IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

Aprobación das bases e a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de operario/a de servizos múltiples-maquinista.

Anuncio

Aprobación das bases e a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de operario/a de servizos múltiples-maquinista.

Unha vez aprobadas, por acordo da Xunta de Goberno Local de data 24/09/2026, as bases e a convocatoria para a cobertura como persoal laboral fixo dunha praza de operario/a servizos múltiples-maquinista vacante no cadro de persoal laboral fixo do Concello de San Cibrao das Viñas, incluída na oferta de emprego publico para o ano 2026, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 20 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Así mesmo, achéganse as bases reguladoras das probas selectivas:

“Bases reguladoras dos procesos selectivos para a provisión das prazas de persoal laboral incluídas na oferta de emprego público do Concello de San Cibrao das Viñas correspondente ao ano 2026

Primeira. Obxecto da convocatoria.

É obxecto das presentes bases a regulación dos procesos selectivos para a provisión en propiedade das prazas de persoal laboral fixo vacantes no cadro de persoal laboral fixo do Concello de San Cibrao das Viñas incluídas na oferta de emprego publico para o ano 2026 aprobada con data 15 de xaneiro de 2026 e publicada no DOG núm. 17 de data 27.01.2026:

Código

Denominación

Tipo

Corpo, escala ou categoría

Grupo

Nivel

Prov.

Rn

Titulación

Adm

04.02.00.04

Operario/a servizos mútiples- maquinista

L

Segundo convenio

V

14

O

U.E.

Certificado de escolaridade ou equivalente

A.L.

Segunda. Normativa aplicable.

A realización das probas selectivas axustarase ao establecido nas presentes bases, así como ao disposto na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local; Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público; Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, texto refundido de disposicións legais vixentes en materia de réxime local; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local; a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia; o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso de persoal ao servizo da Administración xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do estado, e demais disposicións que resulten de aplicación.

Terceira. Sistemas de selección.

Conforme co disposto nas ofertas de emprego público, e de conformidade co establecido no artigo 61 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (TRLEBEP), e nos artigos 56 e 57 da Lei de emprego público de Galicia (LEPG), establécense como sistemas de seleccións os seguintes:

Para as prazas de acceso libre de persoal laboral fixo establécese o sistema de oposición libre, garantindo os principios de igualdade, mérito, capacidade, publicidade e transparencia.

Cuarta. Condicións das persoas aspirantes.

Para participar nas probas selectivas, de conformidade co establecido no artigo 56 do TRLEBEP, as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, referidos todos e cada un deles á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, e conservarse, cando menos, ata a data da toma de posesión.

a) Nacionalidade: ter a nacionalidade española. Ademais, e consonte co establecido nos artigos 57 do TRLEBEP e 52 da LFPG, poderán acceder ás prazas de persoal funcionario de carreira as persoas nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, así como as persoas estranxeiras que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e as/os súas/seus descendentes e as/os do seu cónxuxe – sempre que non estean separados de dereito – e menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas. As mesmas regras aplicaranse, de ser o caso, ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España, nos que sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras.

b) Idade: ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Titulación: estar en posesión do título que en cada caso se sinala, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, en cada caso. Cando se aleguen equivalencias de títulos achegarase no seu día certificado para o efecto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación.

d) Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectada ou afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións, sen prexuízo de que sexan admitidas as persoas con diversidade funcional en igualdade de condicións coas demais persoas aspirantes, segundo o disposto na disposición adicional 19ª da Lei 30/1984, do 2 de agosto, na redacción dada pola Lei 53/2003, do 10 de decembro, e normativa de concordante aplicación.

Na presente convocatoria, e dado o número de prazas que se convocan, non se reservan prazas para persoas con diversidade funcional (artigos 48 da LEPG e 59 do TRLEBEP).

As persoas con diversidade funcional deberán facer constar na solicitude esa condición, achegando a acreditación do recoñecemento da diversidade funcional en grao igual o superior ao 33%, para os efectos de que o Concello adopte as medidas precisas para establecer as adaptacións e axustes razoables de tempos e medios no proceso selectivo e, unha vez superado o dito proceso, as adaptacións no posto de traballo ás necesidades das persoas con diversidade funcional, así como para a aplicación da exención das taxas por dereitos de exame.

Cando sexa necesario a adaptación de tempos, levarase a cabo de conformidade co disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con diversidade funcional e normativa de concordante aplicación, debendo ser solicitada polas persoas aspirantes.

e) Habilitación: non estar separada ou separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais do Estado ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial firme. No suposto de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

f) Non incorrer en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

g) Lingua galega: acreditar o coñecemento da lingua galega de acordo co establecido no artigo 51 da LEPG e na forma establecida na base quinta.2.I.c).

A dita acreditación do coñecemento de lingua galega realizarase de conformidade co previsto na normativa de aplicación, consonte co sistema de certificación de lingua galega (CELGA) actualmente vixente, ou as súas certificacións equivalentes, debidamente homologadas polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, nos termos do previsto na Orde do 16 de xullo de 2007 e Orde do 10 de febreiro de 2014 que modifica a anterior, ao respecto dos certificados oficiais acreditativos dos niveles de coñecemento de lingua galega.

