IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DA MEZQUITA

Aprobación definitiva da Ordenanza municipal para a protección e conservación dos camiños e vías de titularidade municipal en relación coas operacións de corta e saca de madeira

Polo Acordo do Pleno do 21 de agosto de 2026, aprobouse definitivamente a Ordenanza municipal para a protección e conservación dos camiños e vías de titularidade municipal en relación coas operacións de corta e saca de madeira, o que se publica para os efectos dos artigos 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Ordenanza do Concello da Mezquita para a protección e conservación dos camiños e vías de titularidade municipal, en relación coas operacións de corta e saca de madeira

Preámbulo

Unha vez considerada a importancia que ten o sector forestal extractivo de madeira e leña no territorio municipal, ou a incidencia desta actividade na conservación e mantemento das vías públicas, cómpre compatibilizar as actividades de aproveitamento forestal coa conservación das vías e bens municipais, preservación do medio e coa protección da paisaxe.

O artigo 25.2.d) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local considera como competencia propia dos Concellos as infraestruturas viarias e os outros equipamentos da súa titularidade. Pola súa parte, o artigo 26 da mesma norma establece como un servizo de prestación obrigatoria en todos os municipios o acceso aos núcleos de poboación e a pavimentación das vías públicas.

A nosa lexislación recoñece a obriga das Administracións de manter en axeitado estado de conservación as estradas e camiños da súa titularidade, e así se desprende do previsto no artigo 9.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia cando establece que: “a administración titular da estrada é responsable do servizo público das vías, así como do debido exercicio das facultades e prerrogativas que lle recoñece a presente lei” e igualmente do establecido no artigo 33 da mesma norma, que no seu punto 1 e 2 establece que: “ a explotación do dominio público viario comprende as operacións de conservación e mantemento, así como todas as accións encamiñadas á súa defensa, mellor uso e aproveitamento.

A conservación e mantemento do dominio público das vías comprende as actividades necesarias para preservar o estado dos seus bens e manter a viabilidade da rede de estradas.” Finalmente, o artigo 57 do Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, insiste na mesma idea ao establecer: “corresponde ao titular da vía a responsabilidade do mantemento desta nas mellores condicións posibles de seguridade para a circulación, e da instalación e conservación nela dos axeitados sinais e marcas viarias.”

Esta ordenanza dítase ao abeiro do disposto nos artigos 25.2.d) e 27.3.b), 68.1, e 139 e concordantes da Lei 7/1985, do 2 de abril, Lei de bases de réxime local; o artigo 80.2. a), d), f) da Lei 5/1997, de administración local de Galicia; os artigos 74 a 77, e concordantes, do Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das entidades locais. Ademais, o Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia e desenvolve a Lei de estradas de Galicia, avala a capacidade do titular das estradas para exercer as facultades e prerrogativas que ostenta, entre elas a disposta no artigo 36 que lle permite impoñer de xeito motivado limitacións temporais ou permanentes á circulación en certos treitos daquela ou para determinados tipos de vehículos, nos supostos previstos na normativa en materia de circulación, e o artigo 47, que regula a posibilidade de someter ao deber de obter a correspondente autorización previa no caso de execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade na zona de dominio público da estrada ou nas súas zonas de protección, correspóndelle á administración titular da estrada o seu outorgamento.

Por último, debemos lembrar que o artigo 139 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local establece a posibilidade de que para a axeitada ordenación das relacións de convivencia de interese local e do uso dos seus servizos, equipamentos, infraestruturas, instalacións e espazos públicos, os entes locais poderán, en defecto da normativa sectorial específica, establecer os tipos das infraccións e impoñer sancións polo incumprimento dos deberes, das prohibicións ou das limitacións, contidos nas correspondentes ordenanzas, de acordo cos criterios establecidos nos artigos seguintes, habilitase deste xeito ás Entidades Locais para que establezan un réxime sancionador para os casos do incumprimento das ordenanzas municipais e menciónase expresamente á protección dos equipamentos, das infraestruturas, das instalacións e dos espazos públicos.

