I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Convocatoria dunha edición do Curso de elaboración de documentos administrativos con linguaxe sinxela para a comunicación eficiente coa cidadanía dende a Administración Local (AF-71-2026)

Convocatoria dunha edición do Curso de elaboración de documentos administrativos con linguaxe sinxela para a comunicación eficiente coa cidadanía dende a Administración Local. (AF-71-2026)

Publícase que, por resolución da Presidencia do 24.09.2026 e núm. 2026/14120, se acordou o seguinte:

“A Deputación Provincial de Ourense deseña anualmente o seu Programa de formación continua de carácter agrupado, destinado a realizar de diversas accións formativas dirixidas ao persoal da Administración local da provincia.

No plan correspondente ao ano 2026 prevese, entre outras accións, a realización dunha edición do Curso de elaboración de documentos administrativos con linguaxe sinxela para a comunicación eficiente coa cidadanía dende a Administración Local (AF-71-2026). A competencia para a convocatoria da dita acción correspóndelle á Presidencia, de conformidade co artigo 34.1 da Lei de bases de réxime local, e o seu exercicio atópase delegado na vicepresidenta primeira e deputada delegada de Recursos Humanos por Resolución do 3 de agosto de 2023 (BOP do 11 de agosto de 2023).

Polo exposto, dispoño:

Primeiro. Aprobar as bases xerais da acción formativa que se relaciona a continuación, segundo a proposta formulada pola Sección de Formación da Deputación de Ourense que figura no expediente, e convocar o seguinte curso de formación continua:

Curso de elaboración de documentos administrativos con linguaxe sinxela para a comunicación eficiente coa cidadanía dende a Administración Local. (AF-71-2026)

Bases xerais:

Primeira. Solicitudes de participación.

1. O persoal que desexe participar neste curso de formación presentará cuberta, en todas as epígrafes que lle corresponda, a instancia segundo o modelo oficial de solicitude de inscrición publicada no anexo II.

2. Todas as instancias deberán contar co correspondente informe, sobre a asistencia ao curso, do/a xefe/a do servizo ou departamento ao que pertenza o/a solicitante, para os efectos, entre outros, de confirmar a súa condición de traballador/a público/a local, e ir acompañadas da documentación complementaria que se establece na convocatoria.

3. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado e á imposibilidade de participar en ningunha outra actividade convocada pola Deputación de Ourense durante o prazo dun ano contado a partir da data da infracción.

4. As solicitudes de participación deberán remitirse á Sección de Formación da Deputación Provincial, mediante a súa presentación electrónica no Rexistro Xeral de documentos da Deputación de Ourense, dispoñible na sede electrónica da Deputación (sede.depourense.gal), ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

5. Non se admitirán as solicitudes de inscrición que non teñan cubertas todas as súas epígrafes de maneira correcta e lexible, ou ben que non conten coas sinaturas e selo requiridos.

6. A presentación dunha solicitude supón a aceptación expresa das bases xerais e das normas específicas de participación e asistencia que rexen e regulan as diferentes actividades formativas da Deputación de Ourense.

Segunda. Acceso ás actividades.

1. Poderá participar nesta actividade o persoal da Administración local en activo ao que vai dirixido o curso como destinatario/a da acción formativa que cumpra os requisitos específicos esixidos na convocatoria.

2. Daráselles preferencia para accederen ao curso aos/ás traballadores/as das entidades locais adheridas ao Programa de formación continua da Deputación de Ourense do ano 2026. Así mesmo, de xeito complementario poderá acceder ao curso, nas prazas vacantes, o persoal ao servizo da Administración estatal e autonómica.

Terceira. Selección das persoas participantes.

1. Os criterios que se aplicarán para a selección dos/das participantes son:

* A relación existente entre as funcións ou tarefas que realiza o/a solicitante no seu posto de traballo e a materia ou contidos obxecto do curso.

* A clase de persoal á que pertenza o/a solicitante, así como o seu grupo/categoría profesional, daráselle preferencia ao persoal fixo sobre o contratado.

* A data de ingreso do/da traballador/a na Administración pública, no acceso ao curso daráselle preferencia ao persoal de maior antigüidade.

2. Cando dende un mesmo departamento ou servizo se remitan varias solicitudes, e sexa preciso realizar unha selección dos/das participantes, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes os responsables do persoal de cada departamento ou servizo deberán de informar por escrito, cando así se lles requira, sobre a priorización da admisión dos/das solicitantes.

3. A lista de persoas seleccionadas será aprobada por resolución da Presidencia e exposta oficialmente na sede electrónica da Deputación de Ourense, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes; ao mesmo tempo, os/as peticionarios/as poderán obter información sobre a súa admisión chamando ao teléfono: 988 317 580.

4. Dende a Deputación Provincial poderá comunicárselles telefonicamente ás persoas seleccionadas que foron admitidas, co fin de obter a confirmación sobre a súa participación na acción formativa. A renuncia dos/das participantes admitidos/as que non poidan efectuar o curso por diferentes motivos deberá formalizarse sempre por escrito.

