I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

INSTITUTO ORENSANO DESARROLLO ECONÓMICO (INORDE)

Oferta de emprego público do Inorde correspondente ao exercicio 2026.

Resolución 2026/0161

Expediente: 2026/5216

Oferta de emprego público do Inorde correspondente ao exercicio 2026.

De conformidade co establecido no artigo 204.1.b) e d) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia (LEPG), as entidades locais galegas e os seus organismos delas dependentes deben aprobar e publicar anualmente, dentro do prazo dun mes dende a aprobación do seu orzamento, a oferta de emprego público para o ano correspondente, axustándose aos criterios fixados na normativa básica estatal, así como aos criterios que regulamentariamente se establezan no seu desenvolvemento para a súa debida coordinación coas ofertas de emprego do resto das administracións públicas.

Non obstante o anterior, e malia que os orzamentos da Deputación Provincial de Ourense para 2026, nos que se inclúen e dos que forman parte os orzamentos do Inorde, foron aprobados definitivamente antes da finalización do exercicio 2025 (BOP Nº 249 do 30/12/2025), a formulación da oferta de emprego público para 2026 tivo que adiarse por razóns de seguridade xurídica. Efectivamente, en primeiro lugar hai que sinalar que as formulacións das ofertas de emprego público están intimamente vencelladas coa aprobación dos orzamentos xerais do Estado que é onde se recollen os grandes principios orientadores das ofertas de emprego. Para esta anualidade de 2026 non se formularon polo Goberno da nación os orzamentos xerais do Estado, que tampouco sinalou una data concreta para a súa presentación, co cal o prazo dun mes para confección de ofertas de emprego desde que se aproban os orzamentos que marca a Lei de emprego público de Galicia xa é de difícil ou imposible cumprimento ao non ter coñecemento desas grandes liñas que marcan, como lexislación básica que é, as leis estatais orzamentarias. Así, para esta oferta ordinaria debemos seguir tendo en conta as previsións que se conteñen na Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, fundamentalmente o artigo 20 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023 e por outra banda, hai que ter en conta o Real decreto 656/2024, do 2 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2024 (BOE do 3 de xullo de 2024), onde, na súa disposición adicional primeira, establece que as corporacións locais que aproben a súa oferta de emprego público deberán remitir os seus acordos aprobatorios á Administración xeral do Estado, a través das delegacións e subdelegacións do Goberno, para os efectos do establecido no artigo 56.1 da Lei 7/1985. En consecuencia, aplicarase para a formulación desta oferta ordinaria da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2026 os criterios para o deseño das ofertas públicas de emprego que establece a Lei de orzamentos xerais do Estado para 2023 (Lei 31/2022, do 23 de decembro, publicada no BOE do 24 de decembro de 2022, en adiante LOXE 2023), co contido que se sinalará. Estas circunstancias explican a inconveniencia de ter aprobado no prazo previsto no artigo 204.1 da LEPG a OEP 2026, dado que a non aprobación da LOXE 2026 obrigaría á súa modificación sobrevida, coas conseguintes disfuncións na súa execución. Estas circunstancias, en definitiva, explican e xustifican o retraso no inicio do expediente de aprobación da OEP ordinaria para o exercicio de 2026.

A formulación da OEP 2026 está condicionada, materialmente falando, polas necesidades de recursos humanos do Inorde que conten con asignación orzamentaria, e legalmente polas normas seguintes:

- Dunha banda, polas normas xerais que regulan esta materia (integradas polos artigos 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local – LBRL – 70, 59 e 37.1.l) do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro – TREBEP – e os artigos 204, 48 e 153.1.l) da LEPG, ás que se engaden as normas relativas á inclusión de persoal interino e laboral indefinido non fixo nas ofertas de emprego público – artigo 10.4 do TREBEP e artigos 23.2.a), 27.2 e 28 da LEPG).

- Doutra banda, polas normas específicas que veñen recollidas no artigo 20 da LOXE 2023.