Artigo 1. Obxecto

A presente Ordenanza ten por obxecto garantir a preservación do medio ambiente e a conservación dos camiños e pistas rurais de titularidade municipal, regulando as condicións da utilización das vías e espazos públicos durante as tarefas de corta de plantacións e as operacións de extracción de madeira, depósito, carga e transporte de madeira procedente da tala.

Esta ordenanza afecta aos actos que se desenvolvan e que teñan por obxecto a obtención de madeira e o seu transporte, as operacións preparatorias da corta, os desprazamentos de vehículos e maquinaria, a construción de ramplas de acceso aos terreos, os depósitos de madeira, o transporte da madeira; así como calquera outra relacionada coa actividade forestal na medida en que afecten ou poidan potencialmente afectar ao dominio público municipal.

Artigo 2. Requisitos para as operacións de corta e saca de madeira

1. Para realizar os traballos de corta e saca de madeira en terreos con plantacións forestais pertencentes a este Concello, será obriga presentar no rexistro das oficinas municipais unha solicitude de autorización por escrito por parte da empresa madeireira e outra solicitude de autorización por parte do propietario da finca sobre a que se realizan os traballos, con 15 días hábiles de antelación á data prevista para o inicio dos traballos, conforme os modelos contemplados no Anexo I e II desta ordenanza, e sen prexuízo da obtención dos permisos e/ou autorizacións que, de acordo coa normativa vixente, sexan necesarios.

2. A Solicitude de autorización por parte do propietario da finca obxecto de explotación que deberá estar asinada por este e na que constarán os datos recollidos no Anexo I.

3. A Solicitude de autorización por parte da empresa madeireira deberá estar asinada por esta e nela constarán os seguintes datos (Anexo II):

- Datos de identificación do/a titular da empresa madeireira.

- Persoa física: nome, apelidos, NIF, enderezo e teléfono.

- Persoa xurídica: razón social, CIF, enderezo, teléfono, así como o nome, os apelidos e NIF da persoa representante da empresa.

- Datas previstas do inicio e remate dos traballos.

- Nome do/s titular/es das parcelas obxecto do aproveitamento.

- Identificación catastral da/s leira/s ou monte/s afectado/s. Lugares ou parroquias.

- Lugar ou lugares previstos para o depósito da madeira á espera da súa carga.

- Camiños e vías empregadas nas operacións de saca e transporte de madeira.

- Listado dos vehículos e maquinaria empregados nas operacións que se desenvolverán, detallando a marca, modelo, matrícula, PMA e TARA de cada un.

- Canda a solicitude, deberá aportar a seguinte documentación:

* Fotocopia da solicitude do responsable para o aproveitamento madeireiro, presentada ante o órgano forestal competente, de acordo coa Lei 7/2012, do 28 do xuño, de montes do Galicia.

* Copia da transferencia bancaria ou orixinal do aval bancario en concepto de garantía.

* Declaración de responsabilidade por parte do madeireiro/a comprometéndose a repoñer os danos e a retirar os restos de biomasa ou lixo.

* Se fora o caso, copia compulsada das autorizacións sectoriais precisas, organismo de conca, patrimonio cultural, estradas, etc.).

* Plano indicativo da parcela e das vías para empregar nos traballos de saca de madeira, así como das zonas elixidas para o depósito temporal desta.

* Reportaxe fotográfica do estado dos camiños ou vías públicas que se usarán.

* Copia da póliza do seguro de responsabilidade civil en vigor.

* Modelo de garantía conforme o Anexo II.

4. Se con posterioridade á presentación da solicitude xurdisen novos aproveitamentos de fincas non incluídas nesta, poderanse ir incorporando á solicitude inicial, sempre e cando se empreguen as mesmas vías de saca ou os mesmos lugares de provisión.

5. No caso de incumprimento da obriga de solicitude establecida neste artigo, o Concello poderá suspender os actos de corta e saca da madeira que se estean a realizar, ou proceder de conformidade co establecido nos apartados 3 e 4 do artigo 5.

