IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE LAZA

Bases do proceso selectivo para a funcionarización do persoal laboral fixo que desempeña postos de traballo clasificados como propios de persoal funcionario, grupo A2, técnico/a administrativo/a

Convocatoria e bases reguladoras do proceso selectivo para a provisión da praza incluída na oferta de emprego público do ano 2026

Polo Acordo da Xunta de Goberno do 10.09.2026, aprobáronse a convocatoria e as bases reguladoras para a selección de funcionarios/as de carreiras de acordo co anexo adxunto.

As ditas prazas foron incluída na oferta de emprego público do Concello de Laza do ano 2026, publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 176, do 15.09.2026 e no DOG núm. 177, do 17.09.2026. Tras a publicación das presentes bases neste anuncio, publicarase un extracto no DOG e no BOE, e será a data deste último a que se utilizará para o cómputo do prazo de presentación de instancias, que será de 20 días hábiles, desde o día seguinte ao da súa publicación

Bases do proceso selectivo para a funcionarización do persoal laboral fixo que desempeña postos de traballo clasificados como propios de persoal funcionario, grupo A2, técnico/a administrativo/a

Bases polas que se rexerá o proceso selectivo para a funcionarización do persoal laboral fixo que desempeña postos de traballo clasificados como propios de persoal funcionario, grupo A2, técnico/a administrativo/a

Primeira. Obxecto da convocatoria e características da praza

O obxecto desta convocatoria é convocar o proceso selectivo para a funcionarización dunha praza de técnico administrativo, polo sistema de concurso-oposición; incluída na oferta de emprego público (OEP) do Concello de Laza, correspondente ao exercicio de 2026, aprobada polo Acordo da Xunta de Goberno do 10.09.206, e publicada no BOP núm. 176, do 15.09.2026 e no DOG núm. 177, do 17.09.2026, de acordo co seguinte:

Persoal laboral – Proceso de funcionarización

Grupo

Subgrupo

Vacantes

Denominación

Sistema de acceso

A

A2

1

Técnico/a administrativo/a

Concurso-oposición (funcionarización)

Segunda. Requisitos das persoas aspirantes

Para tomar parte nestas probas selectivas será necesario reunir, na data de finalización do prazo sinalado para a presentación de instancias, os seguintes requisitos:

a) Ter a condición de persoal laboral fixo do Concello de Laza.

b) Desempeñar funcións propias do persoal funcionario no posto de técnico/a que é obxecto desta convocatoria.

c) Ter nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 do TRLEBEP.

d) De acordo con o apartado c) do artigo 135 do RD lexislativo 781/1986, do 18 de abril; e co apartado e) do artigo 56 do TRLEBEP, será necesario estar en posesión. ou en condicións de obtelo na data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes. dalgún dos títulos académicos, para o acceso libre á praza convocada, que se sinalan: Título de Licenciatura ou Grao en Dereito, Económicas, Empresariais, Administración e Dirección de Empresas e equivalentes.

e) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza.

f) Non ter sido separados/as mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no seu caso ou persoal laboral, no que estivesen separados/as ou inhabilitados/as. No caso de ser nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitados/as ou en situación equivalente nin ser sometidos/as a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

g) Coñecemento da lingua galega: os/as interesados/as deberán estar en posesión ou en condicións de obtelo na data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes, do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, consonte coa DA 2.ª da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30.07.2007), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19.02.2014). Todo iso consonte co art. 51 da Lei 2/2015, do emprego público de Galicia.

Terceira. Publicación

O extracto da convocatoria e das bases publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP), na Sede electrónica do Concello de Laza e no Boletín Oficial do Estado (BOE), cuxa data de publicación abre o prazo de presentación de solicitudes.

Cuarta. Presentación de solicitudes

As solicitudes (no modelo oficial que figura como anexo ás presentes bases) presentarase, preferentemente, por medios electrónicos, na sede electrónica do Concello de Laza. Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico, a sede electrónica do Concello de Laza admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que recolle a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste sentido, a presentación de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello, será en horario de 9.00 a 14.00 horas en días laborables (luns a venres).

Para ser admitidas nas probas selectivas correspondentes, as persoas aspirantes deberán manifestar nas súas solicitudes de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas, na data na que finalice o prazo de presentación.

As persoas con algunha discapacidade deberán indicalo na súa solicitude e, no seu caso, solicitarán as posibles adaptacións de tempo e medios para realizar os exercicios nos que a adaptación fose necesaria.

As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que consten na súa solicitude aínda que os erros de feito que se poidan advertir poderán emendarse ou repararse en calquera momento, de oficio ou a instancia de parte.

