IV. ENTIDADES LOCAIS

CONSELLO MUNICIPAL DE DEPORTES DE OURENSE

Bases reguladoras da convocatoria para a concesión de bolsas a deportistas excelentes do Consello Municipal de Deportes (Exp. 498/2026)

Expediente: 498/2026

Anuncio da aprobación das bases reguladoras da convocatoria para a concesión de bolsas a deportistas excelentes do Consello Municipal de Deportes (Exp. 498/2026).

Por medio do presente anuncio publícase que por acordo do Consello Reitor do 03.08.2026 aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de bolsas a deportistas excelentes do Consello Municipal de Deportes que, de seguido, se reproducen na súa literalidade:

“Bases reguladoras da convocatoria para a concesión de bolsas a deportistas excelentes do Consello Municipal de Deportes de Ourense

Artigo 1. Obxecto e importes

É obxecto desta Resolución establecer as bases reguladoras que rexerán a convocatoria de bolsas para a mellora e perfeccionamento de deportistas que destaquen na súa participación en competicións oficiais de carácter individual, en competicións por parellas ou relevos ou que participen coas seleccións autonómicas e/ou nacionais en competición oficial nas distintas modalidades deportivas recoñecidas, durante o período fixado na convocatoria, e cumpran os requirimentos e obrigas impostos nestas bases. Esta liña de axudas consta no plan estratéxico de subvencións do Consello Municipal de Deportes (CMD) en vigor.

En relación ás participacións coas seleccións autonómicas e/ou nacionais en deportes individuais e de equipos, deberán ser competicións nacionais ou internacionais oficiais. Non se terán en conta as convocatorias da selección para concentracións, partidos amigables, stages, ou competencias tipo open, que non requiran da convocatoria pública a través da circular federativa oportuna. Estas participacións coas seleccións só se terán en conta a partires da categoría sub16, ou sub17 segundo o deporte, incluídas.

Por último, considérase tamén a participación conxunta en deportes individuais, que non superen os catro compoñentes da disciplina combinada, como probas de relevos en atletismo ou natación, dobres en deportes de raqueta, ou distintas modalidades en sincronía. No caso de maior número de participantes na disciplina consideraranse deportes de equipo.

Os deportistas beneficiarios das axudas non poderán ter a consideración de profesionais nin semiprofesionais.

2. As axudas serán de dous tipos e contías máximas:

De iniciación: destinadas aos deportistas menores de 18 anos.

De cualificación: destinadas aos deportistas maiores de 18 anos (inclusive)

3. Os criterios de valoración e importes serán os establecidos na táboa do anexo I.

Estas bases reguladoras publicaranse integramente no BOP de Ourense.

Artigo 2. Financiamento e dotación orzamentaria

O importe máximo das bolsas, ás que se refiren estas bases reguladoras, estará limitado ao crédito máximo dispoñible na aplicación orzamentaria 3410.48000 dos orzamentos do CMD para cada exercicio económico.

No caso de que o importe total das solicitudes para conceder supere o crédito dispoñible e/ou o crédito non poida ser ampliado, axustarase rateando os importes para conceder ata axustarse ao crédito asignado na convocatoria.

Artigo 3. Convocatoria anual

A convocatoria anual das bolsas establecerá:

O importe para cada exercicio. Importe que poderá ser ampliado no caso de existencia de crédito na aplicación orzamentaria no momento da resolución, sen que esta circunstancia dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

O período no que os resultados deportivos serán obxecto da subvención, ben por tempada ou anualidade.

A convocatoria anual poderá tramitarse mediante expediente anticipado de gasto tendo en conta a normativa orzamentaria.

No suposto anterior, a concesión das axudas quedará sometida, en todo caso, á condición suspensiva da existencia do crédito axeitado e suficiente no orzamento do Consello Municipal de Deportes no momento do acordo das respectivas resolucións de concesión.

Un extracto da convocatoria será publicado no BOP de Ourense a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 4. Beneficiarios e requisitos para a obtención de bolsas.

Poderán beneficiarse das bolsas previstas nestas bases reguladoras os deportistas que reúnan os seguintes requisitos na data da publicación do extracto de convocatoria no BOP:

1. Estar inscrito no padrón municipal de habitantes do Concello de Ourense.

2. Dispoñer da licenza en vigor pola Federación Deportiva Galega da modalidade deportiva na que se solicita a axuda. No caso de modalidades deportivas non integradas en federacións deportivas galegas, será considerada a licenza estatal.

