I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Anuncio da convocatoria dunha edición do Curso de xestión e uso eficaz de Gmail como ferramenta de comunicación dixital nas administracións públicas (AF-08-2026)

Anuncio da convocatoria dunha edición do Curso de xestión e uso eficaz de Gmail como ferramenta de comunicación dixital nas administracións públicas (AF-08-2026)

Publícase que, por resolución da Presidencia do 29.10.2026 e núm. 2026/15942, se acordou o seguinte:

“A Deputación Provincial de Ourense deseña anualmente o seu Programa de formación continua de carácter agrupado, destinado a realizar de diversas accións formativas dirixidas ao persoal da Administración local da provincia.

No plan correspondente ao ano 2026 prevese, entre outras accións, a realización dunha edición do Curso de xestión e uso eficaz de Gmail como ferramenta de comunicación dixital nas administracións públicas (AF-08-2026). A competencia para a convocatoria da dita acción correspóndelle á Presidencia, de conformidade co artigo 34.1 da Lei de bases de réxime local, e o seu exercicio atópase delegado na vicepresidenta primeira e deputada delegada de Recursos Humanos por Resolución do 3 de agosto de 2023 (BOP do 11 de agosto de 2023).

Polo exposto, dispoño:

Primeiro. Aprobar as bases xerais da acción formativa que se relaciona a continuación, segundo a proposta formulada pola Sección de Formación da Deputación de Ourense que figura no expediente, e convocar o seguinte curso de formación continua:

Curso de xestión e uso eficaz de Gmail como ferramenta de comunicación dixital nas administracións públicas (AF-08-2026)

Bases xerais:

Primeira. Solicitudes de participación.

1. O persoal que desexe participar neste curso de formación presentará cuberta, en todas as epígrafes que lle corresponda, a instancia segundo o modelo oficial de solicitude de inscrición publicada no anexo II.

2. Todas as instancias deberán contar co correspondente informe, sobre a asistencia ao curso, do/a xefe/a do servizo ou departamento ao que pertenza o/a solicitante, para os efectos, entre outros, de confirmar a súa condición de traballador/a público/a local, e ir acompañadas da documentación complementaria que se establece na convocatoria.

3. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado e á imposibilidade de participar en ningunha outra actividade convocada pola Deputación de Ourense durante o prazo dun ano contado a partir da data da infracción.

4. As solicitudes de participación deberán remitirse á Sección de Formación da Deputación Provincial, mediante a súa presentación electrónica no Rexistro Xeral de documentos da Deputación de Ourense, dispoñible na sede electrónica da Deputación (sede.depourense.gal), ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

5. Non se admitirán as solicitudes de inscrición que non teñan cubertas todas as súas epígrafes de maneira correcta e lexible, ou ben que non conten coas sinaturas e selo requiridos.

6. A presentación dunha solicitude supón a aceptación expresa das bases xerais e das normas específicas de participación e asistencia que rexen e regulan as diferentes actividades formativas da Deputación de Ourense.

Segunda. Acceso ás actividades.

1. Poderá participar nesta actividade o persoal da Administración local en activo ao que vai dirixido o curso como destinatario/a da acción formativa que cumpra os requisitos específicos esixidos na convocatoria.

2. Daráselles preferencia para accederen ao curso aos/ás traballadores/as das entidades locais adheridas ao Programa de formación continua da Deputación de Ourense do ano 2026. Así mesmo, de xeito complementario poderá acceder ao curso, nas prazas vacantes, o persoal ao servizo da Administración estatal e autonómica.

Terceira. Selección das persoas participantes.

1. Os criterios que se aplicarán para a selección dos/das participantes son:

* A relación existente entre as funcións ou tarefas que realiza o/a solicitante no seu posto de traballo e a materia ou contidos obxecto do curso.

* A clase de persoal á que pertenza o/a solicitante, así como o seu grupo/categoría profesional, daráselle preferencia ao persoal fixo sobre o contratado.

* A data de ingreso do/da traballador/a na Administración pública, no acceso ao curso daráselle preferencia ao persoal de maior antigüidade.

2. Cando dende un mesmo departamento ou servizo se remitan varias solicitudes, e sexa preciso realizar unha selección dos/das participantes, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes os responsables do persoal de cada departamento ou servizo deberán de informar por escrito, cando así se lles requira, sobre a priorización da admisión dos/das solicitantes.

3. A lista de persoas seleccionadas será aprobada por resolución da Presidencia e exposta oficialmente na sede electrónica da Deputación de Ourense, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes; ao mesmo tempo, os/as peticionarios/as poderán obter información sobre a súa admisión chamando ao teléfono: 988 317 580.

4. Desde a Deputación Provincial poderá comunicárselles telefonicamente ás persoas seleccionadas que foron admitidas, co fin de obter a confirmación sobre a súa participación na acción formativa. A renuncia dos/das participantes admitidos/as que non poidan efectuar o curso por diferentes motivos deberá formalizarse sempre por escrito.

5. Os/as solicitantes admitidos/as que non comuniquen oficialmente que non van asistir como mínimo cun día de antelación ao inicio do curso, sen causa excepcional que o xustifique, ou que abandonen a actividade formativa sen xustificación, quedarán excluídos/as de participar en calquera outra actividade de formación durante o prazo dun ano dende esa data.

