IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE OURENSE

Servizo de Persoal e Recursos Humanos

Rectificación de erro material advertido no texto do Decreto número 2026008079, relativo ás bases para a provisión de 3 prazas de Inspector da Policía Local de Ourense.

Servizo de Recursos Humanos

Rectificar o erro material advertido no texto do Decreto número 2026008079, relativo ás bases para a provisión de 3 prazas de Inspector da Policía Local de Ourense, por promoción interna, escala executiva, categoría inspector, subgrupo A2, no sentido de substituír o texto erróneo polo texto correcto na base correspondente.

En cumprimento da normativa, faise público que o alcalde do Concello de Ourense, o 2 de setembro de 2026, con número 2026009160, adoptou a seguinte Resolución:

Onde di:

«Nomeamento como persoal funcionario en prácticas. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos esixidos, e inmediatamente antes do comezo do curso selectivo de formación, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario en prácticas na categoría de oficial, mediante resolución da correspondente Alcaldía, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia (BOP). As persoas así nomeadas permanecerán na citada situación desde o comezo do curso selectivo ata que se produza o seu nomeamento como persoa funcionaria de carreira ou a súa exclusión do proceso».

Debe dicir:

«Nomeamento como persoal funcionario en prácticas. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos esixidos, e inmediatamente antes do comezo do curso selectivo de formación, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario en prácticas na categoría de inspector, mediante resolución da correspondente Alcaldía, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia (BOP). As persoas así nomeadas permanecerán na citada situación desde o comezo do curso selectivo ata que se produza o seu nomeamento como persoa funcionaria de carreira ou a súa exclusión do proceso».

Réxime de recursos. Este acto pon fin á vía administrativa e contra el poderase interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no taboleiro de anuncios da sede electrónica; ou ben interpor directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Ourense, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio na sede electrónica. Se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interporse recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso ou acción que estimen procedente.

R. 2.128