No caso de non posuír os certificados será necesario a superación dun exercicio previo e eliminatorio de tradución que constará dunha proba que consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora. Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obter o resultado de apto, correspondéndolle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos esixidos para acadar o resultado de apto.

h) Os requisitos especiais que se sinalen para cada praza nas normas específicas da base 18ª.

En todo caso, o persoal que ingrese en virtude desta convocatoria quedará obrigado a prestar os servizos na xornada de traballo única ou partida que acorde o Concello, así como os servizos ou cometidos similares aos das prazas que obteñan, sempre de acordo coas normas xerais que se adopten, sen discriminación, con carácter xeral ou para determinados cometidos e servizos.

Quinta. Presentación de solicitudes e admisión das persoas aspirantes.

1. O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Previamente publicaranse as bases íntegras no BOP e un anuncio da convocatoria no DOG (artigo 205 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia), na sede electrónica do Concello, na dirección https://sancibrao.sedelectronica.es e no taboleiro de anuncios do Concello para maior difusión.

2. As solicitudes dirixiranse á alcaldesa do Concello e presentaranse no rexistro electrónico xeral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As modalidades de presentación serán as seguintes:

a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa no Rexistro Xeral do Concello ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As solicitudes que se presenten a través das oficinas de Correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas antes de ser certificadas.

b) De forma telemática, a través do rexistro electrónico xeral da sede electrónica do Concello de San Cibrao das Viñas, na dirección https://sancibrao.sedelectronica.es.

Nas solicitudes farase constar expresamente que a persoa aspirante reúne todas e cada unha das condicións esixidas, referidas á data de expiración do prazo de presentación.

I) Documentación administrativa para a admisión:

a) Modelo normalizado de solicitude que se inclúe nestas bases (anexo I) e que estará dispoñible na sede electrónica do Concello de San Cibrao das Viñas, no enderezo https://sancibrao.sedelectronica.es, que incluirá unha manifestación de que se reúnen todos e cada un dos requisitos da presente convocatoria na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Non se aceptará ningún outro modelo de solicitude, e para que sexa válida e, en consecuencia, para que as persoas aspirantes sexan admitidas, deberán cubrirse correctamente e con exactitude todos e cada un dos seus apartados, agás o/s correspondente/s apartado/os ou espazo/s do modelo de solicitude cuxa cobertura non sexa obrigatoria.

O modelo de solicitude estará tamén dispoñible no taboleiro electrónico da sede electrónica municipal e nas dependencias da Oficina Municipal de Asistencia en Materia de Rexistro.

No suposto de solicitar a participación neste proceso a través da sede electrónica municipal ou doutros rexistros electrónicos mediante a utilización pola persoa interesada da súa sinatura electrónica ou mediante outros sistemas identificación, autenticación e sinatura electrónica validamente admitidos, outorgarase os efectos do orixinal á copia da solicitude (anexo I) que non veña asinada dixitalmente, sempre que se achegue debidamente cuberta a través dun dos ditos medios.

a) Copia do diploma ou certificado CELGA 2 (para os subgrupos de agrupacións profesionais sen requisito de titulación e C2), CELGA 3 ( para o subgrupo C1) e CELGA 4 (para os subgrupos A1 e A2) que acrediten o grao de coñecemento do idioma galego.

No caso de non presentar esta documentación, a persoa interesada deberá realizar unha proba de coñecemento de lingua galega na forma establecida na base cuarta.g).

b) Copia da titulación académica requirida conforme co disposto na base décimo sétima.

A documentación a que se refiren os apartados anteriores poderá ser presentada en copia simple do orixinal. Non obstante, conforme establece o artigo 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, o Concello de San Cibrao das Viñas, cando considere que existen dúbidas derivadas da calidade da copia, poderá solicitar o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

En todo caso, as persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten, reservándose este Concello a facultade de exercer as medidas de esixencia de responsabilidade oportunas no caso de falsidade na documentación achegada.

3. Para calquera consulta ou dúbida poderá contactar co Rexistro Xeral, no teléfono 988381034, de luns a venres, en horario de 8.30 a 14.00 horas

4. De cara a axilización na formación das listas provisionais de persoas admitidas e excluídas, as persoas solicitantes que presenten a súa solicitude en rexistros diferentes ao do Concello ou a través de correo postal, deberán achegar copia da solicitude co selo do rexistro de procedencia ou, no seu caso, co selo coa data de presentación en correos a través do número de fax 988 381101 ou ao correo electrónico info@sancibrao.es dentro do prazo establecido para a presentación de solicitudes.

Sexta. Admisión.

1. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía aprobará as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas no prazo máximo dun mes. Este prazo poderá ser ampliado, cando resulte necesario, ata un máximo de 15 días.

2. As listas provisionais serán expostas, en todo caso, na sede electrónica (https://sancibrao.sedelectronica.es) e no taboleiro de anuncios do Concello, concedéndose un prazo de dez días hábiles para os efectos de reclamacións e corrección de deficiencias, conforme co artigo 68 da Lei 39/2015. Se as houbese, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva, que se fará pública na mesma forma. Esta última data será determinante dos prazos para impugnacións ou recursos.

3. A lista provisional elevarase a definitiva polo transcurso do prazo de reclamacións, se non as houbese. No caso contrario, exporase de novo a lista definitiva, no mesmo lugar que a provisional, así como a resolución das solicitudes de abstención ou recusación nun prazo máximo dun mes a partir da finalización do prazo de reclamacións.

