I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Convocatoria dunha edición do Curso de cualificación profesional de inspectores/as ambientais para o control de augas e residuos dende a Administración local (AF-28-2026)

Convocatoria dunha edición do Curso de cualificación profesional de inspectores/as ambientais para o control de augas e residuos dende a Administración local (AF-28-2026)

Publícase que, por resolución da Presidencia do 21/10/2026 e núm. 2026/15474, se acordou o seguinte:

A Deputación Provincial de Ourense deseña anualmente o seu Programa de formación continua de carácter agrupado, destinado a realizar de diversas accións formativas dirixidas ao persoal da Administración local da provincia.

No plan correspondente ao ano 2026 prevese, entre outras accións, a realización dunha edición do Curso de cualificación profesional de inspectores/as ambientais para o control de augas e residuos dende a Administración local (AF-28-2026). A competencia para a convocatoria da dita acción correspóndelle á Presidencia, de conformidade co artigo 34.1 da Lei de bases de réxime local, e o seu exercicio atópase delegado na vicepresidenta primeira e deputada delegada de Recursos Humanos por Resolución do 3 de agosto de 2023 (BOP do 11 de agosto de 2023).

Polo exposto, dispoño:

Primeiro. Aprobar as bases xerais da acción formativa que se relaciona a continuación, segundo a proposta formulada pola Sección de Formación da Deputación de Ourense que figura no expediente, e convocar o seguinte curso de formación continua:

Curso de cualificación profesional de inspectores/as ambientais para o control de augas e residuos dende a Administración local (AF-28-2026).

Bases xerais:

Primeira. Solicitudes de participación.

1. O persoal que desexe participar neste curso de formación presentará cuberta, en todas as epígrafes que lle corresponda, a instancia segundo o modelo oficial de solicitude de inscrición publicada no anexo II.

2. Todas as instancias deberán contar co correspondente informe, sobre a asistencia ao curso, do/a xefe/a do servizo ou departamento ao que pertenza o/a solicitante, para os efectos, entre outros, de confirmar a súa condición de traballador/a público/a local, e ir acompañadas da documentación complementaria que se establece na convocatoria.

3. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado e á imposibilidade de participar en ningunha outra actividade convocada pola Deputación de Ourense durante o prazo dun ano contado a partir da data da infracción.

4. As solicitudes de participación deberán remitirse á Sección de Formación da Deputación Provincial, mediante a súa presentación electrónica no Rexistro Xeral de documentos da Deputación de Ourense, dispoñible na sede electrónica da Deputación (sede.depourense.gal), ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

5. Non se admitirán as solicitudes de inscrición que non teñan cubertas todas as súas epígrafes de maneira correcta e lexible, ou ben que non conten coas sinaturas e selo requiridos.

6. A presentación dunha solicitude supón a aceptación expresa das bases xerais e das normas específicas de participación e asistencia que rexen e regulan as diferentes actividades formativas da Deputación de Ourense.

Segunda. Acceso ás actividades.

1. Poderá participar nesta actividade o persoal da Administración local en activo ao que vai dirixido o curso como destinatario/a da acción formativa que cumpra os requisitos específicos esixidos na convocatoria.

2. Daráselles preferencia para accederen ao curso aos/ás traballadores/as das entidades locais adheridas ao Programa de formación continua da Deputación de Ourense do ano 2026. Así mesmo, de xeito complementario poderá acceder ao curso, nas prazas vacantes, o persoal ao servizo da Administración estatal e autonómica.

Terceira. Selección das persoas participantes.

1. Os criterios que se aplicarán para a selección dos/das participantes son:

* A relación existente entre as funcións ou tarefas que realiza o/a solicitante no seu posto de traballo e a materia ou contidos obxecto do curso.

* A clase de persoal á que pertenza o/a solicitante, así como o seu grupo/categoría profesional, daráselle preferencia ao persoal fixo sobre o contratado.

* A data de ingreso do/da traballador/a na Administración pública, no acceso ao curso daráselle preferencia ao persoal de maior antigüidade.

2. Cando dende un mesmo departamento ou servizo se remitan varias solicitudes, e sexa preciso realizar unha selección dos/das participantes, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes os responsables do persoal de cada departamento ou servizo deberán de informar por escrito, cando así se lles requira, sobre a priorización da admisión dos/das solicitantes.

3. A lista de persoas seleccionadas será aprobada por resolución da Presidencia e exposta oficialmente na sede electrónica da Deputación de Ourense, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes; ao mesmo tempo, os/as peticionarios/as poderán obter información sobre a súa admisión chamando ao teléfono: 988 317 580.

