I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Convocatoria dunha edición do Curso de procedementos e técnicas de traballos de obra en condicións especiais: alturas e espazos confinados (AF-43-2026)

Anuncio

Anuncio da convocatoria dunha edición do Curso de procedementos e técnicas de traballos de obra en condicións especiais: alturas e espazos confinados (AF-43-2026)

Publícase que, por Resolución da Presidencia do 05/10/2026 e núm. 2026/14689, se acordou o seguinte:

“A Deputación Provincial de Ourense deseña anualmente o seu Programa de formación continua de carácter agrupado, destinado a la realización de diversas accións formativas dirixidas ao persoal da Administración local da provincia.

No plan correspondente ao ano 2026 prevese, entre outras accións, a realización dunha edición do Curso de procedementos e técnicas de traballos de obra en condicións especiais: alturas e espazos confinados (AF-43-2026). A competencia para a convocatoria da dita acción correspóndelle á Presidencia, de conformidade co artigo 34.1 da Lei de bases de réxime local, e o seu exercicio atópase delegado na vicepresidenta primeira e deputada delegada de Recursos Humanos por Resolución do 3 de agosto de 2023 (BOP do 11 de agosto de 2023).

Polo exposto, dispoño:

Primeiro.- Aprobar as bases xerais da acción formativa que se relaciona a continuación, segundo a proposta formulada pola Sección de Formación da Deputación de Ourense que figura no expediente, e convocar o seguinte curso de formación continua:

Curso de procedementos e técnicas de traballos de obra en condicións especiais: alturas e espazos confinados (AF-43-2026)

Bases xerais:

Primeira.- Solicitudes de participación.

1.- O persoal que desexe participar neste curso de formación presentará cuberta, en todos os epígrafes que lle corresponda, a instancia segundo o modelo oficial de solicitude de inscrición publicada no anexo II.

2.- Todas as instancias deberán contar co correspondente informe, sobre a asistencia ao curso, do/a xefe/a do servizo ou departamento ao que pertenza o/a solicitante, para os efectos, entre outros, de confirmar a súa condición de traballador/a público/a local, e ir acompañadas da documentación complementaria que se establece na convocatoria.

3.- A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado e á imposibilidade de participar en ningunha outra actividade convocada pola Deputación de Ourense durante o prazo dun ano contado a partir da data da infracción.

4.- As solicitudes de participación deberán remitirse á Sección de Formación da Deputación Provincial, mediante a súa presentación electrónica no Rexistro Xeral de documentos da Deputación de Ourense, dispoñible na sede electrónica da Deputación (sede.depourense.gal), ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

5.- Non se admitirán as solicitudes de inscrición que non teñan cubertas todas as súas epígrafes de maneira correcta e lexible, ou ben que non conten coas sinaturas e selos requiridos.

6.- A presentación dunha solicitude supón a aceptación expresa das bases xerais e das normas específicas de participación e asistencia que rexen e regulan as diferentes actividades formativas da Deputación de Ourense.

Segunda.- Acceso ás actividades.

1.- Poderá participar nesta actividade o persoal da Administración local en activo ao que vai dirixido o curso como destinatario/a da acción formativa que cumpra os requisitos específicos esixidos na convocatoria.

2.- Daráselles preferencia para accederen ao curso aos/ás traballadores/as das entidades locais adheridas ao Programa de formación continua da Deputación de Ourense do ano 2026. Así mesmo, de xeito complementario poderá acceder ao curso, nas prazas vacantes, o persoal ao servizo da Administración estatal e autonómica.

Terceira.- Selección das persoas participantes.

1.- Os criterios que se aplicarán para a selección dos/das participantes son:

* A relación existente entre as funcións ou tarefas que realiza o/a solicitante no seu posto de traballo e a materia ou contidos obxecto do curso.

* A clase de persoal á que pertenza o/a solicitante, así como o seu grupo/categoría profesional, daráselle preferencia ao persoal fixo sobre o contratado.

* A data de ingreso do/da traballador/a na Administración pública, no acceso ao curso daráselle preferencia ao persoal de maior antigüidade.

