IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

Convocatoria e bases de selección para cubrir en propiedade unha praza de persoal laboral fixo/a de oficial/a de parques e xardíns

Convocatoria e bases de selección para cubrir en propiedade unha praza de persoal laboral fixo/a de oficial/a de parques e xardíns

Mediante a Resolución da Alcaldía 2026/1483 do 19 de agosto de 2026, aprobáronse as bases de selección para a cobertura en propiedade, a través do sistema selectivo de concurso-oposición, por quenda libre, dunha praza de oficial/a de parques e xardíns, pertencente ao cadro de persoal laboral, estando incluída a dita praza na oferta de emprego público deste concello para o ano 2023, aprobada por Resolución da Alcaldía do 21/12/2023, publicada no DOG número 245, do 28/12/2023, e posteriormente modificada mediante Resolución da Alcaldía do 26/06/2026, publicada no DOG número 126, do 8/07/2026.

Polo presente publícase de xeito íntegro no BOP de Ourense e no taboleiro electrónico da sede electrónica do Concello do Barco de Valdeorras.

Bases da convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema concurso-oposición, dunha praza de oficial/a de parques e xardíns (persoal laboral fixo/a), en desenvolvemento da oferta de emprego público 2023.

A presente convocatoria constitúe o desenvolvemento da oferta de emprego público deste concello para o ano 2023, aprobada por Decreto da Alcaldía do 21/12/2023, publicada no DOG número 245, do 28/12/2023, e posteriormente modificada mediante Decreto da Alcaldía do 26/06/2026, publicada no DOG número 126, do 08/07/2026 e réxese polas seguintes normas:

1ª. Obxecto da convocatoria

É obxecto desta convocatoria a cobertura en propiedade, a través do sistema selectivo de concurso-oposición, por quenda libre, dunha praza de oficial/a de parques e xardíns, pertencente ao cadro de persoal laboral, grupo IV, nivel 17, asimilada ao subgrupo C2. De conformidade co disposto na Relación de postos de traballo do Concello do Barco de Valdeorras, aprobada en sesión plenaria do 02/10/2025, a praza está adscrita á Unidade de Parques e Xardíns, código 04.02.03.02. As retribucións básicas, complementarias e extraordinarias que corresponden ao posto de traballo, por todos os conceptos, son as indicadas na Relación de postos de traballo do Concello do Barco de Valdeorras, cos incrementos establecidos no R.D.Lei 14/2025, do 2 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público.

As funcións propias do posto obxecto da convocatoria, segundo dispón a Relación de postos de traballo vixente, son as seguintes:

1. Realizar, baixo a supervisión e as instrucións do seu superior xerárquico ou superior, as tarefas de plantación e conservación dos xardíns, instalación, mantemento preventivo e reparación das instalacións municipais que sexan competencia da unidade de parques e xardíns, tales como: desfonde, cavado e escarda a máquina; preparación de terras e abonos; sementeira de céspede; arranque, embalaxe, transporte e plantación de plantas; recorte e limpeza de ramas e froitos; sega de xardíns; rozas; poda, aclarado e recorte de arbustos; regas automatizadas, etc. Así como traballos básicos de pintura, fontanería, albanelería, carpintería, xardinería, electricidade e similares naqueles ámbitos propios da súa especialidade.

2. Realizar as tarefas de varrido manual e mixto, soprado, baldeo e limpeza de parques e xardíns.

3. Asistir e substituír o encargado da brigada en caso de ausencia ou necesidade.

4. Interpretar planos e croques sinxelos

5. Realizar actuacións nas tarefas de execución, mantemento, conservación, roza, limpeza e tratamento dos parques, xardíns e espazos verdes; incluíndo mobiliario e instalacións dos propios xardíns e parques.

6. Recollida e traslado ao punto de almacenaxe ou xestión, de escombros e outros residuos xerados na actividade propia da xestión dos parques, xardíns e espazos verdes do concello.

7. Vixiar e controlar o bo estado dos parques e xardíns e o seu mobiliario urbano informando o seu responsable de calquera incidencia que poida existir.

8. Realización de traballos forestais preventivos (talas, rozas, podas, etc.) nos espazos verdes do concello.

9. Condución de vehículos e maquinaria lixeira para transporte, arrastre e suspensión de cargas sempre e cando se posúa o carné necesario.

10. Carga e descarga de materias relacionados co seu posto de traballo.

11. Coidar e manter a adecuada limpeza e posta a punto dos equipos e da maquinaria.

12. Revisar as instalacións onde desenvolve o seu traballo informando o seu superior xerárquico de calquera incidencia que poida existir.

13. Realizar nos equipos e maquinaria, pequenas tarefas de mantemento preventivo, sempre que para a súa execución non resulte necesaria unha especial cualificación.

14. Realizar a montaxe e a desmontaxe do material requirido para a organización de eventos municipais cando se requira.

15. Realizar calquera outra función, propia da súa categoría e especialidade, que se considere necesaria para o correcto funcionamento do concello.

2ª. Lexislación aplicable

O proceso selectivo regularase polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas, polo establecido no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 13 de xuño; no Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público; Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, Orde PJC/804/2025, do 23 de xullo, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de recursos e tempos e a realización doutros axustes razoables nos procesos de selección para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade, Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración do Estado e demais disposicións aplicables.

3ª. Requisitos dos/as aspirantes

Para tomar parte neste proceso selectivo, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española, ou calquera outra nacionalidade que, de acordo co artigo 52 da Lei 2/2015, permita o acceso ao emprego público.

b) Ter feitos os 16 anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión (ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias) da seguinte titulación: graduado en ESO, formación profesional de primeiro grado ou equivalentes, que se deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro, deberán acreditar, na data na que remate o prazo de presentación de instancias, que están en posesión da correspondente convalidación ou da credencial de homologación a título habilitante español, ou certificado da súa equivalencia á titulación.

Polo tanto, no caso de equivalencias ou homologación deberá xustificarse co certificado expedido polo organismo competente para establecelas.

Así mesmo, deberán terse en conta as equivalencias nas titulacións establecidas pola normativa reguladora aplicable, entre elas, a finada na Orde EDU/1063/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada mediante a Orde EDU/520/2011, do 7 de marzo.

d) Estar en posesión do permiso de conducir da clase B, en plena vixencia e sen ningún tipo de limitación á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o proceso selectivo.

e) Estar en posesión do Celga 3 ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, publicada no DOG nº 146, do 30 de xullo de 2007. No seu defecto, o/a aspirante deberá acreditar o coñecemento da lingua galega coa realización dunha proba específica, de carácter obrigatoria e eliminatoria, de acordo co artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

f) Posuír as capacidades e aptitudes físicas e mentais necesarias para o desempeño das funcións ou tarefas habituais do posto ligado á praza á que se aspira.

g) Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme á normativa vixente

h) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa fose separada ou inhabilitada ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que houbera sido separado/a ou inhabilitado/a. No caso de nacionais doutros Estados, non acharse inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

Todos os requisitos esixidos nesta base deberanse cumprir polos/as aspirantes na data en que remate o prazo de presentación de instancias, e mantelos durante todo o proceso selectivo, e cando menos, ata a data da sinatura do contrato laboral fixo.

