IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DO BOLO

Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/unha xefe/a da Brigada de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais do Concello do Bolo ao abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Bolo para o ano 2026

Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/unha xefe/a da Brigada de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais do Concello do Bolo ao abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Bolo para o ano 2026.

Expediente: 360/2026

Por Decreto da Alcaldía número 2026/329, do 5 de agosto de 2026, aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación, con carácter laboral temporal, dun/unha xefe/a da Brigada de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais do Concello do Bolo, polo tempo restante de execución do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Bolo para o ano 2026.

A praza obxecto da convocatoria é a seguinte:

Un/unha xefe/a da Brigada de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

O sistema de selección será o de concurso de méritos, de conformidade co establecido nas bases reguladoras da convocatoria.

As bases íntegras estarán publicadas na sede electrónica, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello do Bolo.

O prazo de presentación de solicitudes será de tres (3) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello do Bolo, na sede electrónica municipal ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nos termos previstos nas bases da convocatoria.

Isto publícase para o coñecemento xeral.

O Bolo, na data da sinatura electrónica. O alcalde.

R. 1.937