IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE TABOADELA

Aprobación definitiva do Regulamento do uso e o réxime interno do espazo comunitario (coworking) Lama de Prado.

Acordo do Pleno do 27/07/2026 polo que se aproba definitivamente o Regulamento do uso e o réxime interno do espazo comunitario (coworking) Lama de Prado.

Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o acordo plenario inicial aprobatorio do Regulamento do uso e o réxime interno do espazo comunitario (coworking) Lama de Prado, cuxo texto íntegro faise público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Introdución

I. Organización

O espazo comunitario “coworking” non ten personalidade xurídica propia, senón que forma parte dos servizos ofrecidos polo Concello de Taboadela. Polo tanto, resúltalle de aplicación a normativa en vigor que rexe para a devandita entidade, sendo esta a titular para todos os efectos.

II. Obxecto

O espazo comunitario “coworking” é unha estrutura de acollida temporal deseñada para situar empresas nos seus primeiros pasos no mercado e prestarlles determinados servizos adaptados ás necesidades de cada proxecto empresarial, co fin de que, mediante unha xestión sen ánimo de lucro, se facilite o desenvolvemento inicial de iniciativas de interese local.

Este constitúe un espazo físico que, combinando ofrecemento do local e prestación de servizos, trata de cubrir as necesidades básicas de pequenas e medianas empresas, permitindo mellorar as súas expectativas de supervivencia.

III. Características das normas

1. O Concello de Taboadela establece as presentes normas, que deberán ser cumpridas polos cesionarios dos espazos da aula “coworking”, para harmonizar e organizar as actividades que se desenvolvan nel, e clarificar os dereitos e responsabilidades da propiedade e demais cesionarios.

2. Os obxectivos das presentes normas son os seguintes:

a) Establecer os dereitos, obrigacións e responsabilidades dos cesionarios e ocupantes do espazo comunitario e as condicións para a súa aplicación en relación cos dereitos e obrigas da propiedade e dos demais cesionarios.

b) Organizar a administración do espazo comunitario “coworking” para o seu mantemento e conservación.

c) Controlar, en xeral, as relacións de veciñanza entre os cesionarios e vixiar a concorrencia e adecuada utilización dos servizos comúns e zonas de uso común do espazo comunitario.

d) Establecer as normas internas do funcionamento do espazo comunitario “coworking” en todos aqueles aspectos necesarios para o funcionamento adecuado deste, e regular as consecuencias do incumprimento das devanditas normas.

e) Todas as disposicións establecidas no presente regulamento entenderanse sen prexuízo das condicións acordadas en cada un dos contratos de cesión. Por iso, en caso de calquera interpretación contraditoria deste regulamento e estes contratos e acordos, prevalecerán as cláusulas establecidas nestes últimos.

3. As presentes normas e as modificacións que poidan ser introducidas nestas terán carácter obrigatorio para todos os cesionarios e ocupantes dunha parte calquera do espazo comunitario “coworking”.

Sendo así, as prohibicións, limitacións e responsabilidades de uso previstas nas presentes normas serán extensivas aos ocupantes do espazo suxeito a estas. Para estes efectos entenderase por ocupante calquera persoa física ou xurídica á que a propiedade lle ceda o uso, con carácter temporal, dun dos espazos ou dependencias da aula “coworking”.

4. Debido á especial configuración do espazo comunitario, as presentes normas poderán ser modificadas polo Concello de Taboadela cando sexa necesario, dado o carácter singular deste proxecto, o cal esixe unha adaptación e mellora constante en atención ás necesidades requiridas para a creación e posta en marcha de proxectos empresariais.

Parte dispositiva

Artigo 1. Disposicións xerais

1. O espazo comunitario estará sometido en canto ao uso, tanto dos módulos como das partes de uso común, aos regulamentos, ordenanzas e demais disposicións municipais, así como ás normas que a continuación se enuncien.

2. Os cesionarios e ocupantes deberán respectar todas as servidumes que poidan gravar o inmoble, tanto as de orixe contractual como legal, civil ou administrativo.

3. Os cesionarios e ocupantes deberán respectar todas as servidumes existentes que sexan esixidas ou impostas polos servizos e subministracións públicos, e especialmente aquelas que poidan derivar de razóns de seguridade, salubridade, vixilancia e orde pública.