De todo este conxunto de normas, a máis relevante resulta ser o artigo 20 da LOXE 2023, dado que esta norma impón unha serie de restricións á formulación da oferta, articuladas a través do concepto da taxa de reposición de efectivos, restricións que, dado o carácter de norma básica con rango de Lei de carácter especial que teñen os seus apartados un a cinco e sete, desprazan na súa aplicación ao resto de normas reguladoras da OEP naquilo que as contradigan durante o exercicio 2026.

Polo exposto, de cara á elaboración da OEP ordinaria de 2026 a primeira premisa de partida debe ser, necesariamente, a regulación contida no dito artigo 20 da Lei de orzamentos xerais do Estado, que pode resumirse como segue:

1) En primeiro lugar, na LOXE do 2023, recóllese no seu artigo 20 dous.1, unha taxa de reposición de efectivos do 120% nos sectores prioritarios e do 110% nos demais sectores. As entidades locais que tiveran amortizada a súa débeda financeira o 31 de decembro do exercicio anterior terán un 120 por cen de taxa en todos os sectores. A taxa de reposición de efectivos do Inorde para este exercicio 2026 será do 120%, xa que tanto o Inorde como a Deputación teñen amortizada a súa débeda financeira a 31 de decembro do exercicio anterior e non se aplica a taxa de reposición de efectivos nos sectores prioritarios ao non se ter producido baixas nestes.

2) A taxa de reposición de efectivos que se establece na LOXE 2023, e que resulta de aplicación ao Inorde, é a seguinte para este exercicio:

- Taxa de reposición de efectivos do 120% ao ter amortizada a súa débeda financeira a 31 de decembro de 2025 (artigo 20.dous.1 LOXE 2023).

6) De conformidade co establecido no artigo 20.tres.1 da LOXE 2023, para calcular a taxa de reposición de efectivos, a porcentaxe de taxa máximo fixado aplicarase sobre a diferenza resultante entre o número de empregados fixos que durante o exercicio anterior (2025) deixaron de prestar servizo (por xubilación, retiro, falecemento, renuncia, declaración de situación de excedencia sen reserva de posto de traballo, perda da condición de funcionario de carreira ou extinción do contrato de traballo, ou calquera outra situación administrativa que non implique a reserva do posto de traballo, computando tamén as baixas por concursos de traslado a outras administracións) e o número de empregados fixos que se incorporaran a cada un dos sectores, ámbitos, corpos ou categorías (incluídas as altas por concursos de traslados dende outras administracións e excluídos os procedentes das OEP de exercicios anteriores ou reingresado dende situacións que non impliquen reserva de posto de traballo).

Efectuados os cálculos correspondentes, as taxas de reposición de efectivos do Inorde para o exercicio 2026, seguindo os criterios da LOXE 2023, serían as seguintes:

Taxa xeral do 120%:

Baixas 2025: 1

Altas 2025: 0

TRE (120%): 1

Ademais da regulación específica da LOXE que se acaba de expoñer, deben terse en conta o resto de normas aplicables á OEP que non a contradigan. Do contido destas normas cabe destacar o seguinte:

- A OEP só pode atender ás necesidades de persoal de novo ingreso para as que se conte con asignación orzamentaria (artigo 70 do TREBEP e 48 da LEPG).

- Os criterios xerais da OEP deben ser obxecto de previa negociación colectiva (artigos 37.1.l) TREBEP e 153.1.l) LEPG).

- As prazas ocupadas por persoal funcionario interino por vacante ou por persoal laboral temporal con contrato de interinidade deben ser incluídas na OEP do exercicio no que se produza o seu nomeamento ou contratación ou na do exercicio inmediato seguinte (artigo 10.4 do TREBEP e artigos 23.2.a) e 27.2 da LEPG).

- Os procesos selectivos para a execución da OEP serán o de oposición ou concurso – oposición para as prazas de funcionarios (sendo o ordinario o de oposición, agás que, pola natureza das prazas ou funcións para desempeñar, sexa máis axeitado o concurso – oposición, conforme co artigo 2 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos aos que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración local), e os de oposición, concurso – oposición ou, excepcionalmente, concurso para as prazas de laborais (artigo 91.2 LBRL, artigos 55.6 e 7 do TREBEP e artigos 55, 56 e 57 da LEPG). Estes procesos terán carácter libre, agás nos casos de prazas de promoción interna (artigo 61.1 do TREBPE e 55.1 da LEPG).

