IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

Aprobación das bases reguladoras do proceso de selección en quenda de promoción interna dunha praza de funcionario de carreira de Administración xeral, subescala administrativa incluída na oferta de emprego público do ano 2026.

Anuncio

A Xunta de Goberno Local do Concello do Barco de Valdeorras, na sesión ordinaria que tivo lugar o 1 de outubro de 2026, adoptou o seguinte acordo polo que se aproban as bases que rexerán a convocatoria e selección dunha praza vacante, incluída na oferta de emprego público do ano 2026, de funcionario de carreira da escala de Administración xeral, subescala administrativa, pola quenda de promoción interna:

Primeiro. Aprobar as seguintes bases reguladoras para a selección, pola queda de promoción interna, dunha praza vacante de funcionario de carreira da escala de Administración xeral subescala administrativa, incluída na oferta de emprego público do ano 2026:

Bases reguladoras do proceso de selección en quenda de promoción interna dunha praza de funcionario de carreira de Administración xeral, subescala administrativa incluída na oferta de emprego público do ano 2026

1ª. Obxecto, natureza e características das prazas e sistema selectivo.

É obxecto destas bases ordenar o proceso selectivo para a cobertura, mediante o sistema de selección de concurso-oposición, en quenda de promoción interna, da seguinte praza vacante incluída na oferta de emprego público de 2026 (aprobada por Decreto núm. 1381, do 27 de xullo de 2026, e publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 155, do 18 de agosto de 2026, e no Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 145, do 3 de agosto de 2026):

Tipo de persoal: funcionario

Escala: Administración xeral

Subescala: administrativo

Grupo: C

Subgrupo: 1

Número de prazas: 1

Funcións: as previstas no artigo 169 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local e demais normativa vixente así como aquelas que correspondan ao posto ao que accedan segundo a relación de postos de traballo vixente en cada momento.

Retribucións: serán ás correspondentes á praza e ao posto no que se tome posesión, fixadas conforme co establecido na lexislación vixente e concretadas no orzamento.

Xornada: completa.

2ª. Requisitos das persoas aspirantes.

1. Para ser admitidos e poder participar no proceso selectivo será necesario reunir os requisitos que a continuación se indican:

a) Ter nacionalidade española ou atoparse comprendido no ámbito de aplicación do artigo 57 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. Será aplicable, por contra, o beneficio da rehabilitación conforme coas normas penais e administrativas, o que se deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

e) Posuír a titulación seguinte: título de bacharel, técnico/a ou equivalente ou estar en condición de obtelo na data de terminación do prazo de presentación de instancias, ou ben unha antigüidade de 10 anos na subescala auxiliar da escala de Administración xeral, grupo C, subgrupo C2 ou de 5 anos e superar un curso específico de formación.

As persoas aspirantes deberán ter o título ou ter aprobado a totalidade dos estudos precisos para a súa obtención e ter aboado os dereitos para a súa expedición na data na que remate o prazo de presentación de instancias.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá acreditarse que se está en posesión da correspondente homologación expedida polas autoridades educativas pertinentes na data na que remate o prazo de presentación de instancias. No caso de equivalencia ou homologación deberá xustificarse co certificado expedido polo organismo competente para establecelas, sen prexuízo de que se observará o establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada mediante a Orde EDU/520/2011, do 7 de marzo.

f) Non incorrer nas causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

g) Reunir o día de finalización do prazo de presentación de instancias a condición de funcionario/a de carreira do Concello do Barco de Valdeorras da subescala auxiliar da escala de administración xeral (grupo C, subgrupo C2) e ter prestado, polo menos, dous anos de servizo activo nesa subescala.

2. Os anteriores requisitos deberanse reunir con referencia ao último día de prazo de presentación das solicitudes e conservarse, cando menos, ata a data do nomeamento.

3. Para participar neste procedemento non se esixe o aboamento de taxa ou dereito de exame.

3ª. Publicidade.

As presentes bases publicaranse integramente no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e no taboleiro de anuncios deste Concello, aloxado na súa sede electrónica, na páxina web da rede de internet https://sede.concellodobarco.gal. En diante, cando estas bases se refiran a taboleiro de anuncios ou edictos entenderase que se refiren ao que se indicou anteriormente.

Publicarase un anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (dando conta da aprobación das presentes bases e indicando a data da publicación do seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia de Ourense) e no Boletín Oficial do Estado (a publicación no BOE é a que determinará o comezo do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo, de acordo coa seguinte base).

A admisión provisional e a admisión definitiva ou, no seu caso, a admisión provisional elevada a definitiva, os integrantes do tribunal e a data da realización do primeiro exercicio publicaranse no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios do Concello.

Os demais anuncios relativos a este procedemento publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello.

4ª. Presentación de solicitudes.

As persoas que desexen participar no proceso de selección presentarán a súa solicitude respectando o modelo anexo I destas bases, dirixida ao alcalde do Concello, na que farán constar que reúnen todos os requisitos esixidos por estas bases.

As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello do Barco de Valdeorras, na Oficina Municipal de Asistencia en Materia de Rexistros ou polos demais medios que determina o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. O anuncio da convocatoria publicarase a meros efectos informativos no taboleiro de anuncios do Concello.

A Oficina de Asistencia en Materia de Rexistros do Concello do Barco de Valdeorras atópase no primeiro andar do edificio núm. 2 da Praza do Concello da vila do Barco de Valdeorras e o seu horario é de 9.00 a 14.00 horas os días hábiles. O rexistro municipal alóxase na sede electrónica do Concello na páxina web da rede de internet á que se pode acceder na https://sede.concellodobarco.org.

Coa solicitude achegarán:

- Titulación esixida.

- Para o caso de que se solicite a exención do exame de galego: documento que acredite estar en posesión -ou con dereito a obtelo ao remate do prazo de presentación de instancias- do Celga 4 ou equivalente homologado de acordo co establecido na Orde do 16 de xullo de 2007 coas modificacións introducidas pola Orde do 10 de febreiro de 2014 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, reguladora dos certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, sen que sexa posible presentalo con posterioridade salvo nos supostos de defectos emendables que deberá completarse dentro do prazo de emenda que se conceda. As persoas aspirantes que non acrediten a exención están obrigados á realización e superación do exercicio correspondente para non ser eliminados do proceso selectivo.