Para aqueles casos nos que a solicitude se presente en rexistros diferentes ao do Concello de Laza ou a través de correo postal, as persoas aspirantes deberán adiantar a copia da súa solicitude co selo do rexistro de procedencia ou, no seu caso, co selo e coa data de presentación en correos ao seguinte correo electrónico: concello@laza.gal

Quinta. Prazo de presentación das solicitudes

O prazo de presentación será de 20 (vinte) días hábiles, que contarán a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), previa publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e do extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Sexta. Documentación para presentar coa solicitude

- Anexo II asinado e acompañado da documentación específica para cada fase establecida no proceso selectivo. Dispoñible na sede electrónica do Concello de Laza

- Anexo III asinado. Dispoñible na sede electrónica do Concello de Laza

- Certificado acreditativo de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado. (No caso de non achegalo deberá realizarse a proba de lingua galega)

- Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos da nacionalidade da persoa aspirante: DNI, pasaporte, tarxeta de residencia, así como calquera outro documento acreditativo da nacionalidade co alcance do establecido no artigo 57 do TRLEBEP.

- Acreditación, no seu caso, do grao de discapacidade igual o superior ao 33 %. Esta acreditación presentarase no suposto de que a persoa aspirante solicite a adaptación de probas na solicitude de participación. Ante a petición efectuada, o Tribunal resolverá a conveniencia ou non de admitir a adaptación, tendo en conta o sinalado na Orde 1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade e a proba a realizar.

- Fotocopia compulsada da titulación académica esixida nos requisitos específicos ou, no seu defecto, certificación académica dos estudos realizados á que necesariamente se acompañará a acreditación do pago dos dereitos de expedición da titulación correspondente.

- Fotocopia compulsada dos méritos alegados na fase de concurso.

Se a solicitude non reunise os datos esixidos na convocatoria ou calquera dos recollidos no artigo 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP) requiriráselles ás persoas interesadas, de conformidade co establecido no seu artigo 68, para que nun prazo de 10 días hábiles emenden as faltas ou presenten os documentos preceptivos, indicándolles que, de non facelo, terase por desistida a súa solicitude, que se arquivará sen máis trámite.

Forma de acreditación de méritos:

a) Experiencia profesional no posto correspondente á praza convocada: acreditarase mediante a certificación expedida polo secretario do Concello de Laza no que se reflicta o tempo traballado como técnico de Recursos Económicos no Concello de Laza.

Sétima. Admisión das persoas aspirantes

Lista provisional: unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará a resolución, no prazo máximo dun mes, na que se declarará aprobada a listaxe provisional de persoas admitidas e, se é o caso, excluídas con especificación das causas de exclusión. A dita resolución publicarase na sede electrónica e no taboleiro de edictos do Concello de Laza.

Prazo de alegacións: o prazo para que as persoas excluídas poidan alegar o que consideren será de 10 días hábiles, que contarán desde a publicación da resolución que aprobe a listaxe provisional, para poder emendar, no seu caso, o defecto que causase a exclusión.

Lista definitiva: a listaxe provisional elevarase a definitiva polo transcurso do prazo de reclamación, se non as houber. No caso contrario, a resolución pola que se resolverán as alegacións ou reclamacións e pola que se aprobe a lista definitiva, publicarase nos mesmos lugares que a provisional.

Recursos contra a lista definitiva: contra a resolución que aprobe a lista definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer, con carácter potestativo, un recurso de reposición, perante a Alcaldía, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación (artigos 112 e 123 LPACAP) ou un recurso contencioso-administrativo, perante do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, que contarán desde a citada publicación, segundo o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de realizar calquera outro que considere pertinente.

O feito de figurar na relación de admitidos/as, non prexulga que se lles recoñeza ás persoas participantes a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca e que deberán xustificar documentalmente no suposto da superación das probas selectivas. Cando do contido dos documentos presentados se desprenda que non posúen algún dos requisitos, decaerán de todos os seus dereitos no procedemento selectivo.

Oitava. Ampliación do prazo nos supostos de non dispoñibilidade da sede electrónica

8.1. Cando o último día do prazo se produza algunha incidencia técnica que imposibilite o funcionamento da sede electrónica, o Concello de Laza prorrogará automaticamente o prazo afectado, ata o día hábil seguinte, en beneficio de todas as persoas interesadas no procedemento, aínda que esta ampliación só producirá efectos para a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións por medios electrónicos.

