II. ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO

CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL, O.A.

Anuncio da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A., de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación e actas de ocupación relativas a bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa para a execución das obras do “Proxecto de construción de sendeiro fluvial no río Sampil. Fase 2. Termo municipal de Celanova (Ourense), PDM Miño-Sil ES010_3_CHCH0XCET29WP2537”. Clave: M1.444-324/2111

Por Resolución da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A., do 6 de marzo de 2026, acordouse someter a información pública o proxecto, para os efectos previstos no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como a relación de bens e dereitos de necesaria ocupación, en virtude do establecido nos artigos 18 da Lei de expropiación forzosa e 17 do seu Regulamento.

Para a execución das citadas obras declarouse a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados mediante o acordo do Consello de Ministros do 16 de xuño de 2026, sendo por tanto de aplicación a normativa que establece o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e concordantes do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957.

En consecuencia, esta Confederación Hidrográfica, en virtude das atribucións que ten conferidas e facendo uso das facultades que lle outorga o artigo 98 da Lei de expropiación forzosa e atendendo ao sinalado nas regras 2ª e 3ª do seu artigo 52, resolve convocar os titulares afectados, conforme se lles notifica nas correspondentes cédulas individuais e nos anuncios publicados nos diarios “La Región” e “La Voz de Galicia”, no Boletín Oficial do Estado e no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, para que previo traslado ás leiras de ser iso necesario, procédase ao levantamento das Actas previas á ocupación e Actas de ocupación no lugar, datas e horas que a continuación se indican:

Lugar

Data

Horas

Salón de Plenos

do Concello de Celanova

Praza Maior, 1,

2800 Celanova – Ourense

22 de setembro de 2026

11:00 h a 13:00 h

A relación de bens e dereitos afectados foi publicada no Boletín Oficial do Estado do 17 de marzo de 2026, no Boletín Oficial da Provincia de Ourense do 31 de marzo de 2026, e no diario “La Voz de Galicia” do día 21 de marzo de 2026, podendo ser examinada, xunto cos planos parcelarios, nas oficinas da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A., en Ourense.

Ao acto concorrerán os afectados persoalmente ou ben os seus apoderados, provistos do seu Documento Nacional de Identidade, cartilla bancaria dos titulares e fotocopia da documentación acreditativa da titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e un notario, cuxo custo será ao seu cargo.

Conforme establece o artigo 56.2 do Regulamento de expropiación forzosa, ata o momento en que proceda ao levantamento das citadas Actas previas á ocupación, os interesados poderán formular, por escrito, ante esta Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A., (R/ Curros Enríquez, nº4, 2ª planta, 32003 Ourense) alegacións para os sos efectos de emendar posibles erros que se produciron ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

Documento asinado electronicamente

O presidente.

Asdo.: José Antonio Quiroga Díaz.

R. 1.748