I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Convocatoria dunha edición do Curso de actualización para monitores/as deportivos/as das entidades locais: Curso de modelos e sistemas do tratamento de lesións a través do movemento (AF-54-2026)

Publícase que, por Resolución da Presidencia do 17/07/2026 e núm. 2026/11163, se acordou o seguinte:

“A Deputación Provincial de Ourense deseña anualmente o seu Programa de formación continua de carácter agrupado, destinado a realizar diversas accións formativas dirixidas ao persoal da Administración local da provincia.

No plan correspondente ao ano 2026 prevese, entre outras accións, levar a cabo unha edición do Curso de actualización para monitores/as deportivos/as das entidades locais: curso de modelos e sistemas do tratamento de lesións a través do movemento. A competencia para a convocatoria da dita acción correspóndelle á Presidencia, de conformidade co artigo 34.1 da Lei de bases de réxime local, e o seu exercicio atópase delegado na vicepresidenta primeira e deputada delegada de Recursos Humanos por Resolución do 3 de agosto de 2023 (BOP do 11 de agosto de 2023).

Polo exposto, dispoño:

Primeiro. Aprobar as bases xerais da acción formativa que se relaciona a continuación, segundo a proposta formulada pola Sección de Formación da Deputación de Ourense que figura no expediente, e convocar o seguinte curso de formación continua:

Curso de actualización para monitores/as deportivos/as das entidades locais: Curso de modelos e sistemas do tratamento de lesións a través do movemento (AF-54-2026)

Bases xerais:

Primeira. Solicitudes de participación

1. O persoal que desexe participar neste curso de formación presentará cuberta, en todas as epígrafes que lle corresponda, a instancia segundo o modelo oficial de solicitude de inscrición publicada no anexo II.

2. Todas as instancias deberán contar co correspondente informe, sobre a asistencia ao curso, do/a xefe/a do servizo ou departamento ao que pertenza o/a solicitante, para os efectos, entre outros, de confirmar a súa condición de traballador/a público/a local, e ir acompañadas da documentación complementaria que se establece na convocatoria.

3. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado e á imposibilidade de participar en ningunha outra actividade convocada pola Deputación de Ourense durante o prazo dun ano a partir da data da infracción.

4. As solicitudes de participación deberán remitirse á Sección de Formación da Deputación Provincial, mediante a súa presentación electrónica no Rexistro Xeral de documentos da Deputación de Ourense, dispoñible na sede electrónica da Deputación (sede.depourense.es), ou en calquera dos lugares que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

5. Non se admitirán as solicitudes de inscrición que non teñan cubertas todas as súas epígrafes de maneira correcta e lexible, ou ben que non conten coas sinaturas e co selo requiridos.

6. A presentación dunha solicitude supón a aceptación expresa das bases xerais e das normas específicas de participación e asistencia que rexen e regulan as diferentes actividades formativas da Deputación de Ourense.

Segunda. Acceso ás actividades

1. Poderá participar nesta actividade o persoal da Administración local en activo ao que vai dirixido o curso como destinatario da acción formativa que cumpra os requisitos específicos esixidos na convocatoria.

2. Daráselles preferencia para accederen ao curso aos/ás traballadores/as das entidades locais adheridas ao Programa de formación continua da Deputación de Ourense do ano 2026. Así mesmo, de xeito complementario poderá acceder ao curso, nas prazas vacantes, o persoal ao servizo da Administración estatal e autonómica.

Terceira. Selección das persoas participantes

1. Os criterios que se aplicarán para seleccionar os/as participantes son:

* A relación existente entre as funcións ou tarefas que realiza o/a solicitante no seu posto de traballo e a materia ou contidos obxecto do curso.

* A clase de persoal á que pertenza o/a solicitante, así como o seu grupo/categoría profesional; daráselle preferencia ao persoal fixo sobre o contratado.

* A data de ingreso do/a traballador/a na Administración pública; no acceso ao curso daráselle preferencia ao persoal de maior antigüidade.

2. Cando dende un mesmo departamento ou servizo se remitan varias solicitudes, e sexa preciso realizar unha selección dos/as participantes, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes os responsables do persoal de cada departamento ou servizo deberán de informar por escrito, cando así se lles requira, sobre a priorización da admisión dos/as solicitantes.

3. A lista de persoas seleccionadas será aprobada por resolución da Presidencia e exposta oficialmente na sede electrónica da Deputación de Ourense, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes; ao mesmo tempo, os/as peticionarios/as poderán obter información sobre a súa admisión chamando ao teléfono: 988 317 580.

4. Desde a Deputación Provincial poderá comunicárselles telefonicamente ás persoas seleccionadas que foron admitidas, co fin de obter a confirmación sobre a súa participación na acción formativa. A renuncia dos/as participantes admitidos/as que non poidan efectuar o curso por diferentes motivos deberá formalizarse sempre por escrito.