8.2. Para que se produza a ampliación automática do prazo segundo o que recolle esta base, será necesario que o incidente teña unha duración continuada superior a unha hora nas últimas vinte e catro ou de menos dunha hora nas últimas doce do prazo establecido.

8.3. A ampliación automática dos prazos darase a coñecer mediante o anuncio na sede electrónica do Concello de Laza e no taboleiro de anuncios municipal, no que se indicará con claridade o procedemento ou trámites afectados pola ampliación automática, así como o día hábil seguinte no que finaliza o prazo ampliado.

8.4. Esta incidencia técnica deberase facer constar no expediente mediante certificación expedida polo servizo do Concello de Laza, con competencias en novas tecnoloxías, na que conste tal incidencia, o tempo que permaneceu inactiva a sede electrónica e, na medida do posible, as causas.

Novena. Tribunal de selección

1) Os/as membros do Tribunal de selección serán designados polo alcalde, segundo o disposto no artigo 4, parágrafos e) e f) do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, así como no artigo 60 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (TRLEBEP), e tenderá á paridade entre mulleres e homes.

2) A composición do Tribunal axustarase aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos/as seus membros, que deben pertencer a un corpo, escala e categoría profesional para o que se requira unha titulación de nivel igual ou superior ao esixido para acceder na praza que se convoca.

3) Non poderán formar parte do Tribunal as persoas de elección ou designación política, ou funcionariado interino nin o persoal eventual.

4) O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores/as especialistas, con voz e sen voto, cando a natureza ou as circunstancias dalgunha das probas así o aconselle; os/as devanditos/as asesores/as limitaranse a prestar colaboración nas súas especialidades técnicas.

5) Antes de que teñan lugar as probas, e xunto coa lista de persoas admitidas, publicarase no BOP de Ourense, na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello, a resolución pola que se nomean os/as membros titulares e suplentes do Tribunal de selección.

6) Os/as membros do Tribunal deberanse abster de intervir, comunicándollo ao alcalde, cando concorra neles algunha das circunstancias que recolle o artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (LRXSP).

7) Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar os/as membros do Tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias recollidas para a abstención de conformidade co establecido no artigo 24 da LRXSP.

8) O Tribunal de selección deberá constituírse na data que determine o alcalde; e entenderase validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes. Na súa sesión constitutiva adoptaranse as decisións precisas para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

9) A partir da sesión de constitución o Tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes, e axustará as súas actuacións en todo momento ao disposto na LRXSP e ás bases desta convocatoria. O Tribunal non actuará con quorum de asistencia inferior a tres membros, e será sempre necesaria a asistencia dos compoñentes que desempeñen as funcións da Presidencia e da Secretaría; con todo, ante a ausencia dos/as titulares e/o suplentes da Presidencia e/o da Secretaria, poderán actuar como tales os/as membros asistentes, titulares e/o suplentes, das distintas vogalías. As ditas substitucións realizaranse utilizando a orde empregada na resolución de nomeamento dos/as correspondentes membros para exercer as funcións de vogais.

10) O Tribunal adoptará as medidas necesarias naqueles casos nos que resulte necesario, para que as persoas con discapacidade gocen de similares condicións para realizar os exercicios que as do resto de aspirantes, e dispoñerá, no seu caso, as posibles adaptacións de tempo e medios.

11) O Tribunal resolverá todas as dúbidas interpretativas que xurdan para aplicación das normas contidas nas presentes bases estando igualmente facultado para resolver as cuestións que se susciten durante a realización das probas, así como para adoptar as medidas necesarias que garantan a debida orde naquelas en todo o que non estea recollido nas bases. Os acordos do Tribunal adoptaranse conforme ao estipulado para a actuación dos órganos colexiados na vixente Lei do procedemento administrativo.

12) Os/as membros do Tribunal, así como os/as asesores/as e colaboradores/as, no seu caso, terán dereito pola súa concorrencia ás sesións ao pago de asistencias, gastos de desprazamento, de conformidade co que recolle o Real decreto 462/2002, do 24 de maio, tendo en conta as actualizacións deste vixentes na data da realización das probas.

Décima. Procedemento de selección: concurso-oposición

10.1. Fase de oposición (total 60 puntos)

Exercicio teórico-escrito

O procedemento de selección, na fase de oposición, constará dun único exercicio:

Consistirá nunha proba teórica, obrigatoria e eliminatoria, na que se deberá responder por escrito a un cuestionario tipo test de 50 preguntas (máis catro preguntas de reserva), con catro respostas alternativas cada unha, nas que só unha será a correcta, baseadas no contido do programa que aparece como anexo I destas bases, durante un tempo máximo dunha hora e media, e será necesario alcanzar a puntuación mínima de 20,00 puntos (sobre 60,00 puntos) para superala e non quedar excluído/a do procedemento de selección. No devandito cuestionario, cada resposta correcta sumará 1,00 punto, e as preguntas non contestadas ou erróneas, non puntuarán.

