I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Convocatoria dunha edición do Curso de formación para bombeiros/as e persoal dos GES: Curso de actualización no rescate vital en accidentes de tráfico (AF-58-2026)

Convocatoria dunha edición do Curso de formación para bombeiros/as e persoal dos GES: Curso de actualización no rescate vital en accidentes de tráfico (AF-58-2026)

Publícase que, por Resolución da Presidencia do 09.10.2026 e núm. 2026/14909, se acordou o seguinte:

“A Deputación Provincial de Ourense deseña anualmente o seu Programa de formación continua de carácter agrupado, destinado a realizar diversas accións formativas dirixidas ao persoal da Administración local da provincia.

No plan correspondente ao ano 2026 prevese, entre outras accións, a realización dunha edición do Curso de formación para bombeiros/as e persoal dos GES: Curso de actualización no rescate vital en accidentes de tráfico (AF-58-2026). A competencia para a convocatoria da dita acción correspóndelle á Presidencia, de conformidade co artigo 34.1 da Lei de bases de réxime local, e o seu exercicio atópase delegado na vicepresidenta primeira e deputada delegada de Recursos Humanos por Resolución do 3 de agosto de 2023 (BOP do 11 de agosto de 2023).

Polo exposto, dispoño:

Primeiro. Aprobar as bases xerais da acción formativa que se relaciona a continuación, segundo a proposta formulada pola Sección de Formación da Deputación de Ourense que figura no expediente, e convocar o seguinte curso de formación continua:

Curso de formación para bombeiros/as e persoal dos GES: Curso de actualización no rescate vital en accidentes de tráfico (AF-58-2026)

Bases xerais:

Primeira. Solicitudes de participación.

1. O persoal que desexe participar neste curso de formación presentará cuberta, en todas as epígrafes que lle corresponda, a instancia segundo o modelo oficial de solicitude de inscrición publicada no anexo II.

2. Todas as instancias deberán contar co correspondente informe, sobre a asistencia ao curso, do/a xefe/a do servizo ou departamento ao que pertenza o/a solicitante, para os efectos, entre outros, de confirmar a súa condición de traballador/a público/a local, e ir acompañadas da documentación complementaria que se establece na convocatoria.

3.-A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado e á imposibilidade de participar en ningunha outra actividade convocada pola Deputación de Ourense durante o prazo dun ano contado a partir da data da infracción.

4. As solicitudes de participación deberán remitirse á Sección de Formación da Deputación Provincial, mediante a súa presentación electrónica no Rexistro Xeral de documentos da Deputación de Ourense, dispoñible na sede electrónica da Deputación (sede.depourense.gal), ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

5. Non se admitirán as solicitudes de inscrición que non teñan cubertas todas as súas epígrafes de maneira correcta e lexible, ou ben que non conten coas sinaturas e selo requiridos.

6. A presentación dunha solicitude supón a aceptación expresa das bases xerais e das normas específicas de participación e asistencia que rexen e regulan as diferentes actividades formativas da Deputación de Ourense.

Segunda. Acceso ás actividades.

1. Poderá participar nesta actividade o persoal da Administración local en activo ao que vai dirixido o curso como destinatario/a da acción formativa que cumpra os requisitos específicos esixidos na convocatoria.

2. Daráselles preferencia para accederen ao curso aos/ás traballadores/as das entidades locais adheridas ao Programa de formación continua da Deputación de Ourense do ano 2026.

3. No acceso a esta actividade formativa reservarase o 30% das prazas para persoal do Parque de Bombeiros/as da Deputación de Ourense do Polígono de San Cibrao das Viñas.

Terceira. Selección das persoas participantes.

1. Os criterios que se aplicarán para a selección dos/das participantes son:

* A relación existente entre as funcións ou tarefas que realiza o/a solicitante no seu posto de traballo e a materia ou contidos obxecto do curso.

* A clase de persoal á que pertenza o/a solicitante, así como o seu grupo/categoría profesional, daráselle preferencia ao persoal fixo sobre o contratado.

* A data de ingreso do/da traballador/a na Administración pública, no acceso ao curso daráselle preferencia ao persoal de maior antigüidade.

2. Cando dende un mesmo departamento ou servizo se remitan varias solicitudes, e sexa preciso realizar unha selección dos/das participantes, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes os responsables do persoal de cada departamento ou servizo deberán de informar por escrito, cando así se lles requira, sobre a priorización da admisión dos/das solicitantes.

3. A lista de persoas seleccionadas será aprobada por resolución da Presidencia e exposta oficialmente na sede electrónica da Deputación de Ourense, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes; ao mesmo tempo, os/as peticionarios/as poderán obter información sobre a súa admisión chamando ao teléfono: 988 317 580.

4. Desde a Deputación Provincial poderá comunicárselles telefonicamente ás persoas seleccionadas que foron admitidas, co fin de obter a confirmación sobre a súa participación na acción formativa. A renuncia dos/das participantes admitidos/as que non poidan efectuar o curso por diferentes motivos deberá formalizarse sempre por escrito.

5. Os/as solicitantes admitidos/as que non comuniquen oficialmente que non van a asistir como mínimo cun día de antelación ao inicio do curso, sen causa excepcional que o xustifique, ou que abandonen a actividade formativa sen xustificación, quedarán excluídos/as de participar en calquera outra actividade de formación durante o prazo dun ano dende esa data.

Cuarta. Diplomas de aproveitamento.

