I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Aprobación das bases reguladoras da convocatoria para a concesión de subvencións destinadas ao fomento da recría de ruminantes (vacún, ovino e caprino) nas explotacións gandeiras en réxime extensivo da provincia de Ourense para o exercicio 2026

Para os efectos oportunos, publícase que a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense adoptou, na súa sesión ordinaria do día 24 de agosto de 2026, o acordo de aprobación das bases reguladoras da convocatoria para a concesión de subvencións destinadas ao fomento da recría de ruminantes (vacún, ovino e caprino) nas explotacións gandeiras en réxime extensivo da provincia de Ourense para o exercicio 2026, nos seguintes termos:

Primeira. Obxecto:

O obxecto das presentes bases é regular o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións convocadas pola Deputación Provincial de Ourense destinadas ao fomento da recría de femias de gando vacún, ovino e caprino nas explotacións gandeiras extensivas situadas na provincia de Ourense, correspondentes ao exercicio 2026.

Quedan excluídas da presente convocatoria, e non poderán ser beneficiarias das axudas, aquelas explotacións que foran perceptoras dunha subvención destinada á mesma finalidade ao abeiro da convocatoria da Xunta de Galicia publicada no Diario Oficial de Galicia do 1 de xullo de 2026.

Estas subvencións teñen por finalidade incentivar a permanencia nas explotacións dos animais destinados á reposición do rabaño reprodutor, compensando parcialmente o esforzo económico asumido polos titulares das explotacións ao optar pola recría propia fronte á comercialización temperá dos animais.

Así mesmo, esta liña de axudas pretende contribuír aos seguintes obxectivos de interese público:

a) Favorecer a viabilidade económica das explotacións gandeiras extensivas.

b) Incrementar a capacidade produtiva e a estabilidade futura das explotacións mediante a renovación do rabaño.

c) Contribuír á conservación da cabana gandeira da provincia de Ourense.

d) Favorecer o aproveitamento sustentable dos recursos naturais mediante o mantemento do pastoreo extensivo, contribuíndo á redución da biomasa combustible e á prevención dos incendios forestais.

e) Impulsar a fixación de poboación no medio rural e a continuidade da actividade agraria.

Serán subvencionables exclusivamente as femias reprodutoras que cumpran simultaneamente os seguintes requisitos:

Ter nacido na explotación beneficiaria durante o ano 2025.

Estar correctamente identificados conforme á normativa vixente en materia de identificación e rexistro animal.

Permanecer na explotación como animais destinados á reposición do rabaño reprodutor.

Permanecer na explotación, salvo os supostos expresamente previstos nestas bases, ata o 31 de decembro de 2030 no caso de gando bovino e ata o 31 de decembro de 2028 para o gando ovino e caprino.

Segunda. Definicións:

Para os efectos destas bases entenderase por:

Animal elixible: aquel animal da especie bovina, ovina ou caprina que cumpra todos os requisitos establecidos na base primeira e nas restantes disposicións destas bases.

Recría: conxunto de actuacións destinadas á cría, alimentación, manexo e mantemento das femias nadas na propia explotación ata a súa incorporación como animais reprodutores.

Reposición do rabaño: incorporación de animais nacidos na explotación destinados a substituír animais reprodutores existentes ou incrementar a capacidade produtiva da explotación.

Rabaño reprodutor: conxunto de femias destinadas á reprodución e mantemento da capacidade produtiva da explotación.

Explotación gandeira extensiva: aquela clasificada como tal no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega), de conformidade coa normativa autonómica e estatal aplicable.

Permanencia: obriga do beneficiario de manter os animais subvencionados integrados na explotación durante o período mínimo establecido nestas bases.

Forza maior: aquelas circunstancias excepcionais alleas á vontade do beneficiario que impidan o cumprimento das obrigas asumidas, sempre que queden debidamente acreditadas documentalmente.

Terán a consideración, entre outras, de supostos de forza maior:

morte do animal;

sacrificio obrigatorio por motivos sanitarios;

enfermidades oficialmente declaradas;

accidentes graves;

ataques de fauna salvaxe debidamente acreditados;

catástrofes naturais;

calquera outra circunstancia excepcional admitida motivadamente polo órgano instrutor.