Segundo o artigo 50 da Lei 2/2025, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, non poden participar nos procesos selectivos as persoas que xa pertenzan ao respectivo corpo, escala ou categoría profesional.

Para participar neste procedemento non se esixe o abono de taxa por dereitos de exame.

4ª. Presentación de solicitudes

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao alcalde, en modelo que se engade como anexo II, na que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na base terceira desta convocatoria.

As ditas solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas) durante o prazo de vinte días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. Tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como a través da sede electrónica do Concello do Barco de Valdeorras (sede.concellodobarco.gal).

Xunto coa solicitude para tomar parte neste proceso selectivo os/as aspirantes deberán achegar, inescusablemente, a seguinte documentación:

a) Copia do Documento Nacional de Identidade ou documento identificativo.

b) Copia da titulación académica esixida na letra c) do artigo 3.

c) As persoas con discapacidade (para o efecto do proceso selectivo e dos actos e actuacións que deriven do mesmo, terán a consideración de persoas con discapacidade as definidas no apartado 2 do artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, ou normativa posterior que substitúa esta definición: terán a consideración de persoas con discapacidade aquelas as que se lle recoñecera un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. Non obstante, no caso de tratarse dos pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou gran invalidez, e aos pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade, só terán a condición de persoas con discapacidade para os efectos destas bases se teñen recoñecida e acreditan unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33 %) que precisen de adaptacións de tempo ou medios de realización dos exercicios co fin de garantir a igualdade de oportunidades co resto de participantes, deberán facelo constar expresamente na solicitude, achegando a seguinte documentación:

1) Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % expedido polo órgano competente da Administración autonómica.

2) Escrito concretando as medidas específicas de adaptación de tempo ou medios, que precise.

3) Achegar o ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grao de discapacidade competente, acreditando de forma fidedigna as deficiencias permanentes que deron orixe ao grao de discapacidade recoñecido, para os efectos de que o órgano de selección poida valorar a procedencia ou non das adaptacións solicitadas. Só se poderá solicitar e outorgar esta adaptación se a persoa aspirante presenta especiais dificultades para a realización das probas de oposición e así se acredita co ditame técnico facultativo e estas adaptacións gardan relación directa coa proba a realizar. As adaptacións de tempo deberán axustarse ao que recolle a Orde PJC/804/2025, do 23 de xullo, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de recursos e tempos e a realización doutros axustes razoables nos procesos de selección para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade e normativa de concordante aplicación. Os órganos de selección poderán requirir un informe e, de ser o caso, a colaboración dos órganos técnicos competentes da administración laboral ou sanitaria da Xunta de Galicia.

O tribunal adoptará as medidas necesarias para as adaptacións de tempos e medios, que se publicarán na sede electrónica deste concello.

d) Copia do permiso de conducir da clase B, en vigor e sen ningún tipo de limitación.

e) A acreditación do coñecemento da lingua galega si se dispón dela. En caso contrario a persoa aspirante terá que realizar a proba do coñecemento do idioma galego.

f) Relación dos méritos que se acrediten por cada un dos apartados de que conste o concurso, en modelo que se engade como anexo III.

g) Documentación acreditativa dos méritos alegados polos/as aspirantes. A dita documentación deberá ir ordenada segundo a orde establecida nesta convocatoria.

Non se terán en conta nin serán valorados aqueles méritos que non estean acreditados na forma indicada. Tampouco se terán en conta aqueles méritos que non se acrediten suficientemente no momento de rematar o prazo de presentación de instancias.

Para que teñan validez neste proceso selectivo, os documentos que se presenten deberán estar expedidos nalgunha das linguas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia (galego ou castelán). No caso de se tratar de documentos expedidos noutras Comunidades Autónomas do Estado Español, para ser admisibles deberán estar redactados na lingua castelá ou traducidos con plena validez legal.

Na solicitude deberase elixir a lingua (galega ou castelán) na que queren que se lles faciliten os exercicios da fase oposición; se non se sinala nada entenderase que a lingua elixida é a galega. Por motivos de operatividade, unha vez escollido un idioma non se permite a súa modificación.

As persoas aspirantes que acheguen as solicitudes de participación e demais documentación preceptiva por vía electrónica, ao xuntar a documentación requirida deberán identificar os diferentes documentos que xuntan nomeando os correspondentes PDF que acheguen (DNI, Celga, etc.…) para a súa identificación por parte do servizo receptor da devandita documentación.

Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os/as interesados/as aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria. Os datos persoais incluídos na solicitude serán tratados unicamente para a xestión do proceso de selección, é dicir, para a realización das probas de selección e as comunicacións que sexan necesarias. Cando sexa necesario publicar un acto administrativo que conteña datos persoais, publicarase de acordo co disposto na disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. O Concello será o responsable do tratamento destes datos.

5ª. Publicidade, presentación, notificacións e comunicacións

As presentes bases publicaranse integramente no BOP de Ourense (en adiante BOP) e no taboleiro de anuncios da sede electrónica; así mesmo publicarase un anuncio da convocatoria no DOG (dando conta da aprobación das presentes bases e indicando a data da publicación do seu texto íntegro no BOP) e no Boletín Oficial do Estado, sendo esta última publicación a que determinará o comezo do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo.

As demais comunicacións que deban efectuarse o serán a través do BOP e taboleiro de anuncios (sede electrónica). As relativas a resolucións ou actos do Tribunal faranse públicas a través do taboleiro de anuncios (sede electrónica).

A presentación de instancias farase a través do rexistro municipal, ou a través de calquera dos xeitos admitidos na lexislación xeral do procedemento administrativo, tal e como se especifica na base 4ª desta convocatoria.

As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para seren seladas e datadas antes de seren certificadas.

A non presentación da solicitude en tempo e forma suporá a exclusión do/a aspirante.

A información de carácter persoal contida nas publicacións que se realicen será posible baixo a consideración de que os/as aspirantes coa sinatura da instancia, solicitando participar no proceso selectivo, se someten e aceptan todo o establecido na presente convocatoria e bases reguladoras. Os restantes usos dos datos persoais indicados nas solicitudes serán de carácter interno e uso restrinxido.