1. Outorgaráselles o correspondente diploma de aproveitamento aos/ás alumnos/as que participen con regularidade e bo aproveitamento no desenvolvemento do curso e que superen satisfactoriamente os diferentes módulos e as probas de avaliación do curso.

2. É obrigatoria a asistencia e a puntualidade a todas as sesións do curso. Toda inasistencia a clase deberá ser debidamente xustificada polo interesado sen exceder o 10% das horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ao 10% da duración da acción formativa, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do certificado de asistencia ou do diploma de aproveitamento correspondente.

Quinta. Modificacións.

A Deputación de Ourense poderá variar, se fose preciso e a favor da eficacia da acción formativa, as características e mais os contidos do curso para adaptalos ás necesidades da Administración ou ás distintas continxencias que poidan xurdir, e buscará sempre as condicións óptimas para a realización da acción formativa.

Anexo I

Curso de formación para bombeiros/as e persoal dos GES: Curso de actualización no rescate vital en accidentes de tráfico

1. Persoas destinatarias.

* Persoal que desenvolva a súa actividade profesional nos corpos de bombeiros/as das entidades locais da provincia.

* Persoal que desenvolva a súa actividade profesional no Parque de Bombeiros/as da Deputación de Ourense.

* Responsables dos Grupos de Emerxencias Supramunicipal (GES) e dos servizos municipais de Protección Civil e Emerxencias.

2. Desenvolvemento.

2.1. Modalidade da acción formativa: presencial.

2.2. Duración: 21 horas lectivas.

2.3. Data de realización: do 21 ao 23 de outubro de 2026.

2.4. Sesións de clases: 28-29-30 de outubro de 2026.

2.5. Horario das clases: de 8:30 a 15:30 horas.

2.6. Lugar de realización do curso: Instalacións de Formación de Seganosa en Salvaterra de Miño.

2.7. Prazas: 12 participantes.

2.8. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos.

* Actualizar os/as traballadores/as do Parque de Bombeiros da Deputación de Ourense no manexo de ferramentas e técnicas de rescate vital en accidentes de tráfico.

* Dotar aos/ás participantes dos coñecementos prácticos de manexo das ferramentas que se utilizan no rescate de accidentes de tráfico, fundamentalmente as ferramentas hidráulicas (separador, cisalla, ram, curta pedais, etc.).

* Instruír os/as bombeiros/as nas manobras esenciais de estabilización de vehículos dotados de chasis independentes e adecuar as manobras de abordaxe coñecidas a este tipo de vehículos con seguridade, eficacia e rapidez.

* Adestrar as persoas participantes nas manobras esenciais de abordaxe e de excarceración das posibles vítimas nos accidentes de tráfico para que deste xeito saiban realizar as manobras con seguridade, eficacia e rapidez.

* Aumentar a eficacia da intervención dos bombeiros en accidentes de tráfico con posibles repercusións para as persoas, co propósito de minimizar as súas consecuencias.

4. Programa.

4.1. Contidos teóricos.

4.1.1. Recapitulación das ferramentas hidráulicas, uso, manexo e seguridade.

4.1.2. Ferramentas pneumáticas.

4.1.3. Técnicas de estabilización.

4.1.4. Composición dos elementos estruturais dun vehículo.

4.1.5. Zonificación da área xeral de operacións.

4.1.6. Técnicas de tratamento de vidros.

4.1.7. Pautas de seguridade xerais. Sistemas activos e pasivos de seguridade. Airbag, cintos, etc.

4.1.8. Estabilización de vehículos en posicións comprometidas. Vehículos fóra da calzada.

4.1.9. Entradas forzadas en situacións especiais.

4.1.10. Técnicas de abordaxe.

4.2. Contidos prácticos.

4.2.1. Organización e zonificación da escena de abordaxe.

4.2.2. Exercicios de técnicas de estabilización. Simple e complexa. Tratamento de vidros.

4.2.3. Exercicios de extracción de vítimas.

4.2.4. Ferramentas de corte e punzamento.

4.2.5. Suposto práctico‐real de intervención en abordaxe, en diferentes posicións.

4.2.6. Abordaxe en situacións de difícil acceso.

4.2.7. Suposto práctico‐real de entrada forzada.

5. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o xoves 22 de outubro do 2026.

Segundo. Ordenar a publicación no BOP e na sede electrónica da presente convocatoria, bases e anexos.”

Publícase isto, e infórmase ás persoas interesadas de que contra o dito acto poderán interpoñer un recurso de reposición, previo ao contencioso – administrativo, ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes, ou, alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso – administrativo ante o Xulgado do Contencioso - Administrativo de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 de la Lei reguladora da xurisdición contencioso – administrativa), no prazo de dous meses. En ningún caso poderán simultanearse ambos os recursos.

Os prazos computaranse de data a data a partir do día seguinte ao de recibir esta notificación, e vencerán no día equivalente do mes natural seguinte ou, de non existir este, no último día do dito mes. No caso de que o día de vencemento sexa inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Durante o mes de agosto non contará o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo, salvo para o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais no que o mes de agosto terá carácter de hábil.

En todo caso, poderá interpoñer calquera outro recurso ou acción administrativa ou xudicial que estime procedente.

Ourense, 9 de outubro de 2026. A deputada delegada de Facenda, Economía e Recursos Humanos (Pd.: Resol. 2023/9863, do 31/07/2023).

Asdo.: Marta Nóvoa Iglesias.

(Ver solicitude páx. seguinte)

R. 2.447