Terceira. Persoas beneficiarias:

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas físicas ou persoas xurídicas, que sexan titulares dunha explotación gandeira situada na provincia de Ourense e que, na data de publicación da convocatoria, reúnan os seguintes requisitos:

a) Ser titular dunha explotación inscrita no Rega.

b) Estar clasificada zootecnicamente como explotación en réxime extensivo.

c) Figurar de alta no réxime especial de autónomos no sector agrario cunha antigüidade mínima e ininterrompida de dous (2) anos, tomando como referencia para o cómputo dese prazo o último día do prazo de presentación de solicitudes establecido nesta convocatoria.

c) Estar ao corrente das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Deputación Provincial de Ourense.

d) Non atoparse incurso/a en ningunha das prohibicións previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

g) Ser gandeiro/a a título principal (ATP), conforme coa normativa vixente de modernización das explotación agrarias (que polo menos o 50 % da súa renda total procede da actividade agraria/gandeira) e que o tempo de traballo dedicado á explotación representa ao menos a metade da súa dedicación laboral.

No caso das persoas xurídicas deberán atoparse validamente constituídas e ter actualizado o seu órgano de administración ou representación, cunha antigüidade mínima de dous (2) anos desde a súa constitución legal e posterior inscrición no rexistro público correspondente e, así mesmo, que ao menos o 50 % dos socios sexan gandeiros profesionais.

Cuarta. Crédito orzamentario e contía das subvencións:

O financiamento desta convocatoria realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 41917/47910 dos Orzamentos da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2026, cun crédito máximo de 150.000,00 euros, sen prexuízo das modificacións orzamentarias que, de ser o caso, poidan aprobarse.

A contía individual da subvención determinarase en función do número de animais elixibles acreditados por cada solicitante.

O devandito importe total distribuírase entre as distintas orientacións produtivas/especies gandeiras do seguinte xeito:

Sector bovino (vacas): 130.000,00 euros.

Sector ovino e cabrún (ovellas e cabras): 20.000,00 euros.

En aplicación do réxime de concorrencia non competitiva, e en caso de que o crédito dispoñible non sexa suficiente para facer fronte ás axudas solicitadas por todas as persoas beneficiarias o crédito asignado a cada un dos sectores, ratearase a partes iguais entre todas as solicitudes admitidas que cumpran os requisitos na súa respectiva modalidade, sen prexuízo dos límites máximos por beneficiario e porcentaxes de intensidade fixados nas presentes bases, todo isto de conformidade co disposto no artigo 19.3 das Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En caso de que, unha vez atendidas todas as solicitudes admitidas nun dos sectores (bovino ou ovino/cabrún), exista crédito orzamentario sobrante por non terse esgotado a contía asignada, o dito saldo poderá reincorporarse e incrementar o crédito dispoñible do outro sector antes de calcular o rateo definitivo.

Os importes máximos serán:

500 euros por cada animal da especie bovina, cun límite máximo de 6.000 euros por explotación.

60 euros por cada animal das especies ovina ou caprina, cun límite máximo de 1.800 euros por explotación.

Quinta. Solicitudes: lugar e forma de presentación, prazo e documentación:

Quinta 1. Lugar e forma de presentación:

As solicitudes, subscritas polo interesado ou polo seu representante, irán dirixidas á Presidencia da Deputación Provincial de Ourense, mediante a súa presentación no Rexistro Xeral desta entidade, da seguinte maneira:

a) As persoas físicas poderán elixir en todo momento se se comunican coa administración para o exercicio dos seus dereitos e obrigas a través de medios electrónicos ou non, salvo que estean obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos.

b) As persoas xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica, están obrigadas a relacionarse electronicamente coas administracións públicas.

Quinta 2. Prazo de presentación:

O prazo improrrogable de presentación iniciarase a partir da publicación, pola Base de Datos Nacional de Subvencións, do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), e rematará o 25 de setembro de 2026, sendo este o derradeiro día no que poderán presentarse validamente as solicitudes.

Quinta. 3. Documentación que deberá presentarse:

De conformidade co establecido no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non é esixible que a documentación presentada sexa orixinal, polo que, tanto na modalidade de presentación presencial como na de presentación telemática, admitirase a presentación de copias simples.

Non obstante o anterior, nos casos en que a copia presentada suscite dúbidas pola súa calidade, a Deputación poderá solicitar de xeito motivado o cotexo da copia presentada, para o que se poderá requirir a exhibición do documento ou información orixinal.