6ª. Admisión dos/as aspirantes

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará unha Resolución no prazo máximo dun mes, na que declarará aprobada a lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, con indicación, se é o caso, das causas de exclusión. Esta resolución publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello (sede electrónica), publicándose tamén as persoas candidatas que non están exentas do exame de galego, así como se a documentación presentada acreditativa da exención ten que ser emendada. A data de publicación no Boletín Oficial da Provincia será a determinante dos prazos para os efectos das posibles reclamacións.

Os/as aspirantes excluídos/as dispoñen dun prazo de 10 días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación da antedita resolución no Boletín Oficial da Provincia, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión, ou emendar, de ser requirido, a documentación presentada para a exención do galego. En ningún caso serán obxecto de emenda ou mellora a documentación achegada para a fase de concurso. Quen non emende no prazo indicado, quedará excluído/a definitivamente do proceso selectivo.

Posteriormente, o alcalde declarará aprobada a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia, e no taboleiro de anuncios do concello (sede electrónica). Na mesma resolución serán resoltas as reclamacións que se formularan á lista provisional, e determinarase o lugar, data e hora do comezo do primeiro exercicio da fase oposición, así como a composición do órgano de selección. De non presentarse reclamacións á lista provisional entenderase elevada automaticamente a definitiva, facéndose constar tal circunstancia no anuncio antes referido.

O feito de figurar incluído/a na relación de admitidos/as non prexulga que se lles recoñeza aos/ás interesados/as a posesión dos requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, os cales deberán ser xustificados documentalmente no suposto de que o/a aspirante admitido/a supere o proceso selectivo e sexa proposto/a para a contratación laboral fixa. Cando da documentación presentada por un/unha aspirante se desprenda que non se cumpre con algún dos requisitos, entón o/a aspirante decaerá de todos os seus dereitos.

Contra a resolución aprobatoria da lista definitiva poderán os/as interesados/as interpoñer o recurso potestativo de reposición previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou alternativamente o recurso contencioso-administrativo, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou a petición do/a interesado.

7ª. Tribunal cualificador

Os membros do tribunal cualificador serán designados polo alcalde segundo o disposto no artigo 60 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público e en atención ao principio de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros. Estará constituído por cinco persoas titulares e cinco suplentes, presidente/a, tres vogais e secretario/a. Os membros do tribunal cualificador deben pertencer a un corpo, escala ou categoría profesional para o ingreso no cal se requira unha titulación de nivel igual ou superior ao esixido para participar no proceso selectivo. Deberá tenderse na súa composición, á paridade entre home e muller, de acordo co establecido no artigo 53 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

Non poderán formar parte do tribunal o persoal de elección ou de designación política, os/as funcionarios/as interinos/as ou o persoal laboral temporal e o persoal eventual, nin tampouco as persoas que nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas ou colaborasen durante ese período con centros de preparación de opositores. A pertenza ao mesmo será sempre a título individual, sen que poida desempeñar esta en representación ou por conta de ninguén.

O tribunal de selección poderá dispoñer de persoas asesores/as especialistas para as probas, que serán nomeados pola Alcaldía, así como de persoal de soporte e apoio que sexa necesario para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo. Os/as asesores/as especialistas colaborarán co órgano de selección exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas sen que sexan integrantes do tribunal, correspondéndolle o asesoramento e ilustración do parecer dos seus membros, actuando con voz e sen voto.

A súa composición farase pública na mesma resolución da Alcaldía pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Igualmente, os/as aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra algunha das circunstancias a que se refire o parágrafo anterior.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de polo menos tres dos seus membros (sexan titulares ou suplentes indistintamente) e en todo caso, será precisa a asistencia do/a presidente/a e do/a secretario/a.

Todos os membros do tribunal cualificador que se designen para xulgar as respectivas probas selectivas actuarán con voz e voto. As decisións do tribunal cualificador, adoptaranse por maioría de votos dos membros presentes, resolvendo, en caso de empate, o voto de calidade do/a seu/súa presidente/a.

O tribunal cualificador queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e para tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo o non previsto nestas bases.

Para os efectos de percepción de indemnización por asistencias e, cando cumpra, por axudas de custo e gastos de viaxe, por parte dos membros concorrentes ás sesións que leve a cabo o tribunal cualificador, estarase ao disposto nos artigos 29 e seguintes do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo. As indemnizacións dos/as asesores/as salvo disposición en contrario, serán as establecidas para os/as vogais.

Os acordos do tribunal só poderán ser impugnados polos/as interesados/as nos supostos e na forma establecida na lexislación vixente reguladora do réxime xurídico do sector público e do procedemento administrativo común a través do recurso de alzada ante o alcalde, de acordo co precisado no artigo 121.1 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

8ª. Proceso selectivo

A data e máis a hora na que deberá constituírse o tribunal, así como o día e a hora para o comezo do primeiro exercicio da fase oposición serán determinados polo alcalde mediante resolución, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a composición do tribunal, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello do Barco de Valdeorras (sede electrónica).

Sistema de selección: o sistema de selección é o de concurso-oposición que consistirá na realización das fases que se refiren no presente artigo, iniciándose o proceso coa fase oposición.

* Desenvolvemento das probas da oposición: as probas realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos/as opositores/as, membros do tribunal e, de resultar necesario, dos/as colaboradores/as e especialistas designados/as.

A orde de actuación dos/as opositores/as iniciarase alfabeticamente por aqueles/as cuxo primeiro apelido comece pola letra M, de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 16, do 26 de xaneiro de 2026), pola que se publica o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os/as aspirantes serán convocados/as para cada exercicio en chamamento único, de maneira que quen non compareza será excluído/a. Para a realización dos exercicios, farase un chamamento a viva voz, e declararase decaído no seu dereito o/a aspirante que non compareza para a realización do exercicio, que quedará excluído/a do proceso selectivo. Unha vez concluído o chamamento para a realización da proba non se permitirá o acceso de ningún aspirante á/ás sala/s ou aula/s na/nas que esta teña lugar. Tampouco se permitirá a incorporación de ningún/ningunha aspirante unha vez que se iniciaron as probas selectivas.

Os/as aspirantes deberán acudir ás probas nas horas e datas dos respectivos chamamentos, sen posibilidade de aprazamento calquera que fora a causa que lles impedise acudir, excepto nalgún dos dous seguintes supostos:

a) Para o caso de que algunha das aspirantes non puidese completar o proceso selectivo por mor de embarazo de risco ou parto, debidamente acreditado.

b) Situación sanitaria excepcional. As persoas que non finalizasen un período de illamento prescrito polos servizos médicos, que se atopen en período de corentena domiciliaria, ordenada pola autoridade sanitaria, ou se atopen nun suposto excepcional libremente apreciado polo tribunal derivado dunha enfermidade diagnosticada con posterioridade ao remate de presentación de solicitudes de participación neste procedemento selectivo e que implique o ingreso nun centro hospitalario na data de celebración dun dos exercicios.