Para o desenvolvemento desta proba poderán servirse de textos legais sen comentarios. En relación con estes, admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples.

Proba de coñecemento de galego

A proba de coñecemento da lingua galega estará dirixida á comprobación, por parte do Tribunal, de que as persoas aspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego, someténdoos á proba ou probas que consideren máis adecuadas para tal comprobación.

O tempo máximo de duración será unha hora e poderá consistir na tradución dun ou varios textos. Unha vez finalizado o exercicio, o Tribunal chamará ás persoas aspirantes para que lean total ou parcialmente o exame.

O exercicio cualificarase como apto ou non apto e, para obter a cualificación de apto, será necesario acadar o mínimo de preguntas correctas que determine o tribunal.

Quedarán exentas da realización desta proba aquelas persoas que acrediten estar en posesión do Celga 4 ou título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

10.2. Fase de concurso (total 40 puntos)

Unha vez finalizada a fase de oposición, realizarase a fase de concurso ás persoas aspirantes que superasen a fase de oposición.

10.2.1. Baremo de méritos

A) Experiencia profesional: valorarase a experiencia profesional, como persoal laboral segundo os seguintes criterios ata un máximo de 30,00 puntos.

Pola experiencia na Administración local como Técnico/a valorarase a razón de 0,25 puntos por mes completo, ata un máximo de 30,00 puntos.

Pola experiencia noutras administracións públicas como Técnico/a, valorarase a razón de 0,15 puntos por mes completo, ata un máximo de 15,00 puntos.

A acreditación da experiencia realizarase conforme ao establecido na “Forma de acreditación dos méritos” da base sexta destas bases.

B) Formación: a puntuación máxima que se poderá obter neste apartado é de 10,00 puntos.

Valorarase a asistencia e a superación de cursos de formación e perfeccionamento organizados polos.... centros oficiais dependentes da Administración do Estado, da Comunidade Autónoma e da Administración local, universidades, colexios oficiais, escolas das administracións públicas e organizacións sindicais directamente relacionados coa praza á que se opta e/ou os relacionados coa Administración Pública (incluídos os organizados polos sindicatos no marco do Acordo nacional de formación continua).

Non se terán en conta aqueles certificados ou diplomas nos que non se especifiquen os seus contidos nin aqueles nos que non se especifique o número de horas.

Así mesmo, non se computarán os cursos cunha duración inferior a 10 horas.

As puntuacións por cada un dos certificados ou diplomas acreditados realizarase polos seguintes criterios:

B.1. Formación relacionada coa Administración Pública e coa praza convocada (Máximo 8,00 puntos):

De entre 10 e 49 horas de duración: 0,50 puntos por curso.

De entre 50 e 99 horas de duración: 0,75 puntos por curso

De máis de 100 horas de duración: 1,00 puntos por curso.

B.2. Por outras titulacións distintas á esixida (2 puntos):

Licenciatura ou grao, posgrao ou mestrado: 2 puntos.

Décimo primeira. Cualificación final

A cualificación final establecerá a orde definitiva das persoas aspirantes que superaron o procedemento selectivo. A cualificación final virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e a obtida na fase de oposición.

Décimo segunda. Proposta de selección e publicación

O presidente do Tribunal, á vista das cualificacións finais das persoas aspirantes, que superaron o proceso selectivo, formulará a proposta perante a Alcaldía.

A proposta do Tribunal, publicarase na Sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello.

Décimo terceira. Presentación de documentación

A persoa seleccionada presentará os seguintes documentos mediante copias cotexadas ou, se é o caso, orixinais:

a) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións para desempeñar que se sinalan nas bases específicas.

b) Declaración xurada de non ser separado/a do servizo das administracións públicas e non estar incurso/a nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.

c) Fotocopia compulsada da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria.

d) No caso de ter a condición de persoas con discapacidade deberá presentar a certificación acreditativa do grao de discapacidade, tendo facultade a Entidade para solicitarlle ao órgano competente a compatibilidade para o desempeño funcional da praza/posto/emprego.

Lugar de presentación: os devanditos documentos presentaranse polos mecanismos establecidos na base quinta.

