IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE RIBADAVIA

Nomeamento de funcionarios de carreira.

Para os efectos oportunos, publícase que o alcalde, con data 5 de outubro de 2026, ditou a Resolución da Alcaldía do seguinte teor:

Expediente: 705/2026. Asunto: nomeamento de funcionario de carreira.

Logo de ver a proposta de nomeamento do Tribunal Cualificador en relación coas probas de selección para prover en réxime de propiedade das seguintes prazas:

- Unha praza de administrativo/a de Administración xeral.

- Unha praza de administrativo/a adxunto a Intervención.

- Unha praza de administrativo/a de Recadación.

Tendo en conta que dentro do prazo conferido para o efecto os aspirantes con maior puntuación propostos polo tribunal que xulgou as probas selectivas para prover en réxime de propiedade as prazas de administrativo/a de Administración xeral, administrativo adxunto a Intervención e administrativo de Recadación, presentaron a documentación requirida para o nomeamento como funcionarios/as de carreira de acordo coas bases da convocatoria do proceso selectivo para cubrir as ditas prazas, aprobadas por Resolución da Alcaldía, de data 16 de xuño de 2026, que rexeron o procedemento.

De conformidade co artigo 21.1.h) da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local; o artigo 136 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, e o artigo 7 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local, resolvo:

Primeiro. Efectuar o nomeamento de funcionario de carreira para as prazas que de seguido se relacionan:

Administrativo de Administración xeral: a Noel Pérez Fernández, con DNI número ***748L, para a devandita praza, integrada no grupo C, subgrupo C1, complemento especifico anual (segundo RPT).

Administrativo adxunto a Intervención: a Daniel Blanco Rodríguez, con DNI número ***630N, para a devandita praza, integrada no grupo C, subgrupo C1, complemento especifico anual (segundo RPT).

Administrativo de Recadación: a Luis Pérez Díaz, con DNI número ***137B, para a devandita praza, integrada no grupo C, subgrupo C1, complemento especifico anual (segundo RPT).

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderá interpoñer, alternativamente, ou recurso de reposición potestativo (no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia ante o alcalde do Concello, artigos 123 e 124 da Lei 39/2015), ou o recurso xudicial ante os Xulgados do Contencioso-Administrativo de Ourense (no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da Resolución, artigo 46 da Lei 29/1998).

Ribadavia, 7 de outubro de 2026. O alcalde.

Asdo.: César Manuel Fernández Gil.

R. 2.415