non dispoñan de tal título, e superasen a proba práctica, deberán facer un exercicio de dúas traducións, unha do galego ao castelán e outra do castelán ao galego, cualificándose como apto ou non apto. O tribunal decidirá a nota mínima para ser declarado apto.

d) Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Habilitación: non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No suposto de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

Base terceira. Lugar e presentación de instancias

1. As instancias solicitando tomar parte na convocatoria, na que os aspirantes deberán manifestar que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas, referidas sempre á data de expiración do prazo sinalado para a presentación de instancias, dirixiránselle ao presidente da Deputación. As modalidades de presentación son as seguintes:

a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na Oficina de Asistencia ao Cidadán en Materia de Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso rógase que se envíe copia da instancia vía mail ao enderezo electrónico persoal@depourense.gal

b) De forma telemática, a través do rexistro electrónico xeral da sede electrónica da Deputación Provincial, no enderezo https://sede.depourense.es

2. O prazo será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

3. Coa instancia (modelo normalizado que se inclúe na convocatoria e que estará dispoñible na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense https://sede.depourense.es) acompañaranse os documentos acreditativos dos méritos aos que fai referencia a fase de concurso e o xustificante de pagamento da taxa de participación no proceso selectivo.

4. Os requisitos de estar en posesión da titulación esixida (título de técnico superior en ebanistería artística, bacharelato ou equivalente), así como os datos de identidade, de non achegarse coa solicitude, serán comprobados de oficio pola Deputación mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos das administracións públicas, sempre que, conforme co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello Europeo do 27 de abril de 2016, relativo á protección dos datos das persoas físicas, os solicitantes fagan constar o seu consentimento expreso na solicitude. Excepcionalmente, se a Deputación non puidese obter os documentos conforme co previsto neste apartado, poderá solicitar ao interesado a súa achega, outorgándolle un prazo de 10 días hábiles.

5. En todo caso, os documentos obtidos utilizaranse exclusivamente para as finalidades deste procedemento selectivo. Os interesados poderán exercer en calquera momento os dereitos que lles recoñece a normativa vixente en materia de protección de datos.

6. Para a admisión ao concurso dos solicitantes, será requisito imprescindible o previo aboamento da taxa establecida na Ordenanza fiscal (BOP n.º 166, do 20 de xullo de 2018) agás no suposto de exención. A tarifa aplicable nesta convocatoria será: 15 €, para o subgrupo C1. O modelo estará dispoñible na sede electrónica da Deputación de Ourense https://sede.depourense.es

No caso de que a persoa interesada estea exenta por discapacidade igual ou superior ao 33%, deberá acreditar esta circunstancia mediante certificación acreditativa expedida polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

No caso de que o interesado estea exento por ter a condición de desempregado de longa duración, deberá achegar certificación desta situación expedida polo servizo público de emprego.

No caso de que o interesado forme parte dunha familia numerosa e se acolla á bonificación do 50% no pago da taxa, deberá achegar copia do título de familia numerosa expedida pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Base cuarta. Listas provisionais e definitivas

Unha vez expirado o prazo de presentación de instancias, o presidente da Deputación ditará resolución no prazo máximo de cinco días naturais declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos. Na devandita resolución que se publicará na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense, https://sede.depourense.es, indicarase a causa da exclusión, concedendo un prazo de dez días hábiles para a emenda de erros, incluíndo ademais a designación dos membros do tribunal de selección. Unha vez resoltas as ditas reclamacións, convocarase, mediante anuncio na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense, https://sede.depourense.es, a data de realización da proba práctica que se fixe e a de valoración dos méritos achegados que terá carácter previo á realización da proba práctica.

Base quinta. Procedemento de selección

O procedemento de selección será, de conformidade co previsto no artigo 4.1 da Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense, o concurso-oposición.

A fase de concurso será previa á de oposición, non terá carácter eliminatorio e non poderá supoñer nunca máis do 40% do total da puntuación. A valoración dos méritos será obxecto de publicación na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense, https://sede.depourense.es, no prazo máximo de cinco días hábiles dende a data da súa realización, agás que concorran causas excepcionais que o impidan, suposto no que, tras a autorización expresa previa da Presidencia, poderá prorrogarse o dito prazo ata un máximo de dez días naturais.