4. O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas, con carácter definitivo, a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de superar o proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas interesadas decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación no procedemento.

Sétima. Protección de datos.

1. O tratamento polo Concello dos datos persoais da persoa solicitante achegados coa solicitude fúndase no disposto nos apartados c) e e) do artigo 6 do Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos, así como no artigo 8.2 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección dos datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, ao ser a achega dos datos e informacións esixidas nas presentes bases necesaria para o cumprimento do disposto na lexislación de emprego no sector público así como para a valoración das solicitudes.

En consecuencia, a negativa a facilitar estes datos ao Concello determinará a exclusión da persoa solicitante do procedemento.

2. En cumprimento do establecido no artigo 13 do Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos, infórmase ás persoas interesadas do seguinte:

a) O responsable do tratamento dos datos é o Concello de San Cibrao das Viñas, cuxa representante legal é a súa alcaldesa, dona Marta Nóvoa Iglesias, con domicilio para os efectos de notificacións na Praza da Constitución 1, San Cibrao das Viñas 32911, Ourense, teléfono de contacto 988381034 e correo electrónico: info@sancibrao.es.

b) O delegado de protección de datos é RB Soluciones, con domicilio para efectos de notificacións na Praza da Constitución 1, San Cibrao das Viñas,32911, Ourense, teléfono de contacto 988381034 e correo electrónico: info@sancibrao.es.

c) Os datos subministrados coa solicitude destínanse unicamente a garantir o cumprimento do establecido na lexislación do emprego público do sector público, a comprobar que a persoa solicitante reúne os requisitos establecidos para a súa admisión e á valoración da súa solicitude. Publicaranse na sede electrónica do Concello as listas provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas, as actas dos tribunais de selección e a resolución de nomeamento. As publicacións referidas se manterán durante un prazo mínimo de cinco anos dende a realización da publicación, podendo, a partir dese prazo, ser suprimida a publicación de oficio polo Concello ou ben a solicitude das persoas interesadas, dirixida ao responsable do tratamento.

d) A base xurídica do tratamento dos datos achegados coa solicitude é a necesidade de coñecer eses datos para o cumprimento das obrigas legais que impón a lexislación do emprego público ao Concello (artigo 6.1.c) do Regulamento UE 2016/679). No caso dos datos necesarios para acreditar o cumprimento dos requisitos específicos da convocatoria e valoración de solicitudes, a necesidade de coñecer eses datos é para dar satisfacción á finalidade de interese público (organización e xestión do emprego público municipal) perseguida coa convocatoria (artigo 6.1.e) do Regulamento UE 2016/679).

e) Os datos subministrados ao Concello serán tratados exclusivamente polo persoal autorizado do Concello para a tramitación da solicitude, suxeitos ao deber de reserva. Estes datos poderán ser cedidos a terceiras persoas nos seguintes casos:

- Ao resto de persoas solicitantes ou aos seus representantes legais cando así o reclamen para a formulación de reclamacións ou interposición de recursos.

- Aos xulgados e tribunais, para os efectos da resolución dos recursos administrativos e xudiciais que poidan interpoñerse contra os actos e resolucións susceptibles de recurso, así como aos membros dos tribunais cualificadores, Ministerio Fiscal, Valedor do Pobo, Defensor do Pobo, Tribunal de Contas e Consello de Contas, na medida en que sexa necesario para o exercicio das funcións dos tribunais e desas autoridades públicas.

- Aos concelleiros, cando o reclamen, para o exercicio do seu dereito á información.

f) En ningún caso transferiranse os datos persoais a un terceiro país nin a unha organización internacional.

g) Os datos subministrados conservaranse nos arquivos do Concello de forma indefinida, para os únicos efectos da súa conservación conforme co disposto na lexislación sobre arquivos do sector público e na lexislación sobre patrimonio documental cultural.

h) As persoas interesadas poderán solicitar en todo momento da Alcaldía do Concello o acceso aos seus datos, así como a súa rectificación, de ser o caso.

Poderá solicitarse a limitación do tratamento dos ditos datos, referida á súa publicación, unha vez finalizado o procedemento, sempre que conste a firmeza do acto administrativo que lle poña fin e transcorrera o prazo sinalado na letra c) anterior desta base.

Poderá formularse, igualmente, a oposición ao tratamento dos datos, motivada pola situación particular da persoa interesada, nos termos previstos no artigo 21 do Regulamento UE 2016/679.

Os dereitos sinalados neste apartado poderán exercerse mediante escrito dirixido á Alcaldía do Concello.

De conformidade co disposto no artigo 20.3 do Regulamento UE 2016/679, non será de aplicación o dereito á portabilidade dos datos subministrados ao Concello neste procedemento.

i) En todo caso, a persoa interesada poderá formular as reclamacións que considere oportunas en relación co tratamento dos seus datos persoais ante a Axencia Española de Protección de Datos.

k) En ningún caso procederase á adopción de decisións automatizadas nin á elaboración de perfís persoais cos datos subministrados, que non serán obxecto de tratamentos diferentes aos expresamente previstos nesta base.

l) Respecto das persoas que participen nas quendas por diversidade funcional, a publicación da súa identidade realizarase mediante o número completo do seu documento nacional de identidade, número de identidade de estranxeiro, pasaporte ou documento equivalente, salvo que previa e expresamente manifeste o seu consentimento á publicación do seu nome completo. Neste último caso identificarase, ao igual que o resto de aspirantes, mediante a publicación do nome e apelidos engadindo catro cifras numéricas aleatorias do seu documento nacional de identidade, número de identidade de estranxeiro, pasaporte ou documento equivalente.