Prazo de presentación: o prazo de presentación será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da proposta de selección na Sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello, prazo que poderá ampliarse cando as persoas seleccionadas acrediten que non puideron presentar algún documento por causas alleas á súa vontade.

En todo caso, no prazo de 10 días naturais computados desde a data da sinatura do contrato, a persoa seleccionada estará obrigada a presentar a devandita documentación, xa que en caso contrario, procederíase ao seu cesamento automático, excepto nos supostos de forza maior.

Décimo cuarta. Resolución do proceso selectivo

Á vista da orde dos aspirantes proposta polo Tribunal, a Alcaldía resolverá o proceso selectivo co nomeamento do/a aspirante seleccionado/a.

Décimo quinta. Toma de posesión

Unha vez resolto o proceso selectivo deberase tomar posesión da correspondente praza.

Décimo sexta. Carácter vinculante das bases, dereito supletorio e xurisdición

As presentes bases desta convocatoria vinculan ao Concello de Laza, ao Tribunal de selección e ás persoas aspirantes que participen no proceso.

No non sinalado nestas bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración local e demais normas que resulten de aplicación, e estarase aos órganos competentes da Xurisdición Contencioso-Administrativa para dirimir as controversias que se produzan na aplicación destas.

Décimo sétima. Protección de datos

17.1. O tratamento polo Concello dos datos persoais da persoa solicitante adxuntos coa solicitude fúndase no disposto nos apartados c) e e) do artigo 6 do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos, así como no artigo 8.2 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección dos datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, ao ser a achega dos datos e informacións esixidas nestas bases necesaria para o cumprimento do disposto na lexislación de emprego no sector público así como para a valoración das solicitudes. En consecuencia, a negativa para facilitar estes datos ao Concello determinará a exclusión da persoa solicitante do proceso.

17.2. En cumprimento do establecido no artigo 13 do Regulamento UE 2016/679, infórmase as persoas interesadas do seguinte:

a) O responsable do tratamento dos datos é o Concello de Laza, cuxo representante legal é quen ostente o cargo da Alcaldía, con domicilio para os efectos de notificacións no lugar de Rúa Castiñeiro núm. 4, 32622 Laza, Ourense, teléfono 988 422 002 e correo electrónico: concello@laza.gal

b) O delegado de protección de datos é Audidat 3.0 S.L., con domicilio para os efectos de notificacións na rúa Ervedelo, 34 (C.C. O Couto) Loc. 110, 32002 Ourense (Ourense), teléfono de contacto 988 983 797 e correo electrónico: delegacion.ourense@audidat.com

c) Os datos subministrados coa solicitude destínanse unicamente a garantir o cumprimento do establecido na lexislación do emprego público do sector público, a comprobar que a persoa solicitante reúne os requisitos establecidos para a súa admisión e á valoración da súa solicitude. Publicaranse na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello as listas provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas, as actas dos tribunais de selección e a resolución do nomeamento. As publicacións referidas manteranse durante un prazo mínimo de cinco anos desde a realización da publicación, podendo, a partir deste prazo, ser suprimida a publicación de oficio polo Concello ou ben pola solicitude das persoas interesadas, dirixida ao responsable do tratamento.

d) A base xurídica do tratamento dos datos achegados coa solicitude é a necesidade de coñecer eses datos para o cumprimento das obrigacións legais que impón a lexislación do emprego público ao Concello (artigo 6.1.c) do Regulamento UE 2016/679). No caso dos datos necesarios para acreditar o cumprimento dos requisitos específicos da convocatoria e valoración de solicitudes, a necesidade de coñecer eses datos é para satisfacer a finalidade de interese público municipal perseguida coa convocatoria (artigo 6.1.e) do Regulamento UE 2016/679).

e) Os datos subministrados ao Concello serán tratados exclusivamente polo persoal autorizado do Concello para a tramitación da solicitude, suxeitos ao deber de reserva. Estes datos poderán ser cedidos a terceiras persoas nos seguintes casos:

Ao resto de persoas solicitantes ou aos seus representantes legais cando así o reclamen para a formulación de reclamacións ou interposición de recursos.

Aos xulgados e tribunais, para os efectos da resolución dos recursos administrativos e xudiciais que poidan interpoñerse contra os actos e resolución susceptibles de recurso, así como aos membros dos tribunais cualificadores, Ministerio Fiscal, Valedor do Pobo, Tribunal de Contas e Consello de Contas, na medida en que sexa necesario para o exercicio das funcións dos tribunais e desas autoridades públicas.

