IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE SANDIÁS

Bases reguladoras da convocatoria de axudas para a adquisición de libros e material escolar para o curso 2026/2027

Bases reguladoras da convocatoria de axudas para a adquisición de libros e material escolar para o curso 2026/2027

Para os efectos oportunos, publícase que por Decreto da Alcaldía do 19.08.2026 aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión de axudas para a adquisición de libros e material escolar para o curso 2026/2027, destinadas a alumnos matriculados no centro público de educación de Sandiás, conforme ás seguintes cláusulas:

Primeira. Obxecto da convocatoria

Esta convocatoria ten por finalidade a concesión de subvencións ás familias do Concello de Sandiás cuxos fillos e fillas acudan ao centro docente público de Educación Infantil (segunda etapa) e Educación Primaria para o curso 2026/2027, para axudar a facer fronte aos gastos orixinados pola escolaridade e como incentivo á fixación de poboación nos pequenos municipios.

Segunda. Beneficiarios

As familias dos/as alumnos/as que estean matriculados/as no curso 2026/2027 no nivel de Educación Infantil (segunda etapa) e Educación Primaria.

Terceira. Requisitos dos solicitantes

As axudas poderán ser solicitadas polas familias dos alumnos/as que cumpran os seguintes requisitos:

1. Estar o/a alumno/a empadroado/a no Concello de Sandiás antes de que finalice o prazo de solicitudes.

2. Estar matriculado/a no nivel de Infantil, ou Primaria do centro público de Sandiás.

3. Os/as beneficiarios/as deben comunicarlle ao Concello a obtención doutras axudas para a mesma finalidade.

4. Estar ao corrente no pago de todos os tributos e taxas municipais.

5. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario segundo o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cuarta. Financiamento da convocatoria

As concesións das axudas reguladas nesta orde serán atendidas con cargo á aplicación orzamentaria 231.480 do exercicio 2026, que conta cun orzamento de 2.000,00€.

Quinta. Contía e límites

As axudas municipais escolares son compatibles con calquera outra axuda, para a mesma finalidade, de organismos públicos ou privados, sen que excedan no seu conxunto o 100 % do gasto, comprometéndose o solicitante a comunicar ou reintegrar o concedido polo Concello de Sandiás no caso de percibir outra axuda para o mesmo gasto que supere o 100 % do importe.

Os/as beneficiarios/as poderán recibir como máximo as seguintes contías, en función das solicitudes presentadas e ata esgotar o crédito orzado: 60,00 €.

Sexta. Solicitude e documentación para achegar

1. As solicitudes presentaranse no Concello nos modelos facilitados para o efecto.

2. As solicitudes (debidamente cubertas e asinadas) deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

- Certificado ou informe do centro escolar onde os/as alumnos/as realicen estudos, no que se especifique o curso onde están matriculados/as.

- Certificado ou informe do centro escolar conforme recibiron axudas, a súa cantidade, ou se polo contrario non percibiron ningunha.

- Fotocopia do DNI do/a solicitante, pai, nai, titor/ra ou persoa adxudicataria en sistemas de acollemento familiar.

- Fotocopia do libro de familia.

- Certificado do empadroamento do alumno/a

Sétima. Lugar e prazo de presentación

A solicitude presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Sandiás, ou en calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación será de 15 días naturais, que contarán desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. Publicarase tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Sandiás, así como na páxina web municipal.

Oitava. Corrección da solicitude

Segundo o establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se a solicitude de subvención non reúne os requisitos que sinala o artigo 66 e, de ser o caso, os que sinala o artigo 67 ou outros esixidos pola lexislación específica aplicable, requiriráselle ao interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixer, teráselle por desistido da súa petición.

Novena. Comisión Técnica de Avaliación

A Comisión Técnica de Avaliación estará formada por:

- Presidente: o alcalde do concello ou persoa na que delegue.

- Vogais: traballadora social, axente de emprego e desenvolvemento rural e secretario do concello, ou persoas que os substitúan.

- Secretario/a: auxiliar do concello ou persoa que o/a substitúa.

Décima. Criterios de valoración

A axuda concederáselles a todos/as os/as solicitantes que cumpran os requisitos mencionados no apartado de beneficiarios ata esgotar a partida orzamentaria dividindo o importe total da partida orzamentaria entre o número de beneficiarios, tendo en conta o límite máximo de concesión da subvención.

Décimo primeira. Resolución e avaliación das propostas

A Comisión Técnica avaliará as solicitudes, de conformidade cos criterios e valoración que se determinan nas bases, e fará constar expresamente que, da información que consta no seu poder, despréndese que os beneficiarios cumpren todos os requisitos necesarios para acceder ás subvencións.

A proposta de resolución conterá a relación, na que se indicarán todas as persoas solicitantes que participan na convocatoria, o alumnado, expediente, colexio, curso, concepto (libros, material escolar) e resolución de axudas, co seu estado de concedido ou denegado.

- Concedidas. Indicarase a subvención individual de cada persoa beneficiaria.

- Denegadas. Farase constar algúns dos seguintes motivos:

* A solicitude foi presentada fóra de prazo

* Non achegaron a documentación requirida

* Non estar empadroados/as

* O/a alumno/a non está matriculado/a

*O/a alumno/a percibe axudas para a mesma finalidade que superan o 100% do gasto

* Outros datos

A Xunta de Goberno, tendo en conta a proposta da Comisión Avaliadora, acordará a aprobación definitiva das subvencións, con cargo á aplicación orzamentaria 231.480 do Orzamento do Concello de Sandiás do ano 2026, por un importe máximo de 2.000,00 €.

