I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Convocatoria dunha edición do “Curso de procedementos e técnicas de traballos con seguridade -PRL específicos- nas obras en espazos confinados” (AF-43.1-2026).

Anuncio

Anuncio da convocatoria dunha edición do “Curso de procedementos e técnicas de traballos con seguridade -PRL específicos- nas obras en espazos confinados” (AF-43.1-2026)

Publícase que, por Resolución da Presidencia do 02/10/2026 e núm. 2026/14587, se acordou o seguinte:

“A Deputación Provincial de Ourense deseña anualmente o seu Programa de formación continua de carácter agrupado, destinado á realización de diversas accións formativas dirixidas ao persoal da Administración local da provincia.

No plan correspondente ao ano 2026 prevese, entre outras accións, a realización dunha edición do Curso de procedementos e técnicas de traballos con seguridade -PRL específicos- nas obras en espazos confinados (AF-43.1-2026). A competencia para a convocatoria da dita acción correspóndelle á Presidencia, de conformidade co artigo 34.1 da Lei de bases de réxime local, e o seu exercicio atópase delegado na vicepresidenta primeira e deputada delegada de Recursos Humanos por Resolución do 3 de agosto de 2023 (BOP do 11 de agosto de 2023).

Polo exposto, dispoño:

Primeiro.- Aprobar as bases xerais da acción formativa que se relaciona a continuación, segundo a proposta formulada pola Sección de Formación da Deputación de Ourense que figura no expediente, e convocar o seguinte curso de formación continua:

Curso de procedementos e técnicas de traballos con seguridade -PRL específicos- nas obras en espazos confinados (AF-43.1-2026)

Bases xerais:

Primeira.- Solicitudes de participación.

1.- O persoal que desexe participar neste curso de formación presentará cuberta, en todos os epígrafes que lle corresponda, a instancia segundo o modelo oficial de solicitude de inscrición publicada no anexo II.

2.- Todas as instancias deberán contar co correspondente informe, sobre a asistencia ao curso, do/a xefe/a do servizo ou departamento ao que pertenza o/a solicitante, para os efectos, entre outros, de confirmar a súa condición de traballador/a público/a local, e ir acompañadas da documentación complementaria que se establece na convocatoria.

3.- A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado e á imposibilidade de participar en ningunha outra actividade convocada pola Deputación de Ourense durante o prazo dun ano contado a partir da data da infracción.

4.- As solicitudes de participación deberán remitirse á Sección de Formación da Deputación Provincial, mediante a súa presentación electrónica no rexistro xeral de documentos da Deputación de Ourense, dispoñible na sede electrónica da Deputación (sede.depourense.gal), ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

5.- Non se admitirán as solicitudes de inscrición que non teñan cubertas todas as súas epígrafes de maneira correcta e lexible, ou ben que non conten coas sinaturas e selo requiridos.

6.- A presentación dunha solicitude supón a aceptación expresa das bases xerais e das normas específicas de participación e asistencia que rexen e regulan as diferentes actividades formativas da Deputación de Ourense.

Segunda.- Acceso ás actividades.

1.- Poderá participar nesta actividade o persoal da Administración local en activo ao que vai dirixido o curso como destinatario/a da acción formativa que cumpra os requisitos específicos esixidos na convocatoria.

2.- Daráselles preferencia para accederen ao curso aos/ás traballadores/as das entidades locais adheridas ao Programa de formación continua da Deputación de Ourense do ano 2026. Así mesmo, de xeito complementario poderá acceder ao curso, nas prazas vacantes, o persoal ao servizo da Administración estatal e autonómica.

Terceira.- Selección das persoas participantes.

1.- Os criterios que se aplicarán para a selección dos/das participantes son:

* A relación existente entre as funcións ou tarefas que realiza o/a solicitante no seu posto de traballo e a materia ou contidos obxecto do curso.

* A clase de persoal á que pertenza o/a solicitante, así como o seu grupo/categoría profesional, daráselle preferencia ao persoal fixo sobre o contratado.

* A data de ingreso do/a traballador/a na Administración pública, no acceso ao curso daráselle preferencia ao persoal de maior antigüidade.

2.- Cando dende un mesmo departamento ou servizo se remitan varias solicitudes, e sexa preciso realizar unha selección dos/das participantes, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes os responsables do persoal de cada departamento ou servizo deberán de informar por escrito, cando así se lles requira, sobre a priorización da admisión dos/das solicitantes.

3.- A lista de persoas seleccionadas será aprobada por resolución da Presidencia e exposta oficialmente na sede electrónica da Deputación de Ourense, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes; ao mesmo tempo, os/as peticionarios/as poderán obter información sobre a súa admisión chamando ao teléfono: 988 317 580.

4.- Desde a Deputación Provincial poderá comunicárselles telefonicamente ás persoas seleccionadas que foron admitidas, co fin de obter a confirmación sobre a súa participación na acción formativa. A renuncia dos/as participantes admitidos/as que non poidan efectuar o curso por diferentes motivos deberá formalizarse sempre por escrito.

5.- Os/as solicitantes admitidos/as que non comuniquen oficialmente que non van a asistir como mínimo cun día de antelación ao inicio do curso, sen causa excepcional que o xustifique, ou que abandonen a actividade formativa sen xustificación, quedarán excluídos/as de participar en calquera outra actividade de formación durante o prazo dun ano dende esa data.

Cuarta.- Certificacións de asistencia.

1.- Outorgaráselles o correspondente certificado de asistencia aos/ás alumnos/as que participen con regularidade e bo aproveitamento no desenvolvemento do curso e que superen satisfactoriamente os diferentes módulos do curso.

