I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Modificación do acordo de aprobación das bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións para a prevención de incendios forestais e apoio á gandaría e explotacións agrícolas, correspondentes ao exercicio 2026, publicado no BOP núm. 165, do 31 de agosto de 2026

Anuncio

Para os efectos oportunos, publícase que a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense adoptou, na súa sesión ordinaria do día 1 de setembro de 2026, a modificación do acordo de aprobación das bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións pola Deputación Provincial de Ourense para a prevención de incendios forestais e apoio á gandaría e explotacións agrícolas, correspondentes ao exercicio 2026, publicado no BOP núm. 165, do 31 de agosto de 2026, do xeito seguinte:

1º. Modificar a base décima do acordo da Xunta de Goberno do 24 de agosto de 2026, relativo á aprobación do concurso público para a concesión de subvencións pola Deputación Provincial de Ourense para a prevención de incendios forestais e apoio á gandaría e explotacións agrícolas, correspondentes ao exercicio 2026, polo que queda co seguinte contido:

A. Onde di:

“A xustificación deberá realizarse ante a Deputación antes do 20 de decembro de 2026. O dito prazo terá como regra xeral carácter improrrogable, agás causa de forza maior debidamente acreditada pola entidade interesada, que en todo caso deberá solicitar a oportuna prórroga antes do 31 de outubro. En ningún caso se poderán conceder prórrogas por un período superior a un mes e medio. Non obstante o anterior, no caso de actividades desenvolvidas nos meses de novembro e decembro de 2026, o prazo de xustificación estenderase ata o 20 de xaneiro de 2027.

Tanto a xustificación como a renuncia poderán presentarse en calquera dos lugares previstos na base quinta, de forma presencial ou telemática, segundo proceda. Serán de aplicación as regras establecidas na base quinta para a presentación en papel ou telemática das solicitudes (referidas á documentación da conta xustificativa á que se refire esta base), así como a inexistencia da obriga de presentación de documentación orixinal. ”

B. Debe dicir:

A xustificación deberá realizarse ante a Deputación, como data límite, o 20 de decembro de 2026, con carácter improrrogable.

Tanto a xustificación como a renuncia poderán presentarse en calquera dos lugares previstos na base quinta, de forma presencial ou telemática, segundo proceda. Serán de aplicación as regras establecidas na base cuarta para a presentación en papel ou telemática das solicitudes (referidas á documentación da conta xustificativa á que se refire esta base), así como a inexistencia da obriga de presentación de documentación orixinal.

Notifícolle isto, facéndolle saber que contra o dito acordo poderá formular requirimento de anulación, previo ao recurso contencioso –administrativo, ante o órgano que o ditou no prazo de dous meses, ou, alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso – administrativo ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 da Lei reguladora da xurisdición contencioso – administrativa), igualmente no prazo de dous meses. En ningún caso poderán simultanearse ambos os recursos.

Os prazos computaranse de data a data a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación, e vencerá no día equivalente do mes natural seguinte ou, de non existir este, no último día do dito mes. No caso de que o día de vencemento sexa inhábil, prorrogarase o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Durante o mes de agosto e nos días que median entre o 24 de decembro e o 6 de xaneiro do ano seguinte, ambos os dous incluídos, os días de festas nacionais e os festivos para os efectos laborais na respectiva Comunidade Autónoma ou localidade, non correrá o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo, salvo para o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais no que o mes de agosto terá carácter de hábil.

Non obstante o anterior, poderá interpoñer calquera outro recurso ou acción administrativa ou xudicial que estime procedente.

Ourense, 2 de setembro de 2026. O presidente.

Asdo.: Luis Menor Pérez.

R. 2.138