- Para o caso de que queiran presentar méritos para a fase de concurso achegarán a documentación que esixen estas bases para acreditalos.

- As persoas con discapacidade (para o efecto do proceso selectivo e dos actos e actuacións que deriven deste, terán a consideración de persoas con discapacidade as definidas no apartado 2 do artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, ou normativa posterior que substitúa esta definición: terán a consideración de persoas con discapacidade aquelas ás que se lle recoñecera un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento. Non obstante, no caso de tratarse dos pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou gran invalidez, e aos pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade, só terán a condición de persoas con discapacidade para os efectos destas bases se teñen recoñecida e acreditan unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33 por cento) que precisen de adaptacións de tempo ou medios de realización dos exercicios co fin de garantir a igualdade de oportunidades co resto de participantes, deberán facelo constar expresamente na solicitude, achegando a seguinte documentación:

a) Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% expedido polo órgano competente da Administración autonómica.

b) Escrito concretando as medidas específicas de adaptación de tempo ou medios que precise.

c) Ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grao de discapacidade competente, acreditando de forma fidedigna as deficiencias permanentes que deron orixe ao grao de discapacidade recoñecido, para os efectos de que o órgano de selección poida valorar a procedencia ou non das adaptacións solicitadas. Só se poderá solicitar e outorgar esta adaptación se a persoa aspirante presenta especiais dificultades para a realización das probas de oposición e así se acredita co ditame técnico facultativo e estas adaptacións gardan relación directa coa proba para realizar. As adaptacións de tempo deberán axustarse ao previsto na Orden PJC/804/2025, do 23 de xullo, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de medios e tempos e a realización doutros axustes razoables nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade. Os órganos de selección poderán requirir informe e, de ser o caso, colaboración dos órganos técnicos competentes da administración laboral ou sanitaria da Xunta de Galicia.

As persoas aspirantes que acheguen as solicitudes de participación e demais documentación preceptiva por vía electrónica, ao xuntar a documentación requirida deberán identificar os diferentes documentos que xuntan nomeando os correspondentes PDF que acheguen (CELGA, certificado de servizos, etc.) para a súa identificación por parte do servizo receptor da devandita documentación. Ademais, na solicitude deberase elixir a lingua (galego ou castelán) na que queren que se lles faciliten os exercicios. Unha vez escollido o idioma necesariamente deberá facer o exame nese idioma. Se non se sinala nada será o tribunal o que determine a lingua dos enunciados ou preguntas dos exercicios.

5ª. Admisión das persoas aspirantes.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, o alcalde ditará resolución pola que se aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos da que se publicará anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello, concedendo un prazo de dez días para reclamacións. Publicaranse tamén as persoas candidatas que non están exentas do exame de galego así como se a documentación presentada acreditativa da exención ten que ser emendada. A data de publicación no Boletín Oficial da Provincia será a determinante dos prazos para os efectos das posibles reclamacións. Para o caso de que non se produzan exclusións provisionais acordarase a admisión definitiva de forma directa sen pasar pola provisional.

As reclamacións, se as houbese, resolveraas o órgano que aprobou a lista provisional, que aprobará así mesmo a lista definitiva á que se lle dará a mesma publicidade que á lista provisional. Nesta última resolución incluirase o nome dos membros do tribunal así como lugar, data e hora da constitución do tribunal e da realización do primeiro exercicio. A convocatoria das persoas aspirantes para a realización do segundo e sucesivos exercicios publicarase no taboleiro de anuncios do Concello.

6ª. Tribunal cualificador.

A composición do tribunal axustarase aos principios de imparcialidade e profesionalidade de todos os membros. A designación nominal dos membros do tribunal incluirá a dos respectivos suplentes e publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello.

A composición dos tribunais será con carácter maioritario técnica e os seus membros, en todo caso, pertencerán a grupos de clasificación profesional, tanto de persoal funcionario como laboral, para cuxo acceso se esixa titulación igual ou superior á esixida para a praza convocada e tenderase na súa composición á paridade entre muller e home.

Non poderá formar parte do tribunal cualificador o persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual.

O tribunal estará constituído por cinco membros titulares (presidente, secretario e tres vogais) e cinco suplentes, todos eles con voz e voto.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a presenza, cando menos, da metade máis un dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso, requírese a asistencia da persoa que presida e da que realice a secretaría ou as que legalmente as substitúan.

Os membros do tribunal absteranse de intervir e comunicaranllo á autoridade que convoca cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou as persoas que nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas ou tivesen colaborado durante ese período con centros de preparación de opositores. As persoas aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran estas circunstancias.

De conformidade co previsto no artigo 17 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, o tribunal poderase constituír, convocar, realizar as súas sesións, adoptar acordos ou remitir actas tanto de forma presencial como a distancia.

Todos os membros do tribunal que asistan ás probas percibirán as asignacións que lles correspondan segundo a súa categoría, de conformidade co Real decreto 462/2002, do 24 de maio.

O tribunal poderá autorizar a incorporación ás sesións dos asesores especialistas que estime necesario e conveniente, especialmente no eido da acreditación do coñecemento da lingua galega. Os devanditos asesores actuarán con voz e sen voto e limitaranse ao exercicio das especialidades técnicas que fixeron necesaria ou conveniente a súa colaboración co respectivo tribunal. Así mesmo, o tribunal poderá valerse de persoal colaborador durante o desenvolvemento material dos exercicios.

O tribunal queda autorizado para a interpretación das bases da convocatoria, resolver as dúbidas que se presenten e adoptar os acordos necesarios para a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo en todo o non previsto nestas bases.

Os acordos do tribunal serán publicados no taboleiro de anuncios desta Administración.

7ª. Fase de concurso.

Será previa á fase de oposición e o seu resultado publicarase, con carácter previo á realización do primeiro exercicio da fase de oposición, no taboleiro de anuncios do Concello. Non será eliminatoria.

