IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE CELANOVA

Nomeamento dun operario polideportivo como persoal laboral fixo, correspondente á Oferta de emprego público do exercicio 2025

Para os efectos oportunos, publícase que o alcalde, o 26 de outubro de 2026, ditou a Resolución da Alcaldía co núm. 2026-3956 do seguinte teor literal:

“Expediente: 62/2026

Asunto: Nomeamento de persoal laboral fixo

Resolución da alcaldía.

Unha vez vistas as bases reguladoras do proceso selectivo convocado polo Concello de Celanova, derivado da Oferta de emprego público ordinaria do exercicio 2025 para a selección e posterior contratación laboral fixa dun/dunha operario/a polideportivo, polo sistema de concurso-oposición, aprobadas pola Xunta de Goberno Local na data do 04.02.2026

Logo de ver que as bases e a convocatoria foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia, núm. 34, do 20 de febreiro de2026, e anunciadas no Diario Oficial de Galicia núm. 50, do 16 de marzo de 2026, e no Boletín Oficial do Estado núm. 76, do 27 de marzo de 2026.

Unha vez visto o Decreto co núm. 2026-2558, do 07.08.2026, polo que se aprobou a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para a selección e posterior contratación laboral fixa dun/dunha operario/a polideportivo, a xornada completa, polo sistema de concurso-oposición, publicado no BOP núm. 153, do 13 de agosto de 2026.

Tras ver a proposta de nomeamento do Tribunal cualificador en relación coas probas de selección para proveer unha praza de operario/a polideportivo, persoal laboral fixo, grupo V, polo sistema de concurso-oposición, derivada da Oferta de emprego público ordinaria de 2025, publicada no taboleiro de anuncios na sede electrónica o 05.10.2026, onde se propón ao seguinte aspirante:

- Sánchez Martínez, Pablo.

Unha vez visto que con data 23.10.2026, con núm. de asento no rexistro de entrada de documentos do Concello de Celanova 2026-E-RC-5199, o aspirante Pablo Sánchez Martínez, presentou a documentación requirida para o nomeamento de acordo co previsto na base xeral novena das Bases reguladoras do proceso selectivo convocado polo Concello de Celanova derivado da Oferta de emprego público ordinaria do exercicio 2025 para a selección e posterior contratación laboral fixa dun/dunha operario/a polideportivo, polo sistema de concurso-oposición, aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 04.02.2026 e publicadas no BOP núm. 34, do 20 de febreiro de 2026.

Logo de ver o informe de fiscalización da Intervención municipal do 23.10.2026.

De conformidade co artigo 21.1. h) da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local; o artigo 136 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local.

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Pablo Sánchez Martínez, co DNI número ***5852**, persoal laboral fixo grupo V, na praza de operario polideportivo tras a superación do proceso selectivo, derivado da oferta de emprego público ordinaria do exercicio 2025.

Segundo. Formalizar a contratación do traballador Pablo Sánchez Martínez co DNI número ***5852**, persoal laboral fixo Grupo V, na praza de operario polideportivo.

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e na sede electrónica do Concello de Celanova.

Cuarto. Notificar esta resolución a Pablo Sánchez Martínez, e comunicarlle que deberá acudir á subscrición do seu contrato de traballo no prazo máximo de un (1) mes, a partir da publicación desta resolución, no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, e advírteslle de que de non o facer no prazo indicado, sen causa xustificada, perderá o dereito a ser contratado como persoal laboral fixo.

Así o decreta, manda e asina o alcalde na data indicada na marxe, do que como secretaria dou fe para o efectos exclusivos do disposto no artigo 3.2.e) do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo.

O alcalde. Asdo.: Antonio Puga Rodríguez.

(Asinado dixitalmente na marxe)

A secretaria. Asdo.: María Álvarez Alvar.

(Asinado dixitalmente na marxe)

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer alternativamente ou o recurso de reposición potestativo (no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia, ante o alcalde do Concello, arts. 123 e 124 da Lei 39/2015), ou o recurso xudicial perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo de Ourense (no prazo de dous meses que contará desde o día seguinte ao da publicación da resolución, art. 46 da Lei 29/1998).

Celanova, na data indicada na marxe. O alcalde.

Asdo.: Antonio Puga Rodríguez.

Asinado electronicamente na marxe.

R. 2.583