III. COMUNIDADE AUTÓNOMA

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PúBLICA

Resolución pola que se anuncia a convocatoria do proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector.

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Resolución, do 2 de setembro de 2026, da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se anuncia a convocatoria do proceso selectivo de acceso por promoción interna (código de procedemento PR461F) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461J) nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector.

No “Diario Oficial de Galicia” número 158, do 21 de agosto de 2026, publicouse a Orde, do 11 de agosto de 2026, pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo de acceso por promoción interna (código de procedemento PR461F) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461J) nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector.

No “Diario Oficial de Galicia” número 166, do 2 de setembro de 2026, publicouse a Orde pola que se modificou o obxecto da convocatoria da Orde do 11 de agosto de 2026 referida no parágrafo anterior, engadindo unha praza máis no Concello de Santiago de Compostela polo sistema de promoción interna.

A vista da convocatoria e da súa modificación, o número e características das prazas convocadas quedan establecidas como se indica a continuación:

Concello

Promoción interna

Mobilidade

Vigo

3

1

Santiago de Compostela

3

Ferrol

2

Vilagarcía de Arousa

1

Teo

1

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio da referida Orde de convocatoria e da Orde da súa modificación no “Boletín Oficial do Estado”.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos de conformidade coas bases desta.

A Estrada, 2 de setembro de 2026. O director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.

Asdo.: Santiago Villanueva Álvarez.

Insírase.

A secretaria xeral de Presidencia. Asdo.: Beatriz Cuiña Barja.

R. 2.327