Nestes dous casos o tribunal, coa finalidade de garantir os principios de libre concorrencia, igualdade e non discriminación así como o normal desenvolvemento do proceso selectivo, poderá determinar a realización dun exame extraordinario ou a suspensión da celebración dun exercicio o que será anunciado no taboleiro de anuncios do concello. Ámbolos dous supostos quedarán condicionados á finalización do mesmo proceso selectivo e á superación da proba aprazada ou suspendida e a que a mora non menoscabe o dereito que o resto das persoas aspirantes teñen a unha resolución do proceso selectivo axustada a tempos razoables, o que deberá ser valorado polo tribunal de selección. Enténdese, en todo caso, que se afecta ao dereito a unha resolución do proceso selectivo en tempos razoables cando a suspensión dunha proba ou a realización dunha proba extraordinaria polos motivos anteriores supoñan demorar mais dun mes o proceso. En todo caso, a realización desa proba terá lugar antes da publicación da lista de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

As persoas aspirantes que se atopen nalgunha das dúas situacións indicadas deberán comunicar a súa situación, en canto a coñeza e, en todo caso, con carácter previo ao día e hora de inicio de celebración do exame, e achegar a documentación acreditativa ao tribunal, tan pronto como dispoñan dela e nun prazo que non poderá ser superior a dous días hábiles desde o día de comunicación da situación, para a súa valoración e adopción dos acordos que procedan. Non se valorarán aquelas situacións comunicadas con posterioridade á hora de inicio da celebración do exame ou cuxa documentación acreditativa achéguese despois de transcorridos dous días hábiles desde a comunicación da situación.

As comunicacións para estes efectos deberán realizarse a través dos medios previstos nas presentes bases.

Dende a terminación dunha proba e o comezo da seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días.

Nos exercicios escritos deberá garantirse, sempre que sexa posible, o anonimato dos/as aspirantes. Nos casos dos exercicios nos que deban garantirse o anonimato as persoas aspirantes non poderán realizar ningún sinal que o identifique nas follas utilizadas para a súa realización. De non observar esta regra serán automaticamente eliminadas do correspondente proceso selectivo, sen que se proceda nin sequera á corrección do exercicio.

O tribunal cualificador adoptará as medidas necesarias para establecer as adaptacións e axustes razoables tanto de tempos como de medios no proceso selectivo que sexan necesarios para as persoas aspirantes con discapacidade, cando así se houbese indicado e xustificado polo/a interesado/a na solicitude para participar no proceso de selección, de forma que se garanta a igualdade de oportunidades coas demais persoas participantes, nos termos establecidos na normativa vixente.

Os horarios serán determinados polo tribunal, podendo ser en horario de mañá ou tarde.

Os/as aspirantes deberán presentarse para realizaren os exercicios provistos do DNI NIE ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade, a xuízo do tribunal, e tamén dos medios adecuados que sexan necesarios para a práctica daquela. Comezada a práctica do exercicio, o tribunal poderá requirirlles en calquera momento ós/ás aspirantes que acrediten a súa identidade.

As cualificacións dos/as aspirantes en cada un dos exercicios serán publicadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello no mesmo día ou no día seguinte ao da realización do exercicio. Se os exames non fosen corrixidos ao remate da proba, introduciranse nun sobre que se pechará e selará: sobre o precinto asinarán todos os membros do órgano de selección presentes. O sobre quedará baixo a custodia do/a secretario/a para a súa apertura ao inicio da sesión en que se corrixan.

* fase oposición: o día, hora e lugar para o comezo do primeiro exercicio das probas selectivas, anunciarase no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello xunto coa resolución aprobatoria da lista definitiva de persoas admitidas e excluídas. Constará dos seguintes exercicios de carácter eliminatorios e obrigatorios para todos/as os/as aspirantes, sendo a puntuación máxima que se pode alcanzar nesta fase oposición de 20 puntos:

*Primeiro exercicio: realización dun exame tipo test do programa de materias que se contén no anexo I incluído ao final das bases, composto por 40 preguntas, con catro respostas alternativas cada unha, nas que unha soa será a correcta, nun tempo máximo dunha hora. Para a superación deste exercicio será necesario obter unha puntuación mínima de 5 puntos. Os/as aspirantes que non alcancen a dita puntuación mínima serán eliminados/as. Cada resposta correcta puntuarase con 0,25 puntos e a resposta incorrecta penalizará un terzo da puntuación de cada pregunta acertada (0,08 puntos), non puntuándose as non contestadas.

Tamén haberá que responder 5 preguntas adicionais de reserva.

Proba eliminatoria. Valoración de 0 a 10 puntos.

O tribunal dará publicidade ao modelo de respostas correctas no prazo de dous días dende a celebración do exame, dispoñendo os/as aspirantes dun prazo de tres días hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación do mesmo para facer alegacións ou reclamacións as mesmas.

Unha vez realizado o primeiro exercicio e trala avaliación do mesmo, o tribunal cualificador procederá á publicación das cualificacións outorgadas no taboleiro de anuncios (sede electrónica), fixando, así mesmo, a data de realización do segundo exercicio.

Unicamente se publicará a relación e cualificación dos/as aspirantes que superaron o exercicio, o resto terá a cualificación de “non apto/a”.

Para o caso de que non acaden 5 puntos nesta proba polo menos o 10 por cento dos/das aspirantes presentados/as ou un número de aspirantes superior a 5 aspirantes, facúltase expresamente o tribunal para determinar a puntuación (nota de corte) esixida para superar o exercicio con posterioridade a súa corrección, sempre que se determine con carácter previo a coñecer a identidade dos/as aspirantes examinados/as, do que se deixará constancia na correspondente acta da sesión que se levante.

*Segundo exercicio: A súa cualificación será de 0 a 10, sendo eliminados/as os/as opositores/as que non alcancen a cualificación mínima de 5 puntos. Consistirá na realización dunha ou varias probas prácticas relacionadas coas funcións da praza convocada, así como co temario establecido no anexo I. Estas probas prácticas serán manuais, podendo empregarse maquinaria, ferramentas, etc. Poderán realizarse por grupos, en días e lugares distintos, concretándose estas circunstancias no anuncio da convocatoria para a celebración do exercicio.

No suposto de tratarse de máis dunha proba, cada unha delas será eliminatoria, sendo debidamente informados/as os/as aspirantes ao inicio das probas correspondentes, informándose tamén da puntuación de cada unha delas e a puntuación mínima que se debe acadar para non quedar eliminado/a do proceso.

O tempo para a súa realización o determinará o tribunal en función da complexidade das mesmas e comunicarase tamén antes da iniciación do exercicio.

