I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

INSTITUTO ORENSANO DESARROLLO ECONOMICO (INORDE)

Convocatoria e bases do procedemento de acceso ao Grao I do sistema da carreira administrativa horizontal dos/as empregados/as públicos/as do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE), organismo autónomo da Deputación provincial de Ourense

O día 07.04.2026 presentouse á Mesa Xeral de Negociación, no ámbito do persoal funcionario e laboral do Inorde, unha proposta inicial do Regulamento do sistema da carreira administrativa horizontal para os/as empregados/as públicos/as do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde). Nesta reunión acordouse avaliar a proposta presentada.

O Consello Reitor do Inorde, na sesión realizada o día 16 de abril de 2026, aprobou o proxecto do Regulamento do sistema da carreira administrativa horizontal para os/as empregados/as públicos/as do Inorde.

Posteriormente, o Pleno da Corporación Provincial, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de abril de 2026, aprobou inicialmente o expediente nº 2026/6381T, do Regulamento regulador do sistema da carreira administrativa horizontal para os/as empregados/as públicos/as do Inorde.

Finalmente, e ao non se presentaren reclamación e/ou suxestión ningunha no trámite de información pública e audiencia dos/as interesados/as, cuxo anuncio de exposición pública publicouse no BOP de Ourense número 88 do 13 de maio de 2026, enténdese definitivamente adoptado o acordo de aprobación inicial, e publícase o texto definitivo da Ordenanza no BOP número 129 do 10 de xullo de 2026, como requisito de eficacia para a súa entrada en vigor.

No artigo 13 do Regulamento regulador do sistema da carreira administrativa horizontal para os/as empregados/as públicos/as do Inorde recóllese o que é o sistema extraordinario de acceso ao Grao I.

Neste marco, o día 27 de xullo de 2026 no seo da Mesa Xeral de Negociación no ámbito do persoal funcionario e laboral do Inorde, presentouse para a súa negociación unha proposta inicial da convocatoria e das bases do procedemento de acceso ao Grao I do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa horizontal para os/as empregados/as públicos/as do Inorde de conformidade co artigo 13 do Regulamento, e acadouse un acordo unánime sobre esta.

Tamén se emitiu un informe xurídico, o 31 de xullo de 2026, por parte do secretario do Inorde no que se sinala que a convocatoria e as bases se axustan á lexislación vixente.

Por todo o anterior, DISPOÑO:

1. Aprobar a convocatoria e bases do procedemento de acceso ao Grao I do sistema de carreira administrativa horizontal para os/as empregados/as públicos/as do Inorde nos seguintes termos:

Base primeira. Obxecto

A presente convocatoria e as bases teñen por obxecto regular o procedemento para o acceso ao réxime extraordinario do Grao I do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, así como no artigo 13 do Regulamento regulador do sistema da carreira administrativa horizontal para os/as empregados/as do Inorde. Este complemento configúrase como unha retribución adicional ao complemento de destino, de conformidade co establecido na devandita disposición legal.

Base segunda. Ámbito subxectivo

O sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa será de aplicación:

a) A todos/as os/as empregados/as públicos/as do Inorde que estean en servizo activo ou en calquera outra situación que supoña reserva de praza ou dun posto de traballo concreto.

b) Aos empregados/as públicos/as doutras administracións públicas que, mediante os sistemas de concurso, permuta, libre designación ou comisión de servizos, preste servizos no Inorde.

Base terceira. Desistencia e renuncia

1. O persoal do Inorde poderá desistir da súa solicitude de recoñecemento do grao da carreira administrativa antes da súa resolución ou ben renunciar ao grao unha vez recoñecido.

2. Tanto a desistencia como a renuncia comunicaranse por escrito ao presidente do Inorde. O Inorde aceptará de plano a desistencia ou a renuncia e ditará a resolución na que declare finalizado o procedemento de recoñecemento do grao no sistema de carreira administrativa.

3. Os efectos da comunicación de desistencia produciranse desde a data de recepción desta. A renuncia implicará a perda permanente do grao que tivese recoñecido e os dereitos económicos asociados a este desde o mes seguinte á data da resolución.

Base cuarta. Progresión na carreira

1. O grao extraordinario adquírese no grupo ou subgrupo no que se estivesen prestando servizos o 31.12.2025.

2. A progresión nos distintos graos para cada grupo será consecutiva e irreversible.

Base quinta. Cambio de grupo ou subgrupo ou vínculo

1. O persoal do Inorde que acceda a outro grupo ou subgrupo e teña recoñecido un grao de carreira administrativa deberá reiniciar a carreira no novo grupo ou subgrupo.

