I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Nomeamento en propiedade no cadro de persoal desta Deputación a José Manuel Freijedo Ledo e Mª del Carmen Castro Taboada, como técnicos/as auxiliares en medio ambiente.

Para os efectos oportunos publícase que o presidente, con data de 1 de outubro de 2026, ditou o seguinte decreto:

“Unha vez tramitado o expediente para a provisión de (2) prazas de técnico/a auxiliar en medio ambiente, prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2024 da Deputación de Ourense, funcionario/a, correspondentes ás prazas da taxa xeral do 120% de reposición de efectivos, subgrupo C1, oposición libre, segundo as bases aprobadas por Resolución da Presidencia do 17 de xuño de 2025 e publicadas no BOP do día 4 de xullo de 2025, realizándose a citada oposición de conformidade co anuncio publicado na sede electrónica e na páxina web da Deputación Provincial de Ourense.

Unha vez visto que con data 27 de xullo de 2026, Andrés Bobe Gómez presentou no Rexistro Xeral da Deputación de Ourense, escrito de renuncia á proposta de nomeamento realizada polo tribunal de data 2 de xullo de 2026.

Unha vez visto o escrito de renuncia de Andrés Bobe Gómez, comunicámoslle á seguinte aspirante da proposta do tribunal, María del Carmen Castro Taboada, que presentase a documentación xustificativa para ser nomeada.

En consecuencia, e unha vez que presentou a documentación en tempo e forma, procede nomear na praza de técnica auxiliar en medio ambiente a María del Carmen Castro Taboada.

Polo exposto, DISPOÑO:

1.- Prestar conformidade á proposta formulada polo Tribunal cualificador e nomear en propiedade no cadro de persoal desta Deputación a José Manuel Freijedo Ledo e Mª del Carmen Castro Taboada, como técnicos/as auxiliares en medio ambiente.

2.- Ordenar a publicación no Boletín oficial da Provincia da presente resolución tendo en conta que os/as aspirantes nomeados deberán tomar posesión no prazo máximo dun mes contado a partir da devandita publicación, perdendo a condición de persoal funcionario e todos os dereitos adquiridos en virtude do nomeamento cando, sen causa xustificada, non o fixesen dentro do prazo sinalado.”

Contra esta resolución poderá interpoñer un recurso de reposición, previo ao contencioso-administrativo ante esta Presidencia, no prazo dun mes, ou alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso-administrativo ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa), no prazo de dous meses. En ningún caso poderán compaxinarse ambos recursos.

Os prazos computaranse de data a data a partir do día seguinte ao da publicación. No caso de que o día de vencemento sexa inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Ourense, 1 de outubro de 2026. O presidente.

Asdo.: Luis Menor Pérez.

R. 2.410