Aos concelleiros/as, cando o reclamen, para o exercicio do seu dereito á información.

f) En ningún caso transferiranse os datos persoais a un terceiro país nin a unha organización internacional.

g) Os datos subministrados conservaranse nos arquivos do Concello de forma indefinida, para os únicos efectos da súa conservación conforme co disposto na lexislación sobre arquivos do sector público e na lexislación sobre o patrimonio documental cultural.

h) As persoas interesadas poderán solicitar en todo momento da Alcaldía do Concello o acceso aos seus datos, así como a súa rectificación, de ser o caso. Poderá solicitarse a limitación do tratamento dos devanditos datos, referida á súa publicación, unha vez finalizado o procedemento, sempre que conste a firmeza do acto administrativo que lle poña fin e transcorrese o prazo sinalado na letra c) anterior desta base. Poderá formularse, igualmente, a oposición ao tratamento dos datos, motivada pola situación particular da persoa interesada, nos termos que recolle o artigo 21 do Regulamento UE 2016/679. Os dereitos sinalados neste apartado poderanse exercer mediante escrito dirixido á Alcaldía do Concello. De conformidade co disposto no artigo 20.3 do Regulamento UE 2016/679, non será de aplicación o dereito á portabilidade dos datos fornecidos ao Concello neste proceso.

i) En todo caso, a persoa interesada poderá formular as reclamacións que considere oportunas en relación co tratamento dos seus datos persoais ante a Axencia Española de Protección de Datos.

j) En ningún caso se adoptarán decisións automatizadas nin se elaborarán perfís persoais cos datos subministrados, que non serán obxecto de tratamentos diferentes aos expresamente recollidos nesta base.

k) Respecto das persoas que participen nas quendas por diversidade funcional, a publicación da súa identidade realizarase mediante o número completo do seu documento nacional de identidade, número de identidade de estranxeiro, pasaporte ou documento equivalente, salvo que previa e expresamente manifeste o seu consentimento á publicación do seu nome completo. Neste último caso identificarase do mesmo xeito que o resto de aspirantes, mediante a publicación do nome e apelidos engadindo catro cifras numéricas aleatorias do seu documento nacional de identidade, número de identidade de estranxeiro, pasaporte ou documento equivalente.

Décimo oitava. Recursos

Contra a resolución pola que se aproban as bases desta convocatoria definitiva en vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer potestativamente un recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación, ou ben interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o correspondente Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses e na forma recollida na lexislación reguladora da devandita xurisdición, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro que considere procedente.

O alclade. Asdo.: José Ramón Barreal Novo.

ANEXO I. TEMARIO

Tema 1. A Constitución Española. Os principios constitucionais. Estado español como estado social e democrático de dereito. A forma política do Estado: a monarquía parlamentaria. Atribucións da Coroa. Os dereitos fundamentais na Constitución Española.

Tema 2. Os poderes do Estado: As Cortes Xerais. O Goberno e ou seu presidente. Órganos dependentes das Cortes Xerais: o Tribunal de Contas e o Defensor do Pobo. O Poder Xudicial.

Tema 3. A organización territorial do Estado: conceptos xerais. As comunidades autónomas.

Tema 4. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. A reforma do estatuto. Organización política da Comunidade Autónoma de Galicia. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de xustiza de Galicia.

Tema 5. O réxime local español: a autonomía local. O municipio: organización fundamental e competencias. A provincia de réxime común no réxime local español. As deputacións provinciais: organización e competencias.

Tema 6. A actividade administrativa: a clasificación tradicional das formas de acción administrativa.

Tema 7. As fontes do dereito administrativo: Constitución, leis e regulamentos. Referencia ás ordenanzas locais. O acto administrativo: concepto e clases.

Tema 8. O procedemento administrativo: concepto e especialidades. O procedemento administrativo electrónico na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Fases do procedemento e trámites principais.

Tema 9. A expropiación forzosa. Potestade expropiatoria. Natureza e xustificación. Suxeitos do procedemento expropiatorio. O procedemento expropiatorio xeral: tramitación ordinaria e de urxencia. O prezo xusto. Regras e métodos de valoración dos bens expropiados.

Tema 10. O réxime xurídico do Sector Público. A Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector publico. Disposicións xerais, principios de actuación e funcionamento do sector público.

Tema 11. O Estatuto básico do empregado público e a Lei de emprego público de Galicia: clases de persoal ao servizo das administracións públicas. Ordenación da actividade profesional: planificación de recursos humanos e estruturación do emprego público. Selección dos empregados públicos. A carreira administrativa. Provisión de postos de traballo e promoción profesional. Situacións administrativas.