Na fase de concurso o tribunal comprobará e cualificará os méritos alegados polas persoas aspirantes, os cales deben estar xustificados coa documentación acreditativa destes.

Soamente valoraranse os seguintes méritos:

1) Formación académica. Valoraranse outras titulacións académicas distintas da esixida como requisito para o acceso á praza convocada e de acordo co seguinte baremo:

a) Titulación universitaria oficial de doutor/a: 2,00 puntos.

b) Titulación universitaria oficial de arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a ou equivalente: 1,50 puntos.

c) Titulación universitaria oficial de graduado/a: 1,25 puntos.

d) Titulación universitaria oficial de arquitecto/a técnico/a, enxeñeiro/a técnico/a, diplomado/a ou equivalente: 1 punto.

e) Título de técnico/a superior ou equivalente: 0,75 puntos.

A cualificación máxima por este apartado non poderá superar, en ningún caso, 2 puntos, e non se valorarán aquelas titulacións que fosen requisito para acceder á superior.

2) Formación profesional. Só se valorarán os cursos de formación e perfeccionamento que versen sobre materias relacionadas directamente coas funcións propias do posto convocado, incluídos os cursos sobre coñecemento do idioma galego, igualdade e seguridade e saúde, sempre que os cursos fosen impartidos por unha administración pública, por un centro oficial de formación ou por institución homologada para impartir formación profesional continua e de acordo co seguinte baremo:

a) Pola superación do Curso de linguaxe administrativa galega nivel superior o equivalente: 1,20

b) Por ter acreditado o nivel Celga 5 ou equivalente de coñecemento do idioma galego: 1,00

c) Por cada curso con duración igual ou superior a 300 horas lectivas: 0,80 puntos.

d) Por cada curso con duración igual ou superior a 150 horas lectivas: 0,70 puntos.

e) Por cada curso con duración igual ou superior a 125 horas lectivas: 0,65 puntos.

f) Por cada curso con duración igual ou superior a 100 horas lectivas: 0,60 puntos.

g) Por cada curso con duración igual ou superior a 75 horas lectivas: 0,50 puntos

h) Por cada curso con duración igual ou superior a 50 horas lectivas: 0,40 puntos.

i) Por cada curso con duración igual ou superior a 30 horas lectivas: 0,30 puntos.

j) Por cada curso con duración igual ou superior a 20 horas lectivas: 0,20 puntos.

k) Por cada curso con duración igual ou superior a 10 horas lectivas e inferior a 20 horas lectivas: 0,10 puntos.

Os cursos que veñan cuantificados por créditos deberán especificar as horas que correspondan a cada crédito. No seu defecto, o tribunal cuantificará en 10 horas cada crédito. No caso de créditos ECTS a valoración que outorgará o tribunal será de 25 horas por crédito.

Os cursos que non especifiquen os créditos e non sinalen o número de horas non se poderán valorar.

As puntuacións asignadas incrementaranse nun 50% cando se acredite a superación do curso ou a asistencia con aproveitamento. A puntuación máxima polo apartado de formación profesional non poderá ser superior a 6 puntos.

3) Experiencia profesional. A experiencia profesional acreditada puntuarase de acordo co seguinte baremo:

• Por cada 3 meses completos de servizos prestados nas administracións públicas como persoal funcionario ou laboral en postos de traballo con funcións propias ou asimiladas ás prazas de auxiliar integradas na subescala auxiliar da escala de Administración xeral ou prazas equivalentes a estas: 0,2 puntos.

A cualificación máxima polo apartado de experiencia profesional non poderá superar, en ningún caso, 6 puntos.

Os servizos prestados como funcionario acreditaranse mediante certificación do órgano de xestión da administración pública competente especificando a escala e subescala nas que se prestaron e será preciso achegar informe da vida laboral expedida pola Tesourería da Seguridade Social con especificación da categoría profesional.

Os servizos prestados como persoal laboral acreditaranse mediante certificación do órgano de xestión da administración pública competente especificando a categoría profesional facendo constar expresamente as funcións e tarefas realizadas e será preciso achegar informe da vida laboral expedida pola Tesourería da Seguridade Social con especificación da categoría profesional.

Como excepción, se o mérito que se alega é ter prestados servizos no Concello do Barco de Valdeorras, bastará con facelo constar na solicitude indicando a data ou datas de inicio e finalización dos servizos ao Concello e o departamento, servizo ou unidade en que se prestaron.

Non se computarán a efectos de valorar a experiencia profesional nesta fase de concurso os dous anos de antigüidade que se esixen como requisito de acceso para participar neste sistema de promoción interna.

4) Exercicio de dereitos de conciliación. O exercicio de dereitos de conciliación puntuarase de acordo co seguinte baremo:

a) Por cada quince días naturais completos de utilización nos cinco anos anteriores, contados desde a data que finalice o prazo de presentación de solicitudes de participación neste proceso selectivo, dun permiso por parto: 0,1 puntos.

b) Por cada quince días naturais completos de utilización nos últimos cinco anos anteriores, contados desde a data que finalice o prazo de presentación de solicitudes de participación neste proceso selectivo, dun permiso por adopción, por garda con fins de adopción ou acollemento: 0,1 puntos.

c) Por cada quince días naturais completos de utilización nos últimos cinco anos anteriores, contados desde a data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes de participación neste proceso selectivo, dunha redución de xornada ou excedencia para o coidado de familiares: 0,1 puntos.

Os períodos inferiores a quince días naturais dos dereitos anteriores que non son obxecto de valoración consonte coas puntuacións anteriores, serán valorados de forma proporcional á puntuación indicada anteriormente en función do tempo do seu goce.

A cualificación máxima polo apartado de exercicio de dereitos de conciliación non poderá superar, en ningún caso: 1,6 puntos.

O exercicio destes dereitos acreditarase mediante certificación do órgano de xestión da administración pública competente e os prestados na empresa privada con certificación acreditativa de ter gozado destes dereitos, con indicación das datas de inicio e fin, no seu caso, de tal goce.

