I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Modificación da Resolución publicada no BOP do 26 de agosto de 2026 pola que se aprobaban as bases da convocatoria dunha edición do Curso de actualización para monitores/as deportivos/as das entidades locais (AF-54-2026)

Modificación da Resolución publicada no BOP do 26 de agosto de 2026 pola que se aprobaban as bases da convocatoria dunha edición do Curso de actualización para monitores/as deportivos/as das entidades locais (AF-54-2026)

Publícase que, por resolución da Presidencia do 23.09.2026 e núm. 2026/14047, se acordou o seguinte:

“Unha vez vista a Resolución da Presidencia número 2026/11163, publicada no BOP núm. 162 do 26 de agosto, pola que se aproban as bases da convocatoria dunha edición do Curso de actualización para monitores/as deportivos/as das entidades locais: Curso de modelos e sistemas do tratamento de lesións a través do movemento, ao abeiro do disposto na base quinta da convocatoria que di, textualmente, “A Deputación de Ourense poderá variar, se fose preciso e a favor da eficacia da acción formativa, as características e mais os contidos do curso para adaptalos ás necesidades da Administración ou ás distintas continxencias que poidan xurdir, e buscará sempre as condicións óptimas para realizara acción formativa”; polo que procede a súa modificación.

Polo exposto, dispoño:

1. Modificar o título da acción formativa que quedará da seguinte maneira:

“Curso de actualización para monitores deportivos/as das entidades locais: Curso de modelos e sistemas do manexo de lesións a través do movemento”

2. Modificar o Anexo I das bases:

Anexo I

Curso de actualización para monitores deportivos/as das entidades locais: Curso de modelos e sistemas do manexo de lesións a través do movemento

1. Persoas destinatarias.

* Persoal ao servizo da Administración local que desempeñe postos de traballo nos servizos e instalacións deportivas da Deputación de Ourense ou dos concellos e mancomunidades da provincia como coordinadores/as ou monitores/as deportivos/as.

2. Desenvolvemento.

2.1. Modalidade da acción formativa: presencial.

2.2. Duración: 30 horas lectivas.

2.3. Datas de realización: do 7 ao 15 de novembro de 2026.

2.4. Días e horario das sesións presenciais: 7-8-14-15 de novembro de 2026; de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas, os sábados; e de 9:00 a 14:00 horas os domingos.

2.5. Lugar: aula do Pazo dos Deportes “Paco Paz” (Finca Sevilla, 41. Ourense).

2.6. Prazas: 15 participantes.

2.7. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos.

* Promover a actualización e a reciclaxe profesional dos/as monitores/as deportivos/as das entidades locais da provincia e dos da propia Deputación Provincial.

* Instruír os/as monitores/as deportivos/as nas ferramentas correctas para abordar na sala de musculación e fitness das súas clases, a actividade deportiva admisible para os/as usuarios/as e as súas características.

* Dar unha visión multifactorial aos/as monitores deportivos, para facilitar o seu traballo, partindo do coñecemento dos fundamentos biomecánicos clave.

* Aprender a analizar as características individuais e específicas de cada usuario/a, para que saiban cales serían as secuencias de exercicios permitidas en cada caso na actividade deportiva, evitando efectos nocivos.

4. Programa.

4.1. Recordatorio anatómico do corpo humano.

4.2. Estrutura e funcións dos sistemas muscular, esquelético e nervioso.

4.3. Biomecánica aplicada á readaptación.

4.4. Tipos de lesións e consecuencias.

4.5. Análise das lesións máis comúns.

4.5.1. Lesións no membro superior.

4.5.2. Lesións no tronco.

4.5.3. Lesións no membro inferior.

4.6. Secuencias de exercicios permitidas na actividade deportiva.

3. Publicar esta modificación no Boletín Oficial da Provincia.”

Publícase isto, e infórmase ás persoas interesadas de que contra o dito acto poderán interpoñer un recurso de reposición, previo ao contencioso – administrativo, ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes, ou, alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso – administrativo ante o Xulgado do Contencioso - Administrativo de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 de la Lei reguladora da xurisdición contencioso – administrativa), no prazo de dous meses. En ningún caso poderán simultanearse ambos os recursos.

Os prazos computaranse de data a data a partir do día seguinte ao de recibir esta notificación, e vencerán no día equivalente do mes natural seguinte ou, de non existir este, no último día do dito mes. No caso de que o día de vencemento sexa inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Durante o mes de agosto non contará o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo, salvo para o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais no que o mes de agosto terá carácter de hábil.

En todo caso, poderá interpoñer calquera outro recurso ou acción administrativa ou xudicial que estime procedente.

Ourense, 25 de setembro de 2026. A deputada delegada de Facenda, Economía e Recursos Humanos (Pd.: Resol. 2023/9863, do 31/07/2023).

Asdo.: Marta Nóvoa Iglesias..

R. 2.312