IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE BARBADÁS

Extracto das bases reguladoras da concesión de axudas económicas para libros e material didáctico na Educación Infantil para o curso académico 2026-2027

Extracto das bases reguladoras da concesión de axudas económicas para libros e material didáctico na Educación Infantil para o curso académico 2026-2027

BDNS(Identif.):925792

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/925792)

Base I. Obxecto

Axudas destinadas a facilitarlles libros e material didáctico aos alumnos de Educación Infantil do Concello de Barbadás.

Base II. Contía

As contías individuais terán as limitacións que se recollen nas presentes bases, serán de 100 € como máximo.

Base III. Beneficiarios

Unidades de convivencia cuxos ingresos non poderán exceder dos cinco mil setecentos euros netos por membro familiar.

Base IV. Deberes dos beneficiarios

Con carácter xeral, os beneficiarios das subvencións estarán obrigados ao cumprimento das disposicións que sinala o artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e as demais obrigas que resulten da lexislación en materia de subvencións.

Base V. Solicitudes

O prazo de entrega das solicitudes iniciarase ao día seguinte da publicación do extracto no BOP de Ourense e será dun mes.

Barbadás, 7 de agosto de 2026. O alcalde.

Asdo.: Xosé Carlos Valcárcel Doval.

R. 2.055