Oitava. Tribunais de selección.

1. O tribunal de selección estará formado por cinco membros, integrándose pola presidencia, tres vogais e secretaría que actuará con voz pero sen voto. As persoas membros do tribunal deberán ter a condición de persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo de calquera administración pública e deberan posuír titulación ou especialización iguais ou superiores ás esixidas para o acceso ás prazas convocadas.

A súa composición será estritamente técnica e deberán posuír unha titulación académica que acredite coñecementos nas materias que integren o temario do proceso selectivo.

Na medida do posible tenderase a respectar a paridade na súa composición, de conformidade co establecido no artigo 60 do TRLEBEP e 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro.

2. As persoas membros do tribunal con dereito a voto serán designadas por resolución da Alcaldía e na súa composición respectarase o principio de paridade conforme co previsto no artigo 59 da LEPG. A presidencia e tres persoas vogais serán elixidas entre persoas empregadas públicas da Deputación Provincial de Ourense. No seu caso, as persoas vogais restantes deberán ser persoas empregadas públicas pertencentes a outras administracións públicas galegas diferentes á Deputación Provincial de Ourense a ás súas entidades dependentes. A secretaría do tribunal será designada pola Presidencia, entre persoas funcionarias do Concello de San Cibrao das Viñas.

Na resolución designarase unha persoa titular e un suplente por cada posto do tribunal.

As persoas membros do tribunal estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas na Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como cando realizasen tarefas de preparación de persoas aspirantes a probas selectivas de acceso nos cinco anos inmediatamente anteriores á publicación destas bases. O incidente de recusación poderá formularse en calquera momento do procedemento anterior á data de realización das probas.

A resolución de designación das persoas membros do tribunal farase pública na sede electrónica do Concello. Seguidamente abrírase un prazo de dez días hábiles para a formulación de reclamacións por parte das persoas interesadas.

3. Os tribunais de selección actuarán con plena autonomía no exercicio das súas funcións, non estando suxeitos a instrucións de ningún tipo por parte dos órganos do Concello. O Concello porá á súa disposición os medios materiais que precisen para a realización do seu cometido. En casos xustificados, os tribunais de selección poderán solicitar a contratación de persoal asesor técnico especializado para a realización e avaliación das probas selectivas. Estas persoas colaborarán co tribunal exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas e deberán comparecer a título individual, con voz e sen voto, debendo cumprir os requisitos que para a participación en condición de membros dos órganos de selección establece a lexislación vixente.

4. O tribunal de selección non poderá constituírse sen a presenza de máis da metade das persoas que o conformen, sendo en todo caso necesaria á da presidencia e da secretaría. As súas decisións adoptaranse por maioría.

5. A data da sesión constitutiva do tribunal para o inicio das súas actuacións será establecida pola Alcaldía. Correspóndelle á presidencia do tribunal acordar o resto das convocatorias das sesións ordinarias e extraordinarias, presidir as sesións, moderar o desenvolvemento dos debates e suspendelos por causas xustificadas, asegurar o cumprimento das leis, dirimir co seu voto os empates nos termos legalmente previstos e as demais que lle outorgue a lexislación vixente.

6. Co fin de que a participación das persoas empregadas públicas dos tribunais de selección non supoña unha redución da súa dedicación aos seus postos de traballo nas administracións públicas, os tribunais realizarán as probas selectivas e as súas reunións de traballo preferentemente fóra da súa xornada laboral. Todas as persoas que forman parte do tribunal de selección terán dereito a recibir as correspondentes indemnizacións ou axudas de custo de conformidade coa lexislación vixente.

Novena. Funcionamento do tribunal

1. Os tribunais cualificadores desenvolverán as súas sesións cando sexan convocados por orde da presidencia do tribunal, coa presenza física das persoas que os compoñan nun mesmo lugar.

2. As resolucións do tribunal vinculan á Administración, sen prexuízo de que esta, de ser o caso, poida proceder a súa revisión, conforme co previsto no artigo 106 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Contra as resolucións, actos do tribunal e os seus actos de trámite cualificados, poderán interpoñerse os recursos que legalmente procedan en dereito.

Décima. Comezo das probas e orde de actuación das persoas aspirantes.

1. Quince días naturais antes, como mínimo, do comezo dos exercicios, anunciarase na páxina web do Concello o día, a hora e o lugar no que terán lugar. Os anuncios sucesivos para a realización das restantes probas publicaranse na páxina web do Concello con, cando menos, setenta e dúas horas de antelación antes do comezo das probas.

2. Os exercicios e as probas practicaranse en chamamento único. A non presentación dunha persoa aspirante a calquera dos exercicios no momento do chamamento, determinará automaticamente o decaemento do seu dereito a participar no mesmo exercicio e nos sucesivos, quedando excluída ou excluído, en consecuencia, do procedemento selectivo. Deberán presentarse para a realización de cada exercicio co seu DNI, NIE ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como dos medios materiais adecuados e necesarios para a práctica das probas.

