IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA

Convocatoria e bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/dunha chofer municipal, mediante concurso-oposición, para a cobertura temporal dun posto vacante, e constitución dunha bolsa de emprego

Mediante a Resolución da Alcaldía do 20 de outubro de 2026, aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/dunha chofer municipal, para a cobertura temporal dun posto vacante, mediante o sistema de concurso-oposición, así como a constitución dunha bolsa de emprego.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

As bases íntegras e os modelos de solicitude estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios e na sede electrónica municipal: https://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/

Rairiz de Veiga, data da sinatura electrónica. A alcaldesa.

Asdo.: Josefa Asunción Morgade Rúa.

R. 2.539