Base sexta. Tribunais de selección

1. O tribunal de selección estará formado por seis membros, integrándose por un presidente, catro vogais e un secretario que actuará con voz, pero sen voto. Designaranse ademais un mínimo de dous suplentes por cada membro titular do tribunal.

2. Os membros do tribunal deberán ter a condición de funcionario de carreira ou persoal laboral fixo de calquera administración pública. A súa composición será estritamente técnica e deberán posuír unha titulación académica que acredite coñecementos nas materias que sexan obxecto da praza.

3. Na medida do posible tenderase a respectar a paridade na súa composición de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei do emprego público de Galicia, no artigo 60 do Estatuto básico do empregado público, e seguindo as instrucións previstas no artigo 8 da ordenanza.

4. O secretario do tribunal será designado pola Presidencia, entre funcionarios do Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial.

5. Contra os acordos do tribunal, as persoas aspirantes poderán interpoñer, con carácter potestativo, reclamación no prazo de 3 días hábiles, contados a partir do seguinte á data da súa publicación na sede electrónica da Deputación de Ourense, https://sede.depourense.es. O prazo quedará suspendido se a persoa aspirante solicita que se lle poña de manifesto o expediente, polo prazo que transcorra entre a solicitude e o día no que se lle poña de manifesto, establecéndose o prazo máximo de suspensión en 10 días hábiles.

6. As reclamacións deberán ser resoltas polo tribunal de selección debendo ser publicadas na sede electrónica da Deputación de Ourense, https://sede.depourense.es, sen prexuízo da súa notificación ás persoas reclamantes.

7. Contra a desestimación das reclamacións indicadas poderase interpoñer recurso de alzada ante a Presidencia no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa notificación ou publicación.

Base sétima. Baremo de méritos

1. Con carácter previo á fase de oposición o tribunal debe proceder á realización da valoración do correspondente concurso co seguinte baremo:

a) Polos servizos prestados na mesma ou análoga categoría profesional: 0,15 puntos por mes ou fracción.

Entenderase por categoría profesional análoga aquela coa que a prevista nas bases garde unha relación de identidade esencial. O cómputo realizarase sumando o tempo total de servizos prestados expresado en días e dividíndoo por trinta, aplicándolle ao cociente resultante o coeficiente de puntuación que corresponda segundo o baremo.

Non se computarán como servizos prestados os traballos realizados por conta propia baixo o réxime de cotización correspondente ao non ter necesariamente a consideración de homoxéneos respecto dos realizados a través da xornada laboral por conta allea.

Puntuación máxima por experiencia laboral: 12 puntos.

b) Por cada curso realizado, impartido por administracións públicas, universidades, INEM, formación continua no marco do acordo de formación continua para as administracións públicas ou formación ocupacional, relacionado coas funcións para desenvolver:

- Por cursos de 20 a 59 horas: 0,5 puntos por curso.

- Por cursos de 60 a 99 horas: 0,75 puntos por curso.

- Por cursos de 100 ou máis horas: 1 punto por curso.

Puntuación máxima por cursos: 8 puntos.

Puntuación máxima fase de concurso: 20 puntos.

2. Os méritos deberán acreditarse a través dos seguintes medios:

- A antigüidade na Administración pública, mediante certificación expedida polo órgano competente da administración pública de que se trate.

- Os servizos prestados no sector privado, mediante certificación de vida laboral e contratos de traballo.

- Os cursos de formación, mediante certificado expedido pola entidade promotora da acción formativa, onde conste a denominación do curso e o seu número de horas. A certificación deberá incluír ademais a circunstancia de ter superado a proba de avaliación establecida para a obtención do diploma ou certificación, de ser o caso.

Base oitava. Proba práctica

1. A proba práctica estará relacionada de xeito directo cos cometidos propios dos postos de traballo para desempeñar coa categoría de mestre/a de talla en madeira, así como no temario previsto no anexo III das presentes bases. Será determinada polo tribunal de selección na mesma data da súa realización, no marco do previsto nestas bases. As actuacións desenvolvidas na reunión na que se estableza o contido da proba para realizar recolleranse na acta correspondente.

2. No caso de que o tribunal o estimase necesario, polas especiais características do posto, poderá solicitar previamente a contratación e/ou asistencia dun/ha asesor/a técnico/a especializado/a para a realización e avaliación da proba selectiva.