3. Dende a total conclusión dun exercicio ou proba ata o comezo do seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de setenta e dúas horas, a non ser que todas as persoas que teñan que realizar a respectiva proba acepten expresamente a redución deste prazo. Ata a iniciación do exercicio seguinte non poderán transcorrer máis de corenta días naturais. As persoas aspirantes serán convocadas e convocados para cada exercicio en chamamento único, agás nos casos que pola índole da proba non sexa posible a súa realización por todas as persoas aspirantes no mesmo día.

4. A orde na que actuaran as persoas aspirantes naqueles exercicios que non se poidan realizar conxuntamente, iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra H, de conformidade co establecido na resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 31 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 29, do 9 de febreiro de 2024).

5. Se a causa de embarazo de risco ou parto debidamente acreditados algunha das aspirantes non puidera completar o proceso selectivo ou realizar algún exercicio deste, a súa situación quedará condicionada á finalización do proceso e á superación das fases que quedasen aprazadas, non podendo demorarse estas de maneira que se menoscabe o dereito do resto das persoas aspirantes a unha resolución do proceso axustada a tempos razoables, o que deberá ser valorado polo tribunal, e, en todo caso, a realización das probas terá lugar antes da publicación da lista das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo.

Undécima. Desenvolvemento das probas e sistemas de cualificación dos exercicios.

1. Para a práctica dos exercicios da fases de oposición, os tribunais poderán requirirlles ás persoas aspirantes, en calquera momento, que acrediten a súa identidade.

Se durante o desenvolvemento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algunha das persoas aspirantes carece de calquera dos requisitos esixidos na convocatoria, excluiráselle desta tras a audiencia previa da persoa interesada. A exclusión será acordada pola Alcaldía do Concello, a proposta do tribunal.

2. As probas selectivas serán as que se sinalen para cada convocatoria específica e coas seguintes regras xerais, sen prexuízo do previsto nas referidas convocatorias específicas:

a) Exercicios de tipo test, estes referiranse ás materias propias de cada praza, segundo os programas ou cuestionarios anexos. Valoraranse cun máximo de 10 puntos, declarándose non aptos os que non obteñan 5 puntos. Os test cualificaranse de forma matemática asignándose puntuación positiva aos acertos e negativa os erros, de tal xeito que dúas preguntas erróneas restan unha acertada, non computándose as deixadas en branco. As preguntas serán como mínimo as seguintes:

- Grupo A1: 90

- Grupo A2: 60

- Grupo C1: 40

- Grupo C2: 20

- Agrupacións profesionais: 10

b) Os exercicios prácticos, tamén obrigatorios e eliminatorios, consistirán na realización ou resolución de cantas cuestións ou casos prácticos sinale o tribunal, no tempo e forma que decida (agás que as bases específicas de determinadas prazas dispoñan outra cousa), e se referirán ás tarefas ou coñecementos esixibles aos postos de traballo correspondentes ás prazas ou categorías profesionais de que se trate. No caso de que a índole dos coñecementos prácticos o permita poderán realizarse por escrito. Así mesmo, cando as características deste exercicio requira o uso de lexislación, non se permitirá o manexo de textos comentados nin libros de formularios.

Nos casos prácticos, os criterios para a súa avaliación deberán ser fixados polo tribunal e comunicados ás persoas aspirantes antes de se iniciar o exame, e constar na correspondente acta.

O tribunal poderá acordar a lectura dos exercicios polas persoas aspirantes unha vez finalizada a súa realización, sempre en sesión pública. A persoa aspirante que non acuda á lectura pública será declarada/o non apta ou no apto e, polo tanto, eliminada ou eliminado do proceso selectivo.

A valoración máxima será de 10 puntos, quedando eliminados ou eliminadas as persoas aspirantes que non acaden 5 puntos.

3. Os exames deberán elaborarse inmediatamente antes de realizarse a proba, tomando como referencia para súa elaboración o propio temario. O contido de cada exercicio deberá gardar relación directa e proporcional coas funcións e coñecementos esixibles para o posto.

4. Para dar cumprimento ao previsto no artigo 51 da LEPG, establécese que os exercicios se redacten e se distribúan tanto en galego como en castelán, agás naqueles casos en que as bases específicas establezan o contrario, por tratarse de probas que teñan que realizarse en galego por referirse a prazas ou categorías profesionais para o desempeño de postos de traballo que requiran un especial coñecemento desa lingua. En todo caso, os enunciados das probas específicas de coñecemento do idioma galego distribuiranse unicamente nesa lingua.

5. Garantirase o anonimato nas probas escritas cos medios técnicos dos que dispón o Concello. Para garantir o anonimato na corrección dos exames escritos, ao finalizar a proba deberá introducirse nun sobre a documentación que acredite a autoría de cada un deles. Este sobre pecharase e selarase e sobre o precinto asinarán todas as persoas presentes que formen parte do tribunal. O sobre quedará baixo a custodia da presidencia do tribunal para a súa apertura en acto público que se realizará unha vez corrixidos os exames.

Nas probas prácticas e orais adoptaranse medidas equivalentes destinadas a asegurar a obxectividade, igualdade e imparcialidade da corrección.