O tribunal cualificador concretará os materiais e ferramentas cos que os/as aspirantes deben contar para a realización do exercicio, sendo facilitadas polo Concello do Barco de Valdeorras.

Así mesmo, o tribunal cualificador deberá determinar e facer públicos, con carácter previo á realización do exercicio os criterios de valoración do mesmo.

Unha vez realizado o segundo exercicio e trala avaliación do mesmo, o tribunal cualificador procederá á publicación das cualificacións outorgadas no taboleiro de anuncios (sede electrónica), fixando, así mesmo, a data de realización do terceiro exercicio.

Unicamente se publicará a relación e cualificación dos/as aspirantes que superaron o exercicio, o resto terá a cualificación de “non apto/a”.

*Terceiro exercicio: Está dirixido á comprobación, por parte do tribunal, de que os/as aspirantes comprenden, escriben e/ou falan correctamente o galego, someténdoos á/ás proba/s que consideren máis adecuadas para tal comprobación. Este exercicio será cualificado como “apto/a” ou “non apto/a”. De conformidade co establecido no artigo 51.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, estarán exentos/as da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten estar en posesión do certificado Celga 3 de galego ou equivalente.

De ser o caso, unha vez realizado o terceiro exercicio e trala avaliación do mesmo, o tribunal cualificador procederá á publicación das cualificacións outorgadas no taboleiro de anuncios (sede electrónica), fixando, así mesmo, a data, lugar e hora no que se reunirá o tribunal cualificador para a valoración dos méritos.

*fase concurso de méritos: Será posterior á fase de oposición e non terá carácter eliminatorio. Co fin de garantir o principio de igualdade, a valoración dos méritos soamente realizarase unha vez celebrada a fase de oposición, polo que unicamente valoraranse os méritos daqueles que a superasen, coa finalidade de determinar quen deles/as superan o proceso selectivo. A puntuación máxima que se pode obter é de 10 puntos.

A estes efectos, o tribunal cualificador reunirase en sesión non pública para proceder á súa valoración. Soamente teranse en conta os documentos acreditativos que aqueles/as presentasen ata o peche do prazo de presentación de solicitudes, sen que poidan presentarse méritos en período de emenda. Non se tomarán en consideración nin serán valorados os méritos que non queden debidamente acreditados en todos os seus extremos no momento de finalización do prazo de presentación de instancias.

Con todo, non será necesario presentar documentos que xa se atopen en poder desta Administración, o cal deberá ser alegado expresamente polo/a aspirante.

A valoración dos méritos é a que se indica a continuación:

Experiencia profesional: A puntuación máxima que se poderá obter neste apartado é de 6,00 puntos, da seguinte maneira:

*Por servizos remunerados prestados na Administración Pública, na condición de empregado/a público/a (laboral ou funcionario/a), coa mesma ou superior categoría profesional á que se opta, e relacionados directamente coas funcións propias da praza que se convoca: 0,15 puntos/mes.

*Por servizos remunerados prestados en empresas privadas, coa mesma ou superior categoría profesional a que se opta, e relacionados directamente coas funcións propias da praza que se convoca: 0,10 puntos/mes, ata un máximo de 3,75 puntos.

*Por servizos remunerados prestados a través de contratos en prácticas ou de formación en empresas públicas ou privadas, coa mesma ou superior categoría profesional a que se opta, relacionadas directamente coas funcións propias da praza que se convoca e realizados fóra do curso escolar-académico: 0,08 puntos/mes, ata un máximo de 2,00 puntos.

*Por servizos prestados por conta propia e relacionados directamente coas funcións da praza que se convoca: 0,06 puntos/mes ata un máximo de 2,50 puntos.

Os servizos prestados, a excepción dos levados a cabo por conta propia, deben estar remunerados, polo tanto, non se puntúan os períodos de excedencia, a excepción das indicadas posteriormente, e os de suspensión do contrato, excepto por incapacidade temporal, maternidade ou risco durante o embarazo.

Os servizos prestados na Administración Pública ou en empresas privadas, a excepción dos prestados por conta propia, con categorías inferiores á do posto que se opta, puntuaranse con 0,02 puntos/mes a menores do estipulado nos puntos anteriores, co límite de 3,50 puntos de experiencia profesional.

Computarase como experiencia profesional os períodos de excedencia por coidado de familiares, violencia de xénero, servizos especiais e/ou excedencia forzosa, sempre que se acredite documentalmente.

Soamente se computará a experiencia acreditada ata o primeiro día do computo de inicio de presentación de instancias.

No suposto de que a xornada de traballo non sexa do 100 %, entón a puntuación por este concepto reducirase en proporción ás horas traballadas; como xornada completa considérase 35 h ou máis/sem. ou 7 h ou máis/día.

Os períodos fraccionados valoraranse proporcionalmente á puntuación dada por mes traballado (meses de 30 días).

Para establecer a puntuación tomarase como referencia o Informe de Vida Laboral e teranse en conta única e exclusivamente os días traballados que figuren no citado informe, procedendo da forma seguinte: sumaranse os días que se correspondan co tempo traballado alegado, téndose en conta a categoría, e o seu resultado dividirase por 30 (media de días que ten un mes), multiplicando o resultado desta división pola puntuación que corresponda en función do establecido nesta base.

Para a xustificación deste apartado, os/as aspirantes deberán presentar:

*para servizos prestados en administracións públicas: a experiencia laboral acreditarase mediante a presentación do certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, acompañado dun certificado da Administración Pública de procedencia onde conste, entre outros extremos, si se trata dunha relación –fixa/temporal- laboral ou funcionarial, denominación do posto de traballo desempeñado, subescala, clase ou categoría profesional, grupo ou subgrupo, data de inicio e fin da relación laboral ou do nomeamento, de ser o caso períodos de excedencia, tipo de excedencia e tipo de xornada, debéndose indicar as horas/sem. ou horas/día.

A non presentación de ámbolos dous documentos (vida laboral + certificado da Administración Pública de procedencia) suporá a non valoración do mérito alegado. Se esta certificación debera ser expedida polo Concello do Barco de Valdeorras, a persoa solicitante non deberá aportala, facéndoo constar o/a aspirante na solicitude e sendo o propio concello quen o aporte ao procedemento como se o houbera presentado a propia persoa interesada, e con carácter previo ao momento no que se valoren os méritos.

*para servizos prestados en empresas privadas: documentación acreditativa dos servizos prestados, ben sexa a través de contrato de traballo, de certificado de empresa ou de calquera outro documento con forza probatoria e no que se perciba claramente a duración do traballo, a categoría desempeñada, a xornada de traballo e a denominación do posto desempeñado; deberá achegarse ademais informe da vida laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

*para xustificar os servizos prestados por conta propia, será necesario presentar informe de vida laboral onde se poda comprobar a actividade empresarial ou profesional exercida ou que se estea exercendo e a súa duración ou, no seu defecto, documentación acreditativa ao respecto; tamén será necesario presentar as tres últimas facturas emitidas por cada ano que se estivo traballando por conta propia.

