I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Nomeamento en propiedade no cadro laboral fixo desta Deputación a Juan José Fernández Fernández como axudante de obras e servizos.

Para os efectos oportunos, publícase que o presidente, o día 1 de outubro de 2026, ditou o seguinte decreto:

“Unha vez tramitado o expediente para a provisión dunha (1) praza de axudante/a de obras e servizos, praza incluída na oferta de emprego público do ano 2024 da Deputación de Ourense, persoal laboral fixo, correspondente ás prazas de promoción interna, subgrupo C2, concurso-oposición, segundo as bases aprobadas por Resolución da Presidencia do 17 de xuño de 2025 e publicadas no BOP do día 4 de xullo de 2025, realizouse o citado concurso-oposición de conformidade co anuncio publicado na sede electrónica e na páxina web da Deputación Provincial de Ourense.

Polo exposto, DISPOÑO:

1. Prestar conformidade á proposta formulada polo Tribunal cualificador e nomear en propiedade no cadro laboral fixo desta Deputación a Juan José Fernández Fernández como axudante de obras e servizos.

2. Ordenar a publicación no Boletín Oficial da Provincia da presente resolución tendo en conta que o aspirante nomeado deberá tomar posesión no prazo máximo dun mes contado a partir da devandita publicación, perdendo a condición de persoal laboral fixo e todos os dereitos adquiridos en virtude do nomeamento cando, sen causa xustificada, non o fixese dentro do prazo sinalado.”

Contra esta resolución poderá interpoñer un recurso de reposición, previo ao contencioso-administrativo ante esta Presidencia, no prazo dun mes, ou alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso-administrativo ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa), no prazo de dous meses. En ningún caso poderán compaxinarse ambos os recursos.

Os prazos computaranse de data a data a partir do día seguinte ao da publicación. No caso de que o día de vencemento sexa inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Ourense, 1 de outubro de 2026. O presidente.

Asdo.: Luis Menor Pérez.

R. 2.387