Artigo 3. Garantía

- As empresas madeireiras deberán depositar unha fianza ou garantía en metálico, ou aval bancario, a favor do Concello e por cada operación de corta a saca de madeira, co obxecto de responderen dos posibles danos e prexuízos causados e non reparados por mor da súa actividade, na contía que se recolle no seguinte recadro (Anexo III):

Concepto

Garantía

Por tonelada de madeira extraída

1 € I Tm

Vías públicas con firme de formigón, asfalto, aglomerado ou semellante

2 € m/l

Total garantía

A contía da garantía poderá ser actualizada anualmente en función do IPC

- A garantía deberá depositarse na Tesourería municipal do Concello da Mezquita en calquera das formas establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, o que deberá ser acreditado na solicitude de autorización.

- As empresas madeireiras que vaian realizar aproveitamentos en parcelas contiguas non incluídas na solicitude, deberán presentar a garantía correspondente para os novos aproveitamentos.

- O incumprimento de depositar a garantía pode dar lugar a que o Concello suspenda os traballos de corta e saca que se estean realizando.

- Unha vez rematados os traballos de corta e saca de madeira, a autorización administrativa ou declaración, a empresa madeireira poderá solicitar a devolución da garantía, segundo o modelo do Anexo III.

- A devolución da garantía efectuarase nun prazo de 1 mes, previo informe favorable dos servizos técnicos municipais, que comprobarán o estado de conservación e limpeza das vías e espazos de dominio público local.

- No caso de informe desfavorable polo incumprimento das obrigas e prohibicións, o Concello procederá de conformidade co establecido nos apartados 3° e 4° do artigo 6 desta ordenanza.

- Unha vez transcorrido o prazo outorgado no requirimento, se este foi atendido, o Concello devolverá a garantía, previo informe favorable dos servizos técnicos municipais. De non se cumprir o requirimento, o Concello acordará a execución subsidiaria e realizará os traballos que sexan necesarios a costa da persoa obrigada e sobre o importe da garantía depositada.

- Cando a cantidade depositada en concepto de garantía resulte insuficiente para sufragar os traballos mencionados no parágrafo anterior, o Concello elaborará un informe técnico sobre a valoración dos danos e requirirá á persoa responsable para que aboe a diferenza. No caso de non ser atendido este requirimento, o Concello exercerá as accións legais e fiscais oportunas.

Artigo 4. Responsables

1. A empresa madeireira ou a persoa ou persoas que leven a cabo as actuacións forestais serán responsable directamente de todos os danos e prexuízos a persoas e bens que se produzan ou ocasionen con motivo da corta, depósito e transporte da madeira, debendo reparar o dano causado. O Concello velará especialmente para que as ditas operacións de corta e saca de madeira non ocasionen danos nas vías públicas municipais e estas queden en axeitado estado de conservación, limpeza e seguridade.

2. A obriga recollida no punto anterior será esixible non só polos actos ou omisións propios, senón tamén polos cometidos por calquera persoa que, sen ser empregada ou traballadora da empresa madeireira, interveña nas operacións de corta e saca de madeira por conta, consentimento ou aquiescencia da empresa madeireira, e, en xeral, polos cometidos por aquelas persoas de quen deba responder.

Artigo 5. Obrigas.

1. A empresa madeireira ou persoas responsables estarán obrigados a asumir as custas da reparación dos estragos producidos nas vías, nas estruturas anexas ou en outros elementos do dominio público local. Cando dita reparación non resultase posible, estarán obrigadas á indemnizar ao Concello polos danos causados.

- A empresa madeireira ou persoas responsables, quedan obrigados á limpeza e retirada dos residuos da corta da madeira, de xeito que as pistas, camiños ou espazos públicos queden en todo momento no mesmo estado de limpeza e conservación que tiñan antes de levarse a cabo as operacións de corta e saca de madeira. A obriga de limpeza deberá cumprirse todos os días ao final da xornada de traballo.

- Os depósitos de rolla, pólas, podalla ou demais restos non poderán invadir as zonas de circulación viaria, nin menoscabar a funcionalidade das cunetas, gabias, canalizacións, pontellas ou calquera outra infraestrutura auxiliar ou anexa ós camiños ou vías, co obxecto de evitar riscos para as persoas usuarias.

