IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA

Bases reguladoras e a convocatoria do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de emprego de limpador/a do CEIP Plurilingüe Carlos Cid Arregui do Concello de Rairiz de Veiga, mediante o sistema de concurso-oposición

Por Resolución da Alcaldía do 27 de xullo de 2026, aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de emprego de limpador/a do CEIP Plurilingüe Carlos Cid Arregui do Concello de Rairiz de Veiga, mediante o sistema de concurso-oposición.

O obxecto da convocatoria é a constitución dunha bolsa de emprego destinada á cobertura das necesidades temporais de persoal que poidan producirse nesta categoría profesional, de conformidade co establecido nas bases reguladoras.

As persoas interesadas que reúnan os requisitos establecidos nas bases poderán presentar a correspondente solicitude no prazo de cinco (5) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Rairiz de Veiga ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As bases íntegras da convocatoria estarán á disposición das persoas interesadas no Taboleiro de Anuncios e na Sede Electrónica do Concello de Rairiz de Veiga.

As sucesivas publicacións e comunicacións relativas ao desenvolvemento do proceso selectivo realizaranse mediante a súa inserción no Taboleiro de Anuncios e na Sede Electrónica do Concello, producindo os efectos de notificación ás persoas interesadas.

Isto publícase para o coñecemento xeral. A alcaldesa.

Asdo.: Josefa Asunción Morgade Rúa.

R. 1.943