3. Non cumprir sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.

4. Non estar incurso nas causas de exclusión ou prohibición das contempladas no artigo 13.2 e 3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Manter os anteriores requirimentos cando menos ata a data de pagamento da bolsa.

Artigo 5. Procedemento de concesión, órgano de instrución e resolución

1. O procedemento para a concesión das bolsas será o previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e aplicarase o procedemento abreviado previsto no artigo 22 deste texto legal.

2. O órgano encargado da instrución do procedemento será a Xerencia do CMD que acordará todas as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación de datos en virtude dos cales debe pronunciarse a resolución.

3. Todas as comunicacións derivadas das actuacións de instrución realizaranse a través do taboleiro de anuncios da sede electrónica do CMD – https://deportesourense.sedelectronica.gal.

4. As deficiencias e as omisións na solicitude e na restante documentación preceptiva deberán emendarse no prazo de dez días desde o requirimento. De non corrixir no prazo indicado, terase por desistido da súa petición conforme ao previsto no artigo. 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas. Unha vez pechado o prazo de admisión das solicitudes, non se poderá incluír nova documentación agás a requirida expresamente polo CMD.

5. Unha vez finalizado o prazo de presentación das solicitudes e realizado o trámite de emenda conforme ao previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, o instrutor do procedemento fará un informe coa proposta de resolución para a aprobación da listaxe das persoas solicitantes admitidas e excluídas por decreto da Presidencia do Consello. O decreto será obxecto de publicación no taboleiro de anuncios da sede electrónica e determinará a apertura dun prazo de alegacións de dez días hábiles para a presentación de reclamacións. Finalizado o prazo de alegacións, o instrutor do procedemento realizará unha proposta de resolución para a aprobación da listaxe definitiva de persoas solicitantes admitidas e excluídas.

6. A Xerencia do CMD, como órgano instrutor, elaborará unha proposta de resolución sobre a valoración das solicitudes segundo o anexo I.

7. Á vista da proposta de resolución formulada pola Xerencia o Consello Reitor ditará unha resolución comprensiva dos seguintes extremos:

Relación dos solicitantes aos que se lle concede a bolsa.

Contía concedida.

Mención expresa de que as restantes solicitudes entenderanse desestimadas.

Recursos que se poderán interpoñer contra dita resolución e prazo de presentación destes.

Calquera outras condicións particulares que deba cumprir o beneficiario.

A resolución de concesión da bolsa supón o recoñecemento da obriga.

A publicación no taboleiro de anuncios da sede electrónica do CMD – https://deportesourense.sedelectronica.gal- substituirá á notificación persoal e producirá os mesmos efectos segundo o disposto no artigo 14 da Lei 39/2015. Non obstante, con carácter informativo remitiráselle a cada persoa beneficiaria da bolsa unha comunicación da concesión mediante correo electrónico ao enderezo que sinale na solicitude.

As persoas beneficiarias terán un prazo de 10 días hábiles, contados dende a publicación da resolución, para aceptar ou rexeitar a subvención. De non manifestarse expresamente, entenderase aceptada tacitamente.

O pagamento da bolsa efectuarase unha vez transcorrido o prazo anterior de dez días hábiles para a aceptación ou o rexeitamento da bolsa, mediante transferencia bancaria ao número de conta que se achegue pola persoa beneficiaria coa solicitude.

Contra as resolucións ditadas no procedemento que poñan fin ao procedemento administrativo, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que as ditou no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal de Instancia de Ourense, sección do Contencioso-Administrativo, sen prexuízo da interposición de calquera outro que se estime conveniente.

Artigo 6. Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes presentaranse no prazo de 1 mes contado desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, de forma telemática a través do rexistro da sede electrónica do CMD https://deportesourense.sedelectronica.gal a través do trámite electrónico que se habilite para o efecto ou na oficina auxiliar do Rexistro do Consello Municipal de Deportes situada na avda. Pardo de Cela núm. 2, no formulario normalizado que se facilitará nas dependencias administrativas do CMD.

2. As persoas interesadas deberán xuntar coa solicitude a seguinte documentación:

Documento acreditativo da licenza deportiva en vigor.

No caso dos menores de idade, copia do libro de familia.

Certificado da Federación no que acredite que a persoa solicitante non está cumprido sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.

Certificado da Federación Española ou da Federación Galega indicando o mellor resultado, por postos clasificatorios finais, dentro do período subvencionable fixado pola convocatoria, en competicións de carácter oficial, especificando categoría, posto e participación individual.