Como excepción, se estes dereitos se outorgaron polo Concello do Barco de Valdeorras e así lle constan bastará con facelo constar na solicitude de participación indicando a data ou datas de inicio e finalización do exercicio de tales dereitos, de ser o caso.

8ª. Fase de oposición.

8ª.1. Comezo e desenvolvemento das probas selectivas.

As probas selectivas non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que aparezan publicadas estas bases no Boletín Oficial da Provincia.

O comezo das probas selectivas deberá anunciarse con 15 días hábiles de antelación, como mínimo, no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello, podéndose facer o anuncio coa publicación das persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo. O chamamento para o segundo e sucesivos exercicios deberá realizarse cunha antelación mínima de 24 horas.

Unha vez comezadas as probas selectivas non será obrigatoria a publicación da realización dos sucesivos exercicios no Boletín Oficial da Provincia, será suficiente coa súa exposición no taboleiro de anuncios do Concello.

As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio nun único chamamento, sendo excluídos da oposición os que non comparecesen, agás nalgún dos dous seguintes supostos:

a) Para o caso de que algunha das aspirantes non puidese completar o proceso selectivo por mor de embarazo de risco ou parto, debidamente acreditado.

b) Situación sanitaria excepcional. As persoas que non finalizasen un período de illamento prescrito polos servizos médicos, que se atopen en período de corentena domiciliaria ordenada pola autoridade sanitaria ou se atopen nun suposto excepcional libremente apreciado polo tribunal derivado dunha enfermidade diagnosticada con posterioridade ao remate de presentación de solicitudes de participación neste procedemento selectivo e que implique o ingreso nun centro hospitalario na data de realización dun dos exercicios.

Nestes dous casos o tribunal, coa finalidade de garantir os principios de libre concorrencia, igualdade e non discriminación así como o normal desenvolvemento do proceso selectivo, poderá determinar a realización dun exame extraordinario ou a suspensión da realización dun exercicio o que será anunciado no taboleiro de anuncios do Concello. Ambos os dous supostos quedarán condicionados á finalización do mesmo proceso selectivo e á superación da proba aprazada ou suspendida e a que a mora non menoscabe o dereito que o resto das persoas aspirantes teñen a unha resolución do proceso selectivo axustada a tempos razoables, o que deberá ser valorado polo tribunal de selección. Enténdese, en todo caso, que si afecta ao dereito a unha resolución do proceso selectivo en tempos razoables cando a suspensión dunha proba ou a realización dunha proba extraordinaria polos motivos anteriores supoña demorar máis dun mes o proceso. En todo caso, a realización desa proba terá lugar antes da publicación da lista de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

As persoas aspirantes que se atopen nalgunha das dúas situacións indicadas deberán comunicar a súa situación, en canto a coñezan e, en todo caso, con carácter previo ao día e hora de inicio da realización do exame, e achegar a documentación acreditativa ao tribunal, tan pronto como dispoñan dela e nun prazo que non poderá ser superior a dous días hábiles desde o día de comunicación da situación, para a súa valoración e adopción dos acordos que procedan. Non se valorarán aquelas situacións comunicadas con posterioridade á hora de inicio da realización do exame ou cuxa documentación acreditativa se achegue despois de transcorridos dous días hábiles desde a comunicación da situación.

As comunicacións para estes efectos deberán realizarse a través dos medios previstos na base 4ª.

Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que os membros do tribunal e as persoas colaboradoras designadas, agás que se acorde polo tribunal a lectura dos seus exames polos aspirantes. A persoa que non acuda á lectura pública será declarada non apta e polo tanto eliminada do proceso selectivo.

A actuación das persoas aspirantes naqueles exercicios que non poidan realizarse conxuntamente realizarase pola orde alfabética segundo a primeira letra do apelido que corresponda que determine o último sorteo que realice, antes da publicación da convocatoria deste proceso no BOE, a Xunta de Galicia para a determinación da orde alfabética nos seus procesos selectivos.

As persoas aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio co seu DNI, NIE ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como dos medios materiais adecuados e necesarios para a práctica das probas. Deberán mostrar os documentos identificativos no momento de realizar o chamamento, podendo os membros do tribunal ou os seus colaboradores esixir a súa exhibición en calquera momento ao longo da realización da correspondente proba.

Os aparellos electrónicos (teléfonos móbiles, axendas, auriculares, etc.) están prohibidos dentro da sala onde teñan lugar as probas. O son dun aparello electrónico permitirá ao tribunal solicitar o baleirado de bolsas, mochilas e pezas de roupa para a súa localización. A negativa á petición do tribunal ou á localización do aparello provocarán a expulsión da persoa aspirante da proba e non se procederá á corrección do seu exercicio.

Entre o final dunha proba e o comezo da seguinte deberán transcorrer un mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días.

A realización dos exercicios que non sexan de exposición ou lectura pública garantirán o anonimato das persoas aspirantes na súa corrección. O tribunal disporá os medios que estime oportunos para garantilo, agás naqueles exames que pola súa natureza non sexa posible realizar de forma anónima. Nos casos dos exercicios nos que deba garantirse o anonimato as persoas aspirantes non poderán realizar ningún sinal que o identifique nas follas utilizadas para a súa realización. De non observar esta regra serán automaticamente eliminados do correspondente proceso selectivo, sen que se proceda nin sequera á corrección do exercicio. Esta circunstancia acordarase polo tribunal cualificador e anunciarase xunto coas cualificacións do exercicio correspondente.

O tribunal cualificador adoptará as medidas necesarias para establecer as adaptacións e axustes razoables tanto de tempos como de medios no proceso selectivo que sexan necesarios para as persoas aspirantes con discapacidade, cando así se indicase e xustificado polo interesado na solicitude para participar no proceso de selección, de forma que se garanta a igualdade de oportunidades coas demais persoas participantes, nos termos establecidos na normativa vixente.

A documentación relativa aos exercicios realizados de forma escrita en soporte papel polos opositores será dixitalizada, incorporada ao expediente electrónico e asinada de forma electrónica por funcionario público.

