I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Aprobación das bases reguladoras e convocatoria para a cooperación da Deputación Provincial de Ourense cos concellos da provincia en materia de entrega e instalación de bancos e marquesiñas

Anuncio

Para os efectos oportunos, publícase que a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense adoptou, na súa sesión ordinaria do día 17 de agosto de 2026, o acordo de aprobación das bases reguladoras e convocatoria para a cooperación da Deputación Provincial de Ourense cos concellos da provincia en materia de entrega e instalación de bancos e marquesiñas, nos seguintes termos:

Base primeira. Obxecto

1. Constitúe o obxecto destas bases a regulación das condicións administrativas e técnicas en virtude das cales os concellos da provincia de Ourense poderán acceder á cooperación provincial consistente na entrega e instalación de mobiliario urbano (bancos e marquesiñas) nos seus respectivos termos municipais, así como a súa convocatoria.

2. Esta cooperación articúlase como unha modalidade de asistencia económica e de asistencia técnica e material, todo iso ao abeiro do previsto no artigo 36.1.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e na Ordenanza provincial reguladora do servizo de asistencia a entidades locais

Base segunda. Compromiso da Deputación

A Deputación Provincial de Ourense comprométese á adquisición do mobiliario con estrita suxeición á Lei 9/2017, de contratos do sector público. A efectividade desta cooperación quedará, en todo caso, supeditada á existencia de crédito adecuado e suficiente no orzamento provincial e á dispoñibilidade de unidades dentro do contrato de subministración vixente.

Base terceira. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios exclusivamente os municipios da provincia de Ourense, quedando excluída deste ámbito de cooperación provincial calquera outra entidade local.

2. Ao tratarse de persoas xurídicas e, polo tanto, de suxeitos obrigados a relacionarse electronicamente coas Administracións Públicas, a tramitación realizarase unicamente por medios telemáticos conforme o previsto no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (LPACAP), no artigo 3 do RD 203/2021 e no artigo 4 da Ordenanza reguladora do acceso electrónico aos servizos provinciais da Deputación Provincial de Ourense (BOP núm. 230, do 05.10.2021).

Base cuarta. Requisitos e obrigacións dos concellos

O acceso á cooperación provincial estará condicionado ao cumprimento dos seguintes requisitos:

Achega económica: o concello deberá asumir o 50% do prezo da adquisición dos equipamentos. Para o exercicio 2026, a achega será de 121,75 € (máis IVE) por cada unidade de banco, e de 1.246,14 € (máis IVE) por cada unidade de marquesiña.

Titularidade do solo: a instalación verificarase exclusivamente en lugares de titularidade municipal. No caso de situarse en terreos de titularidade doutra administración, deberá achegarse a preceptiva autorización administrativa.

Requisitos técnicos (marquesiñas): o concello deberá dispoñer previamente dunha base de cimentación de formigón armado HA-25, executada sobre terreo debidamente compactado, con dobre malla electrosoldada superior e inferior tipo ME 15x15 Ø12 B500T, e cos elementos de ancoraxe dispostos previamente ao formigonado, segundo se establece no anexo II destas bases.

Localización: deberán indicarse as coordenadas ETRS89 (Huso 29) e a referencia catastral do emprazamento.

Número de unidades: o número máximo de unidades por concello e ano natural será de cinco (5) bancos e unha (1) marquesiña.