Tema 12. O patrimonio das entidades locais. Clases de bens. Conservación e tutela dos bens. As potestades de investigación, deslinde e recuperación de oficio. Uso dos bens de dominio público local.

Tema 13. A contratación pública. Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público. Obxecto e ámbito de aplicación. A adxudicación dos contratos das Administracións Públicas.

Tema 14. O servizo público local. Os servizos mínimos obrigatorios. Os modos de xestión dos servizos públicos. Xestión directa e indirecta.

Tema 15. Réxime de funcionamento dos órganos colexiados de goberno local. Preparación da sesión. Confección da orde do día. Convocatoria das sesións do Pleno e da Xunta de Goberno. Convocatoria das sesións das comisións informativas.

Tema 16. Orzamentos das entidades locais: principios, integración e documentos de que constan. Proceso de aprobación do Orzamento local. Execución e liquidación do Orzamento.

Tema 17. A lei en materia de igualdade aplicable ás entidades locais: Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes e Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Tema 18. Actos xurídicos europeos vinculantes: regulamento, directivas e decisións. Actos xurídicos europeos non vinculantes: resolucións e ditames.

Tema 19. Procedemento xurídico da Unión Europea e procedementos de adopción de decisións.

Tema 20. As fontes do dereito europeo. Principio de subsidiaridade e de proporcionalidade na Unión Europea.

Tema 21. Procedemento orzamentario da Unión Europea. Financiamento da Unión Europea.

Tema 22. Os fundamentos da integración europea: antecedentes, cooperación e integración.

Tema 23. A Unión Europea: principios, valores e obxectivos. Ampliacións. Tratados constitutivos e tratados de Roma. O Tratado de Maastrich e o Tratado de Amsterdam. Ou Tratado de Niza e ou Tratado de Lisboa. A Acta Única Europea. Tratado de Fusión-Tratado de Bruxelas.

Tema 24. O Sistema Institucional Europeo: evolución, composición e características.

Tema 25. O Consello Europeo: o proceso de institucionalización, organización e funcións.

Tema 26. A Comisión Europea: organización, competencias, poderes e funcionamento.

Tema 27. O Consello: composición, presidencia e funcionamento.

Tema 28. O Comité de representantes permanentes, funcionamento.

Tema 29. O Parlamento Europeo: marco institucional, composición, funcionamento e poderes.

Tema 30. O sistema xudicial europeo. Tribunal Xeral e tribunais especializados.

Tema 31. O Tribunal de Xustiza: organización e funcionamento.

Tema 32. O Tribunal de Contas e o investimento na UE.

Tema 33. O Banco central europeo e o sistema europeo de bancos centrais. Os órganos auxiliares, medios e sede.

Tema 34. A política de cohesión da Unión Europea.

Tema 35. Comité Europeo das Rexións da UE. Comité Económico e Social da UE.

Tema 36. Os Fondos Estruturais e de Investimento Europeos.

Tema 37. As Facendas Locais en España: principios constitucionais. O réxime xurídico das Facendas Locais. Incidencia estatal e autonómica na autonomía financeira local. A coordinación das Facendas Estatal, Autonómica e Local.

Tema 38. O Orzamento Xeral das Entidades Locais: concepto e contido. Especial referencia ás bases de execución do orzamento. A elaboración e aprobación do Orzamento Xeral. A prórroga orzamentaria.

Tema 39. A estrutura orzamentaria. Os créditos do orzamento de gastos: delimitación, situación e niveis de vinculación xurídica. As modificacións de crédito: clases, concepto, financiamento e tramitación.

Tema 40. A execución do orzamento de gastos e de ingresos: as súas fases. Os pagos para xustificar. Os anticipos de caixa fixa. Os gastos de carácter plurianual. A tramitación anticipada de gastos. Os proxectos de gasto. Os gastos con financiamento afectado: especial referencia ás desviacións de financiamento.

Tema 41. A liquidación do orzamento. Tramitación. Os remanentes de crédito. O resultado orzamentario: concepto, cálculo e axustes. O remanente de tesourería: concepto e cálculo. Análise do remanente de tesourería para gastos con financiamento afectado e do remanente de tesourería para gastos xerais. A consolidación orzamentaria.

Tema 42. Estabilidade Orzamentaria e sustentabilidade financeira. Principios xerais. Obxectivos de estabilidade orzamentaria, de débeda pública e da regra de gasto para as Corporacións locais: establecemento e consecuencias asociadas ao seu incumprimento. Os Plans económico-financeiros: contido, tramitación e seguimento. Plans de axuste e de saneamento financeiro. Subministración de información financeira das Entidades Locais.