Artigo 2. Descrición do espazo comunitario “coworking”

1. O espazo comunitario sitúase na planta dereita da antiga escola de Lama de Prado, dispón dunha superficie construída de 43 metros cadrados e conta con espazos comúns e particulares destinados a aloxar ás empresas.

2. Facilitarase a cada un dos cesionarios unha descrición do espazo comunitario.

3. Cada un dos módulos ou espazos está equipado cos seguintes elementos:

- Armario de oficina

- Cadeira de traballo

- Papeleira

- Ordenador

Artigo 3. Distinción entre partes de uso común e espazos de uso privativo

1. As partes de uso común están constituídas por todas as dependencias e estancias do espazo comunitario que non comprenden os espazos cedidos e que son de titularidade única da propiedade. Están destinadas ao uso dun ou de varios cesionarios.

2. Os espazos cedidos son aquelas dependencias delimitadas pola propiedade, destinadas ao uso particular de cada cesionario.

Artigo 4. Administración e xestión do espazo comunitario

1. Constituirase un órgano de seguimento que adoptará todas as decisións que estime necesarias para a boa marcha e funcionamento do espazo comunitario “coworking”. Estas decisións obrigarán a todos os cesionarios e ocupantes deste, previa a súa notificación polo Concello de Taboadela.

2. O Concello de Taboadela nomeará unha persoa coordinadora/directora do espazo comunitario, que estará plenamente facultada para levar a cabo a organización e administración do centro.

Artigo 5. Horario de funcionamento do espazo comunitario

1. O espazo comunitario estará en funcionamento os doce meses do ano, en días laborables, de luns a venres, respectando os festivos de carácter estatal, nacional ou local.

2. Permanecerá aberto de luns a venres, de 8.30 a 14.30 horas. Adicionalmente o espazo comunitario poderá ser empregado en horario de tarde, de luns a venres, cun límite de horario que se fixa nas 20.00 horas. No horario de tarde a porta exterior deberá permanecer pechada con chave, debendo rexistrarse nun libro de rexistro a entrada e saída dos membros das empresas cesionarias que empreguen o espazo comunitario nese horario de tarde.

Artigo 6. Acceso de visitantes e identificación

6.1. O Concello de Taboadela resérvase o dereito para denegar a admisión ao espazo comunitario de calquera persoa cuxa presenza poida ser considerada prexudicial para a seguridade, reputación e intereses deste, da propiedade ou dos ocupantes. Os cesionarios deberán colaborar nesta acción cando sexan requiridos para iso.

2. Calquera persoa que acceda ou permaneza no espazo comunitario estará obrigada, a pedimento do persoal deste, a identificarse e xustificar a súa presenza alí. De igual modo, en horario de tarde as empresas cesionarias deberán xustificar a presenza no espazo comunitario de persoas alleas ás empresas.

Artigo 7. Custodia de chaves

1. As empresas cesionarias terán dereito a unha copia das chaves das portas exteriores, responsabilizándose do seu bo uso, e quedando estritamente prohibido facer novas copias.

2. Unha vez concluído o contrato de cesión do local no espazo comunitario, a empresa cesionaria está obrigada á devolución das chaves.

Artigo 8. Seguridade e vixilancia

O Concello de Taboadela quedará liberado e non asumirá ningunha responsabilidade no referente á seguridade dos locais cedidos, por danos que puidesen ocasionarse ás persoas, mercadorías ou cousas no caso de incendio, roubo e, en xeral, accidentes de calquera tipo.

Os cesionarios deberán cumprir estritamente e facer cumprir todas as normas en materia de seguridade.

Artigo 9. Imaxe de conxunto

A imaxe do espazo comunitario “coworking” esixe un aspecto de conxunto harmonioso. A concepción harmónica e estética deste debe ser respectada por todos os cesionarios dos diferentes espazos, quedando prohibida a realización por estes de calquera tipo de obra ou modificación, incluso dos elementos móbiles delimitadores do espazo cedido.

Artigo 10. Rótulos

A colocación de rótulos distintos dos aprobados ou de calquera outra referencia aos diferentes espazos da aula “coworking” non estará permitida nas fachadas e nos muros exteriores deste, nin nas zonas comúns.

Artigo 11. Mantemento e limpeza

1. Os cesionarios e ocupantes deberán manter en todo momento os espazos e superficies cedidas, o seu decorado, accesorios, equipamento e entrada en bo estado de funcionamento e presentación.