6. A valoración dos exercicios, sempre e cando non consten normas expresas nas distintas prazas, realizarase nos exercicios tipo test tendo en conta o previsto na letra 2.a) anterior; nos exercicios teóricos valorarase a claridade de exposición e os coñecementos sobre a materia; nos exercicios prácticos valorarase, se é o caso, o acerto na resolución e a calidade e adecuación do razoamento no que se basee a solución proposta pola persoa aspirante (no caso de exercicios prácticos escritos) e o dominio do cometido e a corrección na realización de tarefas ou traballos en que consista a proba.

No prazo máximo de tres días hábiles a contar dende a finalización da proba específica, faranse públicos os formularios de correccións daqueles procesos selectivos que inclúan a realización de probas con respostas alternativas.

Duodécima. Puntuación e cualificacións dos exames.

1. No suposto de empate nas puntuacións de dúas ou máis persoas aspirantes acudirase, por orde, aos seguintes criterios ata que se resolva:

a. As mulleres, no suposto de existir infrarrepresentación feminina no correspondente corpo, escala, grupo ou categoría. A infrarrepresentación calcularase de acordo co previsto no artigo 49.2 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

b. Puntuación obtida nos exercicios da oposición pola súa orde de realización.

c. De persistir o empate, resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido e, de ser igual, polo segundo, a partir da letra H establecida na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 31 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 29, do 9 de febreiro de 2024).

d) En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.

2. A puntuación final e a orde de cualificación das persoas aspirantes que superaran as probas estará determinada pola suma das puntuacións obtidas na totalidade dos exercicios da oposición. A puntuación de cada persoa aspirante nos diferentes exercicios será a media aritmética das cualificacións de todas as persoas que formen parte do tribunal asistentes á sesión.

As cualificacións das persoas aspirantes, en cada un dos exercicios, serán publicadas na sede electrónica do Concello no seguinte día hábil ao da realización da cualificación, xunto coa puntuación desagregada, os resultados definitivos do test e, na medida legalmente posible, os criterios aplicados na proba práctica.

Décimo terceira. Publicación de resultados finais e presentación de documentos.

1. Unha vez rematada a cualificación das persoas aspirantes, o tribunal publicará na páxina web do Concello (www.sancibrao.es) a relación de persoas que superaron o procedemento por orde de puntuación final, con especificación da cualificación, e elevaralle a devandita relación á alcaldesa do Concello para os efectos da tramitación dos nomeamentos.

O tribunal non poderá propoñer o nomeamento ou contratación dun número de persoas superior ao de prazas convocadas, agás cando así o determine a propia convocatoria. Con todo, sempre que propuxesen o nomeamento de igual número de persoas aspirantes que o de prazas convocadas, e con fin de asegurar a cobertura destas cando se produzan renuncias de persoas aspirantes seleccionadas, antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano que resolve poderá requirir do tribunal relación complementaria de persoas aspirantes que sigan as persoas propostas, para o seu posible nomeamento como persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo, nos termos do establecido no TREBEP.

2. A resolución de nomeamento ou contratación corresponderalle á Alcaldía do Concello ou órgano en quen teña delegada a dita competencia e publicarase no Boletín Oficial da Provincia. A dita publicación determinará o inicio do cómputo do prazo para a interposición de reclamacións ou recursos que procedan.

3. As persoas aspirantes propostas presentarán na Secretaría do Concello, dentro do prazo de 20 días naturais contados a partir da publicación do resultado final na páxina web do Concello, os seguintes documentos:

a) Certificado médico oficial no que se acrediten os puntos sinalados na base 4ª d).

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non estar separada ou separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais do Estado ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial firme.

c) No suposto de ser nacional doutro estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitada ou inhabilitado ou en situación equivalente nin constar sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

O certificado negativo do Rexistro Central de Penados e Rebeldes, obterase polo Concello mediante o acceso á Plataforma de Intermediación de Datos Públicos.

Para o suposto de que xa tivese a condición de persoal funcionario público, a persoa aspirante non deberá xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obter o seu anterior nomeamento debendo presentar certificación do organismo do que dependa, acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal ou folla de servizos, salvo que sexa no Concello de San Cibrao das Viñas que o realizará de oficio.

Décimo cuarta. Nomeamento e toma de posesión.

1. Agás nos casos de forza maior, se dentro do prazo indicado as persoas aspirantes propostas non presentasen a súa documentación ou non acreditasen reunir os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados para as prazas, quedando sen efecto todas as actuacións realizadas, declarando a caducidade da proposta de nomeamento a Alcaldía, previa audiencia da persoa afectada, e sen prexuízo das responsabilidades nas que puidesen incorrer por falsidade na solicitude para participar no proceso selectivo.

2. As persoas aspirantes nomeadas deberán tomar posesión no prazo máximo dun mes, contado a partir da publicación do nomeamento no Boletín Oficial da Provincia, perdendo a condición de persoal funcionario e/ou todos os dereitos adquiridos en virtude do nomeamento cando, sen causa xustificada, non o fixesen dentro do prazo sinalado. En todo caso, a declaración de caducidade do nomeamento efectuaraa a Alcaldía do Concello, tras o expediente contraditorio con audiencia das persoas interesadas.

3. Nos supostos de caducidade dos nomeamentos ou das propostas de nomeamento, así como nos de renuncia, a Alcaldía do Concello requirirá ao tribunal a formulación dunha nova proposta que incluirá á persoa aspirante inmediatamente seguinte por orde de puntuación que superase todas as probas selectivas.