Formación complementaria:

*Pola participación como alumno/a ou impartición de cursos, mestrado, cursos de posgrao ou actividades formativas organizados por unha Administración Pública, universidades, colexios profesionais, organización sindical, cámaras de comercio, Servizo Público de Emprego, cursos no ámbito dos Acordos de Formación Continua das Administracións Públicas ou os organizados por empresas privadas, tendo en este último caso que estar os cursos debidamente homologados, avalados ou respaldados por unha Administración Pública, sempre que teñan relación directa coas funcións do posto convocado, ata un máximo de 3,25 puntos, na forma seguinte:

Cursos de ata 20 horas: 0,10 puntos/curso.

Cursos de 21 a 40 horas: 0,15 puntos/curso.

Cursos de 41 a 100 horas: 0,20 puntos/curso.

Cursos de 101 a 250 horas: 0,25 puntos/curso.

Cursos de 251 a 500 h: 0,35 puntos/curso.

Cursos de máis de 500 h: 0,50 puntos/curso.

Serán obxecto de valoración nos termos puntuables establecidos anteriormente os cursos que en materia de prevención de riscos laborais sexan alegados e acreditados polos/as aspirantes sempre que sexan impartidos ou certificados por un servizo de prevención o por unha entidade pública o privada con capacidade para desenvolver actividades formativas específicas en esta materia. Do mesmo xeito, serán obxecto de valoración os carnés profesionais relacionados coas funcións a realizar.

Non se puntuarán aqueles cursos nos que soamente algún dos módulos que compoñen o curso estea relacionado co posto ao que se pretende optar.

No caso de que non se especifiquen o número de horas de duración, ou no caso de cursos de duración inferior a 5 horas, non se concederá puntuación algunha. Tampouco se puntuarán os certificados de asistencia a congresos, charlas, xornadas ou similares, estean ou non relacionados co posto de traballo, nin as materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica, nin os módulos ou partes integrantes dun curso.

Para a acreditación destes méritos terá que aportarse certificación ou diploma expedido pola entidade organizadora, de ter finalizado con aproveitamento o curso. Será necesaria documentación acreditativa dos contidos do curso, cando estes non se deducisen da propia denominación do curso.

Por titulación académica superior (máximo 0,75 puntos):

Por estar en posesión de titulación académica superior, diferente da alegada para acceder ao presente procedemento de selección, e que teña relación co posto de traballo ao que se opta (soamente se valorará a titulación superior alegada):

- Título de diplomado/a, licenciado/a ou título universitario de grao: 0,75 puntos.

- Ciclo de Formación Profesional de Grao Superior ou certificado de profesionalidade de nivel 3: 0,60 puntos.

- Ciclo de Formación Profesional de Grao Medio ou certificado de profesionalidade de nivel 2: 0,50 puntos.

A posesión da titulación acreditarase coa presentación de copia do título expedido ou do xustificante de ter pagado as taxas correspondentes para a súa expedición para o caso de non estar en posesión do título.

A posesión do certificado de profesionalidade acreditarase coa presentación de copia do título expedido; no suposto de estar en trámite o certificado, e que polo tanto non se atope en posesión do mesmo, admitirase documento acreditativo emitido pola entidade tramitadora do certificado de profesionalidade conforme se ten dereito ao mesmo.

9ª. Cualificación final, proposta de nomeamento e formación de bolsa de traballo

A cualificación final do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, establecendo para estes efectos a orde definitiva de aspirantes aprobados/as.

Superará ao proceso selectivo e será proposta para a contratación laboral fixa a persoa que consiga a puntuación máis alta das outorgadas. Mesmo, se máis dun/dunha aspirante aproban tódolos exercicios obrigatorios e eliminatorios, só un/unha deles/as, a de maior puntuación total obtida no procedemento, será a proposta para a contratación laboral fixa.

Para o caso de empate na puntuación final, darase preferencia e pola seguinte orde á puntuación máis alta obtida, no segundo dos exercicios da fase oposición, no primeiro exercicio da fase oposición, no apartado de experiencia profesional da fase de concurso e no apartado de formación da fase de concurso. Se aínda así continúa o empate, procederase á realización dun sorteo público para determinar a persoa que supera o proceso, cuxa realización se anunciará a fin de garantir presenza voluntaria dos/as aspirantes afectados/as, sinalando o lugar, día e hora da súa celebración.

Polo tanto, o tribunal elevará a correspondente proposta de contratación laboral fixa a favor do/a aspirante que obtivera a puntuación mais alta. O tribunal non poderá facer proposta de contratación a favor dun número de aspirantes superior ao da praza convocada.

O tribunal poderá declarar deserta a praza obxecto da presente convocatoria cando non resulte cuberta á súa finalización por non superar o proceso selectivo ningún/ningunha candidato/a.

Os/as aspirantes que tiveran superado o proceso de selección e que non sexan propostos/as para a praza pasarán a formar parte dunha bolsa de traballo, para a categoría de oficial de parques e xardíns, para futuras contratacións laborais temporais para o caso de que o concello teña a necesidade de acudir á contratación laboral temporal ao producirse algunha das circunstancias que sinale a lexislación vixente.

A orde dos integrantes da bolsa virá determinada pola puntuación obtida no procedemento, de maior a menor puntuación.

Procederase a realizar o chamamento por rigorosa orde de puntuación, é dicir, realizándoo á persoa que se sitúe no primeiro lugar da bolsa e podendo soamente seleccionar á seguinte persoa cando a primeira rexeitase o posto de traballo ofertado ou non contestase ao chamamento no prazo dado aos efectos. O chamamento ou ofrecemento poderá realizarse por teléfono ou por correo electrónico. Cando se empregue a comunicación telefónica a persoa encargada de realizalo deberá deixar por escrito constancia das incidencias que xurdan, realizando cando menos dous intentos de chamada telefónica separados por dúas horas.

Para o caso de que o concello decida facer uso da bolsa, no prazo de tres días hábiles, contados dende o chamamento realizado polo concello, o aspirante deberá presentar os seguintes documentos:

a) Documento nacional de identidade en vigor e do permiso de conducir, clase B, en vigor e sen ningún tipo de limitacións.

b) Declaración xurada de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa fose separada ou inhabilitada ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que houbera sido separado/a ou inhabilitado/a. No caso de nacionais doutros Estados, declaración de non acharse inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

c) Declaración xurada de non atoparse incurso/a en ningunha causa de incapacidade ou

incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente.

d) Certificado ou informe médico acreditativo de posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que se opta, sen prexuízo da posibilidade de posterior recoñecemento médico polo servizo de prevención deste concello. Os certificados ou informes non poderán ter unha data de emisión superior a tres meses.

e) No suposto de persoas con discapacidade acreditada nos termos establecidos nas presentes bases, deberase aportar informe ou certificado de compatibilidade co desempeño das tarefas da praza á que opta. O dito informe ou certificado non poderá ter unha data de emisión superior a tres meses.

e) Fotocopia do número de afiliación á Seguridade Social acompañada do orixinal.

f) Certificación do número de conta bancaria para o ingreso de haberes.

g) Modelo 145 relativo ás retencións sobre os rendementos do traballo.

Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos esixidos os/as aspirantes poderán acreditar que reúnen as condicións esixidas mediante calquera outro medio de proba admitido en dereito.

Para o caso de que dentro do prazo sinalado, e agás para os supostos debidamente xustificados e acreditados, libremente apreciados pola Alcaldía, a persoa chamada non presente a súa documentación ou non reúna os requisitos esixidos non poderá ser contratado/a e quedará sen efecto todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puidese incorrer por falsidade na súa instancia solicitando participar no proceso selectivo.

A omisión ou defecto emendable nalgún dos documentos dará lugar á concesión dun prazo dun día hábil para a súa achega ou emenda que se contará desde o seu requirimento efectuado que poderá ser ben mediante chamada telefónica ou ben mediante correo electrónico, para unha maior axilidade na súa tramitación.

O rexeitamento do posto de traballo ou a non contestación coa presentación da documentación requirida suporá pasar ao final da lista a non ser que no momento de realizarse o chamamento se dea algunha das seguintes circunstancias, que haberá que acreditar documentalmente e que permitirá manter o mesmo posto que se ten na bolsa:

- Estar xa traballando,

- Enfermidade,

- Situación de risco durante o embarazo ou baixa de maternidade ou lactación natural,

- Atoparse realizando algún curso de formación presencial coa finalidade de situarse en mellores condicións para acceder ao mercado laboral.

- Por falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata segundo grado.

No suposto de non poder localizar a un/unha aspirante da bolsa utilizando os datos facilitados pola dita persoa (dirección ou número de teléfono/correo electrónico que determine na instancia ou posteriormente), pasarase a chamar o/a seguinte da bolsa, mantendo a persoa non localizada o mesmo posto que ten na bolsa.

Non obstante, de repetirse a mesma situación cun segundo ofrecemento, pasará a ocupar o último posto da bolsa.

A presente bolsa non terá carácter rotatorio; unha vez rematada a cobertura para o que foi contratada/nomeada a persoa retornará ao posto que lle correspondía por puntuación, non procedendo chamamento da dita persoa se a normativa en materia laboral non o permite.

A vixencia da bolsa que xurda do procedemento ao que se refire estas bases será dende a súa aprobación ata que sexa discrecionalmente substituída por outra nova.

Non procederá o chamamento a un/unha aspirante que se atope prestando servizos neste concello, salvo que se trate dunha vacante.

O/a aspirante chamado/a que presente a documentación preceptiva no prazo dado, e de ser o caso, despois do resultado satisfactorio do recoñecemento médico pasado no servizo de prevención deste concello, será contratado/a polo presidente da Corporación, e deberá proceder a formalizar o contrato no prazo que indique o presidente da Corporación. Perderase o dereito a formalizar o contrato cando, sen causa xustificada, non o fixese dentro do prazo sinalado ou ben se negase a firma-lo contrato.

No suposto de ter este concello aprobada algunha bolsa vixente referente ás categorías de oficial de 1ª ou 2ª de xardinería, resultante dun proceso de selección levado a cabo soamente mediante o sistema concurso, entón os/as aspirantes das ditas bolsas pasarán a formar parte da bolsa resultante do presente proceso de selección, a partir do/a último/a aspirante da bolsa que resulte deste proceso.

10ª. Documentación para presentar por parte do/a aspirante proposto/a para ocupar a praza convocada de persoal laboral fixo/a

O/a candidato/a finalista que fose proposto/a polo tribunal para ocupar a praza convocada deberá achegar, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte da publicación no taboleiro de anuncios da sede electrónica da relación das persoas que superaron o procedemento e da persoa proposta para a praza, os documentos que se indican a continuación; a falta de presentación en prazo da documentación esixida será equivalente a unha renuncia, propoñéndose entón a/a seguinte candidato/a por orde de puntuación obtida no procedemento de selección:

a) Documento nacional de identidade en vigor e do permiso de conducir, clase B, en vigor e sen ningún tipo de limitacións.

b) Declaración xurada de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa fose separada ou inhabilitada ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que for separado/a ou inhabilitado/a. No caso de nacionais doutros estados, declaración de non acharse inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

c) Declaración xurada de non atoparse incurso/a en ningunha causa de incapacidade ou

incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente.

d) Certificado ou informe médico acreditativo de posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que se opta, sen prexuízo da posibilidade de posterior recoñecemento médico polo servizo de prevención deste concello. Os certificados ou informes non poderán ter unha data de emisión superior a tres meses.

e) No suposto de persoas con discapacidade acreditada nos termos establecidos nas presentes bases, deberase achegar o informe ou certificado de compatibilidade co desempeño das tarefas da praza á que opta. O dito informe ou certificado non poderá ter unha data de emisión superior a tres meses.

f) Fotocopia do número de afiliación á Seguridade Social acompañada do orixinal.

g) Certificación do número de conta bancaria para o ingreso de haberes.

h) Modelo 145 relativo ás retencións sobre os rendementos do traballo.

Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos esixidos o/a aspirante poderá acreditar que reúnen as condicións esixidas mediante calquera outro medio de proba admitido en dereito.

Para o caso de que dentro do prazo sinalado, e agás para os supostos debidamente xustificados e acreditados, libremente apreciados pola Alcaldía, a persoa proposta para a praza non presente a súa documentación ou non reúna os requisitos esixidos non poderá ser contratada e quedará sen efecto todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puidese incorrer por falsidade na súa instancia solicitando participar no proceso selectivo, pasándose a chamar o/a seguinte candidato/a por orde de puntuación.

A omisión ou defecto emendable nalgún dos documentos dará lugar á concesión dun prazo de tres días hábiles para a súa achega ou emenda que se contará desde o seu requirimento efectuado.

Para os efectos previstos neste punto terán a mesma consideración que as renuncias os supostos referidos aos/ás aspirantes que dentro do prazo fixado non presenten a documentación requirida ou que do seu exame se deduza que carecen dos requisitos indicados na base 3ª da presente convocatoria.