4. Desde a Deputación Provincial poderá comunicárselles telefonicamente ás persoas seleccionadas que foron admitidas, co fin de obter a confirmación sobre a súa participación na acción formativa. A renuncia dos/das participantes admitidos/as que non poidan efectuar o curso por diferentes motivos deberá formalizarse sempre por escrito.

5. Os/as solicitantes admitidos/as que non comuniquen oficialmente que non van a asistir como mínimo cun día de antelación ao inicio do curso, sen causa excepcional que o xustifique, ou que abandonen a actividade formativa sen xustificación, quedarán excluídos/as de participar en calquera outra actividade de formación durante o prazo dun ano dende esa data.

Cuarta. Diplomas de aproveitamento.

1. Outorgaráselle o correspondente diploma ao alumnado que participe con regularidade e bo aproveitamento no desenvolvemento do curso e que supere satisfactoriamente os diferentes módulos e as probas de avaliación do curso.

2. É obrigatoria a realización nos prazos establecidos de todos os módulos e probas que integran o curso, así como a participación nas sesións de formación presencial e telepresencial. A non realización dalgún módulo do curso, das preceptivas probas de avaliación ou a non asistencia a un 15% das sesións de formación presencial e telepresencial impedirá a obtención do diploma de aproveitamento correspondente.

Quinta. Modificacións.

A Deputación de Ourense poderá variar, se fose preciso e a favor da eficacia da acción formativa, as características e mais os contidos do curso para adaptalos ás necesidades da Administración ou ás distintas continxencias que poidan xurdir, e buscará sempre as condicións óptimas para a realización da acción formativa.

Anexo I

Curso de cualificación profesional de inspectores/as ambientais para o control de augas e residuos dende a Administración local (AF-28-2026).

1. Persoas destinatarias.

* Persoal da Deputación Provincial que desenvolva funcións de técnicos/as de avaliación ambiental e de técnicos/as auxiliares de medio ambiente, ou similares.

* Persoal técnico e administrativo de Administración local que desenvolva a súa actividade profesional nas Áreas de Infraestruturas e Obras Públicas, Urbanismo ou de Medio Ambiente.

* Profesionais ao servizo das entidades locais e cargos electos das corporacións locais con responsabilidades na xestión medioambiental das corporacións locais.

2. Desenvolvemento.

2.1. Modalidade da acción formativa: mixta (presencial e telepresencial).

2.2.Duración: 40 horas; 7 días lectivos.

2.3. Data de realización: do 4 de novembro ao 13 de novembro de 2026.

2.4. Sesións de clases: 4-5-6-9-10-12-13 de novembro de 2026.

2.5. Horario das clases: os días 4-5-9-10-12-13 de novembro de 08:30 a 14:30 horas e o día 6 de novembro de 08:30 a 12:30 horas.

2.6. Lugar de realización do curso: aula do Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa O Progreso, 30-2º. Ourense). Ourense.

2.7. Prazas: 20 participantes.

2.8. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos.

* Capacitar as persoas participantes no marco legal, técnico e procedimental necesario para exercer a función de inspección ambiental, e garantir o cumprimento normativo en materia de residuos e augas residuais a nivel local, autonómico e estatal.

* Diferenciar as competencias inspectoras, sancionadoras e de xestión entre os diferentes niveis da administración e analizar os plans de xestión de residuos e os convenios de colaboración vixentes para integralos na estratexia de control local.

* Capacitar os/as inspectores/as ambientais da Administración local para execución de protocolos de toma de mostras de augas residuais e a análise de calidade de fraccións de residuos, para garantir a representatividade e a cadea de custodia das probas.

* Dotar o alumnado das técnicas precisas para asesorar e supervisar proxectos de autocompostaxe, identificando os seus conceptos básicos, procesos técnicos e resolvendo as súas problemáticas máis comúns.

* Formar os/as asistentes para que exerzan as funcións de inspección ambiental con pleno coñecemento dos dereitos, deberes e límites legais do inspector e do inspeccionado, redactando actas de inspección, solicitando probas e formulando denuncias de forma rigorosa para que teñan total validez xurídica.

4.Programa.

