IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE OURENSE

Servizos Xerais

Exposición pública do Plan de emerxencias municipal do Concello de Ourense

Información pública do Plan de emerxencias municipal do Concello de Ourense.

Unha vez elaborado o documento do Plan de emerxencias municipal do Concello de Ourense (expediente núm. 2024059326), é preceptivo sometelo ao trámite de información pública, por un prazo de vinte días hábiles, conforme ao establecido no artigo 33.1 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, en relación co artigo 83.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

En consecuencia, sométese a trámite de información pública o Plan de emerxencias municipal de Ourense durante un prazo de vinte días hábiles para a presentación de reclamacións ou suxestións, mediante os anuncios que se publicarán no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ourense e no Boletín Oficial da Provincia. O prazo de vinte días hábiles contarase a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Durante o dito prazo o expediente estará a disposición dos/as interesados/as nas oficinas do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Emerxencias, emprazado na zona de Feira Nova, s/n, 32001 Ourense, así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ourense:

https://sede.ourense.gob.es/

A documentación integrante do Plan poderá obterse nas oficinas indicadas ou obterse de forma telemática a través dos enlaces de descarga dispoñibles no anuncio publicado no taboleiro da sede electrónica do Concello.

As reclamacións e suxestións presentadas dentro do prazo indicado serán obxecto de informe pola Xunta Local de Protección Civil e de resolución expresa polo Pleno do Concello mediante o acordo de aprobación do plan.

Ourense, na data da sinatura electrónica. O alcalde.

Asdo.: Gonzalo Pérez Jácome.

R. 2.126