I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Bases e convocatoria para a selección de cinco (5) mozos/as deportistas para aloxamento e manutención na residencia xuvenil de titularidade autonómica Florentino López Cuevillas, para o curso 2026/2027

Bases e convocatoria para a selección de cinco (5) mozos/as deportistas para aloxamento e manutención na residencia xuvenil de titularidade autonómica Florentino López Cuevillas, para o curso 2026/2027.

Por Decreto da Presidencia da Deputación de Ourense núm. 2026/11573, do 27.07.2026, procedeuse á aprobación da addenda ao Convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Deputación Provincial de Ourense, de data 25 de xuño de 2025, relativo á utilización de determinadas instalacións e servizos da residencia xuvenil Florentino López Cuevillas e para a promoción da práctica de actividades deportivas entre a xuventude, así como das bases reguladoras e convocatoria da selección de cinco (5) mozos/as deportistas para aloxamento e manutención na citada residencia de titularidade autonómica.

Ao abeiro do sinalado na cláusula terceira do antedito convenio de colaboración, correspóndelle a esta Deputación a selección de cinco (5) mozos/as deportistas beneficiarios de aloxamento e manutención en réxime de pensión completa na residencia xuvenil Florentino López Cuevillas a cargo da administración autonómica.

As bases e a convocatoria que regularán a referida selección son as seguintes:

1ª) Obxecto:

Constitúe o obxecto destas bases a convocatoria para a selección, pola Deputación Provincial de Ourense, de cinco (5) mozos/as deportistas que cursen estudos oficiais en centros educativos da provincia de Ourense e teñan a súa licenza federativa en vigor para a tempada 2026/2027 por clubs da provincia de Ourense, para seren beneficiarios de aloxamento e manutención en réxime de pensión completa na residencia xuvenil Florentino López Cuevillas a cargo da administración autonómica, no curso 2026/2027.

2ª) Solicitudes: prazos, lugar de presentación e documentación:

1. As solicitudes, subscritas polo representante legal dos clubs interesados, irán dirixidas á Presidencia da Deputación Provincial mediante a súa presentación no Rexistro Xeral desta entidade de forma telemática, a través do rexistro xeral da sede electrónica da Deputación,

https://sede.depourense.es/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=PTS2_HOME

O prazo de presentación será ata ás 23.59 horas do día 31 de agosto de 2026, dende o día seguinte ao da data de publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia. O dito prazo terá carácter improrrogable.

2. As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación administrativa:

- Modelo de solicitude (anexo I)

- DNI da persoa asinante da solicitude

- NIF do club solicitante

- Certificación acreditativa do cargo de presidente

3. As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación valorable:

- Certificación acreditativa da categoría competitiva do club na súa disciplina deportiva.

- Memoria xustificativa da necesidade de aloxamento e manutención para o/a deportista e para o club solicitante

- Copia da/s licenza/s federativa/s en vigor dos/as deportista/s beneficiario/s (no caso de non ter tramitado a licenza federativa para a presente tempada, deberase achegar calquera outro documento que xustifique a vinculación do deportista do club solicitante).

3ª) Procedemento de selección:

Establécese como procedemento de concesión o de concorrencia competitiva, mediante a comparación e baremación das solicitudes presentadas e admitidas a trámite.

Unha vez examinada a documentación, a Presidencia poderá conceder un prazo de ata dez (10) días hábiles para a emenda de deficiencias materiais na documentación administrativa presentada. Ao tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, a documentación valorable non será emendable.

Unha vez emitido o trámite de emenda, se é o caso, o expediente remitiráselle á Comisión de Valoración, que procederá a formular proposta de resolución conforme cos criterios de concesión recollidos na base 5ª.

4ª) Comisión de valoración:

A Comisión de Valoración estará integrada polos seguintes membros:

Presidente: o deputado delegado de Cultura, Educación e Deporte.

Vogais:

- O secretario xeral, ou funcionario/a que legalmente o substitúa.

- A xefa do Negociado de Concursos, ou funcionario/a que legalmente a substitúa.

- O xefe do Servizo de Deportes, ou funcionario/a que legalmente o substitúa.

Secretaria: a xefa da Sección de Subvencións.

Os membros da comisión atópanse suxeitos aos deberes de abstención establecidos na lexislación de réxime xurídico das administracións públicas.

