IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

Aprobación da oferta de emprego público do ano 2026

A Alcaldía do Concello do Barco de Valdeorras, por Decreto núm. 2026-1381 do 27 de xullo de 2026 e publicado integramente no Taboleiro de Anuncios e no Portal de Transparencia, aloxados ambos na Sede Electrónica do Concello (https://sede.concellodobarco.gal), acordou aprobar a oferta de emprego público do ano 2026 do Concello do Barco de Valdeorras incluíndo as seguintes prazas vacantes:

A. Funcionarios/as de carreira:

A.1 Funcionarios/as de Administración xeral:

Dúas prazas de funcionario/a de carreira, escala de administración xeral, subescala administrativa (2 prazas). Das dúas prazas unha cubrirase polo procedemento de promoción interna e outra mediante quenda libre.

O prazo máximo para a convocatoria do proceso de promoción interna será o 31 de decembro do 2026, debendo rematar o proceso no prazo máximo de tres anos dende a publicación da oferta de emprego público. O sistema selectivo será o concurso oposición, restrinxida aos funcionarios de carreira do Concello do Barco de Valdeorras.

O prazo máximo para a convocatoria do proceso de selección en quenda libre será o 31 de decembro do 2028 debendo rematar o proceso no prazo máximo de tres anos dende a publicación da oferta de emprego público. O sistema selectivo será a oposición.

A.2 Funcionarios/as do corpo de policía local:

-1 praza de funcionario/a de carreira, escala básica, categoría policía, denominación policía local, integradas no grupo C, subgrupo C1.

A selección realizarase pola Academia Galega de Seguridade Pública segundo Convenio para a asunción pola administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e as prazas de auxiliares de policía local é as prazas de vixiantes municipais entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello do Barco de Valdeorras asinado o 18 e 20 de marzo de 2026, debendo rematar o proceso no prazo máximo de tres anos dende a publicación da oferta de emprego público.

B. Persoal laboral

-1 praza de persoal laboral fixo-descontinuo, denominada peón/peoa de parques e xardíns. A selección realizarase en quenda libre e mediante o sistema de concurso oposición. O prazo máximo para a convocatoria do proceso de selección será o 31 de decembro do 2028, debendo rematar o proceso no prazo máximo de tres anos dende a publicación da oferta de emprego público.

De acordo co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, con carácter potestativo, un recurso de reposición no prazo dun mes desde esta publicación ante o alcalde ou un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante os Xulgados do Contencioso-Administrativo de Ourense.

O Barco de Valdeorras, na data da sinatura electrónica. O alcalde.

Asdo.: Aurentino Alonso Araujo.

R. 1.820