2.- Cando dende un mesmo departamento ou servizo se remitan varias solicitudes, e sexa preciso realizar unha selección dos/das participantes, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes os responsables do persoal de cada departamento ou servizo deberán de informar por escrito, cando así se lles requira, sobre a priorización da admisión dos/as solicitantes.

3.- A lista de persoas seleccionadas será aprobada por resolución da Presidencia e exposta oficialmente na sede electrónica da Deputación de Ourense, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes; ao mesmo tempo, os/as peticionarios/as poderán obter información sobre a súa admisión chamando ao teléfono: 988 317 580.

4.- Desde a Deputación Provincial poderá comunicárselles telefonicamente ás persoas seleccionadas que foron admitidas, co fin de obter a confirmación sobre a súa participación na acción formativa. A renuncia dos/as participantes admitidos/as que non poidan efectuar o curso por diferentes motivos deberá formalizarse sempre por escrito.

5.- Os/as solicitantes admitidos/as que non comuniquen oficialmente que non van asistir como mínimo cun día de antelación ao inicio do curso, sen causa excepcional que o xustifique, ou que abandonen a actividade formativa sen xustificación, quedarán excluídos/as de participar en calquera outra actividade de formación durante o prazo dun ano dende esa data.

Cuarta.- Diplomas de aproveitamento.

1.- Outorgaráselles o correspondente diploma de aproveitamento aos/ás alumnos/as que participen con regularidade e bo aproveitamento no desenvolvemento do curso e que superen satisfactoriamente os diferentes módulos e as probas de avaliación do curso.

2.- É obrigatoria a asistencia e a puntualidade a todas as sesións presenciais do curso e a realización de todos os módulos e probas que integran o curso. Toda non asistencia á clase deberá ser debidamente xustificada polo/a interesado/a, sen exceder nunca o 15% das horas lectivas do curso. Unha non asistencia ás clases presenciais superior ao 15% da duración da acción formativa, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do diploma de aproveitamento correspondente.

Quinta.- Modificacións.

A Deputación de Ourense poderá variar, se fose preciso e a favor da eficacia da acción formativa, as características e mais os contidos do curso para adaptalos ás necesidades da Administración ou ás distintas continxencias que poidan xurdir, e buscará sempre as condicións óptimas para a realización da acción formativa.

Anexo I

Curso de procedementos e técnicas de traballos de obra en condicións especiais: alturas e espazos confinados

1.- Persoas destinatarias.

* Traballadores/as da Deputación de Ourense e doutras entidades locais que formen parte das brigadas das áreas de infraestruturas ou medio ambiente.

* Persoal de oficios da Administración local da provincia que desempeñe tarefas de mantemento e conservación, ou de reparación de edificios e instalacións municipais.

2.- Desenvolvemento.

2.1.- Modalidade da acción formativa: presencial.

2.2.- Duración: 30 horas lectivas.

2.3.- Data de realización: do 16 de outubro ao 13 de novembro de 2026.

2.4.- Sesións de clases: 16-23-30 de outubro e 6-13 de novembro de 2026.

2.5.- Horario das clases: de 8.00 a 14.30 horas.

2.6.- Lugar de realización do curso: aulas da Fundación Laboral da Construción (Polígono Industrial de Vilamarín). Vilamarín.

2.7.- Prazas: 15 participantes.

2.8.- Número de edicións: unha.

3.- Obxectivos.

* Dotar aos/as participantes dos coñecementos fundamentais sobre os requisitos regulamentarios, aspectos técnicos, a tipoloxía de equipos de traballo e medios de protección (colectivos e individuais), así como os procedementos e condicións de utilización segura, que permita planificar e abordar, cos niveis de seguridade adecuados, os traballos temporais en altura que levan a cabo de maneira máis frecuente nas obras.

* Dotar aos traballadores/as dos coñecementos teórico e prácticos básicos sobre os procedementos e normas de seguridade a seguir na realización de traballos en espazos confinados.

* Adquirir os coñecementos necesarios para a aplicación de técnicas de prevención e extinción de incendios utilizando medios de protección activa habituais (extintores, BIE).