Documento da publicación do Diario Oficial de Galicia ou Boletín Oficial do Estado onde figure a listaxe na que se inclúa ao solicitante recoñecido como deportista galego de alto nivel, deportista de alto rendemento, de alto rendemento de base ou deportista de alto nivel recoñecido polo Consello Superior de Deportes.

Documento da circular federativa coa convocatoria da selección galega ou española, onde figure lugar e data da celebración do encontro nacional ou internacional. (Só a partir da sub16-sub17)

Declaración responsable da persoa solicitante, ou do seu representante legal, de non estar incurso en algunha das causas de exclusión ou prohibición das contempladas no artigo 13.2 e 3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (segundo o modelo recollido como anexo II das bases)

Declaración responsable da persoa solicitante ou do seu representante legal sobre a obtención doutras subvencións ou axudas.

A presentación da solicitude supón a autorización implícita ao CMD para tratar a información persoal e deportiva nas diferentes fases da tramitación.

Artigo 7. Prazo de resolución

O prazo máximo para a resolución da convocatoria anual será de tres meses contados desde o día seguinte ao remate do trámite de presentación das solicitudes. O vencemento do prazo máximo sen que se publique a resolución, lexitima os interesados para entender desestimada a solicitude por silencio administrativo.

Artigo 8.- Valoración das solicitudes

A concesión das axudas basearase na aplicación da táboa de baremación (anexo I) ao mellor resultado acadado polos solicitantes segundo o período subvencionable fixado na convocatoria.

Cada deportista só poderá ser beneficiario dunha soa bolsa vinculada á baremación dunha soa modalidade. Deste xeito, baixo ningún concepto as bolsas serán acumulables.

As convocatorias anuais poderán establecer un mínimo de puntuación para acadar no proceso de valoración, en función do tipo de axuda, para ser adxudicatarios de bolsa.

Artigo 9. Obrigas dos beneficiarios

Os beneficiarios destas bolsas estarán obrigados a:

Facer explícito o apoio do Consello Municipal de Deportes, nunha comunicación a través dos perfís persoais ou da entidade á que pertenzan nas redes sociais.

Manterse de alta na federación correspondente durante o ano natural ao que se refira a convocatoria pola que se lle concedeu a axuda.

Comunicar ao CMD a obtención de calquera axuda ou subvención de calquera administración ou entidade pública, con indicación expresa da súa contía.

Dar axeitada publicidade do carácter público do financiamento das actividades obxecto da bolsa, conforme aos artigos 1.1) e 18.4 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

Someterse ás correspondentes actuacións de comprobación por parte de CMD, que poderá realizar o seguimento e o control da súa actividade deportiva e da aplicación e destino dos fondos, en todo caso, ao control da actividade económica financeira que corresponde.

Colaborar e participar, cando así sexa requirido, co CMD na promoción de actos e eventos deportivos organizados pola administración municipal.

Para a realización de ditas actuacións debera facilitar canta información lle sexa requirida polo organismo anteriormente citado.

A percepción destas bolsas atopase suxeita á Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas, sen que se atope no suposto de exención.

Artigo 10. Modificación ou revogación das bolsas

1. Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión e en todo caso, a obtención concorrente de subvencións e axudas concedidas por calquera entidade pública, nacional ou internacional, poderá dar lugar á modificación da bolsa outorgada, por iso, calquera alteración dos datos ou condicións facilitados polos interesados para a tramitación das bolsas, deberá ser comunicada ao CMD por se puidese dar lugar á modificación da axuda concedida. Para os efectos de estimar a gradación dos incumprimentos utilizaranse as desviacións detectadas nos parámetros de valoración.

2. Serán causa de revogación da bolsa concedida, procederase ao reintegro das cantidades percibidas e á esixencia de xuros de demora:

Os supostos contemplados no artigo 37 da lei 38/2003, xeral de subvencións e 33 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

A emisión de certificación desfavorable por parte da Federación á que pertence o beneficiario, en relación coas circunstancias contempladas no art. 9 destas bases.

A obtención da bolsa sen reunir as condicións requiridas.

Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a bolsa.

Incumprimento das obrigas e condicións impostas aos beneficiarios con motivo da concesión da bolsa.

A negativa ou obstrución ao control que se establece nas presentes bases reguladoras.