3. As funcións dos postos de traballo para o que se convoca a praza son con carácter xeral as seguintes:

- Prestar asistencia técnico-administrativa directa e de carácter operativa no ámbito da Escola de Artes e Oficios no eido da súa capacitación profesional e competencial.

- Colaborar no deseño, programación e xestión das actividades e clases desenvolvidas na Escola de Artes e Oficios.

- Impartir docencia, dentro da súa especialidade, na Escola de Artes e Oficios.

- Emisión de informes, dentro do seu eido competencial e profesional.

- Calquera outra de similar natureza, sempre que resulte adecuada á súa clasificación, grao ou categoría, e propia da área, servizo ou negociado no que se integra o posto.

4. Valorarase a formación e o grao de coñecementos amosados no desenvolvemento da proba. O tempo máximo de desenvolvemento será de dúas horas. A puntuación máxima que se pode outorgar á proba práctica será de 30 puntos (equivalente ao 60% do valor total máximo alcanzable no proceso selectivo). A puntuación necesaria para superar esta fase será a metade da máxima establecida.

A corrección da proba será obxecto de publicación na sede electrónica da Deputación no prazo máximo de cinco días hábiles, agás que concorran causas excepcionais que o impidan, suposto no que, trala autorización expresa previa da Presidencia, poderá prorrogarse o dito prazo ata un máximo de dez días naturais. Nesta mesma publicación incluirase a proposta de resolución formulada polo tribunal.

Base novena. Procedemento de formación da bolsa de contratación.

Unha vez concluída a fase de concurso-oposición, o tribunal procederá a formular unha proposta de bolsa para as contratacións laborais, conforme coas seguintes regras:

1. A orde da lista virá determinada pola puntuación obtida polas persoas participantes nas fases de concurso e oposición, tendo en conta que deberá estar superada a fase de oposición, obtendo como mínimo a metade da puntuación máxima establecida para a proba práctica.

2. De producirse empate na puntuación, a orde de desempate establecerase do xeito seguinte:

Pola maior puntuación no apartado a) do baremo; no seu defecto, pola maior puntuación no apartado b). De persistir o empate, por orde alfabética, a partir da letra inicial que resulte do último sorteo anual efectuado pola Xunta de Galicia para os seus procesos selectivos.

3. Non obstante o anterior, e para dar cumprimento á reserva do 7% dos postos ao seu favor, as persoas con discapacidade terán dereito a un de cada quince postos da bolsa, aínda que a súa puntuación corresponda cun posto inferior. Esta regra non será de aplicación cando a puntuación obtida xa lles dea dereito a un posto en cada quincena da lista.

4. O tribunal publicará a proposta na sede electrónica da Deputación de Ourense, https://sede.depourense.es, e elevaraa á Comisión de Control e Seguimento prevista no artigo 9 da Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense, para a emisión de informe preceptivo.

5. Unha vez emitido o informe pola Comisión de Control e Seguimento, se este fose desfavorable á proposta do tribunal, devolveráselle o expediente a este co fin de que emita o informe ao respecto que considere oportuno.

Unha vez emitidos os informes da Comisión de Control e Seguimento e, se é o caso, do tribunal, aos que se alude no parágrafo anterior, a Presidencia resolverá conforme coa proposta deste último, agás que, de xeito motivado, considere que a dita proposta infrinxe as bases reguladoras ou a normativa vixente. Neste suposto, a Presidencia requirirá do tribunal a formulación dunha nova proposta na que se emenden as deficiencias advertidas.

O tribunal, motivándoo suficientemente, poderá manter a súa proposta orixinal, que vinculará á Presidencia, sen prexuízo da potestade dos órganos da Administración provincial de acordar a declaración de lesividade ou a revisión de oficio da resolución de que se trate, cando se estime procedente conforme coa lexislación aplicable.

6. A resolución da Presidencia será obxecto de publicación no Boletín Oficial da Provincia e na sede electrónica da Deputación, entrando en vigor coa publicación no Boletín.

Base décima. Procedemento para a contratación das persoas integrantes da bolsa.

1. Unha vez producida a necesidade de cobertura temporal dun posto e previamente á realización de calquera contrato de duración determinada será preceptiva a tramitación prevista no artigo 3 da Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense.