- Hai que ter en conta tamén que os artigos 59 do TREBEP e 48 da LEPG obrigan a establecer unha reserva do 7% das prazas para persoas con discapacidade (entendendo por tales as que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, conforme co artigo 4.2 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobada polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro) das que un 2% como mínimo deben reservarse para discapacitados intelectuais. As ditas normas refírense á oferta de emprego no seu conxunto, polo que as porcentaxes deben ser de aplicación tanto na oferta de prazas de quenda libre como nas de promoción interna, calculándose de xeito separado para cada caso (co fin de garantir a aplicación da mesma porcentaxe mínima aos colectivos de potenciais aspirantes nun e noutro caso). De acordo co disposto no artigo 48 da LEPG, no caso de que as prazas cubertas por persoas con discapacidade non acaden o 3% das prazas convocadas, as prazas non cubertas se acumularán á porcentaxe do 7% da oferta da anualidade seguinte, cun límite máximo do 12%. En caso contrario – é dicir, se se alcanza esa porcentaxe de cobertura - haberá que entender que esas prazas se poden acumular ás ordinarias.

- Por último, e como se indicou, débese ter en conta tamén o Plan de ordenación de recursos humanos da Deputación de Ourense vixente no momento actual (BOP nº 28, do 7 de febreiro de 2024), aplicable ao seu organismo autónomo Inorde, por extensión, na súa parte normativa onde se dispoñen tres regras:

1ª) Que a oferta pública de prazas de acceso libre elaborarase consonte cos criterios que determine a Lei xeral de orzamentos do Estado vixente e, en todo caso, restrinxida a aqueles supostos que se consideren absolutamente prioritarios para o funcionamento da administración provincial.

2º) En todo caso, a oferta de emprego público reservará, como mínimo, o 50% das prazas vacantes ofertadas para a promoción interna, tanto se se trata de prazas de persoal funcionario como de persoal laboral. No suposto de que o número de prazas sexa impar, o número de prazas reservadas para promoción interna será superior á metade aritmética das prazas.

3º) En ningún caso poderán incluírse na oferta de emprego público prazas declaradas para extinguir no presente Plan.

Tendo en conta o cadro normativo e os datos das taxas de reposición de efectivos expostos, a formulación da OEP 2026 levouse a cabo conforme cos seguintes criterios:

A) En primeiro lugar, incluír todas as prazas ocupadas por persoal interino (laboral ou funcionarial) ata a porcentaxe máxima da taxa xeral do 120% (1 praza), co fin de dar cumprimento, na medida do posible, ao mandato de inclusión destas prazas na oferta de emprego público conforme cos artigos 10.4 do TREBEP e 23.2.a) e 27.2 da LEPG. Esta praza, ocupada interinamente, figura no cadro laboral no número dunha praza (técnico/a laboratorio). A praza que se inclúe é a de un laboral fixo que esta ocupada interinamente, co detalle seguinte:

Laborais: 1 técnico/a laboratorio (A2).

B) En canto aos sistemas de selección óptase polos seguintes: o sistema de concurso – oposición libre será o sistema de selección das prazas de persoal laboral fixo.

Por todo o anterior, dispoño:

1. Incoar o procedemento para a aprobación da oferta de emprego público ordinaria correspondente ao exercicio 2026.

2. Formular unha proposta inicial de oferta de emprego público ordinaria correspondente ao exercicio 2026 nos seguintes termos:

I. Prazas de acceso libre de persoal laboral fixo, correspondentes á taxa xeral do 120% de reposición de efectivos:

- 1 Técnico/a laboratorio (A2). Sistema de selección: concurso-oposición libre.

3. Ordenar a publicación desta oferta nos diarios oficiais correspondentes e na sede electrónica da Deputación.

Ourense, 9 de abril de 2026. El presidente do Inorde.

Asdo.: Rosendo Luís Fernández Fernández.

R. 2.198