2. Os danos que a actividade do cesionario cause nos elementos estruturais do espazo comunitario, nas instalacións xerais, nas zonas de uso común ou nos seus espazos cedidos serán reparados polo Concello de Taboadela, pero serán a conta do cesionario causante, o cal deberá afrontar os gastos que se produzan derivados deses danos e da súa reparación.

3. Os espazos manteranse sempre en correcto e adecuado estado de limpeza e hixiene. Os termos e condicións para a limpeza dos espazos fixados polo Concello de Taboadela, encargado da xestión da aula “coworking”, deberán ser respectados.

4. Os traballos exteriores de limpeza deberán ser efectuados polo Concello de Taboadela.

Artigo 12. Salubridade e seguridade contra incendios

1. Os cesionarios e ocupantes de locais do espazo comunitario comprométense a observar e a respectar as normas e regulamentos de salubridade e seguridade correspondentes ao espazo comunitario.

2. Queda prohibido introducir no espazo comunitario materiais perigosos, insalubres, inflamables que estean prohibidos polas normas legais ou administrativas, as disposicións dos servizos de seguridade e as pólizas de seguro do espazo comunitario.

3. Non poderá ser colocado nin depositado no interior do espazo comunitario ningún obxecto cuxo peso exceda o límite de carga de solos e tabiques.

4. As chaves da auga, sanitarios e instalacións de fontanería e electricidade que se atopen no espazo comunitario deberán ser mantidos en bo estado de funcionamento, procurando o Concello de Taboadela a súa rápida reparación, de ser caso, co fin de evitar calquera dano aos ocupantes do espazo comunitario ou ás propias instalacións.

5. Non se poderán verter nas canalizacións ou desaugadoiros materiais inflamables ou perigosos, estendéndose a prohibición a todos aqueles elementos que poidan perturbar o bo funcionamento das mencionadas instalacións.

6. O Concello de Taboadela deberá equipar o seu local coas instalacións necesarias para previr incendios de conformidade co sistema xeral de seguridade destas, debendo mantelos en perfecto estado de funcionamento e conservación.

Os aparellos contra incendios, os cadros eléctricos e os taboleiros de mando deberán ser accesibles e visibles en todo momento, debendo ademais respectar as normas que, respecto diso, sexan ditadas pola Administración competente.

7. Os cesionarios deberán respectar todas as normas que se diten en materia de seguridade, deixando as portas de saída sen o peche bloqueado durante as horas de apertura, e mantendo despexado o corredor de servizo que serve de saída de emerxencia no caso de incendio ou sinistro.

A saída de emerxencia deberá estar debidamente sinalada mediante carteis identificadores visibles con facilidade.

8. A utilización indebida dos aparellos contra incendios está absolutamente prohibida.

Artigo 13. Funcionamento dos espazos de uso en común

Cada un dos cesionarios e ocupantes terá libre uso das zonas comúns conforme co seu destino, a condición de que non impida con iso os mesmos dereitos dos restantes cesionarios e o seu bo funcionamento, coas reservas seguintes:

a) As zonas comúns deberán ser utilizadas de conformidade co uso previsto para estas.

b) O Concello de Taboadela poderá en calquera momento pechar temporalmente todo ou parte do espazo das zonas comúns onde sexa necesario efectuar traballos de reparación ou cambios, ou por calquera outra causa xustificada. Deberá advertir diso aos cesionarios con antelación suficiente.

Artigo 14. Prohibicións e limitacións

1. As seguintes actividades están expresamente prohibidas para os cesionarios ou ocupantes do espazo comunitario:

a) O uso de calquera material non permitido polas normas de seguridade e hixiene.

b) O exercicio no espazo comunitario de toda actividade que poida considerarse perigosa, insalubre e nociva ou que perturbe a actividade dos demais ocupantes.

c) O uso de cada espazo da aula “coworking” que implique algunha molestia anormal, aínda con carácter excepcional, en relación coas actividades proxectadas nela.

d) O uso de todo ou parte de calquera espazo da aula “coworking” como vivenda, ou calquera outro uso non permitido.

e) A práctica no espazo comunitario de calquera profesión, comercio ou actividade non previstos nos contratos de cesión ou autorizados previamente.

f) A distribución de propaganda de calquera tipo fóra das superficies cedidas dos espazos.

g) Perturbar o ambiente do centro mediante ruídos, vibracións, cheiros, temperaturas ou calquera outra causa que poida afectar ou producir molestias ao resto dos ocupantes.