5ª) Criterios para a selección:

1. Para a selección dos beneficiarios, a Comisión de Valoración aplicará os seguintes criterios:

- Maior categoría competitiva do club solicitante (de 0 a 5 puntos). Para estes efectos, entenderase por categoría competitiva o ámbito territorial no que se desenvolva a competición ou liga na que participa o club ou o deportista solicitante (nacional, nacional-zonal-sectorial, autonómica, autonómica-zonal-sectorial ou provincial).

- Memoria xustificativa da necesidade de aloxamento e manutención para o/a deportista e para o club solicitante (de 0 a 2,5 puntos).

2. Valorarase preferentemente a primeira solicitude de cada club. As sucesivas solicitudes na orde de prelación só serán valoradas de non cubrirse por cinco clubs diferentes as cinco prazas obxecto desta convocatoria.

6ª) Resolución:

1. A proposta da Comisión de Valoración elevaráselle á Presidencia da Deputación, que adoptará o acordo de resolución no prazo máximo dun (1) mes dende o remate do prazo da emenda de deficiencias documentais, se é o caso, ou dende o remate do prazo de presentación de instancias. A falla de resolución expresa no dito prazo terá o efecto dun acto presunto desestimatorio.

A resolución axustarase á proposta da Comisión de Valoración, agás naqueles supostos nos que a Presidencia considere que a dita proposta incorre en infracción do disposto nestas bases ou na lexislación aplicable, en cuxo caso adoptará a resolución oportuna, corrixindo a proposta da Comisión, tras os informes previos que se estimen precisos.

2. A resolución seralle comunicada á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e aos clubs solicitantes.

7ª) Obrigas dos beneficiarios:

Os beneficiarios quedan suxeitos ás obrigas previstas no Convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Deputación Provincial de Ourense relativo á utilización de determinadas instalacións e servizos da residencia xuvenil Florentino López Cuevillas e para a promoción da práctica de actividades deportivas entre a xuventude, ás obrigas previstas na addenda ao Convenio de colaboración do 25 de xuño de 2025 e demais normativa autonómica de aplicación.

Por medio da addenda modifícase a cláusula quinta do referenciado convenio de colaboración quedando redactada como segue,

“As persoas deportistas seleccionadas deberán depositar ao igual que o resto das persoas residentes e bolseiras de prazas en residencias xuvenís dependentes da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude unha mensualidade en concepto de reserva que se lle devolverá ao finalizar a estancia”.

8ª) Normativa supletoria:

En todo o non disposto nestas bases, seralles de aplicación a lexislación aplicable en materia de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Anexo I

Modelo de solicitude para clubs de aloxamento e manutención para mozos/as deportistas na residencia xuvenil Florentino López Cuevillas, no curso 2026/2027.

CLUB SOLICITANTE:

ASINANTE DA SOLICITUDE (PRESIDENTE):

DOMICILIO PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓNS:

ENDEREZO ELECTRÓNICO:

TELÉFONO:

MOZO/A DEPORTISTA PARA O QUE SE SOLICITA O ALOXAMENTO E MANUTENCIÓN:

1º Nome e apelidos: ___________________________________________________ DNI _______________________

2º Nome e apelidos: ___________________________________________________ DNI _______________________

3º Nome e apelidos: ___________________________________________________ DNI _______________________

DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA QUE ACHEGA POR CADA SOLICITUDE:

DNI da persoa asinante da solicitude.

NIF do club solicitante.

Certificación acreditativa do cargo de presidente.

DOCUMENTACIÓN VALORABLE QUE ACHEGA POR CADA SOLICITUDE:

Certificación acreditativa da categoría competitiva do club.

Memoria xustificativa da necesidade de aloxamento e manutención para o/a deportista e para o club solicitante.

Copia da/s licenza/s federativa/s en vigor dos/as deportista/s beneficiario/s (no caso de non ter tramitado a licenza federativa para a presente tempada, deberase achegar calquera outro documento que xustifique a vinculación do deportista do club solicitante).

Ourense, ____ de ___________________ de 20____

Asdo.: _____________________________________________________

3º. Informar o Pleno da Corporación na vindeira sesión ordinaria que teña lugar.

Ourense, 28 de xullo de 2026. O presidente.

Asdo.: Luis Menor Pérez.

R. 1.828