Cuarta. Diplomas de aproveitamento.

1. Outorgaráselles o correspondente diploma de aproveitamento aos/ás alumnos/as que participen con regularidade e bo aproveitamento no desenvolvemento do curso e que superen satisfactoriamente os diferentes módulos e as probas de avaliación do curso.

2. É obrigatoria a asistencia e a puntualidade a todas as sesións do curso. Toda inasistencia a clase deberá ser debidamente xustificada polo interesado sen exceder o 15% das horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ao 15% da duración da acción formativa, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do diploma de aproveitamento correspondente.

Quinta. Modificacións.

A Deputación de Ourense poderá variar, se fose preciso e a favor da eficacia da acción formativa, as características e mais os contidos do curso para adaptalos ás necesidades da Administración ou ás distintas continxencias que poidan xurdir, e buscará sempre as condicións óptimas para a realización da acción formativa.

Anexo I

Curso de xestión e uso eficaz de Gmail como ferramenta de comunicación dixital nas administracións públicas (AF-08-2026)

1. Persoas destinatarias.

* Empregados/as públicos/as locais de todos os grupos de titulación, especialmente persoal técnico e administrativo, que deban realizar tarefas de tramitación administrativa ou xestión informática.

* Persoal das corporacións locais da provincia con coñecementos informáticos básicos e usuario de redes informáticas, en especial da rede internet.

* Persoal ao servizo da Administración local que deba empregar o ordenador para o desenvolvemento do seu traballo e precise incrementar a eficacia e a produtividade do seu labor profesional.

2. Desenvolvemento.

2.1. Modalidade da acción formativa: presencial.

2.2. Data de realización: do 17 de novembro ao 15 de decembro de 2026.

2.3. Sesións de clases: 17-19-24-26 de novembro e 1-3-10-15 de decembro de 2026.

2.4. Horario das clases: de 09.00 a 11.30 horas, os martes e xoves.

2.5. Lugar de realización do curso: aulas de informática de Postal Escuela de Negocios (Reza, 3. Ourense) Ourense.

2.6. Duración: 20 horas; 8 días lectivos.

2.7. Prazas: 20 participantes.

2.8. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos.

* Promover a plena integración das novas tecnoloxías nas prácticas de traballo das corporacións locais e impulsar o seu uso nas diferentes áreas da xestión municipal.

* Dotar aos/ás participantes dos coñecementos necesarios que lles faciliten a utilización do correo electrónico no seu desempeño profesional.

* Desenvolver as habilidades necesarias para a comunicación e a xestión de tarefas profesionais empregando o correo electrónico.

* Aprender a manexar as ferramentas avanzadas que impliquen un aforro do tempo de traballo diario: crear e ler o correo electrónico, crear listas de contactos, programar citas e reunións, establecer tarefas.

4. Programa.

4.1. Crear e acceder a unha conta de Gmail.

4.2. Recuperar contrasinais.

4.3. Redacción, resposta e reenvío de correos.

4.4. Correos recibidos.

4.5. Busca de correos.

4.6. Configuración de Gmail.

4.7. Consellos para usar Gmail de forma eficiente.

4.8. Etiquetas e categorías.

4.9. Filtros e accións automáticas ou regras.

4.10. Xestión de contactos.

4.11. Crear grupos para conectar rapidamente con outros usuarios en Gmail.

4.12. Pospoñer correos electrónicos ou recordatorios.

4.13. Crear eventos directamente desde a bandexa de entrada de Gmail.

4.14. Desfacer o envío de correos en Gmail.

15. Utilizar combinacións de teclas en Gmail.

4.16. Creación de sinaturas en Gmail.

4.17. Enviar e gardar arquivos adxuntos de gran tamaño con Google Drive.

4.18. Programar un correo para envialo noutro momento en Gmail.

5. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o venres 13 de novembro do 2026.

Segundo. Ordenar a publicación no BOP e na sede electrónica da presente convocatoria, bases e anexos.”

Publícase isto, e infórmase ás persoas interesadas de que contra o dito acto poderán interpoñer un recurso de reposición, previo ao contencioso – administrativo, ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes, ou, alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso – administrativo ante o Xulgado do Contencioso - Administrativo de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 de la Lei reguladora da xurisdición contencioso – administrativa), no prazo de dous meses. En ningún caso poderán simultanearse ambos os recursos.

Os prazos computaranse de data a data a partir do día seguinte ao de recibir esta notificación, e vencerán no día equivalente do mes natural seguinte ou, de non existir este, no último día do dito mes. No caso de que o día de vencemento sexa inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Durante o mes de agosto non contará o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo, salvo para o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais no que o mes de agosto terá carácter de hábil.

En todo caso, poderá interpoñer calquera outro recurso ou acción administrativa ou xudicial que estime procedente.

Ourense, 30 de outubro de 2026. A deputada delegada de Facenda, Economía e Recursos Humanos (Pd.: Resol. 2023/9863, do 31/07/2023).

Asdo.: Marta Nóvoa Iglesias.

(Ver solicitude páx. seguinte)

R. 2.620