- Prohíbese que os refugallos que non sexan estritamente vexetais fiquen ou se depositen no monte, vías ou lugares non autorizados. Os residuos asimilables aos urbanos seleccionaranse e depositaranse no contedor municipal adecuado. Os residuos industriais, especialmente aceites usados, entregaranse a un xestor autorizado de residuos.

- As empresas madeireiras e as persoas responsables e/ou as persoas propietarias dos montes tratarán os restos forestais de maneira que minimicen o risco de incendio, e darán prioridade aos tratamentos que supoñan a incorporación destes restos ao ciclo produtivo agroforestal ou ao aproveitamento da biomasa forestal residual nas súas distintas variantes.

- A empresa madeireira ou persoas responsables estarán obrigados a sinalizar as vías situadas nas zonas de extracción e depósito de madeira, conforme o establecido na normativa vixente en materia de tráfico, circulación e seguridade viaria.

- Prohíbese o uso das vías públicas para almacén ou depósito irregular da madeira.

- A empresa madeireira deberá derrubar e repor ao seu estado anterior as ramplas abertas para facilitar o acceso ao terreo ou ao monte, co obxecto de que, cando chova, a auga e a terra arrastrada non asolague e cause danos nas pistas ou camiños municipais.

- Estas obrigas será complementarias das restantes obrigas que lle veñan impostas pola lexislación vixente en cada momento.

Artigo 6. Infraccións

- Son infraccións da presente ordenanza os actos e omisións que contraveñan o establecido nesta.

A comisión de calquera infracción levará aparellada a imposición aos responsables das correspondentes sancións, ademais da obriga de indemnizar aos prexudicados polos danos derivados da súa comisión ou de repor os elementos danados ao seu estado orixinal.

- As infraccións a esta ordenanza cualifícanse en moi graves, graves e leves.

- Constitúen infraccións moi graves:

1. Non presentar, no prazo que se lle indique, o escrito de posta en coñecemento, unha vez requirido para iso polo Concello.

2. Deixar as vías municipais nun estado de sucidade que supoña unha situación de risco para a seguridade viaria, segundo o informe municipal emitido para o caso.

3. Causar danos nas estradas, pistas, camiños ou en outros elementos do dominio público local por valor superior a 6.000,00 €.

4. Cometer, no prazo dun ano, dúas faltas graves firmes na vía administrativa.

- Son infraccións graves:

1. Non presentar o escrito de comunicación previa.

2. Deixar as vías municipais en deficiente estado de sucidade, segundo o informe municipal emitido para o caso.

3. Causar danos nas estradas, pistas, camiños ou en outros elementos do dominio público local por valor inferior a 6.000,00 €.

4. Non demoler ou non repor ao seu estado orixinal as ramplas ou accesos que se abriran para acceso aos terreos forestais.

5. Cometer, no prazo dun ano, dúas faltas leves, firmes na vía administrativa.

- Considéranse infraccións leves calquera outro incumprimento desta ordenanza que non estea cualificado como moi grave ou grave e cuxa sanción corresponda ao Concello.

Artigo 7. Prescrición das infraccións

1. As infraccións previstas na presente ordenanza prescribirán nos seguintes prazos:

- As infraccións moi graves, aos tres anos.

- As infraccións graves, aos dous anos.

- As infraccións leves, aos seis meses.

2. O prazo de prescrición comezará a contar desde o día en que a infracción se cometese.

3. Interromperá a prescrición o inicio, co coñecemento da parte interesada, do procedemento sancionador, renovándose o prazo de prescrición se o expediente sancionador estivese paralizado durante máis dun mes por causa non imputable á parte presuntamente responsable.

Artigo 8. Sancións

1. As infraccións da presente ordenanza serán sancionadas do seguinte xeito:

- as leves, con multa de 600,00 euros a 750,00 euros.

- as graves, con multa de 750,01 euros a 1.500,00 euros.

- as moi graves, con multa de 1.500,00 euros a 3.000,00 euros.

2. Gradación das sancións. Para a gradación das multas atenderase:

- á natureza do risco ou dano ocasionado.

- á súa repercusión e transcendencia polo que respecta ao prexuízo causado.

- ao custo de restitución.