Tema 43. A tesourería das Entidades Locais. Réxime xurídico. O principio de unidade de caixa. Funcións da tesourería. Organización. Situación dos fondos: a caixa e as contas bancarias. A realización de pagos: prelación, procedementos e medios de pago. O cumprimento do prazo nos pagos: o período medio de pago. O estado de conciliación.

Tema 44. A Conta Xeral das Entidades Locais: contido, formación, aprobación e rendición. Outra información para fornecer ao Pleno, aos órganos de xestión, aos órganos de control interno e a outras Administracións Públicas.

Tema 45. Os recursos das Facendas Locais. Os tributos locais: principios. A potestade regulamentaria das Entidades Locais en materia tributaria: contido das ordenanzas fiscais, tramitación e réxime de impugnación dos actos de imposición e ordenación de tributos. O establecemento de recursos non tributarios.

Tema 46. A xestión, inspección e recadación dos recursos das Facendas Locais. A revisión en vía administrativa dos actos de xestión tributaria ditados polas Entidades Locais, en municipios de réxime común e de gran poboación. A xestión e recadación de recursos por conta doutros entes públicos.

Tema 47. O imposto sobre bens Inmobles. Natureza. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións e bonificacións. Base impoñible. Base liquidable. Cota, devindicación e período impositiva. Xestión catastral. Xestión tributaria. Inspección catastral.

Tema 48. O imposto sobre actividades económicas. Natureza. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións. Cota: as tarifas. Devindicación e período impositiva. Xestión censual e xestión tributaria. A recarga provincial. O Imposto sobre construcións, instalacións e obras.

Tema 49. O imposto sobre vehículos de tracción mecánica. O imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.

Tema 50. Taxas e prezos públicos. Principais diferenzas. As contribucións especiais: anticipo e aprazamento de cotas e colaboración cidadá.

ANEXO II. MODELO DE SOLICITUDE

Datos de Identificación:__________________________________________________________

Nome e apelidos:_____________________________________ DNI núm.:_________________

Domicilio:_____________________________________________________________________

Teléfono:________________________ Correo electrónico:_____________________________

EXPOÑO

Que, unha vez convocadas as probas selectivas, para a funcionarización dunha praza de técnico/a administrativo/a, polo sistema de concurso-oposición, incluída na Oferta de emprego público de 2026, cuxas bases se publicaron no BOP, e en extracto no DOG e no BOE.

PRIMEIRO. Que reúno todos e cada un dos requisitos esixidos na base terceira da convocatoria e desexo participar nas correspondentes probas selectivas para a provisión da mencionada praza convocada.

Para tal efecto declaro coñecer as bases que rexen esta convocatoria, comprometéndome ao seu cumprimento e adxunto a seguinte documentación:

- Copia cotexada do DNI, pasaporte ou tarxeta de residente.

- Copia cotexada da titulación esixida.

- Declaración responsable segundo o modelo do anexo III destas bases.

- De ser o caso, documentos acreditativos, debidamente compulsados, segundo o establecido na base undécima destas bases para a súa valoración na fase de concurso.

- Documento acreditativo, debidamente compulsado, de estar en posesión do título de Celga 4 ou equivalente.

- Outros (especificar).

SOLICITO

Que se teña por presentada a presente solicitude dentro do prazo concedido para o efecto e ser admitido/a a participar na presente convocatoria.

Laza, ______ de ______________________ de 2026

Asdo.: _________________

AO ALCALDE DO CONCELLO DE LAZA

ANEXO III. MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE

Datos de Identificación: _________________________________________________________

Nome e apelidos: __________________________________ DNI núm.: ___________________

Domicilio: ____________________________________________________________________

Teléfono: __________________ Correo electrónico: __________________________________

DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE

PRIMEIRO. Que reúno todos e cada un dos requisitos establecidos na base terceira da presente convocatoria.

SEGUNDO. Que non estou incurso/a en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade das recollidas na lexislación vixente.

TERCEIRO. Que non fun separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, e que non me atopo en situación de inhabilitación absoluta ou especial para emprego ou cargo público por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado/a ou inhabilitado/a.

E para que conste e produza os efectos oportunos no expediente da convocatoria para a provisión da praza de técnico/a de recursos económicos, asino a presente declaración, baixo a miña responsabilidade.

Laza, ______ de ______________________ de 2026

Asdo.: ____________________________________

AO ALCALDE DO CONCELLO DE LAZA

R. 2.243