IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE RIBADAVIA

Convocatoria pública para a provisión temporal, en réxime de comisión de servizos, dun posto de traballo vacante de policía local, encadrado no subgrupo C1, con nivel de complemento de destino 22

Por Resolución da Alcaldía do Concello de Ribadavia do 28 de xullo de 2026 acórdase a convocatoria pública para a provisión temporal, en réxime de comisión de servizos, dun posto de traballo vacante de policía local, encadrado no subgrupo C1, con nivel de complemento de destino 22.

O posto obxecto de provisión identifícase na Relación de postos de traballo como: Denominación do posto de traballo: policía, Relación laboral; funcionario, Grupo C1, Nivel 22.

Poderá participar o persoal funcionario de carreira que reúna os requisitos esixidos nesta convocatoria, debendo atoparse en situación administrativa que permita a provisión temporal en comisión de servizos.

As solicitudes para participar na presente convocatoria dirixiranse á Alcaldía do Concello e deberán presentarse no prazo de días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, acompañando a documentación acreditativa dos requisitos e dos méritos alegados, na forma establecida nas bases específicas, que se atoparán dispoñibles integramente no taboleiro de anuncios do Concello e na Secretaria municipal.

Ribadavia,e 3 de agosto de 2026. O alcalde.

Asdo.: César Fernández Gil.

R. 1.912