O prazo de resolución non excederá de tres meses que contará desde o fin do prazo da presentación de solicitudes.

A resolución do procedemento notificaráselles aos interesados conforme ao previsto no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo comúns das administracións públicas.

O vencemento do prazo máximo sen que se notifique a resolución, lexitima os interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

Décimo segunda. Aceptación da subvención e compromisos

A subvención entenderase aceptada polo solicitante, se dentro do prazo dos 10 días seguintes á comunicación da concesión, non manifesta nada en contra.

Os beneficiarios das subvencións, unha vez aceptada estas, quedarán obrigados a destinar os fondos percibidos para o obxecto concreto para o que foron concedidas. Os beneficiarios someteranse ás actuacións de comprobación e seguimento da aplicación da subvención e facilitarán canta información lles sexa requirida e aceptarán os seguintes deberes:

1. Cumprir todas as normas establecidas nesta convocatoria.

2. Responder da veracidade dos datos da solicitude.

3. Comunicarlle ao Concello de Sandiás calquera cambio que afecte á situación da persoa beneficiaria ou da súa unidade de convivencia.

Décimo terceira. Xustificación e pago

Aboarase o importe da subvención concedida cando os beneficiarios a xustifiquen debidamente, coa presentación da seguinte documentación:

- Factura orixinal do gasto realizado. En cada factura deberán figurar, polo menos, os seguintes datos: CIF ou NIF do establecemento, nome do titular do establecemento (empresa/apelidos e nome), datos do establecemento (denominación comercial, dirección completa, concello e provincia), data e número de factura, tipo ou tipos impositivos aplicables nas operacións (base impoñible e IVE do total da factura desagregada, detalle de compra/concepto e titular desta: pai, nai, titor/a ou persoa solicitante.

- Declaración formal, asinada polo representante, de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade doutras administracións públicas ou privadas.

Décimo cuarta. Forma e prazo de pago da subvención

O pago realizarase mediante transferencia bancaria no número de conta que figura no formulario da solicitude, xunto coa documentación que nel se require.

O importe para xustificar non será inferior en ningún caso ao 100 % do importe da subvención concedida; noutro caso, reducirase a axuda ata o importe xustificado.

O importe da subvención concedida aboarase unha vez aprobada definitivamente, e previa xustificación dos gastos subvencionables. Non se realizarán pagos a conta.

Décimo quinta. Prazo de xustificación da subvención

O prazo máximo para xustificar a subvención será o 27 de novembro de 2026.

Décimo sexta. Reintegro de subvencións

As causas de reintegro da subvención serán as que se determinan no artigo 37 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición final.

En todo o non disposto nesta convocatoria, haberá que aterse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, Lei 38/2003, xeneral de subvencións, Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións, Plan estratéxico de subvencións. Ordenanza xeral de Subvencións de Sandiás e as bases de execución do Orzamento do Concello de Sandiás.

(Ver anexos páx. seguinte).

ANEXO I

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

SOLICITUDE

DATOS DA PERSOA SOLICITANTE

DNI

NOME E APELIDOS

DOMICILIO

DATOS DE CONTACTO

TELÉFONO

CORREO ELECTRÓNICO

DATOS DO ALUMNO PARA O QUE SE SOLICITA AXUDA

NOME E APELIDOS

DATA DE NACEMENTO

ESTUDOS QUE REALIZA NO CURSO 2026/2027

INFANTIL

PRIMARIA

DATOS BANCARIOS

IBAN:

Sandiás, ………………..de…………………………….de 2026

Asdo.: ……………………………………….

ANEXO II

NOME E APELIDOS………………………………………………...………………………...................

CON DNI N.º……………………………CON DOMICILIO EN ………………………………............

En relación coa axuda económica do Concello de Sandiás, destinada a financiar a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2026/2027, DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE:

1. Que non incorro en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 1 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Que estou ao corrente das miñas obrigacións fiscais co Concello de Sandiás, coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, coa Xunta de Galicia e coa Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Sandiás, ……………………..de……………………..de 2026

Asdo.:………………………………………

ANEXO III

NOME E APELIDOS…………………………………….....................……...……………………….....

CON DNI N.º……………………………... CON DOMICILIO EN ………………........……………....

En relación coa axuda económica do Concello de Sandiás, destinada a financiar a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2026/2027, DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE:

Que foi cumprida a finalidade para a que se outorgou a subvención concedida.

Que non teño solicitada, nin concedida, nin están pendentes de resolución outras subvencións ou axudas das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, para o mesmo concepto que o solicitado nesta subvención.

Que solicitei outra axuda económica para a mesma finalidade.

Que teño concedida una axuda por importe de …………………………….€

Sandiás, ………………...de…………………………..de 2026

Asdo.:………………………………………………….

Contra este acordo poderase interpoñer, potestativamente, un recurso de reposición ante a Alcaldía do Concello de Sandiás, no prazo dun mes, como trámite previo ao Contencioso-administrativo, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo ante do Xulgado Provincial do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses, sen que se poidan compaxinar ambos os recursos. Os prazos indicados computaranse a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

En todo caso, poderase interpoñer calquera outro recurso ou acción administrativa ou xudicial que estime procedente.

O alcalde. Asdo.: Felipe Traveso García.

R. 2.077