2.- É obrigatoria a asistencia e a puntualidade a todas as sesións presenciais do curso e a realización de todos os módulos que integran o curso. Toda non asistencia á clase deberá ser debidamente xustificada polo/a interesado/a, sen exceder nunca o 15% das horas lectivas do curso. Unha non asistencia ás clases presenciais superior ao 15% da duración da acción formativa, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do certificado de asistencia correspondente.

Quinta.- Modificacións.

A Deputación de Ourense poderá variar, se fose preciso e a favor da eficacia da acción formativa, as características e mais os contidos do curso para adaptalos ás necesidades da Administración ou ás distintas continxencias que poidan xurdir, e buscará sempre as condicións óptimas para a realización da acción formativa.

Anexo I

Curso de procedementos e técnicas de traballos con seguridade -PRL específicos- nas obras en espazos confinados

1.- Persoas destinatarias.

* Persoal da Deputación de Ourense e doutras entidades locais que formen parte das brigadas das áreas de infraestruturas ou de medio ambiente.

* Traballadores do Consorcio de Augas de Valdeorras da Deputación de Ourense.

* Persoal de oficios da Administración local da provincia que desempeñe tarefas de mantemento e conservación, ou de reparación de edificios e instalacións municipais.

2.- Desenvolvemento.

2.1.- Modalidade da acción formativa: presencial.

2.2.- Duración: 6 horas lectivas.

2.3.- Data de realización: 15 de outubro de 2026.

2.4.- Horario das clases: de 8.00 a 14.30 horas.

2.5.- Lugar de realización do curso: Parque Comarcal de Bombeiros de Valdeorras. A Rúa.

2.6.- Prazas: 15 participantes.

2.7.- Número de edicións: unha.

3.- Obxectivos.

* Preparar aos traballadores/as para acceder de maneira segura aos espazos confinados, co obxectivo de reducir os accidentes laborais e as secuelas derivadas destas actividades.

* Sensibilizar e formar ao persoal nos riscos potenciais que implica o traballo en espazos confinados, as medidas de prevención adecuadas e os equipos de protección necesarios, colectivos e individuais.

* Lograr que cada traballador/a comprenda a importancia do traballo en equipo, cando se executan estas tarefas e saiban definir obxectivamente as responsabilidades e competencias para traballar en espazos confinados.

* Desenvolver unha serie de prácticas encamiñadas a comprobar os diferentes métodos de evacuación de accidentados nestes espazos de traballo.

4.- Programa.

4.1. Lexislación e normativa aplicable dos espazos confinados.

4.2. Definición e descrición dos espazos confinados.

4.3. Categorías e identificación dos espazos confinados.

4.4. Gases existentes nun espazo confinado. O seu orixe.

4.5. Riscos específicos dun espazo confinado.

4.5.1. Atmosferas con deficiencia de osíxeno.

4.5.2. Atmosferas con gases combustibles.

4.5.3. Atmosferas con gases tóxicos.

4.6. Aparellos de detección de gases.

4.7. Ventilación dos espazos confinados. Tipos de ventilación e riscos asociados.

4.8. Outros riscos:

4.8.1. Caídas a distinto nivel.

4.8.2. Relacionados co sostemento e afundimentos.

4.8.3. Relacionados coa electricidade.

4.9. Medidas preventivas.

4.10. Equipos de protección individual. Equipos de respiración autónoma.

4.11. O permiso de entrada ao espazo confinado.

4.12. Precaucións antes da entrada nun espazo confinado.

4.13. Control exterior de espazo confinado.

4.14. Procedementos de traballo e recomendacións de seguridade para traballos en espazos confinados.

4.15. Situacións, actuación e auto-rescate en caso de emerxencia.

4.16. Utilización de EPI’s.

4.17. Exercicios con equipos de respiración autónoma. Marxes de seguridade.

4.18. Metodoloxía de entrada e saída.

4.19. Uso e interpretación dos detectores de gases: marxes de seguridade.

4.20. Acompañamento con corda en acceso a espazos confinados por escaleira e escala vertical.

4.21. Rescate e evacuación de operario inconsciente en espazo confinado con acceso por escaleira e escala vertical.

4.22. Rescate e evacuación de operario inconsciente sen estar unido por corda ao exterior.

5.- Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o martes 13 de outubro do 2026.

Segundo.- Ordenar a publicación no BOP e na sede electrónica da presente convocatoria, bases e anexos”.

Publícase isto, informando ás persoas interesadas de que contra o dito acto poderán interpoñer un recurso de reposición, previo ao contencioso-administrativo, ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes, ou, alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso-administrativo ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 de la Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa), no prazo de dous meses. En ningún caso poderán compaxinarse ambos os dous recursos.

Os prazos computaranse de data a data a partir do día seguinte ao de recepción desta notificación, vencendo no día equivalente do mes natural seguinte ou, de non existir este, no último día do dito mes. No caso de que o día de vencemento sexa inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Durante o mes de agosto non correrá o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo, salvo para o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais no que o mes de agosto terá carácter de hábil.

En todo caso, poderá interpoñer calquera outro recurso ou acción administrativa ou xudicial que estime procedente.

Ourense, 5 de outubro de 2026. A vicepresidenta, deputada delegada de Recursos Humanos. PD: Decreto 03/08/2023 (BOP n.º 184, 11/08/2023).

Asdo.: Marta Nóvoa Iglesias.

(Ver solicitude páx. seguinte)

R. 2.380