2. Unha vez realizados os trámites sinalados, a Presidencia acordará a realización da contratación laboral a tempo parcial (6 horas) que corresponda das persoas ás que lle corresponda pola súa orde na bolsa.

3. A mera integración na bolsa para a contratación de duración determinada non dará lugar á existencia de relación laboral ningunha coa Deputación, senón unicamente o dereito a ser contratado nos supostos nos que a Deputación Provincial aprecie a existencia da necesidade de realizar contratacións para postos reservados á bolsa de referencia, nos termos e condicións que sinale a Administración provincial conforme co establecido no artigo 3 da Ordenanza.

4. Os chamamentos faranse mediante anuncio na sede electrónica da Deputación de Ourense. No prazo máximo de dous días hábiles seguintes á publicación do chamamento, a persoa aspirante deberá presentar nas oficinas do Servizo de Recursos Humanos da Deputación, para a formalización do correspondente contrato, os seguintes documentos:

a) Certificado acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función para desempeñar.

b) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado mediante procedemento disciplinario de ningunha administración pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

No caso de rexeitamento ao chamamento, ou de non cumprimentarse polo interesado os trámites sinalados no prazo indicado e coa achega da documentación sinalada, ditarase resolución pola que se declare a imposibilidade de realizar a contratación (que en todo caso será obxecto de notificación individualizada ao afectado). Nesta resolución acordarase ademais a exclusión do/a aspirante decaído/a da lista con carácter definitivo, agás que o incumprimento ou imposibilidade da contratación estea motivada por causa de forza maior debidamente acreditada ou que se acredite a imposibilidade temporal de aceptar o chamamento pola concorrencia de circunstancias especiais que motivasen unha baixa regulada para un traballador activo da Deputación.

Para estes efectos, considerarase como causa de forza maior eximente da obriga de aceptar a contratación o atoparse o aspirante traballando noutra administración pública ou empresa, ou na propia Administración provincial. Simultánea ou sucesivamente á dita resolución, chamarase ao seguinte integrante da lista que corresponda.

5. Realizarase un contrato de duración determinada a tempo parcial (6 horas) na categoría correspondente no prazo de cinco días naturais desde a data da notificación do chamamento.

6. A medida que se vaian producindo as finalizacións dos contratos, as persoas contratadas pasarán a ocupar de novo o posto que consonte coa puntuación obtida lles corresponda na lista, podendo volver ser contratadas se xurdise a necesidade.

7. Nos supostos nos que xurdise a necesidade dunha contratación para un posto dos reservados á lista, e todos os integrantes da dita lista tivesen contratos en vigor coa Deputación Provincial, realizarase unha convocatoria específica para ampliación da bolsa, que se tramitará de forma urxente, reducíndose á metade os prazos previstos para este procedemento. Non obstante, poderá empregarse o procedemento excepcional de urxencia se concorren os requisitos establecidos no artigo 7 da Ordenanza

8. A bolsa terá un prazo de vixencia de dous anos, a contar dende a publicación da súa aprobación no BOP, debendo cubrirse obrigatoriamente as necesidades de persoal temporal da Deputación Provincial para os postos de traballo aos que se refire mediante a contratación directa das persoas incluídas, seguindo a súa orde de colocación na bolsa.

Base undécima. Recursos

Contra a resolución que aproba estas bases, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante esta Presidencia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, ou poderase impugnar directamente ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa), no prazo de dous meses

Sen prexuízo do anterior, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que estimen oportuna.

Solicitude para participar no proceso selectivo para a creación dunha bolsa de contratación de persoal laboral a tempo parcial (6 horas) da categoría de mestre/a de talla en madeira da Escola de Artes e Oficios ao servizo da Deputación Provincial de Ourense

Anexo I

I.- Datos do/a solicitante:

Apelidos: ____________________________________________________________________

Nome: _________________________________________DNI/NIE: ______________________

Enderezo: ___________________________________________________________________

Poboación: ____________________________Provincia: _______________________________

Teléfono móbil:________________________ Teléfono: ________________________________

Correo electrónico: ____________________________________________________________

II.- Solicita a súa inclusión para participar no proceso selectivo para a creación dunha bolsa de contratación de persoal laboral a tempo parcial (6 horas) na/s seguinte/s categoría/ profesional/is (o/a aspirante deberá marcar a/as categorías ás que desexa presentarse).