5. Os/as solicitantes admitidos/as que non comuniquen oficialmente que no van a asistir como mínimo cun día de antelación ao inicio do curso, sen causa excepcional que o xustifique, ou que abandonen a actividade formativa sen xustificación, quedarán excluídos/as de participar en calquera outra actividade de formación durante o prazo dun ano dende esa data.

Cuarta. Diplomas de aproveitamento.

1. Outorgaráselle o correspondente diploma ao alumnado que participe con regularidade e bo aproveitamento no desenvolvemento do curso e que supere satisfactoriamente os diferentes módulos e as probas de avaliación do curso.

2. É obrigatoria a realización nos prazos establecidos de todos os módulos e probas que integran o curso, así como a participación nas sesións de formación telepresencial. Non realizar algún módulo do curso ou as preceptivas probas de avaliación, así como non asistir a un 15% das sesións de formación telepresencial impedirá a obtención do diploma de aproveitamento correspondente.

Quinta. Modificacións.

A Deputación de Ourense poderá variar, se fose preciso e a favor da eficacia da acción formativa, as características e mais os contidos do curso para adaptalos ás necesidades da Administración ou ás distintas continxencias que poidan xurdir, e buscará sempre as condicións óptimas para a realizar da acción formativa.

Anexo I

Curso de elaboración de documentos administrativos con linguaxe sinxela para a comunicación eficiente coa cidadanía dende a Administración Local. (AF-71-2026)

1. Persoas destinatarias.

* Traballadores/as da Administración Local, que interveñan na tramitación de expedientes administrativos ou na elaboración dos seus documentos.

* Persoal técnico e administrativo, en xeral, das corporacións locais que realice no seu traballo tarefas de xestión administrativa.

2. Desenvolvemento.

2.1. Modalidade da acción formativa: Mixta (en liña e telepresencial).

2.2. Duración: 25 horas (20 horas en liña e 5 horas telepresenciais).

2.3. Datas de realización: do 9 de outubro ao 10 de novembro de 2026.

2.4. Datas das sesións telepresenciais: días 12 de outubro e 9 de novembro de 2026.

2.5. Horario das sesións telepresenciais: de 16:30 a 19:00 horas.

2.6. Lugar de realización: Campus Virtual do Grupo Adams.

2.7. Prazas: 25 participantes.

2.8. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos.

* Reflexionar sobre o papel que xoga a comunicación oral e a escrita na Administración, tanto a nivel interno e nas súas interrelacións, como na súa relación e contacto coa cidadanía.

* Analizar o concepto de documento administrativo e a súa clasificación, así como as diferentes estruturas e deseños dos distintos tipos de documentos administrativos máis frecuentes na actualidade.

* Proporcionar pautas de redacción de textos que potencien a claridade, a concisión e a corrección, mellorando a comunicación escrita coa cidadanía e con outras institucións.

* Dotar os profesionais da Administración Local dos coñecementos, habilidades e destrezas necesarios para a adecuada elaboración e redacción dos distintos tipos de documentos administrativos.

