I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Nomeamento en propiedade no cadro laboral fixo desta Deputación a Diego Souto Fernández, Iván Bernárdez Parada, David Maquieira Boga, José Manuel Campos Silvares e Jorge Luis Fernández Salgado, como choferes especialistas.

Para os efectos oportunos, publícase que o presidente, o día 1 de outubro de 2026, ditou o seguinte decreto:

“Unha vez tramitado o expediente para a provisión de cinco (5) prazas de choferes especialistas, prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2024 da Deputación de Ourense, persoal laboral fixo, correspondentes ás prazas da taxa xeral do 120% de reposición de efectivos, subgrupo C2, concurso-oposición libre, segundo as bases aprobadas por Resolución da Presidencia do 17 de xuño de 2025 e publicadas no BOP do día 4 de xullo de 2025, realizouse o citado concurso-oposición de conformidade co anuncio publicado na sede electrónica e na páxina web da Deputación Provincial de Ourense.

Polo exposto, DISPOÑO:

1. Prestar conformidade á proposta formulada polo Tribunal cualificador e nomear en propiedade no cadro laboral fixo desta Deputación a Diego Souto Fernández, Iván Bernárdez Parada, David Maquieira Boga, José Manuel Campos Silvares e Jorge Luis Fernández Salgado, como choferes especialistas.

2. Ordenar a publicación no Boletín Oficial da Provincia da presente resolución tendo en conta que os aspirantes nomeados deberán tomar posesión no prazo máximo dun mes contado a partir da devandita publicación, perdendo a condición de persoal laboral fixo e todos os dereitos adquiridos en virtude do nomeamento cando, sen causa xustificada, non o fixesen dentro do prazo sinalado.”

Contra esta resolución poderá interpoñer un recurso de reposición, previo ao contencioso-administrativo ante esta Presidencia, no prazo dun mes, ou alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso-administrativo ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa), no prazo de dous meses. En ningún caso poderán compaxinarse ambos os recursos.

Os prazos computaranse de data a data a partir do día seguinte ao da publicación. No caso de que o día de vencemento sexa inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Ourense, 1 de outubro de 2026. O presidente.

Asdo.: Luis Menor Pérez.

R. 2.404