IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE LAZA

Convocatoria para a elección de xuíz/a de paz substituto/a

José Ramón Barreal Novo, alcalde do Concello de Laza, fago constar:

Que, de conformidade co disposto nos artigos 99 a 103 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e ante a renuncia ao cargo do/a xuíz/xuíza de paz substituto/a deste municipio, o Concello de Laza abre un prazo para a presentación de solicitudes por parte de todas aquelas persoas interesadas que reúnan as condicións legais para o desempeño do citado cargo.

Que as solicitudes deberán dirixirse á Alcaldía e presentarse no Rexistro Xeral do Concello, presencialmente ou a través da sede electrónica, no prazo de 8 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Así mesmo, inserirase un anuncio da convocatoria na sede electrónica do Concello de Laza, no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución e no propio Xulgado de Paz. As instancias deberán ir acompañadas de:

- DNI, orixinal ou copia auténtica.

- Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes (ou solicitude, quedando condicionado o nomeamento ao sentido da certificación posterior que se achegue).

- Declaración xurada de non estar incurso/a en causa de incapacidade e/ou incompatibilidade, á que fan referencia, respectivamente, o artigo 303 da Lei orgánica do poder xudicial (artigo 1 do Regulamento 3/1995 dos xuíces de paz) e os artigos 389 a 397 da Lei orgánica do poder xudicial e o artigo 14 do Regulamento 3/1995 dos xuíces de paz.

- Currículo ou relación de méritos que, se é o caso, alegue o/a solicitante.

Isto pubícase para o coñecemento xeral.

Laza, 7 de agosto de 2026. O alcalde.

Asdo.: José Ramón Barreal Novo.

R 1.953