Mestre/a de talla en madeira (C1)

III.- Documentación que achega:

- DNI.

- Titulación.

- Diploma ou certificado polo que se acredita o grao de perfeccionamento do idioma galego Celga 4.

- Xustificante do pago da taxa de procesos selectivos (subgrupo C1-15 €) ou de cumprir os requisitos de bonificación ou exención da taxa, de ser o caso.

- Xustificante dos méritos alegados.

SI

Consinto expresamente que a Deputación Provincial de Ourense poida obter electronicamente nas redes corporativas e/ou plataformas de intermediación de datos das administracións públicas, os documentos ou informacións indicados na base 3.ª punto 4 da convocatoria.

NON

SI

Autorizo á Deputación Provincial de Ourense para que me sexa enviado por vía de correo electrónico ou SMS a comunicación de aviso da publicación na sede electrónica da Deputación dos diferentes actos e resolucións de interese para a miña solicitude.

NON

_____, ____ de _____________ de 20__.

Sinatura.

Anexo relativo ao réxime de protección dos datos persoais achegados coa solicitude:

Os datos persoais achegados coa presente solicitude incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento da Deputación Provincial de Ourense e serán tratados coa/s finalidade/s específicas de cada tratamento, de conformidade coa regulación establecida no Regulamento xeral de protección de datos (Regulamento UE 2016/679 do Parlamento e do Consello) e na Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A lexitimación do tratamento baséase no cumprimento dunha obrigación legal e/ou no cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos a este responsable, para levar a cabo as súas funcións de selección e xestión do persoal, e/ou calquera outras inherentes á relación laboral/funcionarial. O prazo de conservación dos datos será o legalmente previsto. Os seus datos persoais unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento ou de acordo co previsto na lexislación antedita. Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, ante o responsable do tratamento, que é a Deputación Provincial de Ourense, ou ante o seu delegado de Protección de Datos, no correo electrónico dpd@depourense.es. En todo caso, os interesados poderán formular as reclamacións que consideren oportunas en relación co tratamento dos seus datos persoais ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Presidente da Deputación Provincial de Ourense.

Relatorio de méritos

Anexo II

Apelidos e nome: ______________________________________________________________

DNI/NIE: ____________________________ Teléfono móbil: ___________________________

Para os efectos do baremo aplicable, acredita os méritos que de seguido se especifican e achega documentación xustificativa deles.

1.- Polos servizos prestados na mesma categoría ou análoga categoría profesional:

Anos

Meses

Días

2.- Por cada curso realizado, impartido por administracións públicas, universidades, INEM, formación continua no marco do acordo de formación continua para as administracións públicas ou formación ocupacional, relacionado coas funcións para desenvolver:

Denominación

Organismo emisor

Ano

Horas

______________, ____ de _________________ de 20 ___.

Sinatura.

Anexo III

Tema 1. A escultura en pedra e madeira en Exipto e Mesopotamia.

Tema 2. A escultura en pedra en Grecia e Roma. Períodos, obras, autores e funcións.

Tema 3. A escultura románica e gótica. A escultura en pedra e madeira e a súa inserción na arquitectura e a liturxia do cristianismo.

Tema 4. A escultura do Renacemento italiano. Novos valores, obxectivos e procedementos.

Tema 5. A escultura barroca. Os talleres de escultura e os grandes programas ornamentais da Contrarreforma e as monarquías absolutistas.

Tema 6. O retablo, o paso procesional e o mobiliario eclesiástico do Renacemento e Barroco Español.

Tema 7. A escultura desde o Neoclasicismo á ruptura da tradición figurativa.

Tema 8. Valor e repercusión da tradición greco-romana no arte occidental.

Tema 9. A escultura das vangardas históricas. Presenza da escultura en pedra e madeira na primeira metade do século XX.

Tema 10. Nova concepción dos materiais tradicionais e novas formulacións artísticas sobre materiais antigos. A escultura posterior á Segunda Guerra Mundial.

Tema 11. A escultura primitiva: a súa fortuna crítica e influencia na arte do século XX.

Tema 12. A evolución do deseño industrial no século XX.

Tema 13. Escultura policromada versus escultura sen policromar. O uso da cor na escultura dende a antigüidade aos nosos días.

Tema 14. O deseño e as súas fases. Proceso creativo: dialéctica entre a idea e a súa realización.