O detalle da documentación que debe presentarse é o seguinte:

a.1) Documentación administrativa para presentar polas persoas físicas:

1. Solicitude dirixida á Presidencia da Deputación no modelo oficial, recollido no anexo I A destas bases.

2. Copia do NIF do solicitante.

3. Declaración responsable comprensiva do feito de non atoparse incurso o solicitante nas prohibicións recollidas no artigo 13 da Lei xeral de subvencións, incluíndo unha referencia expresa á circunstancia de estar ao día nas súas obrigas tributarias e de Seguridade Social. Para a formulación desta declaración poderá utilizarse o modelo recollido no anexo II A destas bases.

4. Declaración do solicitante da subvención, na que figure o conxunto de subvencións e axudas solicitadas para o mesmo fin, tanto as aprobadas ou concedidas, como as pendentes, sexan públicas ou privadas, segundo o modelo anexo III A.

5. Certificación actualizada do Rega acreditativa da titularidade da explotación e da súa clasificación como explotación extensiva.

6. Relación individualizada dos animais elixibles, identificados mediante o correspondente código oficial e documentación acreditativa destes.

7. Carta verde e libro da explotación gandeira.

8. Informe de vida laboral actualizado, informe de situación actual e períodos de alta no réxime correspondente (RETA / SETA agrario) ou certificado de vida laboral e bases de cotización onde conste o réxime de encadramento e as datas de alta e baixa.

9. Certificación da conta bancaria.

10. Autorización para recibir a través de correo electrónico e/ou sms a comunicación de aviso do inicio do prazo de emenda de deficiencias materiais na documentación administrativa presentada, da publicación do anuncio de inicio do trámite de audiencia da proposta provisional de resolución, da publicación do acordo de resolución do concurso, e do aviso do inicio do prazo de emenda de deficiencias na documentación presentada para a xustificación da subvención concedida, segundo o modelo anexo IV.

A presentación do documento sinalado no apartado 10 non é obrigatoria, senón voluntaria, pero, en caso de non presentarse, a Deputación non lle efectuará ningunha comunicación individual ao interesado relativa á emenda de deficiencias na solicitude, ao trámite de audiencia, ao acordo de resolución do concurso, e á emenda de deficiencias na xustificación, publicitándose a información correspondente exclusivamente a través da sede electrónica, da páxina web e ademais no BOP no caso da resolución do procedemento, conforme co sinalado na base 8ª .

Documentación administrativa para presentar polas persoas xurídicas:

1. Solicitude dirixida á Presidencia da Deputación no modelo oficial, recollido no anexo I destas bases.

2. Copia do NIF do representante.

3. Copia do CIF da entidade.

4. Certificado de inscrición no rexistro oficial correspondente ao tipo de entidade de que se trate.

5. Estatutos sociais da entidade.

6. Poder co que actúe o representante da entidade, agás que a dita función lle corresponda conforme aos estatutos sociais, debido ao seu cargo na entidade, en cuxo caso a validez da representación se acreditará mediante documento acreditativo do seu nomeamento ou elección.

7. Declaración responsable comprensiva do feito de non atoparse incurso o solicitante nas prohibicións recollidas no artigo 13 da Lei xeral de subvencións, incluíndo unha referencia expresa á circunstancia de acharse a entidade ao día nas súas obrigas tributarias e de Seguridade Social. Para formular esta declaración poderá utilizarse o modelo recollido no anexo II destas bases.

8. Declaración do solicitante da subvención na que figure o conxunto de subvencións e axudas solicitadas para o mesmo fin, tanto as aprobadas ou concedidas, como as pendentes, sexan públicas ou privadas, segundo o modelo anexo III.

9. Certificación actualizada do Rega acreditativa da titularidade da explotación e da súa clasificación como explotación extensiva.

10. Relación individualizada dos animais elixibles, identificados mediante o correspondente código oficial e documentación acreditativa destes.

11. Informe da vida laboral actualizado, informe de situación actual e períodos de alta no réxime correspondente (RETA / SETA agrario) ou certificado de vida laboral e bases de cotización onde conste o réxime de encadramento e as datas de alta e baixa.

