IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE PARADA DE SIL

Extracto das bases reguladoras para a concesión de axudas de apoio á natalidade e convocatoria para 2026

Extracto das bases reguladoras para a concesión de axudas de apoio á natalidade e convocatoria para 2026

BDNS (Identif.): 924607

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/924607)

Primeira. Obxecto da axuda.

Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación das axudas de apoio á natalidade, adopción ou acollemento do Concello de Parada de Sil en réxime de concorrencia non competitiva a través do procedemento establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A través do procedemento regulado nestas bases, o Concello do Parada de Sil concederá axudas polo nacemento, adopción ou acollemento de menor de 0 a 3 anos desde o 1 de xaneiro de 2026.

Segunda. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas:

- A persoa proxenitora dun menor nado, adoptado ou acollido desde o 1 de xaneiro de 2026.

- A persoa titora dun menor, sempre que a constitución da tutela se faga desde o 1 de xaneiro de 2026.

En todos os casos, será preciso cumprir as seguintes condicións:

- A persoa solicitante ten que figurar empadroada ininterrompidamente no Concello de Parada de Sil, polo menos, un (1) ano antes da data de nacemento, adopción ou acollemento.

- O/a menor que causa o dereito á axuda ten que constar inscrito/a no Padrón de habitantes do Concello de Parada de Sil na data de presentación da solicitude.

- Compromiso de manter o empadroamento da persoa proxenitora e do/a menor durante os dous (2) anos seguintes e ininterrompida á concesión da axuda.

- Atoparse ao corrente no cumprimento de obrigas fiscais e tributarias co Concello de Parada de Sil, coa axencia tributaria estatal e coa seguridade social.

- Cada menor nado/a, tutelado/a, adoptado/a ou acollido/a dará dereito a unha única axuda a favor da persoa solicitante.

Terceira. Contía da axuda

A contía total da axuda será de 1.500,00 € por cada menor nado/a, adoptado/a ou acollido/a ou suxeito a réxime de tutela.

No caso de partos múltiples, a axuda concederase por cada menor individualmente.

Cuarto. Gastos subvencionables

Serán subvencionables aqueles gastos directamente vinculados co coidado e benestar do menor nado/a, adoptado/a ou acollido/a, entre outros:

- Produtos de alimentación infantil, leite, cueiros, etc.

. Roupa, calzado, berces, carriños e artigos de puericultura.

. Medicamentos ou produtos sanitarios non cubertos pola seguridade social.

. Outros gastos debidamente xustificados como necesarios.

Os gastos deberán realizarse con data posterior ao nacemento, adopción, tutela ou acollemento e como máximo ata as datas previstas na base undécima.

Quinta. Solicitudes: prazo, lugar de presentación e documentación

No caso de persoas beneficiarias en convocatorias anteriores, deberán presentar solicitude de pagamento da anualidade 2026 dende o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e ata o 30 de setembro de 2026.

No caso de que o nacemento, adopción, tutela ou acollemento teña lugar entre o 01.01.2026 e o 30.11.2026, o prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e ata o 15 de decembro de 2026.

No caso de que o nacemento, adopción, tutela ou acollemento teña lugar entre o 01.12.2026 e o 31.12.2026, o prazo de presentación de solicitudes será ata o 15 de xaneiro de 2027.

As solicitudes deberán presentarse de maneira telemática a través da sede electrónica do Concello de Parada de Sil (https://paradadesil.sedelectronica.gal), empregando o trámite de solicitude de instancia xeral dispoñible na sede.

Para presentar a solicitude por medios electrónicos, será necesario dispoñer dos certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados de sinatura electrónica.

Non se admitirán solicitudes presentadas de forma diferente á prevista anteriormente.

Sexta. Documentación para presentar. Emendas de solicitudes e/ou documentación

No caso de persoas beneficiarias de convocatorias anteriores deberán achegar a solicitude de pagamento da anualidade 2026 xunto coa certificación de atoparse, a persoa beneficiaria, ao corrente de pago no cumprimento de obrigas tributarias coa axencia tributaria estatal e coa seguridade social.

No caso de novas solicitudes, xunto coa solicitude, deberá achegarse a seguinte documentación:

a) Copia do DNI, NIE, pasaporte ou documento identificativo da persoa solicitante.

b) Copia do certificado de empadroamento da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

c) Certificación literal de inscrición de nacemento expedida polo Rexistro Civil.

d) Copia da resolución xudicial ou administrativa de adopción, tutela ou acollemento.

e) Certificación de atoparse ao corrente no cumprimento de obrigas tributarias co Concello de Parada de Sil, coa axencia tributaria estatal e coa seguridade social.

O Concello de Parada de Sil comprobará de oficio de que a persoa beneficiaria se atopa ao corrente no cumprimento de obrigas tributarias co Concello de Parada de Sil,

Sétimo. Bases reguladoras e convocatoria

O texto íntegro das bases reguladoras e a súa convocatoria para 2026, poden ser consultados na sede electrónica do Concello de Parada de Sil a través do enlace https://paradadesil.sedelectronica.gal.

Parada de Sil, 11 de agosto de 2026. O alcalde.

Asdo.: Aquilino Domínguez Díaz.

R. 2.054