- á existencia de intencionalidade ou reiteración na comisión das infraccións a esta ordenanza.

- ao retraso inxustificado na reparación dos elementos danados.

Artigo 9.- Procedemento sancionador.

1. Os procedementos iniciaranse de oficio por acordo do órgano competente, ben por propia iniciativa, a petición razoada de outros órganos o por denuncia.

2. O exercicio da potestade sancionadora prevista nesta ordenanza requirirá a incoación e instrución do correspondente expediente administrativo de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e nos artigos 25 a 31 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público ou a normativa que a substitúa.

3. As multas e sancións impostas ao abeiro da presente ordenanza reduciranse na súa contía nun 50% no caso de se aboaren no prazo de 15 días a partir da notificación da multa ou sanción, e se a persoa infractora mostra por escrito a súa conformidade con estas, e renuncia expresamente ao exercicio de toda acción de impugnación no citado prazo.

4. O pagamento das multas poderase esixir pola vía administrativa do constrinximento, sen prexuízo da esixencia, se for o caso, das correspondentes responsabilidades civís e penais.

5. As sancións serán independentes da reparación do dano causado e da indemnización de danos e perdas á que dese lugar.

6.A resolución do expediente sancionador corresponderá á Alcaldía ou quen teña a competencia delegada.

Artigo 10. Obriga de repoñer e indemnizar os danos

1. Sen prexuízo da sanción administrativa que se impoña, quen infrinxa a presente ordenanza terá a obriga de repoñer e restaurar as cousas ao seu ser e estado anteriores á infracción cometida e dos danos e prexuízos causados, na forma e condicións establecidas polo órgano competente.

A tal fin, por parte do órgano competente da Corporación requiriráselle á persoa ou persoas responsables concedéndoselles un prazo razoable para que repoñan os elementos danados; un prazo durante o cal tamén se poderán formular as alegacións que se estimen oportunas. Unha vez transcorrido o dito prazo, se non se repuxeran os danos por parte do Concello, comunicaráselles a execución subsidiaria e o custo estimado da dita execución e concederáselles un prazo de dez días para formular cantas alegacións se estimen oportunas. Finalmente, resolverase polo órgano competente a execución subsidiaria dos traballos que serán repercutidos na persoa ou persoas responsables.

2. No caso de que os elementos deteriorados non poidan ser repostos ao seu estado orixinal, estes serán valorados polos técnicos municipais e o seu importe será obxecto de reclamación á persoa ou persoas responsables, concedéndolles un prazo de 10 días para que formulen cantas alegacións estimen oportunas e unha vez transcorrido o cal, ditarase resolución polo órgano competente.

3. A prescrición das infraccións e sancións non afectará á obriga de repoñer ou restaurar as cousas ao seu ser e estado primitivo, nin á de indemnizar polos danos e prexuízos causados.

Disposicións finais

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia da Ourense e transcorrido o prazo de quince días hábiles previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e permanecerá vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

A Alcaldía queda facultada para ditar cantas ordes ou instrucións resulten necesarias para a adecuada interpretación, desenvolvemento e aplicación desta ordenanza, incluída a posibilidade de introducir modificacións no Anexo I que acompaña á presente ordenanza.

(Ver anexos páx. seguinte)

ANEXO I

MODELO DE COMUNICACIÓN PREVIA DAS OPERACIÓNS PARA A CORTA E SACA DE MADEIRA POR PARTE DOS PROPIETARIOS DA PARCELA. CANLE DE NOTIFICACIÓN

DATOS DO PROPIETARIO DA PARCELA

NIF

Nome

Primeiro apelido

Segundo apelido

Teléfono

Correo electrónico

Domicilio de notificación

Código Postal

Concello

Provincia

DATAS DOS TRABALLOS TALA E EXTRACCIÓN

Inicio

Fin

DATOS DAS PARCELAS AFECTADAS (POLÍG/REF.CATASTRAIS)

DATOS DA EMPRESA MADEREIRA:

NIF

Nome

Primeiro apelido

Segundo apelido

Teléfono

Correo electrónico.

