IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DA ARNOIA

Resolución da Alcaldía pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo dunha praza de persoal laboral de operario/a de servizos múltiples (OPE de 2025)

Resolución da Alcaldía de 5 de agosto de 2026.

Rodrigo Aparicio Santamaría, alcalde do Concello da Arnoia (Ourense), no día de hoxe, adoptou a seguinte resolución:

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo dunha praza de persoal laboral de operario/a de servizos múltiples, do Concello da Arnoia, oferta de emprego de 2025, conforme coas bases aprobadas por Resolución da Alcaldía do 12 de xaneiro de 2026 e publicadas integramente no BOP núm.. 43, do 5 de marzo de 2026; unha vez examinadas as solicitudes presentadas, esta alcaldía, no uso das facultades que ten atribuídas polo artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, resolvo:

Primeiro. Aprobar a listaxe provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no dito proceso selectivo.

Aspirantes provisionalmente admitidos/as:

Apelidos e nome; DNI; Celga

Rodríguez Martínez, Leila; 76***64*D; Si

Cadaya Míguez, José Luis; 76***81*T; Si

Rodríguez González, Felipe; 34***04*M; Si

Pazos Pequeño, Adrián; 39***49*E; Si

Aspirantes provisionalmente excluídos/as:

Ninguén.

Segundo. Dado que non existen aspirantes excluídos/as, elévase a definitiva a lista de aspirantes admitidos/as.

Terceiro. Ditar a resolución de nomeamento do tribunal, data, hora e lugar de constitución e de realización do primeiro exercicio que, de acordo coa base oitava e décima da convocatoria do proceso selectivo, será publicada na páxina web do Concello da Arnoia (sede electrónica).

Cuarto. Esta resolución publicarase no BOP, no taboleiro de edictos do Concello da Arnoia e da sede electrónica.

Así o manda e asina o alcalde, na Arnoia, na data da sinatura dixital, do que eu como secretario, certifico.

O alcalde. O secretario.

Asdo.: Rodrigo Aparicio Santamaría. Pablo Fernández Loureiro.

R. 1.933