8ª.2. Probas de aptitude ou coñecemento para superar, sistemas de cualificación e puntuación e programa.

8ª.2.1. Probas de aptitude e sistema de cualificación de cada unha delas.

A oposición constará de tres exercicios ou probas, todos eles de carácter obrigatorio e eliminatorio:

Primeiro exercicio: teórico e escrito.

Consistirá nun cuestionario de 30 preguntas tipo test con 4 alternativas de resposta cada unha (máis 3 preguntas de reserva. Estas preguntas substituirán, pola súa orde correlativa, a aquelas preguntas que, no seu caso, sexan obxecto de anulación despois da realización do exercicio) determinadas polo tribunal, relativas á totalidade do temario incluído como anexo II a estas bases. O tempo máximo de realización do exame será de 45 minutos. Este exercicio cualificarase de cero (0) a vinte (20) puntos, sendo preciso acadar dez puntos como mínimo para aprobar a proba. A cualificación farase atendendo a seguinte fórmula: nota=(A-(B+C)/3).20/D

Sendo:

A, o número de respostas acertadas.

B, o número de respostas en branco.

C, o número de respostas incorrectas.

D, o número total de preguntas das que consta o exercicio que se teñen en conta para o cálculo.

O criterio esencial de valoración desta proba é o acerto nas alternativas propostas.

Unha vez efectuada a corrección deste exercicio, procederase por parte do tribunal á apertura, en acto público, dos sobres pechados que conteñen a documentación que permita asociar a cada persoa aspirante co seu exercicio. A data e hora de realización deste acto público de apertura publicarase no taboleiro de anuncios do Concello, cando menos con 24 horas de antelación á súa realización.

O tribunal dará publicidade ao modelo de respostas correctas no prazo de dous días dende a realización do exame.

Daráselle publicidade no taboleiro de anuncios do Concello das persoas que tiveran superado o exercicio e da puntuación obtida, significando como non aptas aquelas persoas aspirantes que non superen o exercicio.

Para o caso de que non acaden 5 puntos nesta proba polo menos o 10 por cento dos aspirantes presentados ou un mínimo de 2 aspirantes, facúltase expresamente ao tribunal para determinar a puntuación (nota de corte) esixida para superar o exercicio con posterioridade á súa corrección (nova nota de corte que poderá implicar a superación do exercicio dunha ou varias persoas aspirantes), sempre que se determine con carácter previo a coñecer a identidade dos aspirantes examinados, do que se deixará constancia na correspondente acta da sesión que se levante.

Segundo exercicio: práctico e escrito.

Consistirá en redactar, no tempo que determine o tribunal e como máximo dúas horas, un ou varios supostos prácticos (cun máximo de 3, podendo incluír en cada un deles unha ou varias preguntas) fixados polo tribunal sobre as materias incluídas no temario do anexo II e as funcións da praza obxecto desta convocatoria. O exercicio tratará sobre cuestións de procedemento e administrativas que determinará o tribunal relativas ás tarefas propias da subescala.

Durante o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais dos que acudan provistos, non permitíndose o manexo de textos comentados nin libros de formularios e poderán utilizar máquinas de calcular estándar e científicas, que non sexan programables, nin financeiras.

O criterio esencial de valoración desta proba é a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos presentados e terase en conta a claridade e orde de ideas e a facilidade de exposición escrita.

Para o caso de que se propuxesen máis dun suposto práctico indicarase no exercicio entregado ao opositor a puntuación que corresponde a cada un deles. Para o caso de que se propuxesen varios problemas prácticos no mesmo suposto práctico indicarase no exercicio entregado ao opositor a puntuación de cada un deles.

O exercicio será cualificado polo tribunal de cero a vinte puntos, sendo preciso acadar dez puntos como mínimo para superar a proba.

O exercicio deberá escribirse de tal modo que permita a súa lectura por calquera membro do tribunal cualificador, evitando a utilización de abreviaturas ou signos non usuais na linguaxe escrita. En todo caso, garantirase a autenticidade, integridade e conservación dos documentos.

O tribunal adoptará as medidas necesarias para garantir que este exercicio sexa corrixido sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes. O tribunal excluirá a aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a identidade da persoa aspirante.

Unha vez efectuada a corrección deste exercicio, procederase por parte do tribunal á apertura, en acto público, dos sobres pechados que conteñen a documentación que permita asociar a cada persoa aspirante co seu exercicio. A data e hora de realización deste acto público de apertura publicarase no taboleiro de anuncios do Concello, cando menos con 24 horas de antelación á súa celebración.

Darase publicidade no taboleiro de anuncios do Concello dos aspirantes que tiveran superado o exercicio e da puntuación obtida significando como non aptos aquelas persoas aspirantes que non superen o exercicio.

Terceiro exercicio: práctico, escrito e/ou oral e eliminatorio.

A proba de coñecemento da lingua galega estará dirixida á comprobación, por parte do tribunal, de que os aspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego, someténdoos á proba ou probas que consideren máis adecuadas para tal comprobación.

O tempo máximo de duración será unha hora e poderá consistir na tradución dun ou varios textos e, no seu caso, a lectura da tradución ante o tribunal e/ou responder oralmente ás preguntas realizadas polo tribunal. Unha vez rematado o exercicio, o tribunal chamará aos aspirantes para que dean lectura total ou parcial do exame.

O exercicio cualificarase como apto ou non apto.

Quedarán exentas da realización desta proba aquelas persoas que acrediten estar en posesión do Celga 4 ou título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

8ª.2.2. Puntuación.

A puntuación que se outorgará a cada persoa aspirante por cada exercicio realizarase, como máximo, ata dous decimais.

8ª.2.3. Programa (temas da fase de oposición) determínase no anexo II destas bases. Calquera referencia normativa do temario entenderase referida ás disposicións legais vixentes na data de publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. As normas de dereito positivo relacionadas no temario da convocatoria que fosen derrogadas parcial ou totalmente serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total coa data límite da data de publicación destas bases no BOP de Ourense.