2. Este cambio non afectará o grao de carreira xa recoñecido. Polo tanto, continuará percibindo o complemento de carreira no grupo ou subgrupo de orixe, ao que se lle irán sumando as novas retribucións ata o límite de catro graos. Cando o persoal teña recoñecidos máis de catro graos, percibirá o complemento de carreira correspondente aos catro graos de maior contía.

3. Porén, daráselle por recoñecido o grao inicial. No caso da promoción interna vertical, o tempo prestado no anterior grupo ou subgrupo computarase como prestado no novo grupo ou subgrupo.

4. Aplicarase idéntico criterio no caso do persoal laboral que acceda aos corpos e escalas de persoal funcionario, ou ben se trate de procesos de integración do persoal laboral en corpos e escalas de persoal funcionario.

Base sexta. Homologación de graos de carreira recoñecidos noutras administracións públicas

1. Os/as empregados/as públicos/as provinciais que, mediante os procedementos de mobilidade interadministrativa, fosen nomeados/as para o desempeño de postos no Inorde, poderán homologar os graos de carreira recoñecidos noutras administracións públicas sempre que se subscribise un convenio de colaboración coa Administración de orixe.

2. A solicitude de homologación deberá ir dirixida ao Inorde e deberase achegar a documentación que se considere oportuna.

Base sétima. Contías anuais do complemento de carreira

As contías anuais que se perciban por este complemento devindicaranse en 12 mensualidades e serán as seguintes (por cada grao):

A1

1.080 euros

A2

1.080 euros

B

840 euros

C1

840 euros

C2

720 euros

AP

720 euros

Base oitava. Efectos económicos

1. En función das dispoñibilidades orzamentarias, o pagamento do complemento de carreira correspondente ao Grao I recoñecido producirase ao 100% na anualidade de 2026, con efectos económicos do 1 de xaneiro dese ano.

2. O persoal do Inorde que estea de permiso por nacemento, adopción, garda con fins de adopción, acollemento, ou do proxenitor diferente da nai biolóxica ou en incapacidade temporal, poderá solicitar o recoñecemento igualmente, pero os efectos económicos produciranse a partir da finalización do permiso ou incapacidade.

3. Nestes supostos do parágrafo anterior tamén poderá solicitarse o recoñecemento do Grao I durante o mes seguinte á finalización do permiso ou da incapacidade.

4. No caso de cesamento do persoal funcionario interino ou de xubilación de calquera empregado/a público/a do Inorde durante o ano 2026, os efectos económicos da solicitude serán desde o 01.01.2026 ata o momento do cesamento ou xubilación.

Base novena. Procedemento

1. Os/as empregados/as públicos/as do Inorde poderán acceder ao formulario de solicitude a través da intranet da Deputación Provincial de Ourense (www.intranet.depourense.es) desde a sección formularios.

2. O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase o mesmo día da publicación desta resolución no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP) e será dun mes.

Base décima. Valoración dos criterios

1. Segundo os datos que se acheguen na solicitude, unha comisión formada polo presidente do Inorde, o secretario do Inorde, a interventora do Inorde, a xerente do Inorde e o técnico asesor xurídico do Inorde, ou quen os substitúa, revisaraa e, se cumpre os requisitos esixidos na convocatoria, estimará a súa solicitude.

2. No caso de que non cumpra os requisitos, a persoa será posteriormente requirida para que no prazo de 10 días hábiles acredite o cumprimento dos criterios de valoración. Non se permite a actualización do expediente para os efectos de solicitar o recoñecemento do grao de carreira.

Base undécima. Resolución

1. O prazo máximo para a resolución das solicitudes será de 3 meses contados desde a presentación da solicitude. De non se ditar resolución no dito prazo, a solicitude entenderase desestimada.

2. As resolucións estimatorias de recoñecemento de grao terán efectos desde o 1 de xaneiro de 2026.

3. As resolucións estimatorias ou desestimatorias do recoñecemento extraordinario do Grao I da carreira administrativa serán publicadas no BOP, de xeito que quede garantida a protección dos datos persoais das persoas interesadas, ou ben notificadas individualmente.