2. Cada cesionario deberá proceder a tramitar as autorizacións administrativas necesarias para o desenvolvemento da actividade que proxecte exercer no espazo que se lle asigne.

Artigo 17. Destino

O espazo cedido será destinado única e exclusivamente á actividade especificamente exposta no contrato de cesión, non podendo o cesionario cambiar o destino nin dedicalo a actividade, negocio ou industria distinta ao pactado sen contar coa autorización expresa e escrita da propiedade.

Artigo 18. Ocupación e abandono

1. Á firma do contrato, o cesionario tomará posesión do espazo asignado nun prazo máximo de 5 días desde a data da sinatura.

2. Á finalización do contrato, o cesionario deberá deixar libre e expedito o espazo e poñelo a disposición da propiedade no prazo máximo de 72 horas, seguintes ao requirimento fidedigno que a devandita propiedade efectúe.

3. O cesionario obrígase e comprométese a facilitar ao Concello de Taboadela, ou persoal que este designe, o acceso ao espazo cedido para efectos da comprobación do uso e destino dado a este.

Artigo 19. Réxime económico

1. Para acceder ao espazo comunitario será necesario o desembolso dunha cota mensual por parte aquelas persoas usuarias que, cumprindo cos criterios establecidos no presente Regulamento de réxime interno e nas bases de funcionamento, soliciten este acceso.

2. A cantidade para desembolsar quedará definida no contrato de cesión e será de 50,00 euros ao mes. Esta cota terá como obxecto contribuír a sufragar os gastos de funcionamento corrente do espazo comunitario.

3. No momento en que a persoa usuaria acceda ao espazo comunitario, e unha vez asinado o contrato de cesión, deberá facer o desembolso de dúas cotas mensuais (100,00 euros) por adiantado en concepto de fianza.

Artigo 20. Obrigas do espazo comunitario

As obrigas que o espazo comunitario contrae fronte ás persoas cesionarias son:

a) A cesión do uso do local obxecto do contrato e o mantemento na posesión durante a súa vixencia, sempre que non exista causa de revogación.

b) A prestación dos servizos inherentes á titularidade da instalación.

Artigo 21. Obrigas das persoas cesionarias

As obrigas que as persoas cesionarias contraen fronte ao espazo comunitario son:

a) Iniciar a actividade empresarial dentro dos tres meses seguintes á concesión do aproveitamento do local adxudicado, en cuxo prazo, a persoa emprendedora deberá instar a tramitación das licenzas, declaracións responsables ou comunicacións previas que segundo a normativa vixente resulten necesarias para o exercicio da actividade.

b) Satisfacer ao seu exclusivo custo as cargas, impostos e gravames que pesen sobre a actividade para desenvolver.

c) Satisfacer as cotas obrigatorias á Seguridade Social do persoal da empresa.

d) Pagar á súa conta os gastos derivados de usos, consumos e subministracións propios.

e) Poñer a disposición do espazo comunitario as listaxes correspondentes do persoal empregado na actividade.

f) Poñer a disposición do espazo comunitario canta documentación contable e administrativa lle sexa requirida.

g) Permitir a execución das obras de reparación, conservación ou mellora que ordene o espazo comunitario por estimalas necesarias para o local.

Se o empresario ou empresaria non realizase as reparacións a que estivese obrigado despois de ser requirido para iso, o espazo comunitario pode executalas subsidiariamente á conta do empresario ou empresaria.

h) Consentir as visitas de inspección co fin de comprobar o uso que se fai das dependencias obxecto da cesión.

i) Devolver o local no momento da extinción da cesión nas mesmas condicións de uso en que foi recibido.

l) Instalar e manter cos seus medios técnicos e económicos cantos equipamentos especiais sexan precisos.

2. Será responsable a persoa cesionaria de todo uso neglixente ou abusivo que se realice no local.

3. Todos os danos causados a terceiros que se deriven da actividade serán de responsabilidade exclusiva da persoa cesionaria.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

O presente regulamento entrará en vigor ao día seguinte da publicación da súa aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Contra o presente acordo poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

R. 2.426