12. Copia da carta verde da explotación gandeira.

13. As persoas xurídicas, deberán acreditar a condición de actividade a título principal a través do volume de ingresos agrarios, relación de socios, administradores ou da propia entidade, segundo a figura xurídica ou a través de calquera outro documento que acredite o cumprimento deste extremo.

14. Certificación da conta bancaria

15. Autorización para recibir a través de correo electrónico e/ou sms a comunicación de aviso do inicio do prazo de emenda de deficiencias materiais na documentación administrativa presentada, da publicación do anuncio de inicio do trámite de audiencia da proposta provisional de resolución, da publicación do acordo de resolución do concurso, e do aviso do inicio do prazo de emenda de deficiencias na documentación presentada para a xustificación da subvención concedida, segundo o modelo anexo IV.

A presentación do documento sinalado no apartado 15 non é obrigatoria, senón voluntaria, pero, en caso de non presentarse, a Deputación non efectuará ningunha comunicación individual ao interesado relativa á emenda de deficiencias na solicitude, ao trámite de audiencia, ao acordo de resolución do concurso, e á emenda de deficiencias na xustificación, publicitándose a información correspondente exclusivamente a través da sede electrónica, da páxina web e ademais no BOP no caso da resolución do procedemento, conforme co sinalado nas bases 8ª.

Emenda de deficiencias:

Se a solicitude non reúne os requisitos esixidos ou non se acompaña da documentación establecida nesta base, requirirase á persoa interesada para que emende as deficiencias no prazo de dez días hábiles, con indicación de que, de non facelo, se terá por desistida da súa solicitude, logo da resolución que se dite nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015.

Sexta. Réxime de protección dos datos persoais:

O tratamento pola Deputación Provincial dos datos persoais achegados polos solicitantes fúndase no disposto nos apartados c) e e) do artigo 6 do Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos, en adiante RGPD, así como no artigo 8 da Lei orgánica 3/2018, de protección dos datos persoais e garantías dos dereitos dixitais, en adiante LOPDGDD, ao ser a achega dos datos e información esixida nestas bases necesaria para o cumprimento do disposto na lexislación xeral de subvencións, así como para a comprobación do cumprimento dos requisitos e valoración das solicitudes consonte ao indicado nas propias bases. En consecuencia, a negativa a facilitar estes datos á Deputación Provincial determinará a exclusión do interesado do procedemento.

2. En cumprimento do establecido no artigo 13 do RGPD, Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos, infórmaselles aos interesados do seguinte:

a) O responsable do tratamento dos datos é a Deputación Provincial de Ourense, cuxo representante legal é o seu presidente, con domicilio, para os efectos de notificacións, na rúa do Progreso, n.º 32, 32003 Ourense, teléfono de contacto 988 317 600/1 e correo electrónico: gabinete.presidencia@depourense.es

b) O delegado de protección de datos da Deputación Provincial pode contactarse polos seguintes medios: domicilio, para os efectos de notificacións, na rúa do Progreso, n.º 32, 32003 Ourense, teléfono de contacto 988 317 600 e correo electrónico: dpd@depourense.es

c) Os datos subministrados coa solicitude destínanse unicamente a garantir o cumprimento do establecido na lexislación xeral de subvencións, a comprobar que o solicitante reúne os requisitos establecidos para poder ser beneficiario, e para a valoración da súa solicitude. Ademais, e en cumprimento do establecido nos artigos 20 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e 8.1.c) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia e bo goberno, a información relativa ás subvencións concedidas, alí prevista, será obxecto de publicación, ademais de no Boletín Oficial da Provincia, na Base de Datos Nacional de Subvencións, no Diario Oficial de Galicia e no portal de transparencia da Deputación Provincial de Ourense. Publicaranse igualmente na sede electrónica e na páxina web provincial www.depourense.es as actas da comisión de valoración, o trámite de audiencia e a resolución do concurso, nas que se reflectirán as puntuacións obtidas polos solicitantes. As publicacións referidas manteranse durante un prazo mínimo de catro anos dende a realización da publicación, podendo, a partir dese prazo, ser suprimida de xeito motivado a publicación de oficio pola Deputación Provincial ou ben a solicitude dos interesados, dirixida ao responsable do tratamento.