Décimo quinta. Incidencias.

1. Estas bases e as súas convocatorias e cantos actos administrativos se deriven destas e da actuación dos tribunais poderán ser impugnadas polas persoas interesadas nos casos, termos e forma que prevé a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, así como na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e demais normativa de concordante e procedente aplicación.

Ademais, contra os acordos dos tribunais de selección, as persoas aspirantes poderán interpoñer, con carácter potestativo, reclamación no prazo de 3 días hábiles, contados a partir do seguinte á data da súa publicación na páxina web municipal e no taboleiro de edictos. No exercicio deste dereito, a persoa aspirante poderá acceder ao exercicio realizado, aos criterios de corrección e á motivación da cualificación, nos termos legalmente procedentes.

O prazo quedará suspendido se a persoa aspirante solicita que se lle poña de manifesto o expediente, polo prazo que transcorra entre a solicitude e o día no que se lle poña de manifesto, establecéndose o prazo máximo de suspensión en 10 días hábiles.

As reclamacións deberán ser resoltas polo tribunal de selección podendo ser publicadas na páxina web municipal e na sede electrónica do Concello, sen prexuízo da súa notificación ás persoas reclamantes. A publicación efectuarase xunto co anuncio do lugar e data de realización do seguinte exercicio (salvo que sexa o último).

Contra a desestimación das reclamacións indicadas poderase interpoñer recurso de alzada ante a Alcaldía do Concello no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa notificación ou publicación.

2. O tribunal de selección queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para garantir transparencia da selección, procurando, na media do posible, o anonimato das persoas aspirantes durante a realización e corrección das probas selectivas.

Décimo sexta. Retribucións dos persoas seleccionadas.

Ata tanto se inicie a efectiva prestación dos servizos as persoas aspirantes non terán dereito a ningunha percepción económica.

Décimo sétima. Prazas que se convocan. Sistema de selección e títulos esixidos.

1. Prazas de acceso libre:

1.1. Prazas de persoal laboral fixo:

Código

Denominación

Tipo

Corpo, escala ou categoría

Grupo

Nivel

Prov

Rn

Titulación

Adm

04.02.00.04

Operario/a servizos múltiples- maquinista

L

Segundo convenio

V

14

O

U.E.

Certificado de escolaridade ou equivalente

A.L.

1.2. Títulos esixidos

A persoa aspirante debe acreditar estar en posesión do permiso de condución necesario para conducir camións.

Decimo oitava. Normas específicas

Operario/a servizos múltiples (grupo V)

Exercicios:

Fase previa: proba de tradución conforme coa cláusula g) da base cuarta.2, no seu caso.

Fase de oposición: exercicios:

1. Teórico-escrito: 20 preguntas tipo test, con catro alternativas de reposta, sendo unicamente unha a correcta. Establecerase expresamente a puntuación correspondente a acertos, errores e respostas en branco. A valoración será de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter 5 puntos para superala.

Tempo de desenvolvemento: corenta e cinco minutos.

2. Proba práctica: consistirá nun ou varios supostos prácticos relacionados directamente coas funcións propias do posto de operario/a de servizos múltiples–maquinista e en relación coas materias delimitadas no temario.

Os criterios de valoración e a súa ponderación serán fixados polo tribunal con carácter previo ao inicio da proba e comunicados ás persoas aspirantes, debendo constar na acta. Valorarase, cando menos, os coñecementos técnicos, a correcta execución, a seguridade e prevención de riscos, a calidade do traballo, a eficacia, a eficiencia e o tempo empregado.

Valorarase a profundidade de coñecementos e a eficacia e eficiencia da solución acadada. A valoración será de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter 5 puntos para supérala.

Tempo de desenvolvemento máximo: 45 minutos.

Temario:

Tema 1. A Constitución española de 1978. Estrutura e contido. Principios xerais. Os dereitos e deberes fundamentais dos españoles.

Tema 2. Lei orgánica 1/1981, de 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: títulos preliminares, I e II.

Tema 3. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, capítulo I do título III, capítulo I do título III, capítulo I do título VI e capítulo IV do título VI.

Tema 4. Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade: título preliminar.

Tema 5. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: títulos I e II.

Tema 6. O municipio. Concepto. Organización e competencias. A provincia. Órganos de goberno municipal.

Tema 7. Rueiro e toponimia do Concello de San Cibrao das Viñas, edificios singulares, históricos e oficiais. Prazas, barrios, vías de comunicación, recorridos a seguir, fontes, ríos. Redes hidrantes.

Tema 8. Diferentes tipos de maquinaria en albanelaría. Maquinaria pesada e maquinaria manual. Características e usos. Tipos de ferramenta de albanelaría. Ferramentas manuais, tipos e usos.

Tema 9. Construción de paredes de ladrillos, diferentes tipos. Revestimentos de paredes.

Tema 10. Traballos complementarios de albanelaría: Apertura de rozas, apertura de ocos en forxados e cubertas, calzado de bañeiras, colocación de premarcos de portas e ventás.

Tema 11. Cementos: clases. Forxado e endurecemento. Resistencia. Morteiros: definición. A súa preparación con medios manuais e mecánicos. Utilidades dos morteiros: tipos, dosificacións e nomenclaturas. Aplicacións dos diferentes tipos.