Domicilio de notificación

Código Postal

Concello

Provincia

DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE

1. Que son certos cantos datos e manifestacións expuxen na presente comunicación e na documentación que se achega.

2. Que as actuacións que se detallan nesta comunicación previa cumpren coa normativa de aplicación neste concello.

3. Que obtiven todas as autorizacións preceptivas necesarias para a actuación que se pretende.

Data e sinatura

En ............................................., a ..............de............................de 20.........

ANEXO II

MODELO DE COMUNICACIÓN PREVIA DAS OPERACIÓNS PARA O CORTE E SACA DE MADEIRA POR PARTE DA EMPRESA MADEREIRA. CANLE DE NOTIFICACIÓN

□ Notificación Postal

□ Notificación telemática

DATOS DA PERSOA QUE PRESENTA

NIF

Nome

Primeiro apelido

Segundo apelido

Teléfono

Correo electrónico

Domicilio de notificación

Código Postal

Concello

Provincia

ACTUANDO

□ Actuando en nome propio

□ Representando, en calidade de

Tipo de representación: (posibles valores representante legal, titor/a legal, herdeiro/a legal, REA-

Rexistro Electrónico de Apoderados, outros, certificado de representación, xestoría).

Empregado/de.................

DATOS DO MADEIREIRO

NIF

NOME OU RAZÓN SOCIAL DO MADEIREIRO

NIF REPRESENTANTE

NOME DO REPRESENTANTE

APELIDOS REPRESENTANTE

DIRECCIÓN

CONCELLO

PROVINCIA

TELÉFONO

CORREO ELECTRÓNICO

DATAS TRABALLOS TALA E EXTRACCIÓN

Inicio

Fin

DATOS DE PARCELAS AFECTADAS (POLÍG/REF.CATASTRAIS)

DATOS DE VEHÍCULOS QUE SE VAN EMPREGAR (modelo e matrícula)

DATOS DE ESPECIES E CANTIDADES PARA EXTRAER.

LUGARES PREVISTOS DEPÓSITO MADEIRA EN ESPERA

DOCUMENTACIÓN QUE SE XUNTA (imprescindible ANEXO GARANTÍA e copia seguro responsabilidade civil).

DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE

1. Que son certos cantos datos e manifestacións expuxen na presente comunicación e na documentación que se achega.

2. Que as actuacións que se detallan nesta comunicación previa cumpren coa normativa de aplicación neste concello.

3. Que obtiven todas as autorizacións preceptivas necesarias para a actuación que se pretende.

Data e sinatura

En ............................................., a ..............de............................de 20..............

ANEXO INFORMATIVO DESCRICION

O procedemento de “comunicación previa para a talla e saca de madeira” regula a obriga de presentar nas oficinas municipais unha comunicación previa por escrito antes do comezo das actividades. Isto farase sen prexuízo da necesaria obtención, con carácter previo, doutros permisos ou autorizacións que sexan necesarios conforme á normativa vixente.

Documentación

- Solicitude de comunicación previa para a talla e saca de madeira.

- Autorización da Xunta de Galicia. Autorización para proceder á corta, expedida pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

- Plano da situación. Plano detallando a localización xeográfica onde se realizará a corta, e zonas de ocupación da vía pública, se fose necesaria.

- Fotocopia do seguro de responsabilidade civil. O que se publica para o coñecemento xeral.

ANEXO III

CÁLCULO DA GARANTÍA

CANTIDADE DE TONELADAS QUE SE EXTRAERÁN

GARANTÍA (1 €/T)

IMPORTE

TIPO DE VÍA PÚBLICA

GARANTÍA (2 € m/l)

IMPORTE

KM. DE VÍA PÚBLICA CON FIRME DE FORMIGÓN, ASFALTO, AGLOMERADO OU SEMELLANTE.

TOTAL GARANTÍA:

Formas do depósito da garantía, segundo a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

GARANTÍA EN METÁLICO A FAVOR DO CONCELLO CON NÚM. DE CONTA:

AVAL BANCARIO:

OUTRAS (ESPECIFICAR):

Observacións:

Contra este acordo, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Ourense con sede en Ourense, no prazo de dous meses que contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

A Mezquita, 27 de Agosto de 2026.

R. 2.093