En todo caso, as solicitudes e o resto de documentación que conste no expediente atoparase a disposición doutros interesados no procedemento para os solos efectos da formulación de reclamacións ou interposición de recursos que legalmente procedan contra o acto de resolución, e baixo a condición de que os datos de identidade persoal dos interesados non se poidan facer públicos.

d) A base xurídica do tratamento dos datos achegados coa solicitude é a necesidade deses datos para o cumprimento das obrigas legais que impón a lexislación xeral de subvencións, en tanto que Administración Pública concedente (artigo 6.1.c) do RGPD, e, no caso dos datos para acreditación do cumprimento dos requisitos específicos da convocatoria e valoración de solicitudes, a necesidade deses datos para dar satisfacción á finalidade de interese público (fomento da cultura) perseguida con esta convocatoria (artigo 6.1.e) do RGPD.

e) Os datos subministrados á Deputación Provincial serán tratados exclusivamente polo persoal autorizado para a tramitación da solicitude, suxeitos a deber de reserva. Estes datos poderán ser cedidos a terceiras persoas nos seguintes casos:

- Ao resto de solicitantes ou os seus representantes legais, cando así o reclamen, para a formulación de reclamacións ou interposición de recursos contra o acto de adxudicación.

- Aos membros da corporación que o soliciten, aos xulgados e tribunais, para os efectos da resolución dos recursos xudiciais que poidan interpoñerse contra a decisión de adxudicación, así como ao Ministerio Fiscal, Valedor do Pobo, Defensor del Pueblo, Tribunal de Contas e Consello de Contas, na medida en que sexa necesario para o exercicio das funcións destas autoridades públicas.

- Ás persoas que o soliciten ao abeiro do disposto na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia e bo goberno, previo expediente contraditorio con audiencia do interesado titular dos datos e nos termos previstos na dita lei.

f) En ningún caso se transferirán os seus datos persoais a un terceiro país nin a unha organización internacional.

g) Os datos subministrados conservaranse nos arquivos da Deputación Provincial de forma indefinida, para os únicos efectos da súa conservación conforme ao disposto na lexislación sobre arquivos do sector público e na lexislación sobre patrimonio documental cultural.

h) Os interesados poderán solicitar en todo momento da Presidencia da Deputación o acceso aos seus datos, así como a súa rectificación, de ser o caso.

Poderá solicitarse a limitación do tratamento dos ditos datos, referida á súa publicación, unha vez transcorrido o prazo de catro anos previsto nestas bases.

Poderá formularse igualmente a oposición ao tratamento dos datos, motivada pola situación particular do interesado, nos termos que recolle o artigo 21 do RGPD.

Os dereitos sinalados neste apartado poderán exercerse mediante un escrito dirixido á Presidencia da Deputación Provincial, ben na rúa do Progreso, n.º 32, 32003 Ourense; ou no correo electrónico: gabinete.presidencia@depourense.es, así como no correo do DPD: dpd@depourense.es

De conformidade co disposto no artigo 20.3 do RGPD, non será de aplicación o dereito á portabilidade dos datos subministrados á Deputación Provincial neste procedemento.

i) En todo caso, os interesados poderán formular as reclamacións que consideren oportunas en relación co tratamento dos seus datos persoais ante a Axencia Española de Protección de Datos.

k) A falla de subministración á Deputación Provincial dos datos persoais requiridos, ao constituír un requisito legal para a selección dos beneficiarios, dará lugar á exclusión dos interesados do procedemento.

l) En ningún caso se procederá á adopción de decisións automatizadas nin á elaboración de perfís persoais cos datos subministrados, que non serán obxecto de tratamentos diferentes aos expresamente previstos nesta cláusula.

Sétima. Actuación subvencionable e condicións de elixibilidade:

Constitúe a actuación subvencionable o mantemento na explotación dos animais destinados á recría e á reposición do rabaño reprodutor, sempre que cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases.

A subvención non ten por finalidade financiar investimentos nin gastos concretos, senón incentivar o mantemento dos animais na explotación durante o período mínimo establecido, compensando parcialmente o esforzo económico que supón a súa recría.

Serán considerados animais elixibles aqueles que cumpran simultaneamente as seguintes condicións:

a) Ter nacido na propia explotación durante o ano 2025.

b) Estar correctamente identificados e rexistrados conforme á normativa vixente.

c) Permanecer incorporados á explotación como animais destinados á reposición.

d) Permanecer na explotación ata o 31 de decembro de 2030 no caso de gando bovino e ata o 31 de decembro de 2028 para o gando ovino e caprino.

