IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DA VEIGA

Aprobación das bases do proceso selectivo, mediante concurso de méritos, para a contratación laboral temporal de duración determinada de 1 posto de auxiliar de SAF por substitución da titular do posto e creación dunha bolsa de agarda para o persoal do SAF

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 19 de agosto de 2026, aprobáronse as bases que rexerán o proceso selectivo, mediante o concurso de méritos, para a contratación laboral temporal de duración determinada de 1 posto de auxiliar de SAF por substitución da titular do posto e creación dunha bolsa de agarda para persoal de SAF.

1.- Postos ofertados: 1 posto de persoal para o servizo de axuda no fogar.

2.- Duración da contratación: determinada pola duración da ILT da titular do posto.

3.-Sistema de selección: concurso de méritos.

4.-Lugar e prazo de presentación das solicitudes: as solicitudes presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral https://aveiga.sedelectronica.gal/ deste Concello, no Rexistro Municipal (Praza do Concello núm. 1, 32360 A Veiga), ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de cinco días hábiles que contarán desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. No caso de non ser presentadas no Rexistro Municipal, os aspirantes deberán remitir un fax (988 35 00 60) ou un e-mail ao seguinte correo: servizo.social.aveiga@eidolocal.es, coa copia da solicitude debidamente rexistrada o mesmo día da súa presentación.

5.- Creación dunha lista de agarda para persoal do SAF.

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que, xunto co anuncio da convocatoria, se publicarán no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web e na sede electrónica https://aveiga.sedelectronica.gal.

A Veiga, 21 de agosto de 2026. O alcalde.

Asdo.: Juan Anta Rodríguez.

Documento asinado dixitalmente

R. 2.069