5. Os/as solicitantes admitidos/as que non comuniquen oficialmente que non van asistir como mínimo cun día de antelación ao inicio do curso, sen causa excepcional que o xustifique, ou que abandonen a actividade formativa sen xustificación, quedarán excluídos/as de participar en calquera outra actividade de formación durante o prazo dun ano desde esa data.

Cuarta. Diplomas de aproveitamento

1. Outorgaráselles o correspondente diploma de aproveitamento aos/ás alumnos/as que participen con regularidade e bo aproveitamento no desenvolvemento do curso e que superen satisfactoriamente os diferentes módulos e as probas de avaliación do curso.

2. É obrigatoria a asistencia e a puntualidade a todas as sesións presenciais do curso e a realización de todos os módulos e probas que integran o curso. Toda non asistencia á clase deberá ser debidamente xustificada polo/a interesado/a, sen exceder nunca o 15 % das horas lectivas do curso. Unha non asistencia ás clases presenciais superior ao 15 % da duración da acción formativa, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do diploma de aproveitamento correspondente.

Quinta. Modificacións

A Deputación de Ourense poderá variar, se fose preciso e a favor da eficacia da acción formativa, as características e mais os contidos do curso para adaptalos ás necesidades da Administración ou ás distintas continxencias que poidan xurdir, e buscará sempre as condicións óptimas para realizar a acción formativa.

Anexo I

Curso de actualización para monitores/as deportivos/as das entidades locais: Curso de modelos e sistemas do tratamento de lesións a través do movemento

1. Persoas destinatarias

* Persoal ao servizo da Administración local que desempeñe postos de traballo nos servizos e instalacións deportivas da Deputación de Ourense ou dos concellos e mancomunidades da provincia como coordinadores/as ou monitores/as deportivos/as.

2. Desenvolvemento

2.1. Modalidade da acción formativa: presencial.

2.2. Duración: 30 horas lectivas.

2.3. Datas de realización: do 3 de outubro ao 1 de novembro de 2026.

2.4. Días e horario das sesións presenciais: 3-4-31 de outubro e 1 de novembro de 2026; de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas, os sábados; e de 9:00 a 14:00 horas os domingos.

2.5. Lugar: Aula do Pazo dos Deportes Paco Paz (Finca Sevilla, 41, Ourense).

2.6. Prazas: 15 participantes.

2.7. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos

* Promover a actualización e a reciclaxe profesional dos/as monitores/as deportivos/as das entidades locais da provincia e da propia Deputación Provincial.

* Instruír os/as monitores/as deportivos/as nas ferramentas correctas para abordar diferentes lesións na sala de musculación e nas súas clases dirixidas.

* Dar unha visión multifactorial para facilitar o traballo cos usuarios e partindo dos fundamentos anatómicos clave, analizaranse as distintas patoloxías dende un punto de vista muscular, esquelético e nervioso, para a través dunhas secuencias de exercicios saber como tratar cada patoloxía dende o inicio.

4. Programa

4.1. Recordatorio anatómico.

4.2. Estrutura e función dos sistemas muscular, esquelético e nervioso.

4.3. Biomecánica aplicada á readaptación.

4.4. Lesións máis comúns.

4.5. Análise das lesións máis comúns.

4.5.1. Lesións no membro superior.

4.5.2. Lesións no tronco.

4.5.3. Lesións no membro inferior.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o venres 25 de setembro de 2026.

Segundo. Ordenar a publicación no BOP e na sede electrónica da presente convocatoria, bases e anexos.”

Publícase isto, e infórmase ás persoas interesadas de que contra o dito acto poderán interpoñer un recurso de reposición, previo ao contencioso – administrativo, ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes, ou, alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso – administrativo ante o Xulgado do Contencioso - Administrativo de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 de la Lei reguladora da xurisdición contencioso – administrativa), no prazo de dous meses. En ningún caso poderán simultanearse ambos os recursos.

Os prazos computaranse de data a data a partir do día seguinte ao de recibir esta notificación, e vencerán no día equivalente do mes natural seguinte ou, de non existir este, no último día do dito mes. No caso de que o día de vencemento sexa inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Durante o mes de agosto non contará o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo, salvo para o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais no que o mes de agosto terá carácter de hábil.

En todo caso, poderá interpoñer calquera outro recurso ou acción administrativa ou xudicial que estime procedente.

Ourense, 17 de xullo de 2026

A deputada delegada de Facenda, Economía e Recursos Humanos (Pd.: Resol. 2023/9863, do 31/07/2023)

Asdo.: Marta Nóvoa Iglesias.

R. 2.065