IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE OURENSE

Urbanismo

Anuncio de incoación do expediente de inscrición no Rexistro de Soares e Terreos sen Urbanizar do inmoble sito na rúa Praza da Magdalena, nº 4, de Ourense. Expte. R.U. 2026030493

Servizo de Licenzas Urbanísticas

Negociado de Rexistros Urbanísticos

Anuncio de incoación do expediente de inscrición no Rexistro de Soares e Terreos sen Urbanizar do inmoble sito na rúa Praza da Magdalena, nº 4, de Ourense. Expte. R.U. 2026030493.

Anunciase que o concelleiro delegado de Obras Públicas, Servizos Urbanos, Medio Ambiente e Urbanismo, o día 15 de xuño de 2026, ditou providencia no expediente número 2026030493 de Rexistros Urbanísticos, relativo á incoación de expediente para a inscrición no Rexistro de Soares e Terreos sen Urbanizar do inmoble sito na rúa Praza da Magdalena, nº 4, de Ourense que, transcrita literalmente di o seguinte:

“Tendo en conta que a Ordenanza municipal que aproba o Rexistro de Soares e Terreos sen Urbanizar foi definitivamente aprobada polo pleno corporativo en sesión do 1 de agosto de 2008,

Tendo en conta que a dita ordenanza foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense nº 219, do luns, 22 de setembro de 2008 e que, de acordo coa súa Disposición Final Primeira, entrou en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOP,

Unha vez visto o estado de conservación do inmoble sito na rúa Praza da Magdalena, nº 4, de Ourense, ca referencia catastral 38.79.8.07 do Núcleo Histórico de Ourense,

Unha vez vistos, ademais, os antecedentes existentes relativos ao expediente de Disciplina Urbanística 2024003063, relativo á orde de execución forzosa e medidas urxentes de seguridade e de conservación do inmoble sito na Praza da Magdalena, nº 4,

En virtude do disposto no artigo 137.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia; artigo 337 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia; e os artigos 8 e 9 da Ordenanza municipal reguladora da edificación forzosa e do rexistro de soares e terreos sen urbanizar do Concello de Ourense,

De conformidade co disposto no artigo 43 do ROF, 35 do Regulamento orgánico do Concello de Ourense e 5 e 10 A da Ordenanza citada.

En uso das atribucións delegadas pola Alcaldía nesta concellería, efectuada por Decreto nº 2026006080 do 1 de xuño de 2026, de delegación de competencias de Alcaldía nos concelleiros e na Xunta de Goberno Local,

DISPOÑO:

Que se incoe o expediente de inscrición no Rexistro de Soares e Terreos sen Urbanizar do inmoble sito na rúa Praza da Magdalena, nº 4, de Ourense, coa referencia catastral 38.79.8.07 do Núcleo Histórico de Ourense”.

Isto publícase de conformidade co artigo 10.B da citada Ordenanza para o coñecemento xeral e para os efectos oportunos, abríndose un prazo de quince dias, para que todas as persoas interesadas poidan presentar as reclamacións ou documentación que estimen pertinentes.

O alcalde. Asdo.: Gonzalo Pérez Jácome.

R. 1.774