9ª. Cualificación final

A cualificación final obtida e orde final é a resultante da suma da puntuación obtida na fase de concurso máis a obtida nos exercicios 1º e 2º da fase de oposición, sempre e cando as persoas aspirantes superen todos os exercicios obrigatorios da fase de oposición. Publicarase no taboleiro de anuncios do Concello.

Para o caso de empate determinarase a orde final atendendo á maior puntuación obtida na fase de oposición. De continuar o empate resolverase atendendo á maior puntuación no segundo exercicio da fase de oposición. De persistir o empate resolverase mediante sorteo, cuxa realización se anunciará, para a posible presenza das persoas aspirantes afectadas, sinalando o lugar, día e hora da súa realización, mediante anuncio publicado, cunha antelación mínima de 48 horas, no taboleiro de anuncios do Concello.

10ª. Relación de aprobados.

Unha vez rematada a cualificación, o tribunal publicará a relación de aspirantes que superaron todos os exercicios por orde de puntuación e realizará proposta de nomeamento condicionada á presentación da documentación á que se refire a seguinte base. A proposta terá carácter vinculante. O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ao das prazas convocadas. O tribunal non propoñerá o acceso á condición de funcionario dun número superior de aprobados ao de prazas convocadas. Por contra, sempre que o tribunal de selección propoña o nomeamento de igual número de persoas aprobadas que o de prazas convocadas e co fin de asegurar a cobertura da praza, cando se produzan renuncias das persoas seleccionadas, antes do seu nomeamento ou toma de posesión ou non acrediten os requisitos establecidos na convocatoria, o tribunal determinará a relación complementaria de aspirantes que tendo superado todas as probas sigan por orde de puntuación á persoa proposta, para o seu posible nomeamento como funcionario de carreira, se o estima a Alcaldía.

11ª. Presentación de documentos.

No prazo de vinte días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello da persoa proposta para ser nomeada funcionaria, esta deberá presentar, polos medios recollidos na base 4ª, os documentos que seguidamente se relacionan:

a) Declaración xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública ou órgano constitucional ou estatutario das comunidades autónomas, nin de encontrarse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario ao que pertence a praza. E no caso de cidadáns con nacionalidade distinta da española: declaración xurada de non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no estado da súa nacionalidade, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público que no Estado Español.

b) Declaración xurada de non incorrer en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente.

c) Certificado ou informe médico acreditativo de posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que se aspira.

d) As persoas con discapacidade (segundo a definición que contén a base 4ª destas bases) ás que se lle concedese adaptacións de tempo ou medios de realización dos exercicios co fin de garantir a igualdade de oportunidades co resto de participantes, deberán achegar certificado de compatibilidade co posto de traballo asociado á praza de auxiliar administrativo.

e) Número de afiliación á Seguridade Social acompañada do orixinal.

f) Autorización de ingreso de haberes no número de conta bancaria que indique.

Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos esixidos, as persoas aspirantes poderán acreditar que reúnen as condicións esixidas mediante calquera outro medio de proba admitido en dereito.

Quen tivese a condición de funcionario público de carreira da administración pública non terá que xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa acreditados para obter o seu anterior nomeamento, unicamente deberá presentar certificación da administración pública da que depende que acredite tal condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal ou folla de servizos.

Os que dentro do prazo sinalado, e agás para os supostos debidamente xustificados e acreditados libremente apreciados pola Alcaldía, non presenten a súa documentación ou non reúnan os requisitos esixidos non poderán ser nomeados funcionarios, quedando sen efecto todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puidesen incorrer por falsidade na súa instancia solicitando participar no proceso selectivo.

12ª. Nomeamento e toma de posesión dos funcionarios.

A persoa proposta que presente a documentación preceptiva será nomeada funcionaria de carreira pola Presidencia da Corporación, e deberán proceder a realizar o preceptivo acto de acatamento da Constitución, do Estatuto de Autonomía de Galicia e do resto do ordenamento xurídico así como tomar posesión no prazo de dez días a partir da publicación do correspondente nomeamento no BOP de Ourense. Perderán o dereito a tomar posesión cando, agás para supostos debidamente xustificados e acreditados, libremente acreditados pola Alcaldía, non o fixesen dentro do prazo sinalado ou se negasen a cumprir co acto de acatamento.

Farase constar na toma de posesión a manifestación do interesado de non vir desenvolvendo ningún posto ou actividade no sector público e que non realiza actividade privada incompatible ou suxeita a recoñecemento de compatibilidade, así como de non atoparse percibindo pensión de xubilación, retiro ou orfandade por dereitos pasivos ou por calquera réxime da Seguridade Social, público e obrigatorio, a non ser que soliciten o recoñecemento de compatibilidade para actividades privadas ou postos do sector público de conformidade coa normativa de incompatibilidades nos prazos sinalados por esta normativa.

O nomeamento publicarase no Boletín Oficial da Provincia, no DOG e no taboleiro de anuncios do Concello.

13ª. Protección de datos de carácter persoal.

De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, infórmase a aquelas persoas que presenten a súa solicitude para participar no presente procedemento de selección que:

a) O responsable de tratamento dos seus datos persoais é o Concello do Barco de Valdeorras, cuxo representante legal é o alcalde do Concello (actualmente Aurentino Alonso Araujo), con domicilio para os efectos de notificación na Praza do Concello, 2, 32300 O Barco de Valdeorras, teléfono 988 320 202 / 988 320 010 e correo electrónico: soporte@concellodobarco.org.

O delegado de protección de datos do Concello do Barco de Valdeorras é Servizos de Adaptación Continua en Protección de Datos RB, SL, co que pode contactarse no enderezo electrónico soporte@concellodobarco.org, e ante el (ou directamente ante o responsable do tratamento) poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas.

b) Que os datos recollidos serán tratados coa única finalidade da xestión das probas selectivas e as comunicacións necesarias que se deriven delas e non se cederán a terceiros, salvo por obriga legal.

O nome, apelidos e número de documento de identidade publicarase na forma que determina a disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

c) Que as persoas aspirantes terán dereito a acceder aos seus datos persoais, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento en calquera momento para o seu tratamento e solicitar a súa portabilidade en calquera momento. A oposición ao tratamento dos datos poderá formularse motivada pola situación particular da persoa interesada, nos termos previstos no artigo 21 do Regulamento UE 2016/679.