A comprobación do cumprimento destes requisitos realizarase mediante a documentación presentada polo beneficiario, as consultas aos rexistros oficiais e, se é o caso, mediante inspeccións administrativas ou visitas sobre o terreo.

Oitava. Procedemento de concesión:

1. O procedemento de concesión será o de concorrencia non competitiva, de conformidade coa Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, co Regulamento que a desenvolve e coa normativa reguladora das subvencións da Deputación Provincial de Ourense.

2. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, estas remitiránselle ao Negociado de Concursos da Sección de Subvencións, para a instrución do expediente e comprobación da corrección da documentación achegada.

Unha vez examinada a documentación, a Presidencia concederá un prazo de ata dez días hábiles para emendar as deficiencias materiais na documentación presentada.

Para a achega desta documentación poderá utilizarse como oficio de remisión o modelo recollido no anexo V destas bases.

Ao abeiro do disposto no artigo 45.1 b) da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o requirimento para emendar as ditas deficiencias materiais realizarase exclusivamente a través da súa publicación no taboleiro de anuncios electrónicos da sede electrónica da Deputación Provincial (http://sede.depourense.es) e na páxina web http://www.depourense.es, enlace Sección de Subvencións, enlace Negociado de Concursos, concurso para a concesión de subvencións convocadas pola Deputación Provincial de Ourense destinadas ao fomento da recría de femias de gando vacún, ovino e caprino en explotacións gandeiras extensivas situadas na provincia de Ourense, correspondentes ao exercicio 2026.

No caso de non presentar a autorización para realizar as comunicacións previstas na base 5ª, non se realizará ningún tipo de comunicación persoal, notificándoselle unicamente e en todo caso, na antedita páxina web.

3. Unha vez transcorrido o prazo de emenda de deficiencias, e instruído o expediente pola Sección de Subvencións, esta emitirá un informe con proposta de admisión e non admisión de solicitudes e remitiralle o expediente á Comisión de Valoración, que formulará a proposta de resolución conforme coas regras seguintes:

Con respecto aos proxectos para os que non se achegase de modo completo e no prazo establecido a documentación administrativa, formularase proposta de non admisión a trámite das súas solicitudes.

Con respecto ao resto de proxectos, proporase a súa admisión a trámite, procedendo a formular proposta de valoración das solicitudes conforme cos criterios recollidos na base décima.

4. A proposta provisional de resolución será sometida a trámite de audiencia aos interesados por prazo de dez días hábiles mediante un anuncio no taboleiro de anuncios electrónicos da sede electrónica da Deputación Provincial (http://sede.depourense.es) e na páxina web http://www.depourense.es, enlace Sección de Subvencións, enlace Negociado de Concursos, concurso para a concesión de subvencións de subvencións convocadas pola Deputación Provincial de Ourense destinadas ao fomento da recría de femias de gando vacún, ovino e caprino en explotacións gandeiras extensivas situadas na provincia de Ourense, correspondentes ao exercicio 2026.

No caso de non ter presentado a autorización para realizar as comunicacións previstas na base 5ª, non se realizará ningún tipo de comunicación persoal, notificándose unicamente e en todo caso, na antedita páxina web.

A proposta provisional de resolución someterase ao correspondente trámite de audiencia durante dez días hábiles.

Unha vez resoltas as alegacións, formularase a proposta definitiva de resolución.

Novena. Publicidade da concesión:

Ao abeiro do disposto no artigo 45.1 b) da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acordo de concesión publicarase no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios electrónicos da sede electrónica da Deputación Provincial (http://sede.depourense.es) e na páxina web http://www.depourense.es, enlace Sección de Subvencións, enlace Negociado de Concursos, concurso para a concesión de subvencións convocadas pola Deputación Provincial de Ourense destinadas ao fomento da recría de femias de gando vacún, ovino e caprino en explotacións gandeiras extensivas situadas na provincia de Ourense, correspondentes ao exercicio 2026, así como na Base de Datos Nacional de Subvencións.

Sen prexuízo do anterior, aos solicitantes que presenten a autorización para realizar as comunicacións previstas na base 5ª, realizaráselles unha comunicación persoal por sms ou correo electrónico, advertindo da publicación da resolución na sede electrónica. No caso de que non presenten a dita autorización, non se realizará ningún tipo de comunicación persoal.