4. Programa.

4.1. Nocións xerais sobre documentos administrativos.

4.1.1. Concepto xenérico.

4.1.2. Definición da Lei do patrimonio histórico español.

4.1.3. Definición da Lei 39/2015.

4.1.4. Clases de documentos.

4.1.5. Os documentos administrativos.

4.1.5.1. Concepto.

4.1.5.2. Distinción de figuras afíns.

4.1.5.3. Clases de documentos administrativos.

4.1.6. Tratamento dos documentos na Administración Xeral do Estado.

4.1.7. Documento administrativo electrónico e copias electrónicas.

4.2. Documentos de decisión.

4.2.1. Definición dos documentos de decisión.

4.2.2. Clasificación.

4.2.3. A providencia.

4.2.4. O acordo.

4.2.5. A resolución.

4.2.6. Documentos de xuízo.

4.2.7. Informes e ditames.

4.2.8. Propostas e mocións.

4.2.9. Modelos de expedientes municipais con modelos de escritos administrativos.

4.3. Documentos de constancia.

4.3.1. Documentos administrativos de constancia.

4.3.1.1. Que son?.

4.3.1.2. Dilixencias, certificacións e actas.

4.3.1.3. Clasificación.

4.3.2. Os documentos de constancia no ámbito local.

4.3.2.1. Artigo 147 do Real decreto 2568/1986.

4.3.2.2. O expediente administrativo.

4.3.2.3. Certificacións, copias e certificados.

4.3.2.4. As certificacións dos acordos plenarios.

4.3.2.5. As actas no ámbito local.

4.3.2.6. Libros de actas.

4.3.2.7. Libros de resolucións.

4.3.2.8. Convocatorias e actas das sesións plenarias.

4.3.2.9. Expediente de convocatorias.

4.3.2.10. As actas nas sesións das Xuntas de Goberno.

4.3.2.11. Administración electrónica: expedientes e documentos administrativos.

4.3.2.12. Administración electrónica: forma e contido das actas.

4.3.2.13. Vídeo actas.

4.3.2.14. Actas de órganos colexiados.

4.3.3. Modelos de dilixencias e certificacións.

4.4. Documentos de transmisión.

4.4.1. Documentos administrativos de transmisión.

4.4.2. Formas de clasificación.

4.4.3. O oficio.

4.4.4. Os edictos.

4.4.5. Documentación de apoio administrativo.

4.4.6. Anexos e actividades.

4.5. Documentos dos cidadáns.

4.5.1. Documentos producidos polos administrados.

4.5.2. Iniciativas, reclamacións e queixas.

4.5.2.1. Definición.

4.5.2.2. Presentación e tramitación das queixas e suxestións

4.5.2.3. Contestación.

4.5.2.4. Actuacións das unidades responsables.

4.5.2.5. Efectos.

4.5.3. Documentos relacionados co procedemento administrativo.

4.5.3.1. Iniciación por solicitude do interesado.

4.5.3.2. Corrección e mellora das solicitudes.

4.5.3.3. Documentos relacionados coa interposición dun recurso.

4.5.3.4. Cuestións xerais.

4.5.3.4.1. O procedemento en vía de recurso.

4.6. Linguaxe administrativa sinxela na Administración local.

4.6.1. Concepto de linguaxe administrativa sinxela.

4.6.2. Limitacións da linguaxe administrativa tradicional.

4.6.2.1. Complexidade léxica e sintáctica.

4.6.2.2. Uso excesivo de tecnicismos.

4.6.2.3. Barreiras para a cidadanía.

4.6.3. Principios da linguaxe clara.

4.6.3.1. Claridade.

4.6.3.2. Sinxeleza.

4.6.3.3. Precisión.

4.6.3.4. Orientación ao destinatario.

4.6.4. Dereito da cidadanía para comprender a información administrativa.

4.6.5. Beneficios do uso de linguaxe clara.

4.6.5.1. Mellora da transparencia.

4.6.5.2. Redución de erros e cargas administrativas.

4.6.5.3. Incremento da confianza cidadá.

4.6.6. Criterios básicos de simplificación lingüística.

4.6.6.1. Eliminación de termos innecesarios.

4.6.6.2. Uso de vocabulario común.

4.6.6.3. Claridade na estrutura do texto.

4.6.7. Aplicación práctica en documentos da Administración local.

4.6.8. Identificación de problemas frecuentes na redacción administrativa.

4.7. Decálogo de escritura clara: aplicación práctica nos documentos.

4.7.1. Introdución ao decálogo de escritura clara.

4.7.2. Organización da información: estrutura lóxica dos textos e xerarquía de contidos.

4.7.3. Claridade e concisión: uso de frases breves e eliminación de redundancias.

4.7.4. Linguaxe comprensible: uso de termos accesibles e evitar de tecnicismos innecesarios.

4.7.5. Estilo de redacción: uso de voz activa e preferencia por estruturas simples.

4.7.6. Enfoque na persoa destinataria: linguaxe próxima e orientación á acción.

4.7.7. Deseño e presentación do documento: uso de parágrafos, listas e elementos visuais.

4.7.8. Erros comúns na redacción administrativa.

4.7.9. Revisión e mellora de documentos: técnicas de reescritura e avaliación de claridade.

4.7.10. Aplicación práctica do decálogo en documentos reais.

5. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o martes 6 de outubro do 2026.

Segundo. Ordenar a publicación no BOP e na sede electrónica da presente convocatoria, bases e anexos.”

Publícase isto, e infórmase ás persoas interesadas de que contra o dito acto poderán interpoñer un recurso de reposición, previo ao contencioso – administrativo, ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes, ou, alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso – administrativo ante o Xulgado do Contencioso - Administrativo de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 de la Lei reguladora da xurisdición contencioso – administrativa), no prazo de dous meses. En ningún caso poderán simultanearse ambos os recursos.

Os prazos computaranse de data a data a partir do día seguinte ao de recibir esta notificación, e vencerán no día equivalente do mes natural seguinte ou, de non existir este, no último día do dito mes. No caso de que o día de vencemento sexa inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Durante o mes de agosto non contará o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo, salvo para o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais no que o mes de agosto terá carácter de hábil.

En todo caso, poderá interpoñer calquera outro recurso ou acción administrativa ou xudicial que estime procedente.

Ourense, 25 de setembro de 2026. A deputada delegada de Facenda, Economía e Recursos Humanos (Pd.: Resol. 2023/9863, do 31/07/2023).

Asdo.: Marta Nóvoa Iglesias.

(Ver solicitude páx. seguinte)

R. 2.319