I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Modificación da Resolución publicada no BOP do 27 de outubro de 2026 pola que se aprobaban as bases da convocatoria dunha edición do Curso de cualificación profesional de inspectores/as ambientais para o control de augas e residuos dende a Administración local (AF-28-2026)

Modificación da Resolución publicada no BOP do 27 de outubro de 2026 pola que se aprobaban as bases da convocatoria dunha edición do Curso de cualificación profesional de inspectores/as ambientais para o control de augas e residuos dende a Administración local (AF-28-2026)

Publícase que, por resolución da Presidencia do 04.11.2026 e núm. 2026/16172, se acordou o seguinte:

“Unha vez vista a Resolución da Presidencia número 2026/15474, publicada no BOP núm. 206 do 27 de outubro de 2026, pola que se aproban as bases da convocatoria dunha edición do Curso de cualificación profesional de inspectores/as ambientais para o control de augas e residuos dende a Administración local, ao abeiro do disposto na base quinta da convocatoria que di, textualmente, “A Deputación de Ourense poderá variar, se fose preciso e a favor da eficacia da acción formativa, as características e mais os contidos do curso para adaptalos ás necesidades da Administración ou ás distintas continxencias que poidan xurdir, e buscará sempre as condicións óptimas para realizara acción formativa”; polo que procede a súa modificación.

Polo exposto, dispoño:

1. Modificar programa da acción formativa que quedará da seguinte maneira:

4.Programa.

4.1. Marco normativo en materia de residuos municipais.

4.1.1. Lexislación europea.

4.1.2. Lexislación estatal.

4.1.3. Lexislación autonómica. Obxectivos de obrigado cumprimento.

4.1.4. Ordenanza provincial en materia de residuos municipais.

4.1.5. Obrigas das persoas produtoras de residuos municipais.

4.2. Marco legal e institucional da xestión dos residuos.

4.2.1. Marco institucional.

4.2.2. Plans estatais.

4.2.3. Plans autonómicos.

4.2.4. Programas de xestión e prevención de residuos municipais.

4.3. Convenios de colaboración da Deputación cos entes locais da provincia de Ourense en materia de augas e de residuos.

4.3.1. Convenio marco de colaboración da Deputación de Ourense para a recollida, transporte e tratamento, en réxime de competencia delegada e con carácter intermunicipal, dos residuos de competencia local.

4.3.1.1. Obxecto, alcance, obrigas, condicións.

4.3.1.2. Organización, fluxos de residuos, xestión.

4.3.1.3. Sensibilización, formación, educación e comunicación.

4.3.1.4. A competencia inspectora e sancionadora.

4.3.2. A asistencia técnica da Deputación de Ourense á xestión municipal dos servizos do ciclo hidráulico.

4.3.2.1. O programa anual de colaboración na xestión dos servizos municipais do ciclo hidráulico.

4.3.2.2. A delegación das competencias na emisión de permisos de vertedura, establecemento de plans de control de vertedura, e policía de verteduras (inspeccións e sancións).

4.4. Marco normativo en materia de augas residuais.

4.4.1. Lexislación europea.

4.4.2. Lexislación estatal.

4.4.3. Lexislación autonómica. Obxectivos de obrigado cumprimento.

4.4.4. Ordenanzas municipais con delegación na Deputación de Ourense.

4.4.5. Obrigas das persoas produtoras de augas residuais.

4.5. Xestión de residuos y toma de mostras.

4.5.1. Identificación dos principais residuos xerados, tipoloxía (perigosos e non perigosos) e códigos LER.

4.5.2. Como debe realizarse unha toma de mostras.

4.5.3. Análise de separación da bolsa tipo, calidade e identificación dos principais impropios contidos nas diferentes fraccións.

4.5.4. Melloras na xestión dos residuos dos establecementos:

4.5.4.1. Minimizar a produción de residuos (evitar o desperdicio alimentario, utilizar envases reutilizables ou recargables).

4.5.4.2. Optimizar o espazo de cada fracción (compactar os envases, romper o cartón...).

4.5.4.3. Obrigas para o almacenamento temporal de residuos, etc.

4.5.5. Como debe realizarse unha toma de mostras de augas residuais.

4.5.6. Parámetros para considerar na conservación das mostras.

4.6. A inspección ambiental.

4.6.1. O labor dos/as inspectores/as.

4.6.1.1. Identificación, comunicación.

4.6.1.2. Dereitos e obrigas.

4.6.2. O procedemento administrativo.

4.6.2.1. Actas e medios de proba.

4.6.2.2. Formulación de denuncias. A motivación.

4.6.2.3. Trámite, prazos e actuacións administrativas.

4.6.2.4. Cualificación e proposta de resolución.

4.6.2.5. Réxime de recursos.

4.7. A autocompostaxe (individual e comunitaria).

4.7.1. Que é o estruturante?

4.7.2. Orixe da autocompostaxe.

4.7.3. Obxectivos e funcións da autocompostaxe.

4.7.4. Trituración: tamaño das partículas e tipos de trituradoras.

4.7.5. Aplicación da autocompostaxe.

4.7.6. Problemática da autocompostaxe.

4.8. Prevención de riscos laborais específicos na actuación profesional.

2. Publicar esta modificación no Boletín Oficial da Provincia.”

Publícase isto, e infórmase ás persoas interesadas de que contra o dito acto poderán interpoñer un recurso de reposición, previo ao contencioso – administrativo, ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes, ou, alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso – administrativo ante o Xulgado do Contencioso - Administrativo de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 de la Lei reguladora da xurisdición contencioso – administrativa), no prazo de dous meses. En ningún caso poderán simultanearse ambos os recursos.

Os prazos computaranse de data a data a partir do día seguinte ao de recibir esta notificación, e vencerán no día equivalente do mes natural seguinte ou, de non existir este, no último día do dito mes. No caso de que o día de vencemento sexa inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Durante o mes de agosto non contará o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo, salvo para o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais no que o mes de agosto terá carácter de hábil.

En todo caso, poderá interpoñer calquera outro recurso ou acción administrativa ou xudicial que estime procedente.

Ourense, 5 de novembro de 2026. A deputada delegada de Facenda, Economía e Recursos Humanos (Pd.: Resol. 2023/9863, do 31/07/2023).

Asdo.: Marta Nóvoa Iglesias.

R. 2.707