IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE SANDIÁS

Extracto da Resolución da Alcaldía do 19 de agosto de 2026 pola, que se convocan subvencións para a adquisición de libros e material escolar para o curso 2026/2027, polo procedemento de concorrencia.

Extracto da Resolución da Alcaldía do 19 de agosto de 2026 pola, que se convocan subvencións para a adquisición de libros e material escolar para o curso 2026/2027, polo procedemento de concorrencia

BDNS(Identif.):926199

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións:

(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/926199)

Primeiro. Beneficiarios.

Poderán acollerse ás subvencións desta convocatoria as familias dos/as alumnos/as que estean matriculados/as no curso 2026/2027 no nivel de Educación Infantil (segunda etapa) e Educación Primaria do centro público do Concello de Sandiás que cumpran os requisitos do artigo segundo das bases de convocatoria.

Segundo. Obxecto

A subvención ten por obxecto a concesión de subvencións ás familias do concello de Sandiás cuxos fillos e fillas acudan ao centro docente público de Educación Infantil (segunda etapa) e Educación Primaria para o curso 2026/2027 para axudar a facer fronte aos gastos orixinados pola escolaridade e como incentivo á fixación de poboación nos pequenos municipios.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras da concesión destas subvencións están contidas na Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Sandiás, publicada no BOP núm. 200, do 1 de setembro de 2022, e nas bases da convocatoria aprobada o 19.08.2026 e que se publican no BOP de Ourense, sede electrónica do Concello de Sandiás, taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web.

Cuarto. Contía da axuda.

Os créditos orzamentarios aos que se imputa a subvención son os seguintes 231.480 e a contía total máxima das subvencións convocadas é de 2.000,00.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes formularanse no modelo que figura como anexo da convocatoria. Dirixiranse ao alcalde do Concello, e presentaranse no Rexistro de entrada do Concello ou por calquera dos medios sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 15 días naturais desde a publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, tal e como recolle o artigo 6.2 do Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de Datos Nacional de Subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas públicas.

Sexto. Outros datos.

As solicitudes (debidamente cubertas e asinadas) deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

- Certificado ou informe do centro escolar onde os/as alumnos/as realicen estudos, no que se especifique o curso onde están matriculadas.

- Certificado ou informe do centro escolar conforme recibiron axudas, a súa cantidade, ou se polo contrario non percibiron ningunha.

- Fotocopia do DNI do/a solicitante, pai, nai, titor/ra ou persoa adxudicataria en sistemas de acollemento familiar.

- Fotocopia do libro de familia

- Certificado de empadroamento do alumno/a

Sandiás, 24 de agosto de 2026. O alcalde.

Asdo.: Felipe Traveso García.

R. 2.070