Artigo 11. Compatibilidade con outras axudas e subvencións

As bolsas reguladas nas presentes bases son compatibles con calquera outra que poida recibir o beneficiario de calquera entidade pública, por calquera concepto.

Artigo 12. Infraccións

Considéranse infraccións administrativas as que sexan de aplicación dos títulos IV da Lei 38/2003, xeral de subvencións e da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

Artigo 13. Normativa aplicable

En todo o non especificado nestas bases, atenderase ao disposto na Ordenanza xeral municipal de subvencións (BOP do 9 de xullo de 2005), na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na Lei 38/2003 xeral de subvencións e, supletoriamente, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que aproba o Regulamento da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia ou normativa que as substitúa e no RD 887/2006, do 17 de novembro. En materia de procedemento administrativo, á Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Artigo 14. Entrada en vigor

Estas bases reguladoras entrarán en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOP de Ourense, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación. A aprobación destas bases supón a derrogación expresa das bases publicadas no BOP núm. 50 do 3 de marzo de 2021.

Réxime de recursos. Contra o acordo de aprobación das bases, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente recurso de reposición potestativo ante o órgano que o ditou o acto no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións Públicas; ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal de Instancia de Ourense, Sección do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso ou acción que se estime procedente.

ANEXO I

BOLSAS A DEPORTISTAS EXCELENTES.

Mellor participación na/s anualidade/s fixada/s na convocatoria.

DISCIPLINAS OLÍMPICAS/ PARALÍMPICAS

DISCIPLINAS NON OLÍMPICAS

CUALIFICACIÓN: MAIORES DE 18 ANOS (INCLUSIVE)

NIVEL III: MEDALLISTA EN CTO. NACIONAIS ABS. /FINALISTA CTO. EUROPA-MUNDO CATEG. (8 PRIMEIROS)

980 €

650 €

NIVEL II: FINALISTA CTO. NACIONAL ABSOLUTO (8 PRIMEIROS) /MEDALLISTA CTO. NAC. CATEGORÍA

500 €

300 €

NIVEL I: MEDALLISTA CTO. AUTONÓMICO ABSOLUTO

300 €

REPRESENTACIÓN SELECCIÓN NACIONAL ABSOLUTA/ Facer explícito o apoio do Consello Municipal de Deportes, nunha comunicación a través dos perfís persoais ou da entidade a que pertenzan en redes sociais.

CATEGORÍA. DEPORTES EQUIPO.

500 €

300 €

REPRESENTACIÓN SELECCIÓN AUTONÓMICA ABSOL. DEPORTES EQUIPO.

300 €

INICIACIÓN: MENORES DE 18 ANOS

MEDALLISTA CTO. NACIONAL

450 €

350 €

FINALISTA CTO. NACIONAL (8 PRIMEIROS CLASIF.)

250 €

150 €

MEDALLISTA CTO. GALEGO

150 €

REPRESENTACIÓN SELECCIÓN NACIONAL. DEPORTES EQUIPO. (>15 a.)

400 €

350 €

REPRESENTACIÓN SELECCIÓN AUTONÓMICA. DEPORTES EQUIPO. (>15 a.)

150 €

Os deportistas participantes en probas de relevos, ou en probas de participación conxunta como dobres en deportes de raqueta ou sincronías que cumpran os requisitos, seralles de aplicación un 50% do baremo.

ANEXO II

DECLARACIÓN RESPONSABLE

D./Dna...................................................................................................……….. (nome e apelidos)

con DNI ....................................... e nado o ............................e na súa representación legal de

ser o caso, PAI/NAI/TITOR:............................................................................................................

con DNI:.........................................................

Enderezo electrónico a efectos de comunicacións:............................................................................

DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE, para os efectos de acreditar ante o Consello Municipal de Deportes de Ourense:

(Bolsas a deportistas excelentes)

1) Que non estou incurso/a en ningunha das causas de exclusión ou prohibición das contempladas no artigo 13.2 e 3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia..

2) Que adquiro o compromiso de declarar a obtención doutras subvencións ou axudas e a procedencia institucional destas.

3) Que reúno todos os requisitos para ser beneficiario/a da subvención solicitada recollidos no artigo 4 das bases reguladoras da convocatoria.

Ourense, .......... de ......................................... de .........

SOLICITANTE/REPRESENTANTE LEGAL

Ourense, na data de sinatura electrónica. O presidente do CMD.

Asdo.: Aníbal Pereira Nóvoa.

R. 1.948