Décima. Acreditación do cumprimento da finalidade da subvención e pagamento:

1. Natureza da xustificación

Dada a natureza da presente convocatoria, a finalidade da subvención non consiste na realización dun investimento nin na execución dun gasto determinado, senón no mantemento efectivo da recría destinada á reposición do rabaño polo que non será necesaria a presentación de facturas nin doutros documentos acreditativos de gastos, ao non constituír a finalidade da subvención o financiamento dun investimento ou gasto específico.

En consecuencia, a acreditación do cumprimento da finalidade efectuarase mediante comprobación administrativa, sen necesidade da presentación dunha conta xustificativa baseada en facturas e documentos de pagamento.

O órgano instrutor realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales deba formularse a proposta de resolución.

Sen prexuízo da documentación exixida nestas bases, o órgano instrutor poderá requirir ás persoas beneficiarias calquera outra documentación ou información complementaria que considere necesaria para verificar o cumprimento dos requisitos de elixibilidade, a correcta xestión da axuda ou a adecuada xustificación da actividade subvencionada.

A falta de atención á solicitude de documentación adicional no prazo que se estableza (que non será inferior a dez días hábiles) poderá dar lugar á declaración de desistencia do procedemento ou á perda do dereito á percepción da subvención, previa resolución ditada nos termos previstos na lexislación do procedemento administrativo común.

2. Comprobación administrativa

A Deputación Provincial poderá comprobar en calquera momento:

o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega);

o sistema oficial de identificación animal;

os rexistros veterinarios oficiais;

a información da Consellería competente;

calquera outro rexistro oficial relacionado coa actividade subvencionada.

3. Controis sobre o terreo

Co fin de garantir o correcto destino dos fondos públicos, a Deputación poderá realizar inspeccións nas explotacións beneficiarias.

As persoas beneficiarias estarán obrigadas a facilitar:

o acceso ás instalacións;

a identificación dos animais;

a documentación requirida;

a colaboración co persoal inspector.

A negativa inxustificada poderá dar lugar á perda do dereito ao cobro ou ao reintegro da subvención.

4. Pagamento

Unha vez comprobado o cumprimento das condicións establecidas nas presentes bases, procederase ao pagamento da subvención mediante transferencia bancaria á conta designada polo beneficiario.

5. Incidencias durante o período de permanencia

Non se considerará incumprimento da finalidade da subvención cando a baixa dalgún dos animais subvencionados derive de:

sacrificio obrigatorio por campañas oficiais de saneamento;

enfermidade grave certificada oficialmente;

morte accidental;

accidente;

ataque de fauna salvaxe;

catástrofes naturais;

epizootias oficialmente declaradas;

calquera outra causa de forza maior debidamente acreditada.

Así mesmo, tampouco se considerará incumprimento das presentes bases, aqueles supostos de venta a outra explotación que se vira obrigada a realizar un baleirado sanitario ou a explotacións de nova creación.

Nestes supostos, os beneficiarios deberán ter a disposición do órgano instrutor a documentación que xustifique a baixa do animal subvencionado.

Undécima. Obrigas das persoas beneficiarias:

As persoas beneficiarias das subvencións reguladas nas presentes bases estarán obrigadas a:

a) Cumprir a finalidade que fundamenta a concesión da subvención.

b) Manter os animais subvencionados na explotación ata o 31 de decembro de 2030 no caso de gando bovino e ata o 31 de decembro de 2028 para o gando ovino e caprino.

c) Destinar os animais subvencionados á reposición ou mantemento do rabaño reprodutor da explotación.

d) Cumprir en todo momento a normativa vixente en materia de sanidade animal, benestar animal, identificación, trazabilidade e movemento de gando.

e) Someterse ás actuacións de comprobación, inspección e control financeiro que poidan realizar a Deputación Provincial de Ourense, a Intervención Provincial, o Consello de Contas de Galicia, o Tribunal de Contas ou calquera outro órgano competente.

f) Conservar a documentación relacionada coa subvención durante o prazo legalmente establecido.

g) Comunicar inmediatamente ao órgano instrutor calquera circunstancia que altere as condicións tidas en conta para a concesión da subvención.

h) Facilitar toda a información que lles sexa requirida polos órganos de control.

i) Dar cumprimento ás obrigas de transparencia cando resulten legalmente aplicables.

