IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DA ARNOIA

Nomeamento dun administrativo con funcións informáticas, persoal funcionario da Agrupación de Concellos A Arnoia - Beade

Para os efectos oportunos, publícase que a Alcaldía do Concello, o 23 de outubro de 2026, ditou a seguinte Resolución:

“Unha vez tramitado o expediente para a provisión dunha (1) praza de administrativo/a con función informáticas, praza incluída na Oferta de emprego público do ano 2025 dos concellos da Arnoia e Beade, funcionario/a, mediante concurso-oposición libre, segundo as bases aprobadas pola Resolución da Alcaldía do 12 de xaneiro de 2026 e publicadas no BOP do día 5 de marzo de 2026, e en extracto no DOG do 7 de abril de 2026 e no BOE do 8 de xullo de 2026, realizouse a citada oposición de conformidade co anuncio publicado na sede electrónica do Concello.

Polo exposto, dispoño:

1. Prestar conformidade á proposta formulada polo Tribunal cualificador e nomear en propiedade no cadro do persoal funcionario da Agrupación A Arnoia-Beade a Miguel Ángel Gómez Lorenzo como administrativo con funcións informáticas.

2. Dar traslado desta Resolución ao Concello de Beade, quen delegou nesta entidade a execución do proceso selectivo.

3. Ordenar a publicación no Boletín oficial da Provincia da presente Resolución tendo en conta que o aspirante nomeado deberá tomar posesión no prazo máximo dun mes, que contará a partir da devandita publicación; perderá a condición de persoal funcionario e todos os dereitos adquiridos en virtude do nomeamento cando, sen causa xustificada, non o fixese dentro do prazo sinalado”.

Contra esta resolución, poderá interpoñer un recurso de reposición, previo ao contencioso-administrativo ante esta Alcaldía, no prazo dun mes, ou alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras que establece o artigo 14 da Lei reguladora da xurisdición contencioso administrativa), no prazo de dous meses. En ningún caso, poderán simultanearse ambos os recursos. Os prazos computaranse de data a data, a partir do día seguinte ao da publicación. No caso de que o día do vencemento sexa inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte.

A Arnoia, 26 de outubro de 2026. O alcalde.

Asdo.: Rodrigo Aparicio Santamaría.

R. 2.584