IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DO CARBALLIÑO

Nomeamento de Beatriz Viteri Bouso como persoal funcionario en prácticas na escala básica, categoría de oficial do corpo de Policía Local do Concello do Carballiño

Mediante a Resolución da Concellaría de Persoal do Concello do Carballiño, do 1 de setembro de 2026, ditada no expediente 4477/2025, acordouse o nomeamento de Beatriz Viteri Bouso como persoal funcionario en prácticas na escala básica, categoría de oficial do corpo de Policía Local do Concello do Carballiño, con efectos do 7 de setembro de 2026, de conformidade co establecido na base 11.2 da Orde do 24 de outubro de 2025, pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo de acceso por promoción interna (código de procedemento PR461C) nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial.

O nomeamento efectúase con carácter previo ao inicio do curso selectivo de formación convocado pola Academia Galega de Seguridade Pública mediante a Resolución do 6 de maio de 2026.

A persoa nomeada permanecerá na situación de persoal funcionario en prácticas desde o inicio do curso selectivo ata que se produza o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira ou, de ser o caso, a súa exclusión do proceso selectivo, nos termos establecidos nas bases da convocatoria e na normativa aplicable.

O curso selectivo terá unha duración de 250 horas lectivas e desenvolverase do 7 de setembro ao 23 de outubro de 2026, en réxime semipresencial, de acordo co establecido na Resolución do 6 de maio de 2026 da Academia Galega de Seguridade Pública.

Isto publícase para o coñecemento xeral e para os efectos previstos na base 11.2 da convocatoria.

O Carballiño, 1 de setembro de 2026. O concelleiro delegado de Persoal.

Asdo.: Alberto Otero Carneiro.

R. 2.116