Tema 12. Formigón: clases. Auga de amasado. Calidade e cantidade de auga. Dosificacións. Consistencia. Resistencia. Aditivos: tipos e propiedades.

Tema 13. Ladrillos, tipos e medidas. Tellas. Áridos empregados en albanelaría. Áridos naturais e artificiais. Características que deben reunir. Tipo, tamaños e granulometrías.

Tema 14. Materiais auxiliares empregados en albanelaría: mallas, cantoneiras, perfís auxiliares, selantes, impermeabilizantes, etc.

Tema 15. Replanteos: cementos, estrutura, muros e cerramentos. Trazados de aliñacións. Trazados de paralelas e perpendiculares. Interpretación de planos: escalas e cotas. Aparatos e ferramentas manuais de medida. Encofrados. Madeiras: tipos comerciais. Metais: ferro e perfís laminados. Puntais e outros medios auxiliares.

Tema 16. Solucións aos desniveis. Construción de ramplas e escalas. Cálculo de trazado e escalonado.

Tema 17. Estadas. Elección de estadas: de borriquetas, de traveseiro, colgantes e metálicos.

Tema 18. Arquetas de servizos urbanos: Auga, sumidoiro e iluminación pública. Bordos: materiais e dimensións máis frecuentes: formas de colocación. Pavimentos de beirarrúas. Pavimentos continuos e descontinuos. Lastros. Baldosas e terrazos. Pedra natural.

Tema 19. Sumidoiro. Materiais das tubaxes e diámetros máis frecuentes. Arquetas e pozos de rexistro. Sumidoiros.

Tema 20. Deberes dos traballadores en materia de prevención de riscos. Nocións básicas sobre normas de seguridade nas obras de construción. Prevención de accidentes. Elementos de seguridade.

En San Cibrao das Viñas, na data que figura na marxe. A alcaldesa.

Documento asinado electronicamente.

(Ver anexo páx. seguinte)

Anexo I

Modelo normalizado de solicitude de participación no proceso selectivo para a provisión de prazas vacantes no cadro de persoal laboral fixo do Concello de San Cibrao das Viñas

1. Datos da persoa solicitante

Nome e apelidos

DNI/NIE

Enderezo

Poboación

Provincia

Teléfono móbil

Teléfono fixo

Correo electrónico

Expón:

1º. Que ten coñecemento da convocatoria publicada para procesos selectivos para a provisión en propiedade das prazas de persoal laboral fixo vacantes no cadro de persoal laboral fixo do Concello de San Cibrao das Viñas incluídas na oferta de emprego publico para o ano 2026, polo sistema de oposición libre.

2º. Que estou en posesión de todos e cada un dos requisitos esixidos na base 4º de selección para participar no presente proceso selectivo.

3º. Que coñezo e acato incondicionalmente as bases que rexen o presente proceso selectivo.

4º. Que estou en posesión da seguinte titulación ou en condicións de obtela á data de remate do prazo de presentación de solicitudes do presente proceso selectivo (indicar cal)______________

5º. Declaro a veracidade de todos os datos consignados e documentos achegados e que estes son copia fiel do orixinal e comprométome a probar documentalmente estes cando así se me solicite.

Polo exposto, solicito:

1. A admisión no proceso selectivo para a provisión de prazas vacantes no cadro de persoal laboral fixo do Concello de San Cibrao das Viñas:

• Operario/ servizos múltiples-maquinista

2. Documentación que se achega xunto con este anexo:

• Copia do DNI, NIE, pasaporte ou documento válido en dereito.

• Diploma ou certificado polo que se acredite o coñecemento do idioma galego CELGA 2 (para os subgrupos de agrupacións profesionais sen requisito de titulación e C2), CELGA 3 ( para o subgrupo C1) e CELGA 4 (para os subgrupos A1 e A2).

• Copia do título requirido nas bases.

• Copia do carné requirido nas bases.

3. Pola presente autorizo coa miña sinatura a cesión de datos contados na presente solicitude e na documentación que se acompaña ao Concello de San Cibrao das Viñas, con enderezo en Praza da Constitución núm. 1, 32911. San Cibrao das Viñas (Ourense), enderezo electrónico info@sancibrao.es, co fin de que este Concello os poida utilizar para todos os trámites relacionados directa ou indirectamente co presente proceso de selección, así como a xestión administrativa deste. Igualmente autorizo ao Concello de San Cibrao das Viñas á conservación dos datos facilitados mentres non se solicite a súa supresión e, en todo caso, durante o tempo necesario para dar cumprimento ás obrigas administrativas derivadas do presente proceso de selección.

4. Autorizo a que o Concello de San Cibrao das Viñas publique o meu nome completo.

......, ...... de ...... de 2026”

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia. Así mesmo, publicaranse na sede electrónica deste Concello [http://sancibrao.sedelectronica.es] e, no seu caso, no taboleiro de anuncios, para maior difusión.

Contra as presentes bases, que poñen fin á vía administrativa, pódese interpoñer alternativamente ou recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, ante alcaldesa deste Concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou producir a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.

San Cibrao das Viñas, na data da sinatura electrónica. A alcaldesa.

Asdo.: Marta Nóvoa Iglesias.

R. 2.569