4.1. Marco normativo en materia de residuos.

4.1.1. Lexislación europea.

4.1.2. Lexislación estatal.

4.1.3. Lexislación autonómica. Obxectivos de obrigado cumprimento.

4.1.4. Ordenanzas municipais con delegación na Deputación de Ourense.

4.1.5. Obrigas das persoas produtoras de augas residuais.

4.2. Marco legal e institucional da xestión dos residuos.

4.2.1. Marco institucional.

4.2.2. Plans estatais.

4.2.3. Plans autonómicos.

4.2.4. Programas locais. Programa de xestión e prevención de residuos municipais.

4.3. Convenios de colaboración da Deputación cos entes locais da provincia de Ourense en materia de augas e de residuos.

4.3.1. Convenio marco de colaboración da Deputación de Ourense para a recollida, transporte e tratamento, en réxime de competencia delegada e con carácter intermunicipal, dos residuos de competencia local.

4.3.1.1. Obxecto, alcance, obrigas, condicións.

4.3.1.2. Organización, fluxos de residuos, xestión.

4.3.1.3. Sensibilización, formación, educación e comunicación.

4.3.1.4. A competencia inspectora e sancionadora.

4.3.2. A asistencia técnica da Deputación de Ourense á xestión municipal dos servizos do ciclo hidráulico.

4.3.2.1. O programa anual de colaboración na xestión dos servizos municipais do ciclo hidráulico.

4.3.2.2. A delegación das competencias na emisión de permisos de vertedura, establecemento de plans de control de vertedura, e policía de verteduras (inspeccións e sancionador).

4.4. Marco normativo en materia de augas.

4.4.1. Lexislación europea.

4.4.2. Lexislación estatal.

4.4.3. Lexislación autonómica. Obxectivos de obrigado cumprimento.

4.4.4. Ordenanza provincial.

4.4.5. Obrigas das persoas produtoras de augas residuais.

4.5. Xestión de residuos y toma de mostras de augas.

4.5.1. Identificación dos principais residuos xerados, tipoloxía (perigosos e non perigosos) e códigos LER.

4.5.2. Como debe realizarse unha toma de mostras.

4.5.3. Análise de separación da bolsa tipo, calidade e identificación dos principais impropios contidos nas diferentes fraccións.

4.5.4. Melloras na xestión dos residuos dos establecementos:

4.5.4.1. Minimizar a produción de residuos (evitar o desperdicio alimentario, utilizar envases reutilizables ou recargables).

4.5.4.2. Optimizar o espazo de cada fracción (compactar os envases, romper o cartón...).

4.5.4.3. Obrigas para o almacenamento temporal de residuos, etc.

4.5.5. Como debe realizarse unha toma de mostras de augas residuais.

4.5.6. Parámetros para considerar, conservación das mostras.

4.6. A inspección ambiental.

4.6.1. O labor dos/as inspectores/as.

4.6.1.1. Identificación, comunicación.

4.6.1.2. Dereitos e obrigas.

4.6.2. O procedemento administrativo.

4.6.2.1. Actas e medios de proba.

4.6.2.2. Formulación de denuncias. A motivación.

4.6.2.3. Trámite, prazos e actuacións administrativas.

4.6.2.4. Cualificación e proposta de resolución.

4.6.2.5. Recursos.

4.7. A autocompostaxe (individual e comunitaria). Coñecemento xeral do proceso, definicións, procesos, aspectos, obxectivos e problemática.

4.7.1. Que é o estruturante?

4.7.2. Orixe da autocompostaxe.

4.7.3. Funcións da autocompostaxe.

4.7.4. Trituración: tamaño das partículas e tipos de trituradoras.

4.7.5. Aplicación da autocompostaxe.

4.7.6. Problemática da autocompostaxe.

5. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o luns 2 de novembro do 2026.

Segundo. Ordenar a publicación no BOP e na sede electrónica da presente convocatoria, bases e anexos.”

Publícase isto, e infórmase ás persoas interesadas de que contra o dito acto poderán interpoñer un recurso de reposición, previo ao contencioso – administrativo, ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes, ou, alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso – administrativo ante o Xulgado do Contencioso - Administrativo de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 de la Lei reguladora da xurisdición contencioso – administrativa), no prazo de dous meses. En ningún caso poderán simultanearse ambos os recursos.

Os prazos computaranse de data a data a partir do día seguinte ao de recibir esta notificación, e vencerán no día equivalente do mes natural seguinte ou, de non existir este, no último día do dito mes. No caso de que o día de vencemento sexa inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Durante o mes de agosto non contará o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo, salvo para o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais no que o mes de agosto terá carácter de hábil.

En todo caso, poderá interpoñer calquera outro recurso ou acción administrativa ou xudicial que estime procedente.

Ourense, 22 de outubro de 2026. A deputada delegada de Facenda, Economía e Recursos Humanos (Pd.: Resol. 2023/9863, do 31/07/2023).

Asdo.: Marta Nóvoa Iglesias.

(Ver solicitude páx. seguinte)

R. 2.563