IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

Nomeamento do instrutor de expedientes sancionadores en materia de tráfico

Para os efectos oportunos, publícase que por Decreto da Alcaldía do 02.10.2026, nomeouse instrutor dos expedientes sancionadores en materia de tráfico. O citado Decreto é do seguinte teor literal:

“(...) Decreto da Alcaldía nomeamento instrutor expedientes sancionadores en materia de tráfico

Unha vez visto o Decreto da Alcaldía de nomeamento de instrutor temporal de expedientes sancionadores en materia de tráfico, do 26.08.2026, do seguinte teor literal:

Logo de ver o Decreto da Alcaldía do 04.04.2024 do seguinte teor literal:

Decreto da Alcaldía

De conformidade co disposto no artigo 27 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia.

Unha vez visto que polo decreto do 4 de abril de 2024 nomeouse funcionario de carreira, na escala executiva, categoría de inspector do corpo de Policía Local de Xinzo de Limia a José Manuel Estévez Franco e que no mesmo día efectuouse a toma de posesión do posto.

Logo de ver que o vixente anexo de persoal vixente no Concello recolle unha única praza de inspector de policía local, que é a de máis alta categoría do corpo, e que ademais, no propio anexo de persoal esta praza figura coa denominación inspector xefe.

RESOLVO:

1. Nomear como xefe da Policía Local, ao inspector de policía local de Xinzo de Limia José Manuel Estévez Franco, quen, tamén, asumirá a instrución dos expedientes sancionadores en materia de tráfico.

2. Comuníquese este decreto ao interesado, ao Rexistro de Policías Locais de Galicia e á empresa Vialine Gestion SLU e ITM Instalaciones e Mantenimiento de Comuniciones SLU, aos departamentos municipais de Facenda e Persoal e á Asesoría do Concello.

3. Dar conta da presente resolución na próxima sesión do Pleno.

Ante a ausencia temporal do instructor dos expedientes sancionadores en materia de tráfico, o inspector de policía local José Manuel Estévez Franco.

RESOLVO:

1. Indicar que o policía local Manuel José Gándara Rodríguez asumirá de xeito temporal a instrución dos expedientes sancionadores en materia de tráfico, dende o día 26.08.2026 ata a reincorporación do inspector de policía local José Manuel Estévez Franco.

2. Publicar o presente nomeamento no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

3. Comuníquese este decreto ao funcionario nomeado instrutor de xeito temporal, a José Manuel Estévez Franco, á empresa Vialine Gestión SLU e ITM Instalaciones e Mantenimiento de Comuniciones SLU, ao concelleiro de Tráfico, aos departamentos municipais de Facenda e Persoal.

4. Dar conta da presente resolución na próxima sesión do Pleno.

Tras a reincorporación do xefe da Policía Local de Xinzo de Limia, José Manuel Estévez Franco,

RESOLVO:

1. Indicar que a instrución dos expedientes sancionadores en materia de tráfico corresponde a José Manuel Estévez Franco, xefe de Policía Local, dende o día 2 de outubro de 2026 incluído.

2. Publicar o presente nomeamento no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

3. Comuníquese este decreto ao policía local Manuel José Gándara Rodríguez, a José Manuel Estévez Franco, á empresa Vialine Gestion SLU e ITM Instalaciones e Mantenimiento de Comuniciones SLU, ao concelleiro de Tráfico, aos departamentos Municipais de Facenda e Persoal.

4. Dar conta da presente resolución na próxima sesión do Pleno. (...)”

Recursos: Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, pode interpor alternativamente un recurso de reposición potestativo ante o alcalde deste concello, no prazo dun mes, que contará desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben interpor directamente un recurso contencioso-administrativo ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Ourense, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Se optase por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que aquel se resolva expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo elo sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que estimen máis procedente e sexa conforme a dereito.

O alcalde. Asdo.: Amador Díaz Penín.

Documento asinado electronicamente.

R. 2.364