* Adquirir as habilidades necesarias para, no caso de accidente, poder socorrer á vítima ata a derivación do accidentado a un centro especializado ou en espera da chegada dos servizos de atención sanitaria especializada.

4.- Programa.

4.1. Seguridade nos traballos temporais en altura: requisitos, equipos e técnicas fundamentais.

4.1.1. Introdución. Requisitos regulamentarios e conceptos fundamentais para o desenvolvemento de traballos temporais en altura.

4.1.2. Medios de protección colectiva contra caídas en altura: descrición, requisitos técnicos e condicións de utilización segura.

4.1.3. Equipos de protección individual para previr as caídas en altura: descrición, requisitos técnicos, e condicións seguras de utilización.

4.1.4 . Actuación en caso de emerxencia e evacuación.

4.2 . Procedementos e técnicas en espazos confinados.

4.2.1. Contidos teóricos.

4.2.1.1. Tipos de espazos confinados e as súas diferentes técnicas de traballo.

4.2.1.2. Identificación dos riscos e medidas preventivas nos traballos en espazos confinados.

4.2.1.3. Equipos de detección de gases.

4.2.1.4. Equipos de respiración autónomos e semiautónomos.

4.2.1.5. Procedemento de traballo en espazos confinade vos.

4.2.1.6. Técnicas de ascenso e descenso.

4.2.1.7. Equipos de protección individual (EPI). Conservación e mantemento.

4.2.1.8. Introdución ás técnicas de rescate e operacións de salvamento en caso de accidente en espazos confinados.

4.2.1.9. Uso de trípode.

4.2.2. Contidos prácticos.

4.2.2.1. Análise e toma de datos de procedementos de traballo específicos.

4.2.2.2. Utilización de detectores (mínimo de catro vías).

4.2.2.3. Procedementos de rescate e evacuación, así como de primeiros auxilios.

4.2.2.4. Utilización de equipos de salvamento.

4.2.2.5. Uso de ventiladores e extractores.

4.2.2.6. Sistemas de comunicación entre interior e exterior con instrucións detalladas sobre a súa utilización.

4.2.2.7. Uso de equipos para a loita contra o lume.

4.3. Extinción de incendios.

4.3.1. Plan de evacuación.

4.3.2. Física e química do lume.

4.3.3. Creación e propagación do lume.

4.3.4. Extintores e bocas de incendio equipadas (BIE).

4.3.5. Métodos de detección e extinción.

4.4. Primeiros auxilios.

4.4.1. Principios básicos e normas de actuación en primeiros auxilios.

4.4.2. Recoñecemento de signos vitais e reanimación.

4.4.3. Alteracións da consciencia.

4.4.4. Método PAS.

4.4.5. Obstrución da vía aérea.

4.4.6 Lesións.

4.4.7. Caixas de primeiros auxilios.

5.- Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o martes 13 de outubro de 2026.

Segundo.- Ordenar a publicación no BOP e na sede electrónica da presente convocatoria, bases e anexos.”

Publícase isto, informando ás persoas interesadas de que contra o dito acto poderán interpoñer un recurso de reposición, previo ao contencioso-administrativo, ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes, ou, alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso-administrativo ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 de la Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa), no prazo de dous meses. En ningún caso poderán compaxinarse ambos os dous recursos.

Os prazos computaranse de data a data a partir do día seguinte ao de recepción desta notificación, vencendo no día equivalente do mes natural seguinte ou, de non existir este, no último día do dito mes. No caso de que o día de vencemento sexa inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Durante o mes de agosto non correrá o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo, salvo para o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais no que o mes de agosto terá carácter de hábil.

En todo caso, poderá interpoñer calquera outro recurso ou acción administrativa ou xudicial que estime procedente.

Ourense, 6 de outubro de 2026. A vicepresidenta. Deputada delegada de Recursos Humanos. PD: Decreto 03/08/2023 (BOP n.º 184, 11/08/2023).

Asdo.: Marta Nóvoa Iglesias.

(Ver solicitude páx. seguinte)

R. 2.417