IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE MANZANEDA

Convocatoria de apertura e actualización da bolsa de emprego.

Anuncio

Unha vez vista a necesidade de actualizar méritos das persoas integrantes da actual bolsa de emprego do Concello de Manzaneda e permitir a inscrición e selección de novo persoal polo seu esgotamento, requírese a actualización das categorías da bolsa de emprego de persoal laboral temporal existente.

As bases reguladoras aplicables a este proceso son as aprobadas por Decreto da Alcaldía núm. 2022-0065, o día 20.03.2022 (BOP de Ourense nº 81 do día 08.04.2022), dispoñibles integramente na sede electrónica do Concello de Manzaneda (http://concellodemanzaneda.sedelectronica.gal).

As persoas que participasen en procesos de selección anteriores relativos á bolsa de emprego do Concello de Manzaneda non están obrigadas a presentar novamente a documentación xustificativa que xa se atope en posesión deste Concello. Non obstante, de non solicitar a inclusión na nova bolsa, os integrantes das anteriores perderán calquera dereito a ser chamados unha vez entre en vigor a presente actualización.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

En Manzaneda. O alcalde.

R. 2.436