Os dereitos sinalados neste apartado poderán exercerse mediante escrito dirixido á Alcaldía do Barco de Valdeorras. De conformidade co disposto no artigo 20.3 do Regulamento UE 2016/679, non será de aplicación o dereito á portabilidade dos datos subministrados ao Concello neste procedemento.

O Concello do Barco de Valdeorras dispón de formularios adecuados para o exercicio destes dereitos. Non ten máis que solicitalos ou ben presentar o seu propio escrito nas dependencias ou correos electrónicos sinalados na letra a) anterior ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

d) O tratamento dos datos persoais que achega a persoa solicitante coa súa solicitude baséase no disposto nos apartados c) e e) do artigo 6 do Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos, así como no artigo 8.2 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección dos datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, ao ser a achega dos datos e informacións esixidas nas presentes bases necesaria para o cumprimento do disposto na lexislación de emprego no sector público así como para a valoración das solicitudes.

e) Os datos subministrados serán tratados exclusivamente polo persoal autorizado do Concello para a tramitación da solicitude, suxeitos a deber de reserva. Estes datos poderán ser cedidos a terceiras persoas en cumprimento dunha obriga legal. Poderán cederse nos seguintes casos:

- Ao resto de persoas solicitantes ou aos seus representantes legais cando así o reclamen para a formulación de reclamacións ou interposición de recursos.

- Aos xulgados e tribunais, para os efectos da resolución dos recursos administrativos e xudiciais que poidan interpoñerse contra os actos e resolucións susceptibles de recurso, así como aos membros dos tribunais cualificadores, Ministerio Fiscal, Valedor do Pobo, Defensor do Pobo, Tribunal de Contas e Consello de Contas, na medida en que sexa necesario para o exercicio das funcións dos tribunais e das devanditas autoridades públicas.

- Aos concelleiros do Barco de Valdeorras, cando o reclamen, para o exercicio do seu dereito á información.

f) En ningún caso transferiranse os datos persoais a un terceiro país nin a unha organización internacional.

g) Os datos subministrados conservaranse nos arquivos do Concello de forma indefinida, para os únicos efectos da súa conservación conforme co disposto na lexislación sobre arquivos do sector público e na lexislación sobre patrimonio documental cultural.

h) En todo caso, a persoa interesada poderá formular as reclamacións que considere oportunas en relación co tratamento dos seus datos persoais ante a Axencia Española de Protección de Datos.

i) En ningún caso procederase á adopción de decisións automatizadas nin á elaboración de perfís persoais cos datos subministrados, que non serán obxecto de tratamentos diferentes aos expresamente previstos nesta base.

14ª. Normativa principal de aplicación e impugnación.

Normativa principal de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección de funcionarios da Administración local, Real decreto 2271/2004, de 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral dos dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, Orde PJC/804/2025, do 23 de xullo, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de medios e tempos e a realización doutros axustes razoables nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade, Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia, Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado e demais lexislación vixente que puidese resultar de aplicación.

Recursos e impugnación: contra o acordo de aprobación das presentes bases, que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía-Presidencia, no prazo dun mes desde a súa publicación no BOP de Ourense. Así mesmo poderase interpoñer, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense que corresponda, no prazo de dous meses desde a citada publicación. Non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo para o caso de que se interpuxese o recurso potestativo de reposición, en tanto non se resolva expresamente ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo dun mes desde a súa interposición sen que se teña recibida notificación da súa resolución.

Os interesados poderán impugnar os actos administrativos que se derivan destas bases nos casos e na forma establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Os acordos do tribunal só poderán ser impugnados polos interesados nos supostos e na forma establecida na lexislación vixente reguladora do réxime xurídico do sector público e do procedemento administrativo común a través do recurso de alzada ante o alcalde, de acordo co precisado no artigo 121.1 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Anexo I. Modelo de instancia

Don/Dona

con data de nacemento con DNI núm.

e con domicilio en

correo electrónico

Telf.:

(núm. de teléfono e correo electrónico-opcional)

Ante o alcalde do Concello do Barco de Valdeorras, comparece e di:

a) Que coñece as bases que van rexer na selección por quenda de promoción interna con carácter definitivo dunha praza de funcionario/a de carreira da escala de Administración xeral, subescala administrativa, incluída na ofertas de emprego público do Concello do Barco de Valdeorras do ano 2026.

b) Que desexa ser admitido nas probas selectivas ás que se refire a letra anterior.

c) Que reúne todos e cada un dos requisitos establecidos para o acceso ao emprego público incluíndo os establecidos nas bases reguladoras e que achega a documentación esixida e para estes efectos declara baixo xuramento que ten a nacionalidade esixida, goza da capacidade funcional precisa para o desempeño das tarefas da praza, non foi separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin se atopa en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso del persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado (no caso de ser nacional doutro estado, non se atopa inhabilitado ou en situación equivalente nin foi sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público), que non pertence ao respectivo corpo, escala ou categoría profesional das prazas convocadas e que posúe a titulación esixida.

d) Que achega a seguinte documentación: (cite expresamente a documentación que se achega)

e) Que solicita/non solicita a exención do exercicio de idioma galego ao contar/non contar co Celga 4.

f) Que achega a seguinte documentación para os efectos da fase de concurso

g) Que para os efectos dos servizos prestados como auxiliar administrativo no Concello do Barco de Valdeorras determina a data ou datas de inicio e finalización destes e correspondente departamento, servizo ou unidade no que se prestaron no Concello do Barco de Valdeorras.

h) Que desexa que se lle facilite o exame en (□galego / □castelán).

i) Que non lle afecta ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determina a lexislación vixente.

Por todo o exposto,

Solicita que se teña por presentada esta solicitude e sexa admitido ás probas selectivas para a selección en quenda de promoción interna dunha praza de persoal funcionario da escala de Administración xeral, subescala administrativa, incluída na oferta de emprego público do Concello do Barco de Valdeorras do ano 2026.