4. Contra a resolución estimatoria ou desestimatoria do recoñecemento extraordinario do Grao I da carreira administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso de alzada ante a Presidencia da Deputación Provincial de Ourense, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación da correspondente resolución, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán presentar un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da correspondente resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Base duodécima. Requisitos específicos para o acceso ao Grao I

1. Para acceder ao Grao I o persoal empregado público do Inorde debe cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar en situación de servizo activo (ou en calquera outra situación administrativa que supoña reserva de praza).

b) Ter a condición de empregado público nesta administración ou integrado procedente doutras administracións cunha antigüidade de, polo menos, cinco anos no corpo, escala ou categoría profesional a data do 31 de decembro de 2025.

c) Cumprir co requisito de acreditar a realización de polo menos 40 horas de formación total acumulada.

2. O Grao I adquírese no grupo ou subgrupo en que se estea en activo o 31.12.2025.

Base décimo terceira. Cómputo de antigüidade

Será computable toda a antigüidade noutras administracións públicas.

Base décimo cuarta. Criterio de avaliación da formación do Grao I

1. Valoraranse os cursos de formación convocados, organizados ou impartidos por:

a) a Deputación Provincial de Ourense ou outras entidades locais (concellos, mancomunidades de municipios, deputacións provincias ou cabidos);

b) a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) ou as escolas oficiais de formación do persoal das administracións públicas das restantes comunidades autónomas;

c) a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) ou o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA);

d) a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e as demais federacións autonómicas de municipios das outras comunidades autónomas;

e) o Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) ou a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP);

f) os cursos impartidos polas organizacións sindicais sempre que estean realizados no marco dos Acordos de Formación Continua nas Administracións Públicas (AFCAP) ou no marco do Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas (AFEDAP);

g) os cursos monográficos de formación impartidos tanto polas universidades galegas como polas do resto do estado

h) e os cursos de formación ocupacional e continua ou de formación para o emprego homologados polos organismos oficiais competentes en cada caso das comunidades autónomas ou do estado.

2. A suma de todos os cursos debe consistir nun mínimo de 40 horas.

3. Para estes efectos, tamén serán considerados os cursos de lingua galega (iniciación, perfeccionamento, medio ou superior de linguaxe administrativa galega ou o ciclo superior dos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas) homologados polo órgano competente en materia de política lingüística, sempre que sexan dun nivel superior ao requirido para o desempeño do posto de traballo no correspondente corpo, escala ou categoría profesional.

4. Non se valorará a asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares nin separadamente as materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica. Tampouco se valoran módulos separados dun determinado curso.

Disposición adicional única. Disposición en materia de protección de datos

Os datos persoais achegados coas solicitudes de participación incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Inorde e da Deputación Provincial de Ourense e serán tratados coa/s finalidade/s específicas de cada tratamento, de conformidade coa regulación establecida no Regulamento xeral de protección de datos (Regulamento UE 2016/679, do Parlamento e do Consello) e na Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

A lexitimación do tratamento baséase no cumprimento dunha obrigación legal e/ou no cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos a este responsable, para levar a cabo as súas funcións de xestión do persoal, e/ou calquera outras inherentes á relación laboral/funcionarial.

O prazo de conservación dos datos será o legalmente establecido.

Os datos persoais unicamente serán obxecto de cesión, se ser o caso, previo consentimento ou de acordo co previsto na lexislación antedita.

No caso de que sexa necesario realizar publicacións, estas realizaranse de conformidade co establecido na disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

As persoas interesadas poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, diante do responsable do tratamento, que é a Deputación Provincial de Ourense, ou ante o seu delegado de protección de datos, no correo electrónico dpd@depourense.gal. En todo caso, as persoas interesadas poderán formular as reclamacións que consideren oportunas en relación co tratamento dos seus datos persoais ante a Axencia Española de Protección de Datos.

2. Ordenar a publicación desta convocatoria e bases no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP) así como na sede electrónica do Inorde.

Contra esta resolución que aproba estas bases, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso de alzada ante a Presidencia da Deputación, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. O prazo computarase de data a data a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación, e vencerá no día equivalente do mes natural seguinte ou, de non existir este, no último día do dito mes. Se o día do vencemento fose inhábil, entenderase prorrogado o dito prazo ao primeiro día hábil seguinte. Non obstante o anterior, poderá interpoñer calquera outro recurso ou acción administrativa ou xudicial que estime procedente.

Ourense, 31 de xullo de 2026. O presidente do Inorde.

Asdo.: Rosendo Luis Fernández Fernández.

R 1.967