Tema 15. Elementos básicos do proxecto escultórico. Produtos de madeira.

Tema 16. Trazado de polígonos e curvas singulares. Procedementos e materiais na confección de modelos e planos de traballo. Fundamentos da xeometría proxectiva.

Tema 17. A técnica da talla directa en pedra e en madeira. Preparación do material e proceso de traballo. Presenza e evolución desta técnica na historia da escultura.

Tema 18. As técnicas de translación da forma. Sistemas de copia ao seu tamaño, de ampliación, de redución e de inversión dos modelos na talla en pedra e madeira.

Tema 19. Os requisitos da escala e do emprazamento. A escultura monumental e a súa evolución na arte de Occidente.

Tema 20. As referencias ás técnicas de talla nos tratados de escultura desde o Renacemento ao século XIX.

Tema 21. A talla ornamental na arquitectura e na escultura. Elementos máis característicos da talla ornamental e principais repertorios decorativos na tradición occidental.

Tema 22. A madeira, clasificación e características. Estrutura da árbore. A explotación forestal. Principais explotacións forestais de España. Principais madeiras de importación: características e aplicacións.

Tema 23. Propiedades físicas da madeira. Despece e aproveitamento do tronco, secado e normas de comercialización.

Tema 24. Defectos, deformacións e axentes nocivos. Protección e conservación da madeira.

Tema 25. Preparación da madeira, despece, labrado e encolado. Serrado e silueteado. “Ahuecado”.

Tema 26. Ferramentas manuais para o traballo en madeira. Ferramentas de corte, de medición e de suxeición. Características e uso. Conservación e mantemento.

Tema 27. Ensambles, empalmes, acoplamentos e unións.

Tema 28. Maquinaria eléctrica manual para a madeira. Características, usos e normas de seguridade.

Tema 29. Maquinaria eléctrica de bancada para a elaboración da madeira. Tipos, prestacións e normas de seguridade.

Tema 30. Maquinaria industrial para a elaboración e a talla da madeira.

Tema 31. A restauración da madeira. Tipos de alteración e o seu tratamento.

Tema 32. Acabados da madeira. Tipos de acabado e as súas técnicas de execución. Técnicas da policromía e dourado da madeira. Evolución histórica e técnica.

Tema 33. Madeiras transformadas, tipos e características. Normalización comercial das madeiras transformadas.

Tema 34. Talla ornamental en madeira. Artesonados e principais elementos decorativos da carpintería e a súa realización.

Tema 35. Carpintería de lazo mozárabe.

Tema 36. A relación teoría-práctica no aprendizaxe da talla en madeira. Desenvolvemento da progresión no aprendizaxe das técnicas e do uso de ferramentas e máquinas. A prevención de accidentes.

Anexo relativo ao réxime de protección dos datos persoais achegados coa solicitude:

1. O tratamento pola Deputación dos datos persoais que achega a persoa solicitante coa súa solicitude baséase no disposto nos apartados c) e e) do artigo 6 do Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos, así como no artigo 8.2 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección dos datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, ao ser a achega dos datos e informacións esixidas nas presentes bases, necesaria para o cumprimento do disposto na lexislación de emprego no sector público así como para a valoración das solicitudes. En consecuencia, a negativa a facilitar estes datos á Deputación determinará a exclusión da persoa solicitante do procedemento.

2. En cumprimento do establecido no artigo 13 do Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos, infórmase ás persoas interesadas do seguinte:

a) A responsable do tratamento dos datos é a Deputación Provincial de Ourense, cuxo representante legal é o seu presidente, Luis Menor Pérez, con domicilio para os efectos de notificacións na rúa Progreso, núm. 32, 32003, en Ourense, teléfono de contacto 988 317 500 e correo electrónico: dpd@depourense.gal

b) Co delegado de protección de datos da Deputación de Ourense pode contactarse no enderezo electrónico dpd@depourense.gal, e ante el (ou directamente ante o responsable do tratamento) poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas.