11ª. Contratación como persoal laboral fixo/a e formalización do contrato

Unha vez rematado o proceso selectivo, á vista da documentación presentada e de ser o caso, despois do resultado satisfactorio do recoñecemento médico pasado no servizo de prevención deste concello, a Alcaldía ditará unha resolución de contratación como persoal laboral fixo/a ao/á aspirante correspondente notificándolle para tal efecto.

A resolución da contratación como persoal laboral fixo/a publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro da sede electrónica do concello.

A formalización do contrato efectuarase dentro do prazo máximo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de contratación como persoal laboral fixo/a no BOP; de non facelo, sen existir causa xustificada, que deberá ser alegada e aceptada, o/a nomeado/a perderá os seus dereitos.

Fronte á resolución da contratación, de acordo co disposto no artigo 69 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social, que é definitiva na vía administrativa, o/a interesado/a poderá interpoñer a correspondente demanda ante o Xulgado do Social de Ourense que corresponda ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio se este radica en Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da dita resolución de contratación no BOP.

12ª. Normas finais

Primeira. Esta convocatoria e as súas bases vinculan á Administración, ao tribunal encargado de xulgar o proceso e ás persoas que nel participan.

Segunda. Todos os actos administrativos derivados desta convocatoria, así como da actuación do tribunal, poderán ser impugnados polos/as interesados/as nos casos e na forma establecidos pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e normas vixentes concordantes.

A presentación de reclamacións non suspenderá a prosecución do proceso selectivo, salvo que así o decida o seu órgano convocante.

Terceira. Contra as presentes bases e o acordo que as aproba, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Con carácter potestativo e previo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante o mesmo órgano que adoptou o acordo de aprobación, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Neste último suposto, o prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses, contado desde o día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro que estime procedente.

ANEXO I: TEMARIO

BLOQUE I

1: A Constitución Española: Dereitos fundamentais e liberdades públicas. A Coroa. As Cortes Xerais. O Goberno.

2: A Comunidade Autónoma de Galicia: O Parlamento de Galicia. A Administración Autonómica de Galicia. Organización e estrutura básica.

3. O réxime local español: Principios constitucionais. As entidade locais. O municipio. Poboación e termo municipal.

4. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: Principios. Estrutura. Fases do procedemento administrativo. A revisión dos actos administrativos. Os recursos.

5. O persoal ao servizo da Administración Pública conforme ao Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: clases de persoal. Adquisición e perda da relación de servizo. Dereitos dos empregados públicos. Dereito á xornada de traballo, permisos e vacacións. Réxime disciplinario.

BLOQUE II

6: Botánica aplicada á xardinería: a planta, usos e necesidades de cultivo e conceptos xerais. A raíz, o talo, as follas e as flores. Clasificación das plantas. Nomenclatura. Multiplicación de plantas: asexual e sexual.

7. O solo: características. Tipos de solos e aptitude para a xardinería.

8. Principais labores de mantemento en xardinería pública segundo a época estacional.

9. Substratos. Materiais e propiedades.

10. Fertilización: Abonos e fertilizantes: tipos, propiedades e usos.

11. Principais pragas e enfermidades no xardín. Métodos de loita.

12. Produtos fitosanitarios. Normativa. Boas prácticas na súa aplicación.

13. Sistemas de rego: tipos e características. Mantemento de instalacións. Regas en xardíns e xardineiras.

14. Céspedes: principais especies utilizadas, preparación do terreo para o céspede, plantación e sementeira, épocas de sementeira máis favorable, labores de mantemento. 15. Cultivo e reprodución da roseira.

16. Plantación de árbores, arbustos e sebes. Plantación de plantas de temporada.

17. Poda de árbores, arbustos e palmeiras. Métodos e calendario de poda. Consecuencias dunha poda incorrecta.

18: Transplantes. Métodos máis utilizados. Condicións de transplante da planta. Enxertos. Técnicas para enxertar. Seguimento do enxerto.

19. Ferramenta e maquinaria de xardinería: tipos e características, usos, aplicacións, vantaxes e inconvenientes de cada unha e mantemento.

20. Seguridade e saúde no traballo: Medidas de seguridade nos traballos de xardinería. Equipos de protección individual e colectiva.

ANEXO II: MODELO DE SOLICITUDE

DATOS DA PRAZA CONVOCADA:

Cobertura en propiedade dunha praza de oficial/a de parques e xardíns, pertencente ao cadro de persoal laboral, grupo IV, nivel 17, co código na RPT 04.02.03.02, en desenvolvemento da oferta de emprego público do Concello do Barco de Valdeorras para o ano 2023.

DATOS PERSOAIS:

Nome e apelidos:

DNI/NIE:

Enderezo:

Código Postal:

Municipio:

Provincia:

Teléfono de contacto:

Conta de correo electrónica [campo non obrigatorio]:

EXPOÑO: Á vista da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura da praza indicada anteriormente, incluída na Oferta de emprego público do Concello do Barco de Valdeorras para o ano 2023, aprobada por Decreto da Alcaldía do 21/12/2023, publicada no DOG número 245, do 28/12/2023, e posteriormente modificada mediante Decreto da Alcaldía do 26/06/2026, publicada no DOG número 126, do 08/07/2026, DECLARO reunir todos e cada un dos requisitos que se esixen nas bases da convocatoria (artigo 3), co coñecemento e expresa aceptación de todos os termos desta.

SOLICITO que se teña por presentada esta solicitude e se me admita para participar no proceso de selección de referencia de conformidade coas bases da convocatoria.

Así mesmo indico que:

*Dispoño dun título acreditativo do nivel de lingua galega

SI: ○ NON: ○

*Solicito a certificación de servizos prestados no Concello do Barco de Valdeorras:

SI: ○ NON: ○

*Solicito que a lingua na que quero que se me faciliten os exercicios da fase oposición sexa en:

Galego: ○ Castelán: ○

*Documentación que se achega xunto coa solicitude:

○ DNI/NIE

○ Titulación académica esixida.

○ Certificado de discapacidade

○ Solicitude de adaptación de tempos e medios para a fase oposición, de ser o caso.

○ Ditame técnico facultativo indicado no artigo 4.c.3 para valorar a procedencia ou non da adaptación de tempos e medios para a fase oposición.

○ Título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega.

○ Relación de méritos.

○ Outra indicada no Anexo III.

O Barco de Valdeorras, de de 2026

Asdo: ………………………………………………

ALCALDE DO CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

ANEXO III

RELACIÓN DE MÉRITOS ACREDITADOS E MÉTODO DE XUSTIFICACIÓN

O Barco de Valdeorras, na data da sinatura electrónica. A primeira tenente de alcalde, substituíndo ao alcalde na totalidade das funcións da Alcaldía, Decreto 1351/2026, do 16 de xullo (artigo 205 do R.D 2568/1986, do 28 de novembro).

Asdo.: Margarida Pizcueta Barreiro.

R. 2.050