En, a de do 2026.

Asinado:

ALCALDE DO CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

Anexo II. Temario

1. O procedemento administrativo común das administracións públicas. Disposicións xerais. Os interesados no procedemento. A actividade das administracións públicas: normas xerais de actuación. Termos e prazos. Os actos administrativos: concepto, elementos, clases. Produción e contido. Forma, motivación. A eficacia dos actos. Nulidade e anulabilidade. Garantías do procedemento.

2. O procedemento administrativo común das administracións públicas. Iniciación. Ordenación. Instrución. Finalización e execución do procedemento administrativo común. A tramitación simplificada do procedemento administrativo común. A revisión de actos en vía administrativa: revisión de oficio. Recursos administrativos. O Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos.

3. Singularidades dos procedementos administrativos das entidades locais. Impugnación dos actos e acordos locais e exercicio de accións. Recursos administrativos e xurisdicionais contra os actos locais. Certificacións, comunicacións, notificacións e publicación dos acordos.

4. Clases de persoal ao servizo das administracións públicas. Adquisición e perda da relación de servizo. Réxime disciplinario. Situacións administrativas. Réxime de incompatibilidades. Dereitos e deberes do persoal. Xornada de traballo, permisos, licenzas e vacacións. Instrumentos de organización do persoal.

5. Os contratos do sector público: obxecto e ámbito de aplicación da Lei de contratos do sector público. Tipos de contratos do sector público. Órganos de contratación. Competencia e normas específicas de contratación pública nas entidades locais. Obxecto, orzamento base de licitación, valor estimado, prezo do contrato e a súa revisión. Preparación dos contratos das administracións públicas: expediente de contratación, prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas. Adxudicación dos contratos das administracións públicas. Prohibicións de contratar. Os contratos menores. Especialidades das entidades locais.

6. A responsabilidade patrimonial da administración pública: caracteres. Os orzamentos da responsabilidade. Danos resarcibles. Especialidades do procedemento administrativo en materia de responsabilidade. A responsabilidade das autoridades e persoal ao servizo das administracións públicas.

7. O exercicio da potestade sancionadora polas entidades locais.

8. Os bens das entidades locais. Normativa aplicable. Clases. Bens de dominio público. Bens patrimoniais. Bens comunais. Montes veciñais en man común. Inventario de bens. Utilización de bens de dominio público: réxime xeral das autorizacións e concesións demaniais.

9. A organización municipal. Réxime ordinario: órganos necesarios: alcalde, tenentes de alcalde, pleno e xunta de goberno local. Órganos complementarios. As competencias municipais. Organización e funcionamento dos órganos municipais necesarios. Réxime de sesións. Convocatorias, orde do día e certificacións.

10. O rexistro de documentos. Comunicacións e notificacións. A práctica das notificacións. O padrón de habitantes: concepto, normativa e instrucións técnicas vixentes sobre xestión do padrón do Instituto Nacional de Estatística e da Dirección Xeral de Cooperación Autonómica e Local. Utilización dos datos do padrón.

11. O orzamento xeral das entidades locais: concepto e contido, elaboración e aprobación. Especial referencia ás bases de execución do orzamento. A prórroga do orzamento. A estrutura orzamentaria. O crédito orzamentario. Modificacións de créditos: clases e tramitación. A liquidación do orzamento: contido e tramitación. A conta xeral das entidades locais: contido, formación, aprobación e rendición.

12. A execución do orzamento de gastos e de ingresos: as súas fases. Os pagos para xustificar. Os anticipos de caixa fixa. Os gastos de carácter plurianual. A tramitación anticipada de gastos. Os proxectos de gasto. Os gastos con financiamento afectado e as desviacións de financiamento.

13. A liquidación do orzamento. Tramitación. Os remanentes de crédito. O resultado orzamentario: concepto. O remanente de tesourería: concepto. A conta xeral das entidades locais: contido, formación, aprobación e rendición.

14. A tesourería das entidades locais. Réxime xurídico. O principio de unidade de caixa. Funcións da tesourería. Organización. Situación dos fondos: a caixa e as contas bancarias. A realización de pagamentos: prelación, procedementos e medios de pagamento.

15. Os recursos das facendas locais. Os tributos locais, taxas, prezos públicos e contribucións especiais. A participación nos tributos do Estado e das comunidades autónomas. As operacións de crédito. A revisión dos actos de xestión tributaria. A potestade regulamentaria das entidades locais en materia tributaria: as ordenanzas fiscais, contido e tramitación.

16. O imposto sobre bens inmobles. O imposto sobre actividades económicas. O imposto sobre vehículos de tracción mecánica. O imposto sobre construcións, instalacións e obras. O imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.

17. Actividade subvencional das entidades locais: normativa autonómica e estatal. Disposicións comúns ás subvencións. Concesións, órganos competentes, beneficiarios e procedementos de concesión.

18. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Transparencia da actividade pública.

19. Licenzas urbanísticas: concepto, procedemento de outorgamento de licenzas e caducidade. Protección da legalidade urbanística. Obras sen licenza. Obras non axustadas ás condicións da licenza. Licenzas ilegais. Infraccións e sancións urbanísticas.

20. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: disposicións xerais. Principios da protección de datos. Dereitos das persoas. Responsable e encargado do tratamento de datos.

21. Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes: obxecto e ámbito da lei. O principio de igualdade e a tutela contra a discriminación. Políticas públicas para a igualdade e contra a violencia de xénero. Políticas de igualdade de trato e non discriminación das persoas LGTBI. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: as condicións de emprego en igualdade na Administración pública galega.

22. Discapacidade. A definición de discapacidade segundo a Organización Mundial da Saúde. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: consideración de persoa con discapacidade e dereitos.

Segundo. Continuar co procedemento e publicar no BOP as presentes bases integramente no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e no taboleiro de anuncios deste Concello aloxado na súa sede electrónica na páxina web da rede de internet https://sede.concellodobarco.gal.

O Barco de Valdeorras, na data da sinatura electrónica. O alcalde.

Asdo.: Aurentino Alonso Araujo.

R. 2.423