O incumprimento destas obrigas poderá dar lugar á perda do dereito ao cobro ou ao reintegro da subvención, nos termos previstos na normativa de subvencións.

Décimo segunda. Compatibilidade das axudas:

As presentes subvencións serán compatibles con outras axudas sempre que non exista dobre financiamento dunha mesma finalidade subvencionable. E co límite establecido na base primeira.

As persoas beneficiarias estarán obrigadas a comunicar á Deputación Provincial de Ourense a obtención doutras subvencións ou ingresos que financien a mesma actuación.

No caso de producirse sobrefinanciamento, procederase á redución proporcional da subvención concedida pola Deputación.

As subvencións reguladas nesta convocatoria serán incompatibles coas axudas concedidas para a mesma finalidade no marco da convocatoria da Xunta de Galicia publicada no Diario Oficial de Galicia do 1 de xullo de 2026. En ningún caso un mesmo obxecto ou actuación poderá ser financiado con cargo a ambas as convocatorias.

Décimo terceira. Modificación da resolución:

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

En particular, poderán dar lugar á modificación:

a diminución do número de animais elixibles;

a perda da condición de explotación extensiva;

a modificación da titularidade da explotación;

a obtención doutras subvencións incompatibles;

calquera outra circunstancia que altere substancialmente as condicións da concesión.

As modificacións resolveranse polo órgano competente, logo da tramitación do correspondente expediente con audiencia da persoa interesada.

Décimo cuarta. Perda do dereito ao cobro e reintegro:

Procederá a perda do dereito ao cobro ou, se é o caso, o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas, xunto cos xuros de mora correspondentes, cando concorra algunha das causas que recollen os artigos 36 e 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

En particular, serán causas de reintegro:

a) A obtención da subvención falseando as condicións requiridas.

b) A ocultación de datos relevantes.

c) O incumprimento da finalidade da subvención.

d) A negativa ás actuacións de comprobación.

e) O incumprimento das obrigas previstas nas presentes bases.

O reintegro graduarase de acordo co principio de proporcionalidade.

Cando o incumprimento afecte unicamente a parte dos animais subvencionados e resulte posible individualizar o seu alcance, o reintegro limitarase á parte proporcional da subvención correspondente aos animais afectados.

Non procederá o reintegro cando concorran causas de forza maior expresamente recoñecidas polo órgano instrutor.

O procedemento de reintegro tramitarase de conformidade co disposto na Lei 38/2003 e no seu Regulamento.

Décimo quinta. Réxime sancionador:

As persoas beneficiarias quedarán sometidas ao réxime de infraccións e sancións previsto no Título IV da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como á restante normativa que resulte de aplicación.

Décimo sexta. Normativa aplicable:

En todo o non disposto nestas bases seralles de aplicación a esta convocatoria e ás subvencións que se concedan ao seu abeiro o disposto na normativa de subvencións aplicable á Administración local, así como na lexislación vixente en materia do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Notifícolle isto, facéndolle saber que contra o dito acordo poderá formular un requirimento de anulación, previo ao recurso contencioso –administrativo, ante o mesmo órgano que o ditou no prazo de dous meses, ou, alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso – administrativo ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 da Lei reguladora da xurisdición contencioso – administrativa), igualmente no prazo de dous meses. En ningún caso poderán simultanearse ambos os recursos.

Os prazos computaranse de data a data a partir do día seguinte ao de recibir esta notificación, e vencerán no día equivalente do mes natural seguinte ou, de non existir este, no último día do dito mes. No caso de que o día de vencemento sexa inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Durante o mes de agosto e nos días que median entre o 24 de decembro e o 6 de xaneiro do ano seguinte, ambos inclusive, os días de festas nacionais e os festivos a efectos laborais na respectiva Comunidade Autónoma ou localidade, non contará o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo, salvo para o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais no que o mes de agosto terá carácter de hábil.

Non obstante o anterior, poderá interpoñer calquera outro recurso ou acción administrativa ou xudicial que estime procedente.

Ourense, 24 de agosto de 2026. O presidente.

Fdo.: Luis Menor Pérez.

(Ver anexo páx. seguinte).

R. 2.071