c) Os datos subministrados coa solicitude destínanse unicamente a garantir o cumprimento do establecido na lexislación do emprego público do sector público, a comprobar que a persoa solicitante reúne os requisitos establecidos para a súa admisión e á valoración da súa solicitude. Publicaranse na sede electrónica da Deputación as listas provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas, as actas dos tribunais cualificadores e a resolución de nomeamento. As publicacións referidas manteranse durante o período de tempo estritamente necesario para o fin que se persegue e, como máximo, durante un prazo de 5 anos dende a realización da publicación, podendo, a partir dese prazo, ser suprimida a publicación de oficio pola Deputación ou ben por solicitude das persoas interesadas, dirixida ao responsable do tratamento ou ao delegado de protección da Deputación de Ourense (DPD), na rúa Progreso 32, 32003, Ourense, ou ben a través do enderezo electrónico dpd@deporuense.gal

d) A base xurídica do tratamento dos datos achegados coa solicitude é a necesidade de coñecer eses datos para o cumprimento das obrigas legais que impón a lexislación do emprego público á Deputación (artigo 6.1.c) do Regulamento UE 2016/679). No caso dos datos necesarios para acreditar o cumprimento dos requisitos específicos da convocatoria e a valoración de solicitudes, a necesidade de coñecer eses datos é para satisfacer a finalidade de interese público (organización e xestión do emprego público provincial) perseguida coa convocatoria (artigo 6.1.e) do Regulamento UE 2016/679).

e) Os datos subministrados á Deputación de Ourense serán tratados exclusivamente polo persoal autorizado da propia Deputación para a tramitación da solicitude, suxeitos a deber de reserva. Estes datos poderán ser cedidos a terceiras persoas nos seguintes casos:

- Ao resto de persoas solicitantes ou aos seus representantes legais cando así o reclamen para a formulación de reclamacións ou interposición de recursos.

- Aos xulgados e tribunais, para os efectos da resolución dos recursos administrativos e xudiciais que poidan interpoñerse contra os actos e resolucións susceptibles de recurso, así como aos membros dos tribunais cualificadores, Ministerio Fiscal, Valedor do Pobo, Defensor do Pobo, Tribunal de Contas e Consello de Contas, na medida en que sexa necesario para o exercicio das funcións dos tribunais e das devanditas autoridades públicas.

- Aos deputados provinciais, cando o reclamen, para o exercicio do seu dereito á información.

f) En ningún caso transferiranse os datos persoais a un terceiro país nin a unha organización internacional.

g) Os datos subministrados conservaranse nos arquivos da Deputación de forma indefinida, para os únicos efectos da súa conservación conforme co disposto na lexislación sobre arquivos do sector público e na lexislación sobre patrimonio documental cultural.

h) En todo momento, as persoas interesadas poderán solicitarlle á Presidencia da Deputación o acceso aos seus datos, así como a súa rectificación, de ser o caso. Poderá solicitarse a limitación do tratamento dos ditos datos, referida á súa publicación, unha vez finalizado o procedemento, sempre que conste a firmeza do acto administrativo que lle poña fin e transcorrese o prazo sinalado na letra c) anterior desta base. Poderá formularse, igualmente, a oposición ao tratamento dos datos, motivada pola situación particular da persoa interesada, nos termos previstos no artigo 21 do Regulamento UE 2016/679. Os dereitos sinalados neste apartado poderán exercerse mediante escrito dirixido á Presidencia da Deputación. De conformidade co disposto no artigo 20.3 do Regulamento UE 2016/679, non será de aplicación o dereito á portabilidade dos datos subministrados á Deputación neste procedemento.

i) En todo caso, a persoa interesada poderá formular as reclamacións que considere oportunas en relación co tratamento dos seus datos persoais ante a Axencia Española de Protección de Datos.

j) En ningún caso procederase á adopción de decisións automatizadas nin á elaboración de perfís persoais cos datos subministrados, que non serán obxecto de tratamentos diferentes aos expresamente previstos nesta base.

k) Respecto das persoas que participen nas quendas por diversidade funcional, a publicación da súa identidade realizarase mediante o número completo do seu documento nacional de identidade, número de identidade de estranxeiro, pasaporte ou documento equivalente, salvo que previa e expresamente manifeste o seu consentimento á publicación do seu nome completo. Neste último caso, identificarase, ao igual que o resto de aspirantes, mediante a publicación do nome e apelidos engadindo catro cifras numéricas aleatorias do seu documento nacional de identidade, número de identidade de estranxeiro, pasaporte ou documento equivalente.

Ourense, 5 de novembro de 2026. O presidente.

Asdo.: Luis Menor Pérez.

R. 2.708