Base quinta. Tramitación das solicitudes, documentación e prazo

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica da Deputación de Ourense (https://sede.depourense.es/), no procedemento “Solicitude de bancos e marquesiñas”. Para que a solicitude sexa admitida a trámite, os concellos deberán achegar preceptivamente a seguinte documentación:

a) Modelo Normalizado (anexo I): solicitude debidamente cumprimentada e asinada electronicamente pola Alcaldía-Presidencia.

b) Xustificante de ingreso: documento acreditativo de ter realizado o ingreso da achega municipal na Facenda Provincial, sendo requisito imprescindible para iniciar a tramitación.

c) Certificación de titularidade: certificado da Secretaría do concello acreditando que os terreos onde se prevé a instalación son de titularidade municipal. No caso de situarse en terreos de titularidade doutra administración, deberá achegarse a preceptiva autorización administrativa.

d) Memoria técnica de localización: coordenadas ETRS89 (Fuso 29) e referencia catastral de cada punto solicitado.

e) Acreditación técnica (marquesiñas): declaración responsable sobre a execución da cimentación conforme a base cuarta.

2. Trámite de emenda (rectificación): se a documentación estivese incompleta ou tivese erros, requirirase ao concello para que nun prazo de dez (10) días hábiles emende a falta. Se non o fixer, declararase desistido da súa petición, previa resolución nos termos do artigo 68 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. O prazo para a presentación de solicitudes abrirase o día seguinte ao da publicación destas bases e convocatoria no BOP de Ourense.

Base sexta. Resolución

A Presidencia da Deputación, ou deputado/a que teña delegada a competencia, ditará resolución de concesión ou denegación, segundo proceda, por rigorosa orde de presentación. Para estes efectos tomarase como data de referencia a da presentación da documentación de xeito completo e correcto.

A concesión queda limitada ás unidades dispoñibles no contrato e á existencia de crédito axeitado e suficiente.

No caso de denegación por falta de existencias ou incumprimento dos requisitos, procederase á devolución de oficio do ingreso realizado.

Base sétima. Entrega, xustificación e réxime de responsabilidades

1. Corresponde ao concello retirar o mobiliario no Parque de Maquinaria provincial. Para tal fin, a Deputación comunicará ao concello o prazo para retiralo, que en todo caso non poderá ser superior a dous (2) meses dende que se dite a resolución de concesión. A entrega formalizarase mediante a correspondente acta de entrega e recepción.

2. Dende a retirada do material e sinatura da acta, a responsabilidade sobre o ben (danos no propio ben ou a terceiros) recaerá exclusivamente no concello. O transporte e instalación son responsabilidade municipal.

3. A xustificación realizarase no prazo de quince (15) días dende a instalación, o concello deberá remitir nese prazo a memoria fotográfica e validación de coordenadas.

4. O mobiliario deberá manterse no lugar indicado por un prazo mínimo de cinco (5) anos.

5. Se se instalase en terreos non municipais ou incumprindo algunha das previsións das presentes bases, a Deputación liquidará ao concello o custo íntegro do equipamento ou a esixirá a súa devolución, segundo proceda.

Notifícolle isto, facéndolle saber que contra o dito acordo poderá formular requirimento de anulación, previo ao recurso contencioso–administrativo, ante o órgano que o ditou no prazo de dous meses, ou, alternativamente e de forma directa, un recurso contencioso-administrativo ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Ourense (ou outro que resultase territorialmente competente en aplicación das regras establecidas no artigo 14 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa), igualmente no prazo de dous meses. En ningún caso poderán simultanearse ambos recursos.

Os prazos computaranse de data a data a partir do día seguinte ao de recepción desta notificación e vencerán no día equivalente do mes natural seguinte ou, de non existir este, no último día do dito mes. No caso de que o día de vencemento sexa inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Durante o mes de agosto e nos días que median entre o 24 de decembro e o 6 de xaneiro do ano seguinte, ambos os dous incluídos, os días de festas nacionais e os festivos a efectos laborais na respectiva Comunidade Autónoma ou localidade, non correrá o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo, salvo para o procedemento para a protección dos dereitos fundamentais no que o mes de agosto terá carácter de hábil.

Non obstante o anterior, poderá interpoñer calquera outro recurso ou acción administrativa ou xudicial que estime procedente.

Ourense, 18 de agosto de 2026. O presidente.

Asdo.: Luis Menor Pérez.

R. 2.047